Benvido/a! Nós somos un grupo de estudantes de Bacharelato. Con este blog queremos informar sobre os avances e descubrimentos científicos máis relevantes do panorama actual, porque a cultura tamén engloba a ciencia!Visitádenos e comentádenos para estar ao día!
(Edublog participativo)
Os arrecifes de coral son ecosistemas moi valiosos: son fontes de recursos para moitos países, xa que serven de habitat para abundantes especies mariñas de consumo humano con gran importancia económica; provén protección ás costas da erosión, os embates das ondas e os furacáns; son fonte de turismo e neles atópanse unha enorme biodiversidade, con redes alimentarias importantes e complexas.
Un novo proxecto do Zoolóxico de Londres propó resaltar o perigo inminente ao que están expostos os arrecifes coralinos do mundo. Científicos de varios países foron recrutados para investigar estas especies e educar ás comunidades na súa importancia. Os expertos aseguran que accións locais como reducir a contaminación, restrinxir a pesca, pode gañarlle un pouco de tempo a destrucción dos corais. Para salvalos para sempre, necesitaríase dun esforzo de todos os países para reducir os gases invernadoiro, responsables do quentamento dos océanos.
O aceiro ten unha relación entre a súa dureza e a súa resistencia moi boa. Ai que ter en conta que non podemos encontrar moitos materiales que teñan unha boa relación entre estas dúas características.
Un grupo de investigadores do departamento de enerxía de USA, o Berkeley Lab e o Instituto de Tecnoloxía de California acaban de desenrolar un vidrio metálico cuns niveis de resistencia e dureza impresionantes endexamais vistos. O vidrio está formado por unha micro-aleación de paladio. Está acompañado por silicio, fósforo, xermanio e prata. O seu único problema e o seu coste. O fósforo e o silicio non dan moitos problemas pero o paladio, o xermanio e a prata si.
Este complemento á miña noticia debería habelo subido xa fai algunhas semanas; pido sinceiras disculpas a todos os bloggeros e á nosa profesora por tardar tanto. Aínda así, paréceme imprecindíble volver sobre ela para ampliar algúns datos sucedidos despois da súa publicación.
O primeiro que vos pediría e volvérades a ler o meu post sobre esta bacteria revolucionaria. Se recordades fai un mes e medio aproximadamente informeivos de que se acababa de lanzar un auténtico bombazo no mundo bioquímico. Descubrírase unha nova bacteria que era capaz de substituír o fósforo, considerado elemento esencial para que exista vida, por arsénico no seu ADN e vivir con absoluta normalidade. Todo un achado que realmente pode cambiar os principios e bases científicas da vida de pés a cabeza, abrindo as portas a novas hipóteses sobre a súa orixe e a outras formas de vida plausibles no universo.
A investigadora que lideraba o estudo da NASA sobre esta bacteria, Felise Wolfe Simons, demostroulle á revista Science que o seu traballo era correcto, e que tiña probas de que outras formas de vida eran posíbles, así as súas conclusións foron dadas por válidas ao publicarse o traballo o 2 de decembro. Esta noticia tan revolucionaria desatou polémica e a crítica dalgúns membros da comunidade científica. Uns calificaron o estudo de precipitado, outros recoñecían a opción de que puidese vivir en arsénico pero que non demostrara que dependían del, e outros afirman que as mostras de ADN estaban contaminadas e que contaban con suficiente fósforo residual como para vivir.
Moitos científicos, entre eles algúns moi famosos e importantes, publicaron nos seus blogs e noutros medios o seu desacordo. Algúns mandaronlle cartas formais á revista Science onde se esforzaban por probar a falsedade do estudo da NASA.
Os autores da descuberta confiaban no seu traballo e negaronse, en principio, a contestar aos comentarios dos detractores. Crían na calidade e na veracidade das probas que subministraron, así como na competencia dos científicos independentes que revisaron tódolos datos e detalles do estudo de arriba a abaixo. Pero os científicos incredulos, como por exemplo Rosie Redfield, unha destacada microbióloga, calificou ó estudo de FRAUDE e asegurou que a doutora Wolfe Simon e os seus colaboradores eran “malos científicos”. Chegaron ao extremo de criticar aos propios revisores da revista e de afirmar que en breves se retiraría.
Exemplos de diverxencias nas opinións:
- "Agás que falseen os datos, o traballo paréceme convincente" Ricardo Amils, investigador da Universidade Autónoma de Madrid e do Centro de Astrobiología, colaborador da NASA e experto nas bacterias de Río Tinto (Huelva), un ecosistema similar ao de Marte.
- "Retirarán o traballo en dous meses" Francisco Rodríguez-Valera, catedrático de microbiología da Universidade Miguel Hernández (UMH) e experto en bacterias de zonas salinas como o lago Mono.
- "O máis grave é que haxa un revisor en Science que pasou este artigo" Pepa Antón, outra microbióloga da UMH, tamén ten dúbidas: "Presentan datos contundentes, pero seguramente terán que repetir o estudo".
Un editorial, pouco corrente, da revistaNature, principal rival da revista Science,atacaba e censuraba o silencio e o mutismo dos autores do estudo, comentando: "Os científicos teñen que cambiar os seus esquemas mentais para responder as plémicas que xurden en Internet... A tradicional revisión por pares dun traballo antes da súa publicación non é xa a única forma de obter a verdade en caso de opinións dispares". "Unha resposta rápida, aínda que provisional, por parte dos autores ás críticas sería unha reacción mellor, opina a revista. A xenuína realidade é que o debate está e segue máis vivo que nunca en Internet, e que o revoo e axitación aumentan a pasos axigantados. Os días 16 e 23 de decembro saen á luz novos comentarios nos medios de comunicación. Foi entón cando Felisa Wolfe Simon, en nome do seu equipo, decideromper o silencio dicindo que outorgará máis información sobre os experimentos e que permitirá o acceso doutros científicos ás súas probas. Ademais proporcionou como anexo, os métodos de purificación do ADN cheo de arsénico e reafírmase unha vez máis na veracidade do seu estudo. A científica asegurou que todo o traballo sería revisado e que as conclusións serían expostas na seguinte edición da revista Science. Ao final cabe esperar que a veracidade científica se a que gañe, pero ata entón os emisores do bombazo científico terán que soportar e apandar coa suma velocidade de propagación das críticas cibernéticas dos seus detractores.
E vós, que opinades ó respecto? E se todo o establecido ata o momento no campo da bioquímica e da orixe da vida, de súpeto, se vén abaixo? Tamén vós podedes participar neste arduo debate universal. Aquí tedes a palabra!
Eva Rodríguez Casas-1ºBacharelato B.
Para máis información podédevos dirixir ás seguintes páxinas:
Como xa dixemos noutros post, o 2011 é o ano da Química coincidindo co centenario da concesión do Nobel de Química a Marie Curie. Esta muller ten unha interesante biografía que deixa a calquera coa boca aberta. Os seus comezos foron difíciles, o seu sono de dedicarse á ciencia non foi nada doado. Marie naceu en Polonia, naquela época as mulleres non podían estudar, sufrindo toda clase de obstáculos, discriminacións, inxustizas. Marie mesmo pasou fame e frío. Foi unha alumna brillante cunha capacidade de concentración incrible. Cando se foi a estudar a París logrou sobrevivir grazas ós aforros por ter traballado como institutriz en Varsovia, e pola escasa axuda que lle enviaba o seu pai e un irmán. Malia todo isto, rematou Física na Sorbona co número un da súa promoción. Un ano despois, coñecería o seu futuro marido Pierre Curie.
Marie, vivía entregada á ciencia, pudénsose facer rica patentando os seus descubrimentos, pero deixounos a disposición da comunidade científica. O matrimonio Curie anunciou en 1898 o achado de dous novos elmentos: o polonio e o radio, tras pasar catro anos traballando en condicións precarias para desmostrar a súa existencia. En 1903 compartiron con Becquerel o Nobel de Física. Tras chegar a fama e os recoñecementos, Marie ingresou na Academia Francesa, cargos nunca ocupados por mulleres. O seu marido morreu atropelado e Marie herdou a súa cátedra, as súas investigacións levarona a gañar o Nobel de Química en 1911. Ao viaxar a EE.UU foi recibida como se merecía, como unha verdadeira figura. Unha leucemia levouse a súa vida en 1934.
E se aínda non vos quedou claro que Marie Curie foi unha " Super Muller", lede o seguinte, "Marie Curie unha gran muller dez veces":
1. A primeira da súa clase cando rematou aos 15 anos os estudos de bacharelato (1883). Outorgáronlle unha medalla de ouro. 2. A primeira muller graduada en Física na Universidade da Sorbona. Aquel ano (1893) soamente dúas mulleres graduáronse en toda a Universidade de París. Marie foi, tamén, a primeira da clase. 3. A primeira persoa en utilizar o termo radiactividade (1898). 4. A primeira muller en Europa que recibiu o doutorado en Ciencias (1903). 5. A primeira muller en recibir un Premio Nobel de Física (1903). O galardón foille outorgado, conxuntamente co seu esposo Pierre e con Henri Becquerel, polo descubrimento da radiactividade. 6. A primeira muller que foi profesora e xefe de laboratorio na Universidade da Sorbona (1906). 7. A primeira persoa en ter dous Premios Nobel. O segundo sería de Química, en 1911, por preparar o radio e tido sido investigado os seus compostos. 8. A primeira muller que foi membro da Academia Francesa de Medicina (1922). 9. A primeira nai Nobel cunha filla Nobel. En 1935 a súa filla Irene obtivo o galardón en Química. 10. A primeira muller en ser enterrada baixo a cúpula do Panteón por méritos propios (1995).
Feito por María Isabel Limia Pérez 1º Bacharelato B.
En clase estivemos falando da Teoría endosimbiótica e da simbioxénese. Déixovos un enlace a un traballo realizado por unha alumna do curso pasado, no que se recolle unha pequena biografía de Lynn Margulis e un resumo das súas ideas sobre a evolución. Espero que vos axude a coñecer mellor a esta gran científica actual. (Non esquezades pór o son, algún de vós descubrirá a voz marabillosa de Maria Callas).
Así é, o ano 2010 convertiuse xunto co ano 2005 no ano máis cálido que se ten rexistrado dende 1880. O incremento da temperatura da superficie terrestre no ano pasado é de 0,62 grados con respecto de hay 10 anos. Este aumento da temperatura terrestre, que parece tan insignificante, é a proba máis clara da existencia do efecto invernadoiro que algúns cuestionan.
Os antibióticos non son inofensivos xa que poden ter efectos adversos e o seu mal uso pode producir a súa perda de eficacia. Debido a isto é necesario informar a poboación da necesidade de utilizar de xeito racional este tipo de fármacos.
Segundo a Teoría da evolución de Darwin a poboación de bacterias que produce unha infección son todas distintas desde un punto de vista xenético, unha son máis resistentes aos antibióticos que outras. O uso inadecuado destes fármacos, fan desaparecer por selección natural as máis débiles e quedan as máis fortes o que acelera a aparición de bacterias resistentes, algo perxudicia,l sen dúbida, para todo o mundo. Así, arriscámonos a que moitas infeccións bacterianas graves que ata o día de hoxe tiñan curación no futuro non o consigan. Isto é un aspecto que entre todos temos que cambiar, preservando o valor curativo dos antibióticos. O Ministerio de Sanidade e Consumo, consciente deste problema, puxo en marcha desde o ano 2006 unha campaña informativa. O cartel e os spot que aparecen neste post son unha mostras da citada campaña.
O progreso das medidas hixiénicas, a mellor calidade das condicións de vida, as vacinas, os antibióticos, etc fixeron crer, erradamente, que as enfermidades infecciosas desapareceron ou farano axiña. Nada máis afastado da realidade. A sida, a tuberculose, as hepatites C e E, a enfermidade do lexionario, a malaria e a meninxite, entre outras. Este exceso de confianza que nos fai pensar que temos, en concreto, as infecciones bacterianas controladas, son as que estar a dar a cada día maior resistencia aos antibióticos .
Seguindo os consellos que aparecen a continuación poderemos diminuir ou amortiguar este problema:
- Non debemos precipitarnos á hora de tomar medicamentos. Non a automedicación.
- Os causantes de moitas afeccións respiratorias son virus ante os cales os antibióticos son ineficaces e polo tanto só o médico é o indicado para receitalos, no caso de que perciba algún tipo de risco por enfermidades subxacentes ou pola idade, así como para evitar sobreinfeccións.
-Seguir sempre medicación sen saírse das regras, empregando a dose recomendada e os días fixados polo facultativo.
- Non empregar medicamentos que atopemos por casa gardados porque seguramente non se adapten ó que precisamos nese momento, por iso debemos agardar e, se os síntomas continúan, ir ó médico.
-Á hora de compralos, aínda que sexan os receitados, procurar optar á medicación xenérica, posto que non sempre o máis caro é o máis efectivo.
-Sempre que teñamos medicamentos nas nosas casas, debemos gardalos e non telos á vista dos nenos.
Un antibiótico é aquela substancia química, xeralmente utilizada na Medicina animal e humana e na horticultura, que pode ser producida directamente dun ser vivo ou derivada sintéticamente deste co obxectivo de matar ou impedir o crecemento de certos microorganismos sensibles que causaran unha concreta infección sobre os mencionados organismos.
Cada un de nos temos unhas 100.000 bacterias en cada cm2 de pel saboreando escamas de pel, fluidos e minerais que desprendemos. Os microbios constitúen un 80% do todo aproximadamente, e a maioría non son perxudiciais, outros poden beneficiarnos e só uns poucos son perxudiciais para o home. E por moi poucos que sexan, (un de mil microbios son malignos para o ser humano) son a terceira causa de morte no mundo Occidental.
O problema que nos afecta é o seguinte: a inmunidade destes microbios perxudiciais a un tratamento recurrido, ás veces, innecesariamente: os antibióticos.
¿Que factores inflúen na resistencia aos antibióticos?
Un uso inxustificado e un abuso dos antibióticos leva a que as bacterias xeneren unha resistencia. A fácil dispoñibilidade de antibióticos nalgúns países onde se venden sen prescripción médica fomenta esta resistencia.
Moita xente toma antibióticos fronte a constipados ou gripes, cando o remedio "caseiro" tampoco ven mal de cando en vez. Temos que saber cando debemos evitar os antibióticos, e para iso, coñecer contra que non poden combatir:
Infeccións causadas por virus, como os resfriados, a maioría das dores de gorxa, a bronquitis e algunhas infeccións de oído.
Os antibióticos só funcionan cando se trata de infeccións causadas por bacterias, fungos e algúns parásitos. Polo tanto, debemos recurrir a este tratamento, sempre prescrito polo noso médico, cando padecemos alguna infección no seguinte tipo:
Infeccións de gorxa, oídos, urinarias, sinusitis, infeccións sépticas por alimentos, das vías respiratorias, etc. Todas as infeccións nombradas, como xa sabedes, serán tratadas con antibiótico porque están producidas por bacterias, tendo que existir evidencias clínicas de que non é un problema vírico.
Polo tanto, é aconsellable acudir sempre a un especialista que nos proporcione evidencias clínicas de que nos atopamos ante unha infección bacteriana, e preferiblemente, ter en conta tamén certas precaucións para outros medicamentos, xa que o abuso de calquera deles tampouco é beneficioso para nos e poderíamos estar tratándonos de maneira incorrecta.
O Obxecto de Hanny, que así nomearon a ese corpo, foi descuberto por o telescopio Hubble en 2007. Trátase dunha estrana e brillante nube de gas verde (isto é debido ó osíxeno ionizado) situada a 650 millóns de anos luz da Terra, que parece flotar debaixo dunha galaxia espiral (que un cuásar no seu núcleo iluminouna como se fora un foco) e que ten o tamaño da Vía Láctea.
Do núcleo da galaxia sae un fluxo de gas que se extende a 300.000 mil anos luz, e que o Hubble mostrou agora que este gas interactúa cunha pequena rexión do Obxecto Hanny, na que se están a formar estrelas, as máis antigas das cales ten dous millóns de anos.
Hanny Van Arkel foi a profesora holandesa que descubriu a estrutura celeste, que agora asiste a presentación das novas imaxes na Sociedade Americana de Astronomía.
Agora crese que o cuásar (buraco negro supermasivo) apagouse ou resultou ocultado polo gas fai uns 200.000 anos tras haber iluminado a estrutura, cuxo brillo pode considerarse o seu eco.
Científicos estadounidenses crearon recentemente un novo material fusionando cinco elementos e convertíndoo así nunha especie de vidrio metálico. Falan deste coma o material máis resistente do mundo!
O novo material está composto o 90% de Paladio e o outro 10% está composto por plata, germanio, silicio e fósforo, e esta esencia composta e a que permite que se distinga dos metais normais na súa maleabilidade; a súa estructura non é cristalina, se non máis parecida a do vidrio. Os metais "normais"contan con estructura cristalina que fai que o soportar moito peso os seus electróns de deslicen uns sobre outros, pola contra os metais amorfos son case imposibles de cambiar a forma, cunha estructura semellante a do vidrio pero coa diferencia de que o vidrio agrietase e romper antes de deformarse, e este supermaterial defórmase entes de quebrar. De aquí as súas supercaracterísticas que fan que lle podan chamar supermaterial:
A súa fortaleza permítelle soster cantidades de peso que farían caer a calquer outro material.
é aínda máis resistente co acero, tanto que podería resistir golpes de enorme intensidade sen tan sequera quebrarse!
Cales serían as súas aplicacións? Estas poderían ser moitas, pero verase reducida a unha polo seu gran inconveniente, o prezo; O paladio xa é de por sí caro, xa que costa ao redor de 15.000 € o quilogramo, pero o super material ronda os 20.000 € ! Polo tanto só se usará para medicina (de momento), para curación de fracturas óseas etc.
Durante o estudo tamén plantearon utilizar o material con aluminio ou ferro, e é posible que nun futuro se desenvolvan novos materiais máis baratos que substituan o aceiro e desgaste menos o noso bolsillo.
Tevatrón é o acelerador de partículas circular do Fermilab situado en Batavia, Illinois (Estados Unidos). É un sincrotrón que acelera protones e antiprotones nun anilllo de 6.3 km de circunferencia ata enerxías de case 1 TeV, de onde provén o seu nome. Este acelerador competía desde o 2008 co LHC, actual lider indiscutíble da física de altas enerxías, por atisbar o "Bosson de Higgs".
Edificio central de Fermilab, que aloxa no seu soto o "Tevatron"
O Tevatron tiña previsto botar o peche en setembro deste ano. Pero as avarías no LHC desde a súa inauguración en 2008 xustificaban un sprint final ata 2014 para o acelerador estadounidense, segundo o Departamento de Enerxía da EUA(DoE), que financia o proxecto. Pero ao final os criterios económicos impoñeronse sobre os ciéntificos xa que: "o actual clima presupuestario é moi duro e non se atoparon máis fondos", segundo afirma o DoE nunha carta a un dos expertos que recomendaron manter vivo ao "Tevatron".
A “nebulosa del Cangrejo” é un dos corpos celestes máis fermosos e mellor coñecidos polos astrónomos. Foi descuberta en 1758 como supernova(explosión dunha estrela masiva esgotada), rexistrada polos chinos no ano 1054.
A día de hoxe vese no ceo como un enxambre de filamentos; no seu centro, unha estrela de neutróns superdensa en rotación e emitindo radiación. Ten arredor de seis anos luz de diámetro e atópase a uns 6500 da Terra. En principio sabemos que é moi estable, de feito normalmente é utilizada como punto de referencia para observacións astronómicas de outros obxetos menos previsibles.
Nos últimos meses os astrónomos detectaron destellos de altísima enerxía emitidos pola famosa nebulosa con diferentes observatorios avanzados. Dous equipos internacionais de astronomía explican na revista Science que detectaron catro destellos de raios gamma na normalmente tranquila “nebulosa del Cangrejo” co telescopio Agile(Agencia Espacial Italiana, ASI) no pasado mes de Setembro; nos seguintes días fixérono cos telescopios de raios X Hubble e Chandra, xa que ademais foi similar a outro destello no mesmo lugar en Octubro do 2007. Ningún astrónomo soubo como explicalos.
Outro equipo de astrónomos, liderado por Aous Abdo e con participación dende o noso país, do Instituto de Ciencias del Espacio, informa tamén na revista Science de dous destellos detectados co telescopio especial Fermi: un é o de Setembro do pasado ano e o outro en Febreiro do 2010, no que a emisión de raios gamma incrementouse en un factor catro. Tampouco teñen explicación, pero suxiren que os raios gamma tan enerxéticos poden ser emitidos por radiación sincrotrón que xeran as partículas de máis alta enerxía que se poden asociar cunha fonte astronómica. Os espectaculares e inesperados destellos na “nebulosa del Cangrejo” ofrecen unha oportunidade única para someter a proba a perspectiva xeralmente aceptada da aceleración de partículas e as emisións de alta enerxía.
Hay que ter en conta que os descubrimentos e estudos detallados de destellos de raios gamma no universo abundan nos derradeiros anos grazas a varios detectores específicos que se puxeron en órbita para atopalos e observalos. Pensan que poden producirse un ou dous destellos gamma ó ano no rematente de supernova.
No ano internacional da Química deixovos un enlace moi interesante que nos permite ver unha táboa periódica, cos elementos químicos conectados mediante hipervínculos a vídeos en inglés. Algúns xa están subtitulados en español na lista de reproducción With Spanish subtitles (Español).
Científicos da NASA e membros da Sociedade Science & Entertainment Exchange fixeron un listado de películas comerciais tendo en conta o punto de vista científico. Entre as peores destacaron: 2012, El Núcleo, Armageddon, Volcano, Reacción en cadena, El Sexto Día, ¿Y tú qué sabes? Y El día de mañana. Entre as mellores destacan:Gattaca, Contacto, Metropolis, El día que la Tierra se quedó quieta, La mujer en la Luna, El enigma de otro mundo, Blade Runner y Jurassic Park.
Irónicamente afirmaron que se debía colocar unha nova advertencia ás clasificacións das películas: "O contido desta película non dana ningunha teoría científica seria".
Deíxovos algúns enlaces onde podedes buscar películas relacionadas coa ciencia:
Un grupo de científicos dos Estados Unidos, liderados por Bart de Pontoeu e apoiados pola NASA, observaron como masas de gases a elevadas temperaturas saen disparadas dende a superficie do sol ata a coroa (atmosfera do sol), a unha velocidade moi superior ós 100 quilómetros por segundo e que desaparecen en moi pouco tempo.
No 2007 suxerírase a existencia desas masas, denominadas espículas solares, que se movían a gran velocidade, o que lles proporcionaba elevada temperatura, pero non se observaran directamente. Esto foi posible grazas ó telescopio espacial Solar Dynamics Observatory da NASA, lanzado en febreiro do pasado ano, e ó satélite xaponés Hinode, lanzado no 2006.
Máis de 4.700 granxas foron pechadas en Alemaña, despois de descubrir que os pensos cos que están a alimentar os animais están contaminados con dioxinas. A dose de dioxinas que contiñan eran ata 78 veces superiores ao permitido, segundo os expertos: un total de 58,17 nanogramos, fronte aos apenas 0,75 permitidos pola lei.Os análises realizadados por un laboratorio independente detectou a contaminación en marzo do 2010 pero Goberno alemán asegurou que non tivo coñecemento do feito ata decembro. Ata o inicio desta semana non foi feito público o problema, que afectou 3.000 toneladas de alimentos en todo o país.
As granxas adquiriron pensos contaminados con aceites industriais non destinados ao consumo animal ou humano e que contiñan dioxínas, compostos químicos obtidos a partir de procesos de combustión que implican ao cloro, e que constitúen unhas das substancias máis tóxicas e cun alto potencial canceríxeno para o ser humano
Segundo a revista Human Genetics realizáronse uns experimentos que afirman que coa información do ADN pódese determinar cunha gran probabilidade, superior o 90 % se unha persoa ten o pelo negro ou se é pelirroxa e cunha probabilidade dun 80% en rubios e castanos; para realizar este experimentos abonda cunha pequena mostra de sangue, saliva, espermatozoides ou outros materiais biológicos utilizados polos forenses.
Poder coñecer a cor do cabelo a partir do ADN mostra un gran avance porque ata agora tan so os pelirroxos se podían detectar con unha simple análise.
Agora os forenses xa poden determinar a coloración do cabelo basándose en tan so 13 marcadores de 11 xenes, esto permite os investigadores coñecer a cor do cabelo de calquera persoa.
Estes experimentos tan so se realizan co pelo da cabeza pero esperan conseguir o mesmo ca cor do vello corporal, aínda que anteriormente os investigadores xa traballaron para poder determinar a cor dos ollos e ata saber a idade dunha persoa a través do ADN.
A cabeceira dedicada ao ano da Biodiversidade, celebrado no 2010, foi substituida por unha imaxe que expresa unha Ciencia máis global.
A declaración de 2011 como Ano Internacional da Química é unha iniciativa da IUPAC (Unión Internacional de Química Pura e Aplicada, nas súas siglas en inglés) e a UNESCO. O ano 2011 coincide co centenario do Premio Nobel de Química outorgado a Marie Curie e da fundación da Asociación Internacional de Sociedades Químicas. O Lema é “Chemistry: our life, our future” (Química, a nosa vida, o noso futuro) e os seu obxectivos son: incrementar a apreciación pública da Química como ferramenta fundamental para satisfacer as necesidade da sociedade, promover o interese pola Química entre os mozos, e xerar entusiasmo polo futuro creativo da Química para mellorar a sustentabilidade dos nosos modos de vida e para resolver os problemas globais e esenciais da Humanidade, como a alimentación, a auga, a saúde, a enerxía ou o transporte.
2011 Ano Internacional dos Bosques. Esta celebración resultará útil para tomar maior conciencia de que os bosques son parte integrante do desenvolvemento sostible do planeta debido aos beneficios económicos, socioculturais e ambientais que proporcionan. Con este fin, promoverase a acción internacional en pos da ordenación sostible, a conservación e o desenvolvemento de todo tipo de bosques. No seguinte enlace podemos oir o son do bosque.
Detrás da «síndrome de Peter Pan» quizais non exista só unha persoa caprichosa ou unha personalidade pouco formada, senón que pode esconderse unha explicación neurolóxica. Científicos británicos aseguran que o cerebro humano continúa desenvolvéndose despois da infancia e a puberdade, e que non alcanza a súa madurez completa ata os 30 ou 40 anos. Esta investigación, contradín as actuais teorías que apuntan que o cerebro madura moito máis cedo.
A codia prefrontal, que se encontra xusto detrás da fronte, é, segundo os científicos, a área do cerebro que experimenta maior período de desenvolvemento. É a parte do cerebro «que nos fai humanos», xa que existe unha estreita relación entre este área do cerebro e a personalidade. Os escáneres cerebrais mostran que que esta continúa cambiando a súa forma ata ben entrados os 30 ou os 40 anos. Para Blakemore, a investigación podería explicar por que os adultos ás veces se comportan como adolescentes, teñen mal humor sen vir a conto ou rabechas cando non se saen coa súa.
Aquí deíxovos un vídeo moi interesante sobre o funcionamento do cerebro.
Feito por María Isabel Limia Pérez 1º Bacharelato B