Benvido/a! Nós somos un grupo de estudantes de Bacharelato. Con este blog queremos informar sobre os avances e descubrimentos científicos máis relevantes do panorama actual, porque a cultura tamén engloba a ciencia!Visitádenos e comentádenos para estar ao día!
(Edublog participativo)
Nun experimento vimos como se comportaba un ovo en medios hipertónico, hipotónico e isotónico. Noutro comprobamos como o proceso de ósmose ten lugar nas células vivas. Nesta animación estudaremos o fundamento do proceso da ósmose.
Na seguinte animación podedes ver a polaridade da molécula de auga e os enlaces por pontes de hidróxeno que se forman entre elas. Queres saber o que ocorre cando se disolve sal en auga? preme aqui.
Repasade as propiedades da auga vendo esta animación no idioma da ciencia, o inglés.
Ata o día 29 de outubro celébrase en Nagoya (Xapón) a X Conferencia das Partes do Convenio de Biodiversidade Biolóxica. Nesta reunión espérase que se adopten metas internacionais para o período 2020-2050. Espero que esteades atentos ás conclusións e comentédelas no blog.
Ecoloxistas en Acción ten un canal de televisión por internet http://www.somosbiodiversidad.tv/ co obxectivo de acercar o décimo Cumio sobre Biodiversidade a todos os que se desexen informar sobre este encontro tan decisivo para o futuro do planeta.
O pasado 14 de outubro morreu Benoît Mandelbrot, descubridor dos fractais. Este polaco de 85 anos foi o descubridor dunha flgura xeométrica totalmente irregular e que posuía estas irregularidades con calquera escala de observación. Pero o gran descubrimento de Mandelbrot foi a comprobación de que este fenómeno observábase directamente na natureza (cunchas de moluscos, follas de fentos, accidentes xeográficos...). Os fractais defínense mediane unha relación matemática, xa que, en realidade, son conxuntos matemáticos que cambian de tamaño en función da escala. Para unha explicación matemática máis detallada aqui tendes:
O Corpo celeste por ahora máis lexano é unha galaxia que tardou en emitirluz á Terra máis de 13 millóns de anos e foi observada por un telescopio de Chile cando o universo tiña arredor duns 600 millóns de anos. Ahora os científicos queren ver como se formaron as primeiras estrelas que calculan que foi uns 500 millóns de anos despois da explosión do Big Bang.
A galaxia que pensaban que estaba máis lexos era a chamada "UDFy-38135539 ", observada en 2009 polo Telescopio Hubble.
Os científicos para ver como se formaron as primeiras estrelas terán que esperar polo chamado novo telescopio James Webb, mais co Moderno xa Hubble que consegue observar as frecuencias de infravermellos. Tamén queren ver os buratos negros da próxima década, pero aínda non saben certamente se se formaron estes primeiro ou as estrelas.
A nosa profesora de CMC fixo unha cuestión moi interesante na clase, sabedes por que Newton foi considerado mala persoa?
Ninguén o sabía na clase, a min picoume a curiosidade: Que fixo? Que dixo? Que pensaba? Entón púxenme a indagar, espero que esta sexa a resposta ou parte dela, e rógovos lectores que se estoy confundida mo digades e ingadide a información que vos creades que tamén é interesante.
Cando Newton tiña 3 anos a súa nai viuda mudouse xunto un novo esposo , deixando o pequeno Isaac ó coidado da súa avoa materna. Isto tivo unha gran repercusión no carácter de Newton, tanto que chegou a desexar incendiar a casa coa nai e o padrastro dentro.
Que ? Sorprendente ? Pois aínda hai máis , seguide lendo:
non foi unha boa persoa.ISAAC NEWTON (1642-1727) é considerado un dos máis grandes científicos da historia, pero segundo os seus biógrafos tiña un caracter arisco, pedante, proclive á polémica e con moitas dificultades para relacionarse cos demais; características que, co transcurso do tempo, faríanse cada vez máis evidentes ata converterse no aspecto máis destacado da súa historia persoal. A anormalidad do seu carácter demóstrase no seu temor aos plaxios completamente impropio dun xenio, polo que redactou os seus traballos dun modo moi difícil, para que os seus adversarios non puidesen entendelos. Segundo o historiador estadounidense Richard S. Westfall (1924-1996) na súa biografía "The life of Isaac Newton" (A vida de Isaac Newton, 1993), Newton foi o exemplo perfecto do profesor abstraído. Frecuentemente traballaba ata as primeiras horas da mañá, esquecíase de comer e adoitaba aparecer no comedor do colexio con "os seus zapatos sucios, as súas medias engurradas e o seu pelo mal peiteado". Como persoa, Newton non era moi agradable e a miúdo viuse envolvido en polémicas cos seus colegas, como por exemplo co físico Robert Hooke (1635-1703, co matemático alemán Gottfried Leibniz (1646-1716) e co holandés Christiaan Huygens (1629-1695). O astrónomo inglés John Flamsteed (1646-1719) describiuno como "insidioso, ambicioso, excesivamente ávido de encomios, amigo da contradición..., un bo home no fondo pero, por natureza, suspicaz".Espero que haxa resolto as vosas dúbidas e que comentedes o que vos pensades. Un saúdo
Feito por : María Isabel Limia Pérez 1º Bacharelato B
Según Aubrey de Grey, non cabe dúbida. O chamado "profeta da inmortalidade" afirma que o envellecemento é unha enfermidade máis que acaba causando a morte, e pode erradicarse conseguindo algún día aumentar a esperanza de vida, cunha maior inversión no desenvolvemento de técnicas biomédicas.
Na vida futura imaxinada por De Grey non se alargan todas as idades dunha maneira proporcional. Seguirá habendo bebés, nenos e xóvenes, pero cando se alcance a madurez xa non se envellecerá máis. "Poderemos permanecer no estado físico dos 25 o 30 anos tanto tempo como vivamos", asegura. Para manterse a punto, os homes pasarán cada 5 o 10 anos una especie de ITV que lles substituirá (empregando a ciruxía ou outros métodos) tecidos ou órganos envellecidos.
E que sucedería se todas as persoas, ou a maioría, puideran alcanzar os 1000 anos de idade? Habería espazo para todos no planeta? Para De Grey tamén é unha preocupación razonable.
Opinades que o ser humano ten que ser considerado unha máquina á que se lle puideran "cambiar as pezas" para renovalo, alterando a orde da natureza? A ética xogaría un importante papel nestas investigacións.
Para máis información, déixovos unha noticia de hoxe no diario "Público".
Outro experimento de osmose desde Pakistan, esta vez con patacas. É un experimento moi sinxelo e moi interesante que demostra que a ósmose prodúcese en tecido vivo.Simplemente necesitamos unha pataca crúa, unha pataca cocida, un coitelo, un par de recipientes, auga e sal. A preparación non é laboriosa, nin precisa moito tempo, pero o proceso é lento e hai que esperar ata dúas horas para ver os resultados.
Outro experimento de osmose desde Pakistan, esta vez con patacas. É un experimento moi sinxelo e moi interesante que demostra que a ósmose prodúcese en tecido vivo.Simplemente necesitamos unha pataca crúa, unha pataca cocida, un coitelo, un par de recipientes, auga e sal. A preparación non é laboriosa, nin precisa moito tempo, pero o proceso é lento e hai que esperar ata dúas horas para ver os resultados.
O albinismo trátaseta dunha doenza rara, de compoñente xenética, que afecta a unha persoa de cada 17.000; e o seu aspecto físico non sempre denota a enfermidade. Por iso ten unha especial transcendencia o albinochip, un sistema de diagnóstico da enfermidade cuxa tecnoloxía foi desenvolvida polo Instituto de Ciencias Forenses da Universidade de Santiago e polo nodo compostelán do Centro Nacional de Genotipado nun proxecto levado a cabo en colaboración co Centro Nacional de Biotecnoloxía do CSIC. En Galicia participaron na creación do chip os investigadores Olaia Maroñas, Christopher Phillips e María Torres, coordinados por Anxo Carracedo.
O impacto na superficie luar, foi provocado por un cohete da NASA en Outubro do ano pasado, revelou que, baixo a superficie do cráter Cabeus, hai un 5,6 % de agua xeada e tamén outros elementos como son hidróxido, monóxido de carbono, amoníaco, mercurio, magnesio, sodio e ata a apreciada prata! A NASA lanzou o Satélite de Observación do Cráter Luar, coñecida como misión LCROOS, o 18 de xuño do ano pasado. Levaba a bordo un cohete, o Centauro, que tres meses e medio despois, o 9 de outubro, estrelábase contra a Lúa, xerando unha gran nube de máis de 750 metros de altura sobre a súa superficie. Estímase que foron expulsados o espazo entre 4.000 y 6.000 quilos de restos, e vapor de auga. Os catro minutos da explosión, a sonda LCROSS atravesaba esa nube para recoller mostras que durante un ano foron analizadas por varios grupos de investigadores en Estados Unidos. Os resultados do equipo de Anthony Colapetre, do centro de investigación Ames da NASA, afirman que o impacto expulsou uns 155 quilos de vapor de auga e xeo, tamén se atoparon hidrocarburos, sulfuro e dióxido de carbono. Na Universidade de Brown, outro equipo dirixido polo xeólogo Peter Schultz, tras analizar as características do cráter e dos minerais que contén, atopáronse con que a composición da Lúa e moito máis complexa do que se pensaba. Ademais de agua, tamén contén compostos como o amoníaco, o sodio e a prata. Todos estes elementos combinados deron moitas pistas sobre o orixe destes minerais e o proceso polo cal acabaron os cráteres polares, que non viron a luz do Sol en miles de millóns de anos. O xeólogo cree que os elementos detectados chegaron a Lúa por impactos de cometas, asteroides e meteoritos o longo da súa historia. Apunta que foron despositados por tódalas partes do satélite terrestre, pero que máis tarde serian liberados da superficie por outros impactos menores ou ben outra teoría seria que se quentaron co sol, o que quere dicir que lles deu a enerxía necesaria para voar ata alcanzar os polos, onde haberían quedado atrapados entre as sombras dos cráteres. Ademais Schultz, mantén a hipótesis de que a variedade de elementos volátiles implica que hai unha especie de guerra constante entre o que se acumula e o que se perde continuamente na tenue atmosfera luar. Finalmente unhas palabras do xeólogo que nos poden facer pensar... “ Hai un equilibrio entre o que chega e o que marcha, aínda que creo que vai gañando o que está chegando”
Non é maxia. Atopámonos ante un fluido non newtoniano, é dicir, que ten un comportamento extrano cunha gran viscosidade e esta varía dependendo da zona onde se lle aplique unha tensión, deformándose en dirección á forza aplicada.
Noutra banda temos ó oposto: ofluido newtoniano, que aquel que non varía con ningunha forza, cun comportamento normal e pouca viscosidade. Para que vos fagades unha idea, a auga atópase neste tipo de líquidos.
No vídeo empregouse fariña de millo disolta en auga, aínda que sen ir moi lonxe obteremos esta propiedade no mel.
Se vos gusta a Astronomía recoméndovos o programa 51 de Redes titulado O noso lugar no Universo (xaneiro 2010). Resume de forma amena o que falamos no tema A nosa orixe.
As manchas e as raias da pelaxe dos felinos evolucionan con moita rapidez axudando a estes animais a camuflarse no seu habitát, segundo confirma un estudo da Universidade de Bristol (Reino Unido), que publica a revista “Proceedings Of The Royal Society B”.
Os investigadores examinaron as marcas dos costados de 35 especies de felinos salvaxes para comprender así a súa evolución. Os científicos rexistraron numerosas diferencias na apariencia visual según o lugar no que viven. Descubriron que os felinos que vivían en habitáts densos, nas árbores e se encontraban activos baixo condicións de luz reducidas, son máis propensos a ter manchas complexas ou irregulares. Isto significa que evolucionaron para mellorar a súa camuflaxe e a súa capacidade de cazar. Peroaínda quedan moitas incognitas por resolver, como por exemplo, por que os guepardos manteñen manchas a pesar de vivir en hábitats abertos?: por que algunhas especies de gato teñen pelaxes lisos a pesar da súa preferencia por ambientes máis cerrados?; por que as raias verticais non son máis comúns nos felinos e outros mamíferos?.
Dez visóns dende o nacemento viven confinados e amontoados en pequenas gaiolas de 35 cm de ancho por 45 cm cun metro de profundidade. Aos sete meses, mátanos e arráncalles a pel que se usa para facer abrigo e accesorios de luxo.
A organización de defensa dos dereitos dos animais "igualdade animal" presentou unha enquisa o martes sobre este tema. Ademais ofrece imaxes sobre o abuso físico e psicolóxico o que son sometidos os visións de granxas que existen no noso país.
Das 38 granxas que operan en España o 80% están en Galiza.
Cerca de 400.000 visóns mortos cada ano para atender á demanda da industria da pel en España. Os peleteiros negan que haxa maltrato, pero a realidade é que os visóns teñen escasa asistencia veterinaria, viven amontoados en gaiolas, sofren estrés o que lle fai ter comportamentos neuróticos e estereotipados.
Aínda non é fixo, e existen incentidumes, pero tras varios anos de colapso, as últimas noticias obtidas apuntan a un aumento de exemplares. Tal vez ainda non sexa demasiado tarde e se poda recuperar a especie.
Esta evolución positiva xa comezou a notarse en Baleares, unha das principais zonas de posta do atún vermello no Mediterráneo, pero ata que punto se pode confirmar que, efectivamente, se está a lograr inverter a tendencia? Tal vez este respiro sirva para que os científicos poidan estudar a fondo a especie e atopar as claves que acaben definitivamente coa ameaza da extinción.
En 2001,Francisco Alemany(investigador do Centro Oceanográfico de Baleares do Instituto Español de Oceanografía), comezou un proxecto que consistía en diversas pescas de plancton. Nesta operación capturaronse ovos e larvas das diferentes especies que desovaban na área, entre elas as de atún vermello. Analizáronse os seus contidos estomacais, o seu crecemento diario e outros factores para intentar modelar a relación entre o medio ambiente e a sua evolucion larvaria.
Baleares non é a única zona de desove, existen outras como a do sur de Italia (arredor de Sicilia), a turco-chipriota e a do golfo de Gabes (Túnez), e nestas últimas existen moitas dúbidas sobre o seu control.
Segundo Alemany, habería que levar a cabo campañas de investigación en toda a conca mediterránea, para sacar conclusións globais.
Ademáis conseguiuse postas de ovos en cautividade, ainda que é un tema moi complexo e require moita investigación.
Que nazan larvas nas costas de Murcia e Cataluña non quere dicir que sobrevivan igual que noutras zonas.
E segun Alemany todavía quedan moitas lagunas no coñecemento da especie, sobre todo na primeira fase de vida.
Como conclusión: Porque nun momento determinado haxa moitos individuos da mesma especie, non se pode abusar da súa pesca.
O telescopio Hubble (telescopio que orbita ao redor da Terra,estudado con anteriodidade en Ciencias para o Mundo Contemporánero) captou una fermosísima imaxe dunha estrela na última etapa da súa vida. Esta imaxe se atopou na nebulosa planetaria ‘NGC 6210’, situada a uns 6.500 anos luz, na constelación de Hércules. Nesta nebulosa atópase unha estrela, menos masiva do que é o noso Sol, na última etapa da súa vida.
Na imaxe captada polo Hubble amósase a parte interna da nebulosa planetaria con moito detalle. A estrela central, é unha pequena, pero moi quente estela tamén coñecida como ‘enana blanca’. Esta está rodeada por unha especie de brillante burbulla azul con unha estructura delicada e non moi ben definida. A burbulla asemella estar entrecruzada cun tipo de gas de cor vermello.