Onte asistimos a unha xornada moi interesante, en ela distintos centros de Ourense presentaron os traballos realizados ao longo do curso na loita contra o Cambio Climático e, entre eles, tamén nós.
Contáronnos como fabricaban biodiesel a partir de aceites usados, como repoboaban zonas queimadas, como melloraban a eficiencia dos seus centros... Nós, levamos 12 videos realizados polo alumnado de 1º A, B e C (podédelos atopar na etiqueta do blog "traballos do alumnado") e, unha exposición titulada "O cambio Climático a través do humor gráfico", nela aparecían recollidos o quentamento global, as causas, evidencias, consecuencias, loita e escepticismo sobre o Cambio Climático.
Deíxovos unha pequena reportaxe de recordo
Como está a piques de rematar este curso quero decirvos que estou orgullosa do meu alumnado... de cada un en particular. O ano próximo moitos de vos xa non seredes alumn@s meus, pero desexo que sigades tendo os ollos ben abertos ante todo o que vos rodea, sendo curiosos e interesados pola Ciencia. Cando teñades un anaquiño de tempo espero que colaboredes co blog, no verán e ... mentres dure (mesmo aínda que non sexa gratificado con nota).
Eu non vos esquecerei, espero que vós tampouco. Mil bicos.
Carmen Cid Manzano
5 comentarios:
Non sei si é cousa do meu PC ou é cousa do video, pero a música falla un pouco, é como si saltase... Pero polo resto está moi ben!!!
Eu vexoo perfectamente. Pola miña parte decir, que eu tamén estou moi contenta por ser ti a nosa profesora, porque nunca tiven nin terei unha tan boa, que ademais confia, nos anima e se preocupa tanto por nós!! Moitas grazas!
Profe eu tamén quero decirche que estamos orgullosos nós de ti que non sei se sintes ou pensas que o teu traballo que fas na casa e que ninguén che obliga a facelo non o temos en conta pero eu creo que sí eu polo menos valoro moitisimo o teu esforzo e este comentario era para iso para que te sintas querida entre nós e que sepas que o teu traballo merece a pena.
Eu cando dixeches hoxe na clase que subiras unha entrada referente á conferencia de onte e que puxeras as fotos non me imaxinei que foras a facer un vídeo con todas elas, porque leva o seu tempo... Profe nos tamén estamos orgullosos de ti, dos teus ánimos para crear este blog a principios de curso, que ós pouquiños foi crecendo e que estou segura de que seguirá así durante moito tempo. Igual que se valora o noso esforzo hay que valorar o teu, que ten moito mérito que con tanto traballo aínda teñas tempo para esforzarte por nós con isto, axudarnos, motivarnos e apoiarnos en todo momento. Grazas e ánimo a todos os meus compañeiros para esta semaniña tan dura que nos queda!
Todo isto comezou fai aproximadamente 9 meses e hoxe estamos a un par de días de rematar o curso, toca facer balance e quedarse sobre todo cos bos momentos vividos. Ningún de nos pensamos que cando nos propuxeches facer este blog acabaría sendo como é hoxe en día, se nos motivou a idea de crear un blog foi grazas a que confiaches en nós dende o primeiro momento e que co noso esforzo e teu e cos ánimos conseguimos o que hoxe en día este blog é, oxalá os rapazes do ano vindeiro sigan traballando neste blog como nós o fixemos e cando teñamos tempo acordarémonos sempre deste blog que nos empezou a crear como o que teremos que ser nun futuro.
Grazas profe por motivarnos e por confiar en nós!
Grazas compañeiros!
Publicar un comentario