miércoles, 25 de enero de 2012

A ARQUEOLOXÍA DESCOBRE A PESCA DA EUROPA PREHISTÓRICA.





Un equipo internacional de arqueólogos liderado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) documentou cerca de Moscú unha serie de cercos e trampas de pesca de máis de 7.500 anos de antigüedade. Os utensilios encontrados, entre os máis antiguos de Europa, presentan unha gran complexidade técnica e o seu estudo permitirá coñecer o papel da pesca nas poblacións europeas de inicios do Holoceno (fai 10.000 años).


"Ata o de agora pensabase que os grupos mesolíticos non tiñan campamentos estables, senón que eran estacionais". explica o investigador do CSIC Ignacio Clemente, director do proxecto, que nos conta que durante o Neolítico e o Mesolítico, os habitantes desta rexión denominada Zamostje 2, cazaban en verano e inverno, pescaban en primaveira e inicios de vrao, e recolectaban froitos silvestres a finais da época estival e en outono.

GRAN ÉXITO DESPOIS DE 3 ANOS.

Os investigadores consideran que a pesca tivo un papel fundamental na economía de aqueles tempos. Durante este proxecto, atoparonse obxectos cotidiáns, instrumentos de traballo, armas de caza e aperos de pesca, manufacturados todos con sílex e outras rochas, ósos e astas. " Podemos destacar o descubrimento de dúas grandes nasas ( cesta entretexida con varillas de piñeiro empleada para a pesca ) de madera moi ben conservadas, de fai 7.500 anos" comentanos Clemente, añadindo que incluso chegaron a encontrar coitelos para limpiar o peixe.

ATOPADOS INCLUSO RESTOS ORGÁNICOS.

Unha das peculiaridades do xacemento Zamostje 2 é a conservación de numerosos materiais orgánicos, entre eles, restos de peixe que " dan unha idea da porcentaxe proteínica de peixe que aportaba á dieta a población prehistórica " e permitirán coñecer a clasificación das especies.

PROXECTO INTERNACIONAL.

Financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, neste proxecto participaron tamén o Instituto de Historia da Cultura Material-Academia das Ciencias de Rusia, o Museo Estatal del Hermitage de San Petersburgo, o Museo Estatal de Sergiev Posad, a Universidade Autónoma de Barcelona e o Centre National de la Recherche Scientifique de Francia.







Raquel Barreiros Novoa, 1º Bach. D

lunes, 23 de enero de 2012

Localízanse fósiles que Darwin deixou olvidados nun caixón.

Unhas mostras foron localizadas despois de permanecer 168 anos no esquecemento nun caixón, recollidas polo británico Charles Darwin, na súa viaxe ao redor do mundo a bordo do 'Beagle'.

Iste achado producíuse por casualidade polo paleontólogo Howard Falcon-Lang que estaba curioseando nun antigo moble do Instituto Xeolóxico Británico.

No interior había moitos soportes de cristal nos que se atopaban plantas fosilizadas cortadas en láminas, preparadas para o seu estudo polo microscopio. Para a súa sorpresa, nalgunhas delas estaba inscrito o nome 'C. Darwin Esq.'.

Ao parecer, Darwin encargou esa tarefa ao seu amigo Joseph Hooker, un botánico que se lle acumulou o traballo e finalmente non puido rexistralas.Tras varios cambios de lugar, desde hai medio século enchíanse de telarañas nos sotos do Instituto Xeolóxico Británico, de onde os sacou o paleontólogo Falcon-Lang.

Ana. Rodríguez. Lamas Nº 26 1º bacharelato D.

Enlace:


domingo, 22 de enero de 2012

Os peces vense afectados polo aumento do CO2 no mar.

Os océanos absorven cada ano unhas 2.300 millóns de toneladas de CO2 pruducidas polo home. O aumento do CO2 nos mares trastorna o sistema nervioso dos peces e reduce as posibilidades de supervivencia.
Un equipo de científicos analizou durante algúns anos as zonas marinas con grandes concentracións de dióxido de carbono .
O primeiro que descubriron estos científicos foi que os peces pequenos perdían o sentido do olfato, despois o seguinte sentido afectado foi o oído e logo a actividade que facían para lograr darse a volta tamén se viu afectada.
Os científicos estableceron que o causante de todos estos problemas nos peces foi a causa do CO2 que daña o seu sistema nervioso.

http://www.elmundo.es/elmundo/2012/01/16/natura/1326710582.html

Andrea Mariño Rodríguez. 1º bach, D nº 18

O cometa que se desintegrou, ao chocar co sol.

O sol é frecuentemente bombardeado por cometas "rozadores", cuxas órbitas pasan moi preto da súa coroa. Un deles foi o cometa C/2011 N3, o cal se desintegrou o pasado 6 de Xullo, momento que por primeira vez foi captado polo Solar Dynamics Observatory (SDO) en cinco bandas de lonxitude de onda diferentes, o que permite facer un profundo estudo deste fenómeno.
Estes cometas son frangmentos de "xeo sucio" cuxo diámetro non sobrepasa os 10 metros pero, segundo especialistas, este parece ser de maior tamaño.
O obxecto cósmico desfeito pertence á familia de cometas Kreutz, un grupo que pasa peligrosamente preto da estrela.
Durante 15 longos anos, observáronse máis de 2.000 cometas, pero en ningún deses casos logrouse seguir a súa traxectoria unha vez dentro da atmosfera solar.

Tempo no que se desintegrou : 20 minutos .

Agora, sin embargo, os investigadores, combinando observacións desde o Observatorio da Dinámica Solar da NASA (SDO), o satélite SOHO e o Observatorio das Relacións Solar-Terrestres (STEREO) conseguiron captar en directo cómo o cometa C/2011 N3 entraba e se desintegraba a unha velocidade de 100.000 kilómetros por hora.
O C/2011 N3 calcúlase que tiña entre 120 e 150 metros de diámetro. O grupo dos Kreutz ós que pertenecía orbitan a unha distancia non moito maior a dos radios solares da superficie da estrela, e fano en períodos de entre 500 e 1.000 anos. Calcúlase que o SOHO detectou unhos 1.500 cometas 'rozadores' desde o seu lanzamento, en 1995, para estudar o Sol.
O pasado mes de decembro, entre os días 13 e 22, o SOHO detectou unha auténtica invasión de cometas 'Sun-Grazing': 25 en tan só dez días.
Os especialistas presaxian a aparición dun 'rozador' moito máis grande e brillante cós observados ata agora, similar o cometa Ikeya-Seki que se presentou no 1965 e acercóuse o Sol a 450 kilómetros, pero non chegou a impactar. Ese xigantesco obxecto, de cinco kilómetros en diámetro, sobreviviu e convirtíuse nun dos cometas máis brillantes do milenio. Incluso se veía de día.
O nome da 'familia Kreutz' é un homenaxe ó científico alemán Heinrich Kreutz, quen demostroú a interrelación das súas órbitas no século XIX.

sábado, 21 de enero de 2012

Os saurópodos tiñan un gran equilibrio.



Os "Spinophosaurus" eran uns herbívoros cuádrupes de colo longo que podían alcanzar os 15 metros de lonxitude. A súa cola pusuía unha especie de espiñas ( de ahí venlle o seu nome).
A orixe de esta especie remontase aos sauropodomorfos máis antigos, caracterizados polo seu tamaño relativamente pequeno, a súa delgadez e o seu bipedismo.
Un equipo de investigadores líderados por científicos do CSIC, realizaron unha reconstrucción en 3D do cráneo dun saurópodo e gracias a ela pudieron descubrir que estes xigantes do Jurásico, apesar de que a súa axilidade física era moito menor con respecto á dos seus ancestros, posuían un gran sentido do equilibrio, xa que tiñan o oído externo moi desenvolto.
Gracias a esta reconstrucción pudieron ver que o oído interno posuía tres canles semicirculares, encargados de detectar a aceleración angular da cabeza.
Os fósiles empregados neste traballo foron localizados en Níger, nunha campaña de excavacións no ano 2006, pertencentes ao Jurásico medio hai uns 165 millóns de anos.


Fontes de información:



María Cerreda Pereira. nº8. 1ºBach D

A mosca "Beyoncé".

Un entomólogo da Organización para a Investigación Industrial e Científica da Mancomunidade de Australia (CSIRO), Bryan Lessard decidiu rendirlle homenaxe á diva do pop bautizando a una especie de mosca como “Scaptia (Plinthina) beyonceae”, debido á similitude entre a cor dorada do insecto e o atuendo da cantante no video da canción “Bootylicious”.

A parte inferior do abdome da mosca, que habita no norte do estado australiano de Queensland, é dorado, a mesma cor que ten Beyoncé cerca das súas cadeiras cando grabou esta canción en 2001, con Destiny’s Child, antes de iniciar a súa carreira en solitario.

A mosca foi recolectada nunha zona do oeste de Caims, no noreste australiano, en 1981, o mesmo ano en que naceu a cantante.


A maioría destas moscas foron descritas anteriormente, pero cinco novas especies do subgrupo plinthina, á que pertence “beyonceae”, foron gardadas en coleccións australianas dende a década dos sesenta.

Estas moscas da especia “Scaptia” son moi importantes para a polinización das plantas, aínda que se consideran unha peste, como por exemplo para os eucaliptos, dos que beben o seu néctar.

Non é a primeira vez que un insecto é bautizado en honor a un artista, xa que unha araña recibo o nome do cantautor Neil Young. Lessard explicou que bautizar desta maneira á mosca lle da a oportunidade de demostrar “o lado divertido da taxonomía”.

Fonte de información: http://www.elmundo.es/elmundo/2012/01/13/ciencia/1326457834.html

Vera Pérez Rodríguez Nº 18 1º Bach. E

lunes, 16 de enero de 2012

Nacen os primeiros monos a partir dunha mestura embrionaria de seis primates.




Producíronse monos a partir dun cultivo de células que representan seis xenomas distintos. Mesturaron embrións de tres parellas de Macacos rhesus e implantáronos no uteros de femias, logrando o nacemento de dous macacos xemelgos chamados Roku e Hex. Chamánse 'monos quiméricos' pola tradición literaria para referirse a un demonino especialmente monstruoso ou tamén un animal mitolóxico con cabeza de león, ventre de cabra e cola de dragón. Os científicos de Oregón sinalan que os recen nacidos son normais e saudables e que se logrou un grande avance científico, posto que ata agora a investigación 'con animais quiméricos' se limitara en boa medida aos ratos.

A clave estaba en mesturar células de embrións moi novos, cando cada célula embrionaria era totipotente (as células totipotentes, pode crecer e formar un organismo completo)-Shoukhrat Mitalipov, o científico do Oregon National Primate Research á fronte da investigación indica que as posibilidades para investigación biomédica destes animais conseguidos son enormes e se verá nun futuro próximo. De todos xeitos afírmase que non hai ningunha idea de realizar esta técnica na creación de híbridos humanos ou humanos quiméricos.




Abraham Otero Fernandez Nº22 1ºBACH. D



sábado, 14 de enero de 2012

O vertebrado máis pequeno do mundo





O profesor Christopher Austin descubriu xunto co seu equipo durante unha expedición de tres meses a Papúa Nova Guinea ao vertebrado máis pequeno coñecido ata o de agora.
O animal en cuestión mide 7,7 milímetros e non é máis que unha ra que forma parte dunha das dúas especies da  familia  Paedophryne (Paedophryne_amauensisque se acaban de dar a coñecer por eles.
A bautizaron como Amauensis paedophryne en honor ó pobo de Papúa Guinea onde foi atopada .

A ra desbanca diste xeito ó vertebrado máis pequeno ata o seu descubrimento, un peixe chamado Paedocypris progenetica e cuxo tamaño é de 8 milímetros habitualmente nos especímenes adultos.

                                          Foto do Paedocypris progenetica 

Segundo Austin, este descubrimento é moi importante para a bioloxía porque aínda queda moito por investigar sobre a relación que existe entre o tamaño corporal (xa sexa grande ou pequeño) e as limitacións funcionais.

-Marta Araújo Rodríguez, nº2 , 1º BAC-D

Fonte de información:

jueves, 5 de enero de 2012

In memoria

En cinco anos no centro non tiven a sorte de que María Xosé me dese clase, pero abondaba con baixar esas escaleiras tódolos días e cruzala a ela para sentirme como unha alumna máis, recibindo os seus bos días, o seu sorriso, a súa preocupación sempre polos demáis... En cambio fun unha desas afortunadas en viaxar a quilómetros de Ourense con ela, nese autobús tantas horas metidos, e con ela, para coñecer eses lugares tan fermosos no país do lado que ela nos ensinou. París non tería tódala maxia que tivo se non fose pola súa compañía, a súa protección e a súa axuda cando a precisamos. Uns máis ca outros, é certo; mais todos, un por un, nalgún momento preciso sentimos a súa ausencia. Recordemos a Camba cun enorme sorriso nas nosas caras, porque o certo é que o merece, e non se pode recordar doutra maneira máis que sorrindo tal e como ela facía con todos nós.



Non quero deixar atrás o 2011 sen dar as grazas a tódolos meus compañeiros polo ano tan xenial que compartín con eles, decirvos que non queda nada, catro mesiños de nada entre esas catro paredes, despois de tantos anos que eu e algúns máis levamos ahí xa... é incrible como corre o tempo, e canto vos votarei de menos; cando menos o pensedes xa estamos fóra, cada uno polo seu lado... só sorte e moito ánimo neste anaco de camiño que queda por percorrer. 
E grazas tamén a ti profe, por todo o teu esforzo por nós e polo apoio, grazas a ti tamén chegamos a pasar eses días en Gandarío, unha experiencia sen dúbida moi boa, volvería agora mesmo se puidese ser.


Feliz 2012 a todos!

miércoles, 4 de enero de 2012

FELIZ 2012 A TOD@S

Aínda que xa case hai medio ano que nos deixou para todos nós aínda sigue estando moi presente nas nosas mentes e nos nosos corazóns. Foi un sentimento demasiado raro escoitar esa horrible noticia que non era capaz de creelo nin asimilalo, durante todo o verán era imposible pensar en que eso era posible pero por desgracia tiña que empezar a facerme a idea. Durante moito tempo ía pola rúa e case sempre me parecía vela e nese momento un sentimento moi raro me inundaba por dentro. En septembro, no comezo dun novo curso, fíxoseme moi difícil non vela polos correderos, na clase, ver esa mirada que me daba forzas e confianza en min mesa, ese sonriso que sempre estaba dibuxado nesa cara, esas palabras de ánimo nos momentos máis duros do curso ou mesmo un non pasa nada cando non obtiña os resultados desexados.
Voto en falta esas clases de fai dous anos pero tamén voto en falta esas conversacións do ano pasado nas que sentía unha profesora moi entregada aos seus alumnos e quizais podería dicir que a unha amiga.
Sempre se van os mellores, esas persoas que non o merecen e que aínda lle quedaba moita alegría e ilusión depositados na gran vocación que ela tiña como profesora.



Espero que este ano aínda que non estea en presenza con nós estarao nos nosos corazóns e dende donde estea mandaranos todas as forzas e todos os ánimos para loitar e superar este curso duro e que marcará en gran medida as nosas vidas.



Ademáis de compartir con ela clases tamen compartimos con ela algunhas excursións como as Dunas de Corrubedo:



 E como non, algúns de nos tamén tivemos o placer de compartir con ela a excursión a Francia: 







Feliz Ano 2012

Nestas fechas tan sinaladas, como é o nadal é cando máis se notan as ausencias dos seres máis achegados, neste caso todos nós copartimos un e é Mª Xosé Camba, que aínda que non sexa un familiar converteuse en alguén moi especial, que aínda que fora unha profesora e habitualmente non suele haber un achegamento ou unha confianza cos profesores, con ela era diferente, en pouco tempo coillíaselle un cariño debido a cercanía que tiña cara nós, por iso eu creo cando se foi todos sentimos moitisimo a súa perda, polo que un pequeño recordó coma este encolleranos o corazón pero a vez sacaronos un sorriso ó acorarnos dela.

martes, 3 de enero de 2012

Próspero Aninovo


Hai quen di que estamos predestinados; quen pensa que o que nos ocorre é produto do azar, que nós mesmos buscamos e provocamos o noso día a día, que as oportunidades son o froito do noso traballo. De calquera xeito, ninguén esperaba a brusca despedida que tivo María Xosé Camba de nós. Só foi un ano o que me deu clase, pero un ano foi máis que suficiente para corroborar que un profesor pode converterse tamén nun amigo, e creo que todos opinamos máis ou menos o mesmo(sobre todo aqueles que tiveron a sorte de estar máis dun ano con ela), porque chegaba con ver a súa cara ao lonxe para saber que nada máis cruzarnos con ela ou ben nos regalaría un sorriso ou nos preguntaría que tal isto ou que tal ou outro, que se as exames, que se as competicións para uns, que se os partidos para outros...eses detalles que tiña eran propios de alguén ledo, preocupado polos seus alumnos e non só non ámbito da súa materia. Oxalá todos fósemos como Camba e nos preocupásemos polos demais tanto como facía ela, e alegrásemos cos mesmos sorrisos e espírito a aqueles que nos rodean. Que o ano que comeza encha de forzas aos que máis notan a súa ausencia e nos achegue aos demais a ser un pouco máis como ela...altruístas.



sábado, 31 de diciembre de 2011

FELIZ ANO

O 2011 remata, e nestas datas e cando máis nos lembramos do todo vivido neste ano. 
Eu no meu lugar, quería agradecerlle a profesora Mari Carmen todo o que fixo por nós e especial por min porque repito, que grazas a ti puiden ir á Climántica e ó Campus, que fixeron deste ano un dos mellores que vivín. 
 
 


 



Tampouco quero esquecerme dos meus compañeiros, que estou moi contenta de telos, porque fan que as clases pasen rápido e que nelas disfrute, non son só un lugar de traballo nin unha carga, son moito máis ca iso. Moitas grazas por axudarme sempre, e que sepades que contades co meu apoio para o que queirades. Por iso, neste ano, desexo que, 2 de bacharelato non nos resulte duro, e que o meu e o voso traballo se vexa recompensado, que todos poidamos estudar aquilo que queiramos, e sobre todo que, aínda que marchamos a cidades distintas ó facer a carreira, sigamos tendo contacto. 
Finalmente, non podo rematar este post, sen facer mención a nosa anterior profesora de bioloxía María Xosé Camba. Pode que xa pasaran meses dende o seu falecemento pero eso non implica que nós nos esqueceramos dela. A min persoalmente, só me deu clase unha semana, pero para min foi máis profesora ca outras que me deron todo o ano. Sempre me preguntaba que tal estaba, felícitabame polo blog,  e sorríame sempre, sempre estaba con esa sonrisa, que eu creo que nunca deberíamos perder e menos agora, polo menos en memoria dela. Eu creo, que sempre temos que estar felices, ás veces non é tan doado, pero se somos capaces de apreciar os pequenos detalles e reirnos ante as propias dificultades, podemos superar ás adversidades. Un saúdo e un bico moi grande.





miércoles, 28 de diciembre de 2011

A acidez dos océanos, nova clave para explicar a extinción dos dinosaurios.

Unha paleontóloga da Universidade de Zaragoza, xunto a dous investigadores estadounidenses, achou novas causas da extinción dos dinosaurios, entre outras especies, que se produciu nos océanos tras o impacto dun asteroide hai 65,5 millóns de anos.
O estudo da oscense Laia Alegret, profesora de Paleontoloxía da Universidade de Zaragoza e membro do Instituto Universitario de Investigación en Ciencias Ambientais de Aragón (IUCA), demostra que a fotosíntese e a cadea alimenticia nos océanos se recuperaron moito antes do que cría.
Así mesmo sinala que unha rápida acidificación das augas superficiais tras o impacto explicaría por que moitas especies se extinguiron, mentres que outras que habitaban nos fondos oceánicos sobreviviron, informou a Universidade de Zaragoza nun comunicado.
O traballo, no que participaron dous investigadores das universidades de Yale e Michigan, acada de ser publicado na revista científica estadounidense PNAS (Proceedings of the National Academy of Sciences).
Enlace: http://www.elmundo.es/elmundo/2011/12/28/ciencia/1325067475.html

Lucía Sánchez Corral 1ºBACH. D

sábado, 24 de diciembre de 2011

O LHC descobre a súa primeira párticula subatómica

O LHC o acelerador de partículas máis grande do mundo, que se atopa en Xenebra, anuncia o achado dunha partícula subatómica a Chi-b(3P). Trátase dun bosón composto por dous quarks, un de materia e outro de antimateria, é dicir, idénticos pero con carga oposta. Esta partícula só sobrevive durante un instante (unhas mil billóns de veces menos que un segundo) tempo suficiente para ser detectada e estudada polos científicos do ATLAS (un dos colisionadores do LHC). Este descobrimento considérase o aperitivo ao que en realidade se busca neste acelerador: o bosón de Higgs, partícula que explicaría a orixe da masa da materia que compón os átomos.

A existencia tanto do bosón de Higgs como de Chi-b(3P) fora predita polos físicos teóricos pero, como todo traballo científico, a súa existencia ten que ser comprobada. Para elo no LHC fan chocar protóns a case a velocidade da luz nun tubo ao baleiro de 27quilómetros a uns 100 m de profundidade. Os protones están feitos de quarks que, ao chocar, poden producir partículas nunca antes observadas.



Para algúns científicos como Juan García-Bellido, físico teórico da Universidade Autónoma de Madrid, o achado de Chi-b(3P) non supón un descubrimento importante xa que corresponde a un estado "excitado" da mesma partícula que outro acelerador, o Tevatron de EEUU, descubrira en 1975.
O ano definitivo para o LHC será o 2012, ano no que se espera o anuncio do achado da desexada partícula de Higgs




Fontes: http://www.publico.es/ciencias/413620/el-lhc-descubre-su-primera-particula
Wendy Danniela Martínez Martín 1º Bach. E

viernes, 23 de diciembre de 2011

Novas pistas sobre a orixe da vida na Terra



En todos os seres vivos actuais a información xenética almacénase no ADN. O ARN desempeña un papel activo para copiar esta información e permitir a síntese de moléculas activas no organismo, as proteínas. Con todo, os científicos cren que un mundo de ARN precedeu ao actual, no que o ADN domina as formas de vida.
O ARN está formado por tres tipos de moléculas: un azucre (ribosa), un grupo fosfato e unha base nitroxenada. Segundo a maioría dos científicos estos tres tipos de moléculas deberon aparecer de forma separada na Terra primixenia e logo formarían cadenas de ARN. Pois ben, está hipótese pudo ser probada nun traballo recentemente publicado na revista Nature. John Sutherland e os seus colegas la Universidad de Manchester (Reino Unido), publicaron como a partir da combinación de ditas moléculas puido aparecer o ARN sen a axuda de enzimas, grazas aos raios ultavioletas e ao fosfato. Para elo provocaron reaccións químicas en modelos de ambientes xeolóxicos como os que deberon existir na primitiva Terra.
Na mesma revista nun segundo estudo, o equipo de Edward DeLong, do MIT (EEUU) explican a presenza de pequenas moléculas de ARN atopadas directamente no plancton das profundidades oceánicas, onde para algúns científicos debeu suceder a orixe da vida.
NOEMI BASALO AÑEL 1º BACHILLERATO E

FONTE DE DOCUMENTACIÓN
http://www.elmundo.es/elmundo/2009/05/13/ciencia/1242205127.html

jueves, 22 de diciembre de 2011

O 'Barberapithecus' símbolo da evolución dos primates.


Un simio, descoñecido ata o momento, habitou hai uns 11 millóns de anos no Valle do Penedés en Cataluña. Trátase dun animal pequeno de entre 5 e 7 kilos de peso con semellanza a un orangután.

O achado remóntase aos anos setenta cando Miquel Crusafont atopou o xacemento catalán, pero os dentes do simio foron sempre una incógnita ata ser descritos por científicos do Instituto Catalán de Paleontoloxía (ICP) Miquel Crusafot e publicados na revista 'American Journal of Physical Anthropology'.





O Barberapithecus huerzeleri recibe ese nome pola localidade xa citada na que foi atopado e do paleontólogo suízo Johannes Hürzeler coñecido polas suúas contribucións a paleoprimatoloxía. Os restos dentais recuperados inclúen 15 dentes dunha hembra, un premolar aislado e un canino de outros individuos.


A orixe deste tipo de dentes (os dos pliopitécidos) remóntase ao continente africano coa separación da rama dos simios do Vello Mundo cós antropomorfos e os humanos. A diferencia dental que presentan os pliopitécidos son as crestas de esmalte que constitúen o chamado “triángulo pliopitecino” nos molares inferiores o que nos permite saber que a súa alimentación era a base de froita e non follas.


Cabe destacar que o pliopitécido maís antigo da Península está tamén na zona do Penedés en Abocador de Can Mata e data de 12 millóns de anos atrás.







Noelia Rodríguez Rey Nº27 1º Bach.D



Atopan por primeira vez un buraco negro


Un equipo de astrónomos liderado por Reinhard Genzel do Instituto Max-Planck para Física Extraterrestre (MPE), en Garching, Alemaña, descubriron unha nube de gas masiva sobre a terra achegándose rapidamente cara ao buraco negro que hai no centro da Vía Láctea. Esta é a primeira vez que puidemos observar a aproximación dunha nube para un buraco negro supermasivo. O obxecto xa comezou a ser perturbado, e cando se achegue, algo que vai ocorrer en 2013, irá aumentando a presión exterior. A investigación aparece na revista Nature.
A nube de po e gas ionizado, moito máis frío que as estrelas do seu redor, está composta principalmente de hidróxeno e helio. A nube brilla por mor da forte radiación ultravioleta das estrelas quentes que o rodean no corazón da Vía Láctea.
A nube recén descuberta está estendéndose para ollar como espaguetes e non vai sobrevivir a esta experiencia. As súas beiras xa están a sufrir trastornos e espérase un colapso nos próximos anos.
Os astrónomos viron sinais claros de un aumento nos trastornos na nube entre 2008 e 2011. Espérase tamén que o material vaiase facer moito máis quente en 2013, e ata é probable para comezar a emitir raios X.
Unha explicación para a formación desta nube é que o material viría a partir da próxima masiva de estrelas mozas están perdendo masa rapidamente debido aos fortes ventos estelares.

Fontes : http://www.abc.es/20111214/ciencia/abci-captan-primera-agujero-negro-201112141610.html

Mirian iglesias losada nº 14 1º Bach.E

miércoles, 21 de diciembre de 2011

Científicos do CERN din ter atopado probas da existencia do Bosón de Higgs.

Os físicos comezan a recoller os froitos dunha das investigacións nos principais detectores no gran acelerador europeo de partículas onde teñen atopado sinais da presenza do Boson Figs.
A conferencia, que tivo lugar o 13 de decembro deste ano no auditorio principal do Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN), onde non había lugar baleiro en todo o auditorio, tivo simultaneamente comentarios nas redes sociais e non deixaron de facelo en ningún momento, xa que cada frase, cada xesto, cada palabra dos oradores foi "twiteada" por un dos centos de físicos que enchían a sala.
Os portavoces para os dous experimentos, Fabiola Gianotti e Guido Tonelli, explicaron durante máis de dúas horas como foron capaces de atopar o que podería ser a partícula:
”Cando dous protóns, acelerados ao 99,9 por cento da velocidade da luz en direccións opostas, chocan dentro do acelerador, tras a caída, provocan unha "fervenza" de eventos durante o cal crean numerosas partículas e algúns deses eventos podería corresponder ao bosón de Higgs”.

Sen embargo nin Gianotti nin Tonelli aínda non se atreveron a afimralo con total seguridade. Será necesario analizar máis eventos como os atopados ata agora para poder afirman a existencia do Boson de Higgs.

Fontes: http://www.abc.es/20111214/ciencia/abcp-boson-higgs-particula-clave-20111214.html

Jennifer Armada Ferreio, nº3 1º Bach.D

martes, 20 de diciembre de 2011

Descubrimento de dous planetas do tamaño da terra

Bautizan aos planetas Kepler-20e e Kepler-20f, orbitan ao redor dunha estrela similar ao sol, aínda que non se creen que sean habitables pola súa elevada temperatura, segundo a NASA.

A temperatura aproximadamente é de 815 graos e 426 graos no outro. Aínda así non descartan que poda encontrarse vida en eles, xa que hai bacterias e moho que podían sobrevivir nun entorno familiar.
Os cinco planetas descubertos son os máis pequenos que se encontran fora do Sistema Solar. O seu tamaño é similar a da terra e a súa composición tamén é rocosa.

Antela Santos Rodríguez nº31 1º Bach.D

http://www.abc.es/20111220/ciencia/abci-nasa-planetas-201112201849.html

lunes, 19 de diciembre de 2011

O COMETA LOVEJOY "SOBREVIVE" TRAS PASAR CERCA DO SOL.

Lovejoy,é un cometa detectado o día 2 de decembro polo astrónomo australiano Terry Lovejoy, de ahí o seu nome. Estaba destinado a desintegrarse por pasar durante unha hora cerca da corona solar a varios millóns de grados.Sen embargo o núcleo do cometa resultou ter un tamaño grande como para soportar as terribles temperaturas e sobrevivir do seu acercamento ao Sol. O observatorio espacial SDO (Solar Dynamics Observatory) da NASA, conseguiu gravar a secuencia da aproximación do cometa ao Sol e o seu posterior alexamento da estrela. En calquera caso, «todavía hai unha posibilidade de que Lovejoy comece a fragmentarse, porque foi un evento tremendamente traumático e estructuralmente podría estar moi débil», dí Battams. Sen embargo, cabe outra posibilidade: podría manterse unido e desaparecer nas profundidades do Sistema Solar. O encontro do cometa tamén foi captado polo menos por outras catro naves espaciais: as duas sondas xemelgas de STEREO (Solar Terrestrial Relations Observatory) da NASA, o microsatélite europeo Proba2 e SOHO (Solar and Heliospheric Observatory) da NASA e a Agencia Espacial Europea. Para SOHO, é o cometa máis brillante que captou. FONTE:http://www.abc.es/20111219/ciencia/abci-cometa-lovejoy-hace-imposible-201112190850.html Noemi Lozano Rodríguez,nº17,1ºd.




jueves, 15 de diciembre de 2011

Un burato negro da Vía Láctea está a tragar unha nube de gas

Unha nube de gas, cunha masa equivalente tres veces a da Terra, está caendo nun gran burato negro do centro de nosa galaxia, a Vía Láctea. Os bordes da nube (de hidroxeno e helio) xa se están desfacendo e nun par de anos será engulida polo burato. O proceso completarase nuns poucos anos, calculan os astrónomos. Este suceso pódese estudar en tempo real posto que, o obxecto está preto, en termos cosmolóxicos, o que permitirá apreciar detalles. O burato negro está a só 27.000 años luz da Terra e ten unha masa duns catro millóns de veces a do Sol. Os científicos que descubriron a nube e que a están seguindo desde fai uns anos, calculan que en 2013 rozará o denominado horizonte de sucesos do burato negro, a fronteira a partir da cal nada pode escapar, e verase un destello de raios X.
A nube, que está caendo en espiral cara o burato e que mostra a deformación debida á influencia gravitatoria do obxecto supermasivo que a atrae, está agora nunha órbita moi elíptica. En 2013, segundo as simulacións da evolución do sistema que fixeron os científicos, acercarase moito ao obxecto, hasta uns 40.000 millóns de kilómetros (unas 36 horas luz), que é o horizonte estimado do burato. Agora mesmo a velocidade da nube na caída é duns oito millóns de kilómetros por hora, o dobre que fai sete anos, segundo os cálculos.
Stefan Gillessen (Instituto Max Planck, Alemania) e os seus colegas presentaron recentemente este estudo na revista Nature.









A maioría das galaxias teñen buratos negros no seu centro e a Vía láctea non é menos, pero sorprendentemente está como durminte, din os astrónomos. Outro burato negro supermasivo está cen veces máis lonxe, na galaxia veciña Andrómeda, apunta en Nature o experto Mark Morris, da Universidade de California nos Ánxeles. A nube que descubriu o equipo de Gillessen ten máis ou menos o tamaño do Sistema Solar, cun radio de 120 veces a distancia que separa a Terra do Sol.
Nestoutra animación móstranse os movementos verdadeiros das estrelas que orbitan o buraco negro central da Vía Láctea, indícanos o que pode ocorrer nas próximas décadas. Se todo sucede como está previsto, e tendo en conta que nese tempo as técnicas e equipos de observación mellorarán, poderemos ver, por fin, como un buraco negro "engule" a materia.







Fonte:
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2011/12/14/actualidad/1323887703_748638.html





Paula Trigás Vázquez 1ºE


sábado, 10 de diciembre de 2011

Buscan vida intelixente en "Kepler-22b"


O Allen Telescope Array, a rede de telescopios do Instituto SETI en California para a búsqueda de sinais de intelixencia extraterrestre, reactivou os seus sistemas despois de varios meses de parón cun novo obxectivo: Trátase dos candidatos a exoplanetas recentemente descubertos polo telescopio espacial Kepler da NASA, entre os que se encontra o Kepler-22b, que se atopa a 600 anos luz da Terra. Este mundo parece cumplir as condicións para poder ter auga en estado líquido na súa superficie e supón unha esperanza na busca de compañía no Universo.


O seu obxectivo é revisar os miles de candidatos a planetas recén descubertos por Kepler. Dará maior prioridade a uns poucos mundos descubertos ata agora que se encontran na zona habitable da súa estrela, onde as temperaturas nos son nin tan quentes nin tan frías para que exista auga líquida.


As observacións nos próximos dous anos permitirán unha exploración sistemática destes descubrimentos en toda a ventá de microondas terrestres de 1 a 10 GHz. Lóxicamente, Kepler-22b é o primeiro no que se completou o estudo para a súa clasificación como planeta nunha zona habitable.


Enlace: http://www.abc.es/20111207/ciencia/abci-buscan-vida-inteligente-kepler-201112071039.html


Soraya González Feijoo Nº 12 1º Bach D

martes, 6 de diciembre de 2011

Estallido celeste admite duas explicacións distintas

Un estallido de raios gamma detectado no ceo o 25 de decembro do ano pasado -bautizado o estallido de Nadal- sorprendeu no seu momento aos científicos polo prolongado que foi: durou media hora. Ademáis, o resplandor posterior foi diferente a outros destellos. Os astrónomos observaron o fenómeno con varios telescopios e analizaron os datos durante meses. Tan peculiar é o estallido de Nadal que agora dous equipos independentes de investigadores -un de eles polo Instituto de Astrofísica de Andalucía, IAA- chegaron a conclusións diferentes sobre o proceso que o provocou: a fusión dunha estrela de neutróns cun astro xigante, para un, a colisión dun cuerpo pequeno, como un planeta menor, nunha estrela de neutróns, según os outros. Nin sequera coinciden na ubicación do fenómeno: para uns podría haberse producido a 5.500 millóns de anos luz da Terra e para outros podría ser local, da nosa galaxia.
Os estallidos de rayos gamma son breves e mui intensos destellos que se producen contantemente no ceo. En cuanto captan un, se activa un sistema de alerta coas suas coordenadas para que os astrónomos poidan apuntar hacia ese lugar do universo telescopios de todo tipo e tomar todos os datos posibles, intentando identificar despois o obxeto celeste que xenerou o destello.
Se conocen estallidos de dous tipos, os largos, que duran dende un par de segundos ata uns cantos minutos, e os cortos, de menos de dous segundos. Os largos orixínanse, probablemente, polo colapso dunha estrela masiva (100 veces o Sol) que explota como supernova, xenerando dous chorros de partículas de alta enerxía e quedando como remanente un agujero negro. Se un deses chorros superenerxéticos da a casualidade de estar orientado hacia a Terra captarase aquí como un potentísimo estallido de rayos gamma.
Os estallidos cortos, de menos de dous segundos, produciríanse na fusión de dous densísimas estrelas de neutróns que formarían un agujero negro. También neste caso habría dous chorros emitidos en sentido oposto. Uns e outros mostran un resplandor posterior en diferentes rangos do espectro electromagnético (por eso se observan con telescopios diferentes) que dura semanas a meses.
O GRB 101225A (o estallido de Nadal), que foi detectado polo telescopio espacial Swift (da NASA), no encaixa en ningún dos dous tipos e os investigadores suxiren que habrá que ampliar a clasificación.


Christina Thöne (Instituto de Astrofísica de Andalucía, CSIC) e seus colegas explican en Nature que o extraño destello, por sus características, debeu orixinarse nun sistema binario formado por unha estrela de neutróns (un corpo tan denso que pode ter a masa do Sol nun radio de só decenas de kilómetros) e unha estrela xigante evolucionada. A estrela de neutróns meteuse na atmósfera do sua compañeira e, tras unhas poucas órbitas, acabaron fusionándose nun agujero negro e producindo dous chorro de materia como os que lanzan os GRB normais, pero calentándose pola envoltura común que tiveron os dous corpos, cunha débil explosión de supernova a continuación.



"Esta interacción deo lugar ó resplandor posterior, dominado por radiación xenerada pola materia quente e que foi enfriándose co tiempo", explican os científicos do IAA nun comunicado. "Uns dez días despois do estallido de rayos gamma comenzou a emerger unha débil explosión de supernova que alcanzou o seu máximo tras cuarenta días". Esta hipótesis encaixa co extraño resplandor ulterior térmico do estallido de Nadal, diferente do resplandor normal dos GRB, debido ás partículas eléctricamente cargadas, en campos magnéticos potentes e desplazándose a velocidades superiores al 99% de la velocidad de la luz.
Sin embargo, Sergio Campana (
Observatorio Astronómico de Brera, Italia) e seus colegas encontran unha explicación completamente distinta do estallido de Nadal. Eles consideran que as observaciones se axustan mellor a un escenario no que un obxeto pequeno, como un cometa ou un asteroide e coa mitade de masa do planeta enano Ceres, resulta destruido ó acercarse a una estrela de neutróns. Neste caso o destello de rayos gamma prodúcese cando os fragmento do corpo menor caen no astro superdenso.



"Ambas hipótesis son plausibles e explican moitos e complexos datos. Pero al menos unha das duas é incorrecta e non se ten a proba definitiva, é decir, a determinación da distancia deste GRB".



Enlaces:




Foi publicado tamén en " Nature "





Lorena Rodríguez Castro nº24, 1º BACH. D

lunes, 5 de diciembre de 2011

Os maiores buracos negros atopados ata a data



Esta imaxe amosa o enorme tamaño dun destes buracos negros.


Un grupo de investigadores de EEUU descubriron os dous maiores buracos negros supermasivos que se atoparon ata a data.


Os buracos negros son moito máis grandes do que esperaban os científicos grazas ás extrapolacións feitas a partir das observacións das características da galaxia anfitrioa. Estes resultados suxiren que os procesos que inflúen no crecemento das maiores galaxias e os seus buracos negros difiren daqueles que inflúen nas galaxias máis pequenas.

Crese que todas as galaxias masivas cun compoñente esferoidal albergan buracos negros supermasivos nos seus centros. As fluctuacións de luminosidade e de brillo dos quásares no Universo cedo suxiren que algúns son alimentados por buracos negros con masas máis de 10.000 millóns de veces maiores que o noso sol.

Con todo, o buraco negro máis grande coñecido ata agora, pertencente á galaxia elíptica xigante Messier 87, ten unha masa de 6.300 millóns de masas solares.

O autor principal do traballo, Ma-Chung Pei, e os seus colegas chegaron a estas conclusións tras a medición dos datos de dúas galaxias próximas, NGC 3842 e NGC 4889. revelan que o maior buraco negro supermasivo que existen. A galaxia NGC 3842 ten un buraco negro central cunha masa de 9.700 millóns de masas solares e a NGC 4889 ten un buraco negro cunha masa comparable ou maior.


Deixovos un video que fala dos buracos negros





E outro que explica que é un quasar





Enlaces:
http://www.elmundo.es/elmundo/2011/12/05/ciencia/1323087298.html; publicada na revista científica 'Nature'
http://www.youtube.com/watch?v=3QYVUvm3Uc4
http://www.youtube.com/watch?v=z8wxxoXNCgc&feature=mfu_in_order&list=UL




Sandra Vázquez Fernández nº 27 1º Bach. E

domingo, 4 de diciembre de 2011

Reservas de auga no planeta vermello


A cordillera Phlegra Montes en Marte


A sonda Mars ( situada no planeta Vermello), infórmanos a través da Axencia Espacial Europea (ESA), que poderían existir grandes cantidades de auga baixo a superficie deste inhóspito planeta, xustamente na cordilleira Phlegra Montes.

O feito de que poidamos observar en Marte cadeas montañosas rodeadas de " abanicos lobulares de derrubios " está relacionado coa posible existencia de glaciares na rexión ( segundo ben nos indica o radar que viaxa a bordo da sonda Mars da NASA ).

Os cráteres de impacto dos arredores de Phlegra indícannos que a actividade glaciar é recente.
Segundo explica a ESA e outras teorías, estes glaciares foron orixinados en distinta épocas ao longo dos últimos millóns de anos, cando na rexión de Marte había unhas condicións climáticas diferentes ás actuais.

Despois de todas estas investigacións, diversos indicios aseguran que podería haber auga baixo este planeta da Vía Láctea, e, se así fora, estas reservas servirían de suministro para futuros astronautas exploradores deste astro.

FONTES:

http://www.abc.es/20111202/ciencia/abci-detectan-agua-oculta-marte-201112022131.html

miércoles, 30 de noviembre de 2011

Supervivencia noutros planetas

Uns 4000 gusanos foron enviados a Estación Espacial Internacional (ISS) mediante o tansbordador Discovery. E agora, un grupo de científicos de Gran Bretaña puido comprobar que os Caenorhabditis elegans(o nome que reciben estes gusanos) poden procrearse e medrar no espazo aínda estando en condicións de microgravedade.

No espazo,os gusanos desenrrolaronse desde que naceron ata a idade adulta, e tiberon descendencia do mesmo xeito que o farían na Terra.
Os experimentos con animais, tamén axudan os científicos a entender os efectos da ingravidade e os altos niveis de radiación.


Este experimento, realizouse porque moitos científicos pensan, que para lograr que nn se extinga a nosa especie será necesario desprazarnos a outros planetas. Así que esto supón un motivo de esperanza se nalgún momento fora necesario abandoar a Terra.



Máis información : http://www.abc.es/20111130/ciencia/abci-miles-gusanos-viven-espacio-201111300942.html


David Fernandez Queija nº11 1ºD

Ciencia e...cervexas?

Grazas a unha técnica desarrollada por científicos da Universidade de Sevilla, agora poderemos saber de onde proceden os distintos tipos de cervexa que podemos pedir en calquera cafetería.



Mediante un test estadístico, o primeiro que se fai é seleccionar aquelas variables que distinguen unhas cerveixas doutras nos seus componentes. O seguinte que se fai é realizar outro análise matemático para descartar aqueles parámetros que non  permiten determinar o lugar de orixe. O resultado é un modelo que está basado en ferro, potasio, fósforo, fosfatos e polifenoles.

Aínda que as diferenzas nas análises sexan moi pequenas o modelo é capaz de encontrar a relación entre estos descriptores químicos  e a procedencia xeográfica das cervexas.



Marta Araújo Rodríguez  1º D BAC - Nº2