O descubrimento a 1.400 metros de profundidade dunha nova especie de cangrexo de cor alaranxado e ata 7 centímetros de lonxitude en augas de Galicia pon de manifesto a importancia do estudio dos ecosistemas mariños e o uso sostible que se pode sacar deles.
O crustáceo, hachado nunha das campañas mariñas do Instituto Español de Oceanografía (IEO), vive sobre corais e gorgonias, onde forma uns hábitats moi característicos, manifestou a directora da Fundación Biodiversidade, Sonia Castañeda, durante un seminario sobre os resultados científicos do proxecto Life Indemares.
Este proxecto, que se encontra na súa última fase tras catro anos de investigación, culminará cun proceso de participación pública e ca declaración de gran parte da Red Natura 2000 Marina en España.
Durante o seminario, Castañeda destacou que un dos grandes pilares do proxecto é a unión de varios actores como a administración pública, institutos de investigación, entidades conservacionistas e os usuarios da mar, destacando o sector pesqueiro, imprescindible nesta fase final.
Asimismo, sinalou que o enfoque de participación e colaboración co que naceu o proxecto, dotado dun presupuesto de 15,4 millóns de euros e cofinanciado pola CE nun 50 %, debe ser clave para a súa viabilidade social e económica.
Indemares abarca o estudio de 2,5 millóns de hectáreas e ten tres pautas claves: declaración de zonas de especial protección para aves, estudio de cetáceos e tortugas mariñas e hábitats de profundidade.
Para a directora de Biodiversidad, os estudos sobre as áreas mariñas arroxan resultados científicos determinantes sobre os valores ecolóxicos e de protección destas zonas.
Outro dos hachados nestos anos foi a existencia dunha gran riqueza de biodiversidade nas simas do Cañón de Avilés, no mar Cantábrico, que posibilitaría a declaración de Área Marítima Protexida nalgúns dos seus enclaves.
Asimismo está en estudio a biodiversidade dos volcáns de fango no golfo de Cádiz, que podería superar ás 1.000 especies, ós cetáceos que viven en augas de Fuerteventura e Lanzarote e ás marcaxes de aves mariñas con GPS.
Durante estos catro anos de traballo realizáronse 110 campañas oceanográficas con máis de 300 persoas implicadas, 200 investigadores, 50 publicacións científicas e xeneráronse 200 empleos, detallou a directora de Biodiversidade.
"A partir de agora ábrese un proceso de participación e consenso para compatibilizar a conservación mariña co uso de actividades como a pesqueira ou o tráfico marítimo."
Durante o seminario, o director xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar, Pablo Saavedra, sinalou que o proxecto LIFE-Indemares é unha "ferramenta valiosa" para as políticas de conservación do medio mariño e para todas as que teñen incidencia sobre as actividades mariñas.
Enlaces: