No ano 1951 unha expedición ó Everest regresou con fotografías de pegadas enormes na neve, das cuais dixérase que pertencían a unhas criaturas xigantes do Himalaya descoñecidas pola ciencia. A partir deste momento moitas persoas aseguraron ver a este estrano ser no Himalaya, en EE.UU, nas montanas do Cáucaso e en Sumatra.
A raíz destas especulacións, algúns investigadores como Melba Ketchum e Bryan Sykes decidiron utilizar os avances da ciencia para comprobar a existencia do ser ao cal se lle chama Yeti (Bigfoot en EE.UU), xa que anteriormente houbera numerosos informes enganosos e excéntricos sobre esta criatura.
Estes dous investigadores, ao igual que un equipo da Universidade de Oxford e da Universidade de Lausana , basaron os seus estudos na análise xenética de restos orgánicos que poderían pertencer ao Yeti, estes restos foron atopados en lugares nos que algúns excursionistas aseguraban telo visto.
Agora a investigadora Ketchum di ter probas científicas da existencia do Yeti. Según as súas conclusións a criatura é un cruzamento producido hai 15.000 anos entre homínido e Homo sapiens. O seu traballo foi publicado na revista estadounidense "DeNovo" que segundo os medios de comunicación do país , dita revista foi comprada por Ketchum para sacar á luz a súa investigación. A publicación asegura que os datos da investigadora baséanse en mostras de ADN, as cuais pertencen a especies estreitamentes relacionadas cos seres humanos.
Adriana Canto Calviño. 1º BACH: A
Fontes:
http://www.larazon.es/detalle_normal/noticias/1194635/sociedad+ciencia/el-yeti-un-cruce-entre-un-hominido-y-una-homo#.USu0Uh1g_To
lunes, 25 de febrero de 2013
domingo, 24 de febrero de 2013
As focas poden durmir coa metade do seu cerebro
Ao parecer segundo un estudo publicado no 'Journal of Neuroscience' polos investigadores da Universidade de California nos Ánxeles (UCLA) e da Universidade de Toronto, as focas saben durmir na auga poñendo en modo «sono» a metade esquerda do seu cerebro mentres que a parte dereita segue en vixilancia.
Este estudo
consistiu en identificar as substancias químicas que permiten manter unha parte
do cerebro en vixilancia e a outra parte durmindo. A principal
autora do estudo, a doutora Jennifer Lapierre, descubriuno medindo os cambios
que afectaban as diferentes substancias químicas no cerebro. A investigadora
constatou que o nivel dun neurotransmisor importante, estaba baixo a parte durmida
e elevado na parte esperta, o que fai pensar que esta substancia estimula a
actividade desta última.
Ao mesmo tempo,
os investigadores observaron con sorpresa que outra substancia importante, a
serotonina, mantiña a mesma tasa tanto cando a foca estaba durmida como cando
estaba esperta, mentres que os biólogos pensaban que ésta era a responsable da
estimulación do cerebro.

Estes
descubrimentos, a certa xente pódelles parecer pouco importantes pero se nos paramos a pensar, poden ter unha certa importancia para os humáns, xa que permiten avanzar a investigación sobre os mecanismos do sono. Un 40% dos
estadounidenses sofren problemas de sono, segundo revela outro dos autores do
estudo, Jerome Siegel, do Instituto de Investigacións sobre o Cerebro da UCLA.
Enlaces:
Paula Meixeiro Calvo, 1º Bach.D
Primer mapamundi da profundidade das augas subterráneas
Un equipo internacional de científicos publica o primeiro mapa da profundidade das augas subterráneas do mundo. Entre os investigadores atópase un galego: Gonzalo Míguez Macho, da Universidade de Santiago; que é o que codirixe a investigación. O seu traballo publicarase na revista Science.
Segundo os seus estudos, os cales levaron varios anos recollendo información sobre acuíferos, pozos e augas subterráneas de todos los países del mundo da literatura científica e de arquivos gobernamentais, estas augas xogan un papel importante en canto ó clima e ós ecosistemas terrestres. Míguez explica que “Ten unha influencia directa no ciclo do carbono e da auga, o que inflúe no clima”. Ademais o traballo desvela que entre o 21 e o 32% da capa freática (nivel superior dos acuíferos) é pouco profunda, o que afecta ós ecosistemas. Esta auga é a que nutre a ríos, árbores e demais vexetación, o que permite a transpiración e fotosíntese das plantas. A acumulación de auga nas capas freáticas crea humidais, que emiten grandes cantidades de metano (gas do efecto invernadoiro).
Vídeo sobre as augas subterráneas:
Fontes de información:
Antía Quintana Gallego, 1º BACH A
Etiquetas:
Auga,
Biodiversidade,
Ciencia en España,
Medio Ambiente
¿Por qué o bocexo nos é algo contaxioso?
A orixe e función dos bocexos son aínda motivo de controversia entre os científicos. Os ditos populares afiman: se bocexas quere decir que tes fame, sono ou estas aburrido. Pero científicamente so se pode demostrar a súa naturaza contaxiosa en humanos, algúns primates e posiblemente en cans. Pero, ¿Por qué se contaxian os bocexos?
Os bocexos contagiados son aqueles que se inicia de forma involuntaria e inmediata ou ver ou ouvir a alguén bocexar. É un feito, contaxiáronnos o bocexo . A desposta máis lóxica tra-lo contaxio involuntario, seria porque ten algunha función bastante relevante, evolutivamente ou filoxenéticamente (relacións de parentesco) que nos favorece de maneira significativa, para que outros membros da nosa especie a copien a modo de resposta adaptativa.
Algúns investigadores ven no feito de que os bocexos (un resposta multifiuncional en moitas especies) sean capaces de contrarrestar aumentos transistorios da temperatura cerebral e coporal, unha razón para preservalos evolutivamente entre os homeotermos e condicionar a súa natureza contaxiosa. A explicación máis conciliadora sobre a orixe dos bocexos baséase na hipótese que considera que o bocexo ten unha fución social e comunicativa, donde os valores sociais responden a necesidades fisiolóxias.
O 60% dos humanos non poden evitar bocexar cando observan a os seus conxéneres, e os bocexos son máis contaxios entre persoas con vínculos familiares. Esta irrefrenable acción interpretase científicamente cono unha expresión primitiva de pensamento social, a chamada empatía: que busca a identificación mental e afectiva de un suxeito co etado de ánimo de outro. e moi aferrada a evolución dos homínidos, esto xenera o contaxio de bocexos. Esto explicaría que so os humanos e os chimpancés se nos desenrrole o bocexo contaxioso.
FONTES DE INFORMACIÓN :
http://es.wikipedia.org/wiki/Bostezo
http://www.abc.es/ciencia/20130224/abci-contagian-bostezos-201302221803.html
http://www.nationalgeographic.es/noticias/ciencia/salud-y-cuerpo-humano/bostezos-por-empatia
http://www.atiende.tv/noticia/506/por-que-el-bostezo-se-contagia/
Yolanda Campos Garrido 1ºA
Rex, o home biónico máis completo do mundo
O Museo de Ciencias de Londres expón ata
finais de marzo a Rex, o primeiro home biónico. Este foi deseñado e creado por
un grupo de expertos en robótica, Shadow.
Entre o seu equipo atópase o psicólogo suízo Bertolt Meyer, que naceu sen a man
esquerda. O robot foi bautizado tamén como “o home do millón de dólares”, xa
que está valorado en tal cifra (uns 600.000 mil euros).
O robot ten dous metros de altura, cara,
brazos, mans, corazón, sangue,xeonllos e un ril. Órganos internos coma o
páncreas, os pulmóns ou a vexiga que aínda están en desenrolo. Hai partes de
corpo coma o estómago que non poden ser construídas: “O único estómago artificial
que vimos é moi grande y xera electricidade, polo que non podía usalo para reemplazar
un estómago humano, pero estou seguro de que hai xente na comunidade da
medicina rexenerativa que está traballando niso”.
Rich Walker, director executivo de Shadow comentou que “Estábamos moi
sorprendidos da cantidade de órganos humanos que se podían reemplazar. Hai
algúns órganos vitais que faltan […] pero entre o 60 e 70% dun foi posible
reconstruílo”.
Este home biónico é unha mostra do avance da medicina e da tecnoloxía
en órganos artificiais.
Engado unha entrevista, en inglés, que o periódico británico The Independient fixo a Rich Walker: Entrevista a Rich Walker .
Fontes de información:
Antía Quintana Gallego, 1º BACH A
Etiquetas:
Biotecnoloxía,
Corpo humano,
medicina,
Saúde
sábado, 23 de febrero de 2013
Un océano de magma en Mercurio
A misión do Messenger ,unha sonda enviada no ano 2004 pola NASA por un cohete delta II cun peso de 485 quilogramos. Logrou colocarse nunha órbita de 15000 km arredor de Mercurio o 18 de Marzo de 2011 .
Gracias a esta sonda os científicos do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) lograron ver indicios de que Mercurio poido ter un xigantesco océano de magma pouco despois da súa formación fai uns 4.5oo millóns de anos .
A sonda recolleu datos que permitiron identificar dous tipos distintos de rochas na superficie, que serían formadas por distintos procesos xeolóxicos .Para poder solucionar esta cuestión os investigadores recrearon dous tipos de rochas no laboratorio e as someteron a distintos tipos de temperaturas e presións .
O resultado destas investigacións fixo pensar ós científicos que o único proceso que podería dar lugar a este fenómeno sería un gran océano de magma que deu lugar a duas capas diferentes de cristais ,solidificados, que logo de fundirse en magma entrou en erupción.
O profesor Timothy Grove explicou que este océano podería terse formado fai 4.500 millóns de anos xa que a corteza de este planeta ten 4.ooo millóns.
Fontes :http://www.abc.es/ciencia/20130223/abci-oceano-magma-mercurio-201302221722.html
http://www.bbc.co.uk/mundo/ultimas_noticias/2013/02/130216_ultnot_mercurio_planeta_origen_dc.shtmlhttp://www.rpp.com.pe/2012-03-22-sonda-messenger-brinda-un-panorama-inesperado-de-mercurio-noticia_463863.html
Lucía Barreiros González 1ºA
O planeta extrasolar máis pequeno.
O Kepler, telescopio espacial enviado pola NASA no ano 2009 co obxectivo de buscar planetas do tamaño da Terra fora do noso Sistema, atopou o planeta extrasolar máis pequeno coñecido ,cun tamaño pouco mais grande ca Lúa.
O planeta chamado Kepler-37b atópase a 210 anos luz da Terra ,na constelación de Lyra . No Sistema Kepler-37 que ten dous planetas mais (Kepler-37c e Kepler-37d). Este sistema planetario é diferente o Sistema Solar aínda que ten unha estrela similar o Sol.
A temperatura de Kepler-37 será arredor de 400ºC xa que imaxínase que o planeta está mais cerca da estrela que Mercurio do Sol. Podería ser un planeta rochoso e sen atmosfera polo que non habería vida tal e como nos a coñecemos. Aínda que este planeta está na "zona habitable" do cosmos, é dicir, parte na se cre que podería haber auga líquida.A translación do planeta dura 13 días.

Os científicos recordan que a medida que a tecnoloxía avanza comézase a descubrir planetas cada vez mais pequenos.
Fontes :
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/02/20/ciencia/1361385170.html
http://www.lavanguardia.com/ciencia/20130221/54365602765/kepler-37b-planeta-mas-pequeno.html
http://danielmarin.blogspot.com.es/2013/02/kepler-37b-un-planeta-mas-pequeno-que.html
Lucia Barreiros González 1ºA
Novas probas sobre a orixe da vida
Cada vez, conseguimos máis probas de que a teoría da orixe da vida en fontes hidrotermais é correcta. Esta teoría foi proposta por William Martin e Michael Russel no ano 2002 e dicía que a orixe da vida, orixinouse nos fondos mariños grazas a seres como as bacterias quimiosintetizadoras (é dicir, que extraen a súa enerxía dos compostos químicos)

As fontes hidrotermais son difíciles de gravar debido as altas temperaturas, pero o director James Cameron, firmou profundidades mariñas para a súa película "The Abiss". Agora, filmou a fosa das Caimán en 3D e desta aventura, rodouse "James Cameron: Viaxe ao fondo da Terra".
FONTES DE INFORMACION:
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/02/22/ciencia/1361534411.html
viernes, 22 de febrero de 2013
Unha colosal mancha solar
O Observatorio de Dinámica Solar (SDO), que se puxo en marcha
no 2010 para vixiar ó Sol e outros fenómenos espaciais, captou unha enorme
mancha solar con dimensións tan grandes como para acoller seis veces a Terra,
que segundo a NASA podería desencadear erupcións solares nos vindeiros días. Os
científicos bautizárona co nome de AR
1678.

A orixe destas
manchas son os cambios producidos nos campos magnéticos na superficie solar. Nesta
zona detectáronse intensos campos magnéticos actuando en direccións opostas, o
que probablemente leve a erupcións ou chamaradas
solares. Segundo as investigacións da NASA, o Sol atópase nunha fase moi
activa, esperando o seu punto álxido durante a primavera deste ano 2013.
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/02/21/ciencia/1361469604.html
http://www.abc.es/ciencia/20130221/abci-video-lluvia-fuego-solar-201302211125.html
Iago Rodríguez Peña 1º BACH A
O Curiosity extrae a primeira mostra de Marte.
O pasado 8 de febreiro o rover Curiosity ,despois de varios meses de exploración da superficie de Marte, obtivo a primeira mostra de pó do interior dunha rocha do "planeta vermello" . O propio vehículo enviou as imaxes ao control do Laboratorio de Propulsión a Chorro da NASA situado en Califronia.
O enxeñeiro Scott McCloskey afirma que "o rover Curiosity perforou a rocha con éxito" gracias ao seu taladro de 6,4 cm.
A mostra obtida provén da rocha de gran fino "John Klein" (chamada así en memoria dun director do proxecto de Laboratorio de Ciencia de Marte que faleceu en 2011) mide 1,6 cm de diámetro e é de orixe sedimentaria. Non é coincidencia que elexiran esa mostra, xa que a escolleron porque podería conter indicios de que nun principio en Marte puido haber auga, por tanto a vida puido existir no pasado.
Noutras rexións de Marte, coma no valle Reull Vallis, crese que houbo auga tempo atrás xa que imaxes da sonda Mars Express atoparon unha enorme estructura de río con afluentes. E nos cráteres do planeta podería haber restos de xeo, dato que o Curiosity intentará pescudar.
A cor laranxa de Marte débese á oxidación do ferro que conteñen as rochas, pero o planeta é só vermello por fora, xa que a rocha atopada en capas baixas é de cor grisácea.
Agora o Curiosity deberá tamizar a mostra e ir introducíndoa en pequenas cantidades nun dos seus instrumentos de análisis chamado CHIMRA,que a axitará, a filtrará,e extraerá pequenas partículas (0.015 cm) e as analizará por medio dos instrumentos de Química e Mineraloxía, para saber a súa composición química.
Este feito é un gran logro, xa que é o primeiro vehículo en conseguir mostras dun planeta que non é o noso. Por iso os científicos están satisfeitos, pois o seu traballo de varios anos deu froitos.
Fontes:
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/02/22/actualidad/1361537610_690725.html
http://www.abc.es/ciencia/20130221/abci-curisity-descubre-dentro-marte-201302211016.html
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/02/20/ciencia/1361381695.html
http://www.fayerwayer.com/2013/02/curiosity-obtiene-su-primera-muestra-de-polvo-marciano/
Adriana Canto Calviño, 1º BACH. A.

miércoles, 20 de febrero de 2013
Descubren el planeta más pequeño fuera del Sistema Solar
El planeta Kepler 37-b
Científicos del centro de investigación Ames de la
NASA, en California (EE.UU.), han descubierto el
planeta más pequeño conocido fuera del Sistema Solar: Kepler-37b. Ellos mismos lo definen como minúsculo.
Tiene un tamaño similar al de la
Luna y es significativamente
menor que Mercurio, con el que guarda ciertas similitudes.
Lo más probable es que
se trate de un planeta rocoso sin atmósfera y sin agua, y creen
que no alberga vida como la conocemos en la Tierra. Estiman
que su superficie podría superar los 400º C.
Kepler-37b forma parte
de un sistema que cuenta con, al menos, otros dos planetas
que orbitan
una estrella similar al Sol (Kepler-37) a 210 años luz de la Tierra en la
constelación de Lyra. Los científicos que firman este trabajo creen
que este sistema planetario es bastante diferente al nuestro.
Ha sido localizado
gracias al telescopio espacial Kepler de
la NASA, lanzado
en 2009 con el objetivo de localizar planetas rocosos que pudieran albergar
vida. Descubrió los tres mundos cuando estos «transitaban» por delante de su
estrella, más fría que el Sol, produciendo un minieclipse que revelaba su
presencia.
Sus características se
detallan esta semana en la revista 'Nature',
en un estudio internacional liderado por Thomas Barclay en el que participan
los españoles Jorge Lillo y David Barrado, investigadores del Centro de
Astrobiología (CAB CSIC-INTA) y miembros del programa AstroMadrid.
Los planetas extrasolares o exoplanetas
Los exoplanetas son aquellos que se encuentran fuera
de nuestro Sistema Solar.
Michel Mayor y Didier Queloz descubrieron en 1995
el primer planeta de estas características (Pegasi 51b). Sin embargo, gracias a
los potentes telescopios espaciales, los descubrimientos de estos exoplanetas han sido
una revolución en los últimos años. Han contribuido a aumentar nuestro
conocimiento de los sistemas planetarios y han demostrado que pueden existir
sistemas muy diferentes al nuestro, el Sistema Solar.
El hallazgo del pequeño
Kepler-37b demuestra los grandes y rápidos avances de los astrónomos en este
campo, pues hasta hace no mucho sólo eran capaces de detectar
exoplanetas mucho más grandes.
Fuentes
de información
Adriana Rial Justo 1º BACH A
martes, 19 de febrero de 2013
Copérnico
Google dedica su doodle de hoy al 540 aniversario del astrónomo polaco Copérnico
Para saber que sabemos lo que sabemos, y saber que no sabemos lo que no sabemos, hay que tener cierto conocimiento. Copérnico.
Feliz cumpreanos, Dolly!
É sen dúbida a ovella máis famosa da historia e aínda que se cumpren 10 anos da súa morte, o seu cumpreanos segue festexándose pois ela provocou toda unha revolución no campo da clonación. Anos despois da súa morte o mundo coñecería a primeira clonación humana, máis tarde os primeiros cultivos de células nai xeneticamente idénticos e o máis incrible que a clonación humana anunciada polo surcoreano Woo-Suk Huanf de era un enorme fraude.
Para colmo de males a Academia Sueca non premiou ao seu creador, o embriólogo Wilmut, senón que quen levou o premio foi o que décadas antes clonara unha ra, que nin sequera ten nome.
Cando naceu Dolly, no 1997, o feito de que fora unha ovella e a cuestión ética que plantexou suscitou moita controversia. Se a isto engadimos que Dolly non “naceu” dunha ovella viva senón dun anaco de glándula mamaria que Wilmut gardaba no conxelador do seu laboratorio, a figura do científico chiflado tomou forma Para máis “chiste” púxolle o nome de Dolly, unha cantante country moi coñecida chamada Dolly Parter. Todo isto provocou escepticismo na comunidade científica.
Pasado o tempo os científicos xa conseguiron clonar gatos, ratos, porcos ou coellos pero a importancia de Dolly na ciencia é incuestionable pois o seu xenoma proviña dunha célula adulta especializada en producir leite pero ese xenoma estaba o bastante intacto para resumir o desenvolvemento humano. Concluíndo; Dolly cambiou a teoría que prevalecía para explicar o desenvolvemento do ser humano.
Cando morreu, algúns consideraron que era un xusto castigo por xogar a ser Deus, pero o certo é que morreu dun cancro de pulmón que ataca ás ovellas novas. Non tivo nada que ver coa clonación.
Que cumpras, moitos máis , Dolly!
Brais Casas Fernández 1D
Etiquetas:
Células nai,
Clonación,
curiosidades,
Xenética
¿Qué son un asteroide,un meteoro e un meteorito?
¿Estaría correcto dicir que un meteorito caeu en Rusia fai uns días?Con todo o balbordo que temos dende a caída dete corpo faremos unha análise para saber diferenciar correctamente os distintos términos para poder designalo.

Asteroide:
Os asteroides son corpos rocosos ou metálicos,sen atmosfera,que orbitan ao redor do Sol pero que son demasiado pequenos para ser clasificados como planetas.Os máis coñecidos asteroides encóntranse no cinturón principal de asteroides,un vasto anel con forma de rosca situado entre as órbitas de Marte e Xúpiter.Pénsase que os asteroides están formados polo material primordial do Sistema Solar.
A roca que fixo aproximación de récord o pasado venres,chamada 2012 DA14 de 45 metros, é un asteroide
Meteoroide:
O obxecto que caeu nos Urales,de 17 metros,que según a NASA e a Axencia Espacial Europea non está relacionado co "2012 DA14",tamén se pode considerar un asteroide,malia que definicións máis extrictas fan que este corpo se quede só en meteoroide.
¿Pero entón, ¿qué é exactamente un meteoroide?
Pois un meteoroide é un corpo menor do Sistema Solar que ten entre 100µ e 50 metros de diámetro, maior que o polvo cósmico e menor que un asteroide.
Aínda que esta definición non é aceptada por todos xa que a "Royal Astronomical Society" considera meteoroides só aos corpos celestes de entre 10µm e 10 metros.
Meteoro:
Na estela de materia incandescente que deixa detras de sí un meteoroide ao atravesar a atmosfera,(por exemplo,o que se viu nos ceos de Rusia,foi un meteoro),como tamén o son os que atravesan o ceo nas fermosas choivas de estrelas coma as "Perseidas".
Bólido e Superbólido:
Cando un meteoro é moi brillante,incluso máis que Venus,denomínaselle bólido e se chega a eclipsar a luz do Sol,Superbólido.O que iluminou o ceo en Rusia foi un superbólido.Popularmente coñécense como "bólas de lume".

Meteorito:
Denomínase meteorito aos restos que sobreviven na combustión da entrada na atmosfera,que non se desintegran por completo e que alcanzan a Terra.O que os científicos encontraron nos arredores do lago xeado de "Chebarkul",en Rusia,son meteoritos.

Pablo Estévez Feijóo 1ºA Bachiller
lunes, 18 de febrero de 2013
¿Daban leite os dinosaurios?
-Que os dinosaurios desen leite para alimentar ás súas crías parece unha idea completamente absurda pero o investigador e biólogo Paul Else,da universidade de Wollongong,(Nova Gales do Sur,Australia),leva traballando nela dende fai quince anos xunto ó seu equipo.Pero non nos fagamos ilusións xa que imaxinarnos a un Tiranosaurio Rex dotado de mamas ou ubres sería ciencia ficción.
A hipótese que plantea este profesor é que estes animais segregaban unha sustancia parecida ao leite dun tracto dixestivo superior,da mesma forma que as tórtolas ou as pombas producen o chamado leite de buche para os seus pichóns.
Esta teoría que foi publicada en "The Journal of Experimental Biology", argumenta que a maior vantaxa potencial da "lactancia" do dinosaurio é que o leite que alimenta ás crías podería estar enriquecido con aditivos como anticorpos,antioxidantes e a hormona do crecemento.
Desafortunadamente non hai probas contundentes de lactancia no rexistro fósil dos dinosaurios xa que o proceso implicaría examinar os tecidos blandos que non se conservan coma os fósiles,polo que o experto propón estudiar un caso,o dos dinosaurios herbívoros de pico de pato,(os hadrosaurios).
A conclusión do profesor foi que sempre lle chamou a atención que como un pai de varias toneladas podía alimentar á súa cría de só uns poucos kilos.Parecía obvio,unha forma de lactancia similar a que teñen as aves.
Paul Else sabe que a súa idea é moi controvertida pero espera que os expertos en dinosaurios a tomen en consideración e investiguen sobre ela.
Fontes de información:
http://ecodiario.eleconomista.es/interstitial/volver/acierto/ciencia/noticias/3906744/04/12/Los-dinosaurios-se-hubieran-salvado-si-hubiesen-mamado-de-sus-madres.html
http://www.abc.es/ciencia/20130211/abci-daban-leche-dinosaurios-201302111724.html
http://fundaciondinosaurioscyl.blogspot.com.es/2013/02/daban-leche-los-dinosaurios.html

Visita Atapuerca a primatóloga Jane Goodall
Jane Goodall, de setenta e oito anos de idade, doutora Honoris Causa en máis de corenta universidades polo seu estudo dos chimpancés, visitou este fin de semana o Museo da Evolución Humana de Burgos e o xacemento de Atapuerca.

Como vimos en clase, neste xacemento atopáronse os restos do Homo Antecessor, o europeo máis antigo; ela, unha gran defensora de que os chimpancés e a especie humana compartimos un antecesor común hai moitos millóns de anos, dixo que puido imaxinar aos nosos antepasados vivindo naquel lugar hai un millón e medio de anos. Acompañada por dous dos tres directores da escavación (Carbonell e Bermúdez), non dubidou en engadir que lle traía recordos dos seus anos de excavación en África, antes de comezar o estudo do comportamento dos chimpancés (grazas a isto, escribiu varios libros moi recoñecidos sobre o parecido que hai entre o comportamento humano e o do chimpancé).
Por último, citarei unhas verbas desta famosa primatóloga que incitan a pensar: "Non hai barreiras infranqueables entre o ser humano e os animais, non somos a única especie que ten sentimentos".
http://www.youtube.com/watch?v=F-2NoJIx3FA
Jane Goodall, la prestigiosa primatóloga, visita España
domingo, 17 de febrero de 2013
Os ansiolíticos trastornan o comportamento da fauna fluvial

O seu estudo,
publicado recentemente na revista Science,
céntrase nos efectos do ansiolítico Oxazepam nunha especie concreta de peixe,
unha perca europea chamada Perca Fluviatilis.
Este fármaco utilízase para tratar a ansiedade en humanos. O traballo levouse a
cabo nos ríos de Suecia, onde a exposición a este medicamento é maior.

Fontes de información:
Antía Quintana Gallego, 1º BACH A
sábado, 16 de febrero de 2013
Descubren un xen que frena o deterioro cerebral.
O envexecemento é un proceso irreversible ocasionado polo paso do tempo, que provoca o deterioro morfofuncional das células que compoñen o noso organismo. Esta dexeneración celular, causa o declive progresivo das capacidades e funcións das nosas células e, polo tanto, o deterioro físico e intelectual do nosos corpo.
Este proceso de envexecemento é o responsable da pérdida das funcións cognitivas complexas e, cando se produce nunha edade temprana, desencadea enfermedades neurodexenerativas, como o Alzheimer ou o Parkinson. En ocasiones, as alteracións nos mecanismos de reparación do ADN, provocan a aceleración do envexecemento e a reducción da función cerebral. De feito, a actividade reparadora do noso organismo ñe propensa á introducción de erros.
Sen embargo, un grupo de científicos españoles de diversos centros de investigación médica, entre eles, o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), descubriu que, a falta dun xen denominado polimerasa μ (Polμ) ralentiza os mecanismos celulares do envexecemento.
Este xen participa nos procesos moleculares de reparación do material xenético cando se produce unha rutura, e forma parte da familia do ADN polimerasa, a principal enzima implicada na replicación do ADN.
Os autores do traballo levaron a cabo estudios electrofisiolóxicos e análisis bioquímicos e moleculares sobre dous grupos de ratóns; o de estudio e o de control, tras os cales, observaron como nos ratóns con deficiencia na Polμ, o nivel da actividad reparadora do material xenético era menor que no grupo de control, o mesmo que ocurría cós danos oxidativos do ADN, menores nos ratóns con insuficiencia da Polμ.
Este traballo revelou que, a ausencia deste xen, provoca un aumento na eficiencia da función mitocondrial.
Os resultados indican que a actividad da Polμ, influe no envexecemento cerebral. A carencia deste xen mellora as funcións cognitivas nos ratóns con edades avanzadas, en concreto, incrementa a capacidade de aprendizaxe asociativo e potencia os circuitos neuronales corticales, o que se traduce nunha mayor capacidade de aprendizaxe e memoria. Además, hallaron que, os ratóns do grupo de estudo (ausencia de Polμ) viron incrementada a súa vida media e, as súas condicións fisiológicas e metabólicas mejoraron con respecto ó grupo de control.
Las implicacións destos resultados adquieren gran relevancia no ámbito da prevención de enfermidades neurodegenerativas.
Andrea N.D. 1ºBACH C
Hai algunha relación entre o asteroide e o meteorito de Siberia?

Dúas teorías que se enfrontan, na que os científicos posicionanse e explican como debeu acontecer este suceso; hai moitos datos que xa saíron á luz, pero moitos outros que aínda faltan por resolver. Haberá algunha outra teoría sobre a colisión deste meteorito que deixou máis de mil duascentas persoas feridas?
http://www.youtube.com/watch?v=Van_GYxJxW0
Fontes:
http://www.abc.es/ciencia/ciencia.asp
viernes, 15 de febrero de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)