domingo, 28 de abril de 2013

A temperatura do centro da Terra é maior do que se pensaba

Un equipo de científicos dirixido por Agnès Dewaele, da organización científica nacional francesa de investigación tecnolóxica CEA, determina que a temperatura preto do centro da Terra é 1000 graos máis do que cría. Un experimento levado a cabo hai 20 anos precisaba que estaba a 5000 graos Celsius, pero este novo traballo desmínteo explicando incluso onde se confundiron. As súas conclusións publicáronse o venres 26 na revista Science. No traballo participaron membros do Centro Nacional Francés para a Investigación Científica (CNRS) e o Fondo Europeo de Radiación Sincotrón (ESRF).

 
Os resultados obtidos nas súas medicións confirman modelos xeofísicos de que a diferenza de temperatura entre o núcleo sólido e o manto superior debe ter polo menos 1500 graos para explicar por que a Terra ten campo magnético.

O núcleo da Terra componse en esencia dunha esfera de ferro a temperaturas superiores a 4000ºC e presións que superan os 1’3 millóns de atmosferas (atm). Nestas condicións, o ferro é completamente líquido, tanto coma o auga. Unicamente no centro da Terra, onde a presión e o aumento da temperatura aínda son maiores, o ferro líquido pasa a ser sólido. A análise de ondas sísmicas provocadas por terremotos, que pasan a través da codia terrestre, revela o espesor dos núcleos e o modo no que a presión aumenta ca profundidade, pero non permite calcular a temperatura.

 
Como é imposible descender ata o centro da Terra, o grupo de científicos experimentou con ferro sometido a altas presións coa axuda de tecnoloxía de raios X. Deste modo, puideron determinar que o punto de fusión do ferro cunha presión de 2’2 millóns de atm supera os 4000 graos (arredor de 4800). A fronteira entre o núcleo líquido e o sólido está a 3’3 millóns de atm, a temperatura nesas condicións será aproximadamente sobre 6000ºC. 


A partires dos 2400 graos, aparecen efectos de recristalización na superficie das mostras de ferro, pero aínda non chega a producirse a fusión. No anterior experimento, levado a cabo en 1993 por científicos do Instituto Max Plank de Química (Alemania), utilizouse unha técnica óptica para determinar se as mostras eran sólidas ou líquidas. Esa mala interpretación foi o posible erro que fixo que as súas estimacións fosen 1000 graos menos que as obtidas actualmente.


Fontes de información:

Antía Quintana Gallego, 1º BACH A

2 comentarios:

Unknown dijo...

Antía, neste artículo pódese ver outra forma de traballar dos científicos mediante métodos indirectos. Porque a pesar da Viaxe o centro da Terra de Julio Verne aínda ninguén puido ir.

Antía Quintana dijo...

A ciencia desenvolve técnicas para solucionar os problemas que a Natureza nos propón e os impedimentos que nos pon para o seu coñecemento.