miércoles, 12 de marzo de 2014

Descuberta unha estrela hiperxigante

A estrela HR5171A, unha hiperxigante amarela con un diámetro de máis de 1300 veces o solar, ha sido observada polo conxunto de telescopios VLT, en Chile. / ESO 

A estrela HR5171A está a  12.000 anos luz da Terra, na constelación de Centauro, e é unha xigante amarela, tan enorme que, con un diámetro de 1.300 veces o do Solar, resulta a mayor que se coñece de este tipo. É aproximadamente un millón de veces máis brillante que a nosa estrela. O ha descuberto un equipo internacional co conxunto de telescopios VLT (do Observatorio Europeo Austral, ESO) en Chile e cunha técnica avanzada de observación, pero combinando os seus resultados con datos de outros telescopios e de traballos de astrónomos aficionados que os científicos profesionaies califican de “excelentes”. É unha das dez estrelas máis grandes, con un tamaño de 50% superior á famosa superxigante Betelgeuse.
As hiperxigantes amarelas son pouco corrientes, solo se coñece unha docena de elas na Vía Láctea, e están nunha fase da sua evolución na que son inestables e cambian rápidamente, expulsando e formando unha nebulosa extensa ao seu alrededor, explican os expertos do ESO. En concreto HR5171A, está facéndose máis grande nos últimos 40 anos, enfriándose ao crecer.
Ilustración da estrela HR5171A e a sua compañeira que forman un sistema estelar doble no que os dous astros se tocan. / ESO

HR5171A forma un sistema binario con unha compañeira de masa inferior e algo máis quente, con unha temperatura da primera na sua superficie que ronda os 5.000 graos centígrados; a menor da unha volta completa alrededor da maior cada 1.304 días terrestres, con un marxe de error de seis días máis o menos. Esta formación de sistema binario ha sido unha sorpresa para os astrónomos ao realizar as últimas observaciones. “As dous estrelas están tan xuntas que se tocan e o sistema no seu conxunto parece un cacahuete xigante”, dice Olivier Chesneau (da Universidade de Niza Sophia-Antipolis e do CNRS francés), líder da investigación. Os resultados de este traballo vanse a publicar na revista Astronomy and Astrophysics, pero o artigo adelantase en internet (Arxiv), como é habitual na física.
Este equipo internacional ha recurrido ao conxunto de grandes telescopios VLT que o ESO ten no cerro Paranal (Chile), con catro observatorios de 8,2 metros de diámetro cada un e outros tantos auxiliares de 1,8 metros precisamente para utilizalos en combinado mediante a técnica denominada interferometría. É un modo de observación habitual fai tempo en radioastronomía, pero moi difícil no caso de equipos de infrarroxo, como se fixo neste caso de HR5171A. Ao combinar a luz da estrela captada por varios telescopios, o conxunto actúa, a efectos de resolución, coma se se tratara dun único observatorio de espellos principal de 140 metros de diámetro.
Conxunto de telescopios VLT do Observatorio Europeo Austral (ESO), no Cerro Paranal (Chile). / ESO/H.H.HEYER

ENLACE: http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/03/12/actualidad/1394640909_358438.html

Pablo González Vázquez               1ºC   BACHILLER

O HUBBLE CAPTA COMO UN METEORITO SE DESCOMPON

Por primeira vez fomos capaces de ver en directo a desintegración dunha rocha espacial. Foi grazas ao telescopio espacial Hubble que captou como o asteroide se achegaba ao Sol e se desintegraba en dez fragmentos.

Antes púidose observar como un cometa, formado de po e xeo, se desfacía a medida que se achegaba ao Sol. Pero ata agora ninguén lograra ver este comportamento nun membro do cinto de asteroides.



"Trátase dunha rocha sólida e ver como se esnaquiza xusto diante dos teus ollos resulta moi excitante".



O asteroide, chamado P/2013 R3, que xa se visualizara o 15 de setembro de 2013 e despois no observatorio Keck, en Hawaii, está formado de tres corpos que se moven xuntos. Os datos do Hubble mostraron que os fragmentos se afastaban lentamente os uns dos outros, a unha velocidade de case dous km. por hora. O asteroide empezou a esparexerse a finais do ano pasado, pero aínda se están a encontrar novas pezas.

Descartáronse varias causas polas que o asteroide podería terse desintegrado como por exemplo é pouco probable que se desintegrase coa colisión con outra rocha xa que tería feito que os fragmentos se movesen moito máis á présa do que o fan. E tampouco é probable que as pezas do asteroide se estivesen a separar a causa da presión exercida polo quentamento e vaporización do xeo interno.

A única explicación probable é que a acción dos raios solares, que causan que a taxa de rotación da rocha se vaia incrementando pouco a pouco. Desta forma, a forza centrífuga da súa propia rotación fai que se vaian separando.

Para que esta explicación sexa a correcta, é necesario que o asteroide teña unha estrutura interna moi débil, debido a colisións anteriores que non chegaron a destruílo. O que lle acontece agora a P/2013 R3 podería ser consecuencia dunha antiga colisión, sucedida mesmo hai mil millóns de anos. Isto alértanos da importancia que ten a presión dos raios solares na desintegración de asteroides de non máis dun quilómetro e medio de diámetro.

Calculouse que os restos de P/2013 R3 nun futuro constituirá unha rica fonte de meteoroides. Moitos rematarán caendo no Sol, pero unha pequena fracción destes, poderían chegar a cruzar algún día os nosos ceos en forma de meteoros

FONTES DE INFORMACIÓN: http://www.abc.es/ciencia/20140307/abci-hubble-capta-como-asteroide-201403070959.html


Valeria Pereira Cartelle 1ºBach A

"Resucitan" un virus xigante tras pasar máis de 30.000 anos conxelado en Siberia

O virus xigante bautizado como Phitovirus sibericum sobrevivíu máis de 30.000 anos conxelado na capa de xeo  da época da extinción dos Neandertais, e aínda así, todavía é infeccioso. Este antigo virus, que non resulta perigoso para as plantas nin para os animais pero sí para as amebas, elevou a tres o número de familias de virus xigantes coñecidas ata o momento. A pesar de non ser perigoso para os animais, os científicos aseguran que segundo se vaia derretindo o xeo, poderían desencadearse outros virus que sí nos afectasen.
Phitovirus é moi diferente dos virus xigantes coñecidos ata agora. Estos virus son facilmente visibles cun simple microscopio óptico, e o seu tamaño e xenoma é semellante ao de moitas bacterias. Phitovirus é o de maior tamaño que se ten atopado, con 1,5 micrometros de longo.

Jean Michel Claverie y Chantal Abergel, tiveron a idea de buscar un virus e desconxelalo cando souberon que se fixera o mesmo cunha antiga planta de frutas enterrada no permafrost siberiano.
Segundo afirman, Phitovirus baixo un microscopio ten a apariencia dun óvalo de parede grosa cunha abertura no extremo. Ademáis, ten un "corcho" cunha estrutura de niño de abella que tapa a abertura.Cópiase a sí mesmo mediante réplicas de "fábricas" no citoplasma do seu hóspede e faise cargo do núcleo.
Anínda que os virus xigantes adoitan dirixirse as amebas, unha bióloga francesa descubríu que o ano pasado un neno de 11 meses de idade fora afectado por outro virus xigante. O neno foi hospitalizado e o equipo descurbríu no seu sangue ADN restos do seu ADN.
A posibilidade de que resurxan virus que se teñen por erradicados, como o da varíola que se multiplica de maneira similar a dos Phitovirus, non é descartable.

Credes que o derretimento do xeo influído polo calentamento global nos traerá problemas deste tipo nun futuro cercano?


Fontes:

  • http://www.cadenaser.com/ciencia/articulo/resucitan-virus-congelado-hace-30000-anos/csrcsrpor/20140304csrcsrcie_1/Tes
  • http://www.abc.es/ciencia/20140304/abci-virus-gigante-sobrevive-tras-201403041017.html
  • http://www.europapress.es/ciencia/noticia-resucitan-virus-gigante-pasar-30000-anos-congelado-siberia-20140304113748.html

Ana Rodríguez Vilas 1º Bach A

O «engano» de porlle nome a un cráter de Marte

Hai moitas formas de tirar o diñeiro e con toda seguridade esta non é unha das máis caras, pero a súa inversión acabará perdida... nun buraco de Marte. A Unión Astronómica Internacional (IAU, polas súas siglas en inglés), a organización encargada de «bautizar» oficialmente aos planetas e outros obxectos celestes, denunciou públicamente a existencia dunha iniciativa para porlle nome a cráteres marcianos a cambio de 5 dólares (algo máis de 4 euros), que «vai en contra das normas internacionalmente recoñecidas».
A compañía Uwingo, que se anuncia como una fundación destinada á investigación científica, propón dende o pasado 26 de febreiro a cualqueira que teña unha conexión a internet que poña nome a un dos 500.000 cráteres marcianos que seguen sin recibir unha denominación, como parte dun proxecto cartográfico. Bautizar os cráteres máis pequenos costa algo máis de 4 euros, ainda que o precio sube a medida que aumenta o tamaño da formación xeolóxica. Os nomes, xa sexan propios, dun equipo deportivo, dun artista ou dun político, serán aceptados de inmediato e manteranse a non ser que sexan considerados ofensivos ou inadecuados. O diñeiro recaudado, que podría superar os 10 millóns de dólares, será destinado á financiación da exploración espacial e a proxectos educativos e de investigación, según Uwingo.
Sen embargo, para á IAU, esta é unha iniciativa que se aproveita do interés do público no espacio e a astronomía. A organización apunta que estes proxectos «van en contra do espíritu de acceso libre e igualitario ao espacio, así como contra as normas internacionalmente recoñecidas». Polo tanto, «os nomes comprados nunca se poden usar nos mapas oficiais». A IAU sí alenta á xente a participar no proceso de nombramento de obxectos espaciais cos métodos recoñecidos oficialmente, que sempre son gratuitos.

Invitación pública

Os astrónomos puxéronse de acordo sobre as normas comúns para nomear aos obxectos ou fenómenos espaciais, de maneira que poidan ser fácilmente localizados e descritos. Por exemplo, os accidentes xeográficos dun planeta ou satélite determinado reciben nomes escollidos dun tema en particular. Solo aos que se consideran de importancia para a ciencia dáselles un nome, deixando que outros sexan designados polas xeneracións futuras.
O público en xeral so pode por nome a un accidente xeográfico ou a un obxecto espacial a raíz dunha invitación pública dunha axencia espacial ou dos propios descubridores. Por exemplo, este foi o caso da misión Magallanes da NASA en Venus, iniciada en 1989, durante a cal invitouse aos ciudadáns a propor nomes de mulleres famosas para nomear distintos lugares. O mismo ocorreu co nomeamento dos dous satélites descubertos recentemente en Plutón, que foi o resultado dunha votación pública. Pero para os cráteres de Marte, hoxe por hoxe, «solo os seus descubridores, as axencias espaciais, poden tomar a iniciativa de involucrar ao público no proceso de nomeamento, en cooperación coa IAU e seguindo a normativa internacional».
Na actualidade, o Grupo de Traballo da IAU para Nomenclatura do Sistema Planetario (WGPSN), en representación da comunidade astronómica mundial, ofrece un sistema único dos nomes oficiais dos obxectos do Sistema Solar (accidentes xeográficos da superficie do planeta, satélites naturais, planetas ananos e os aneis planetarios). Os de Uwingo (significa «ceo» en swahili) xa saben que non teñen o beneplático da IAU e non buscan a súa aprobación, xa que consideran os seus nomes simplemente «populares». Serán os cidadáns queness decidan si merece a pena gastar o seu diñeiro en algo que quizais lles faga ilusión, pero que nunca sairá nun mapa da NASA.
El «engaño» de ponerle nombre a un cráter de Marte

















Fontes:  http://www.abc.es/ciencia/20140312/abci-engano-ponerle-nombre-crater-201403121258.html



                                                                       Martín González Fernández 1º bach A










martes, 11 de marzo de 2014

Nova arma da Terra

Un grupo de invesdigadores da NASA realizou un descubrimento excepcional: o noso planeta levanta un auténtico escudo adicional de partículas de plasma para oporse a embestida solar.
O noso planeta dispón da magnetosfera que é un escudo natural que evita que a radiación solar chegue á superficie.
A agresión non sempre se produce coa mesma intensidade. Por un lado recibimos o vento solar que e desviado pola magnetosfera. Pero as veces o Sol desprende unha nube masiva de material ardente que é lanzada hacia nos. A magnetosfera consigue bloquear case todo o plasma ou desvialo hacia os polos, que dan lugar as auroras. Pero noutros casos o ataque da lugar a a grandes brechas no escudo magnético terrestre e o plasma chega ata a superficie.
Grazas ao descubrimento, se demostra como en determinadas ocasións densas partículas de plasma rodean a Terra na zona interior da magnetosfera, logra extenderse para encontrar o material solar incandescente e intenta bloquealo antes de que poda penetrar nas defensas.

 

Fontes: http://www.abc.es/ciencia/20140311/abci-descubren-otra-arma-tierra-201403110953.html

Irene Rodríguez Arias 1º Bach D

domingo, 9 de marzo de 2014

O maior depredador terrestre de Europa

Investigadores da Universidade Nueva de Lisboa atopan varios osos de dinosaurio en Portugal. A investigación revela que serían dunha nova especie, Torvosaurus gurneyi, de 150 millóns de anos, dez metros de altura e cinco toneladas.

Segundo o estudo, encabezado por Christophe Hendrickx e Octavio Mateus,o animal poderia ter sido así mesmo un dos dinosaurios carnívoros máis grandes do período xurásico.
Os investigadores atribuiran os osos a unha especie coñecida, Torvosaurus tanneri, pero unha análise máis detallada levou a pensar nunha nova especie.
O gran carnívoro contaba con armas aterradoras como uns dentes de 10cm de longo.
Sen dúbida, o dinosaurio atopábase na cúspide da pirámide alimenticia e non tiña ningún adversario.

Tamaño de Torvosaurus gumeyi e dun Homo sapiens
Máis información en ABC e no Mundo

FONTES: http://www.agenciasinc.es/Noticias/Un-nuevo-dinosaurio-hallado-en-Portugal-era-el-mayor-depredador-terrestre-de-Europa

Paula Quintas Blanco 1ºBach A

A inversión en investigación sigue salvando vidas

 Un ensaio clínico está a conquerir resultados moi positivos no tratamento do VIH nos recén nacidos.
Un segundo caso dun bebé que aos tres anos xa leva dous sen medicar e está libre do VIH.
A clave está en que comenzouselles a tratar moi pronto, cando a integración do virus, transmitido polas súas nais, todavía era débil e a medicación o poido eliminar. Por elo unha vez recibido o tratamento, iste virus non reapareceu.
O sida pedriático ten unha única causa, a transmisión da mai ó fillo, que se produce pouco a pouco antes do parto ou ao nacer. Nos países desenrolados  evítase trantando as embarazas e dando unha medicación de reforzó aos recén nacidos, de ahí ó escaso número de novos infectados.
Pero en África, onde moitas mulleres non reciben o diagnóstico ata que dan a luz nun centro sanitario, o hallazgo é de gran importancia

Esperanza de curación, pois de 1,6 millóns de mortes por sida, 210000 son nenos.




                                                     Nuria Vila Seijas Nº30 1ºBACH-D

Aumenta a preocupación polo lixo espacial

Recreación  do satélite Envisat

O inicio deste problema comeza no 1957, cando a URSS lanzou ó espazo o Sputnik 1 , o primeiro satélite artificial da historia. Desde aqueles días, unha gran cantidade de mísiles e artefactos en desuso estase acumulando no espazo, chegando a producir un grave problema para todo o mundo. Un dos casos de maior tamaño (e de maior preocupación) é o do satélite Envisat: Lanzado ó espazo no 2002, cesou a súa actividade no 2012, por unha perda de contacto co artefacto. Conta cun tamaño semellante ó dun autobús e cun peso maior de 8 toneladas, o que o converte no maior satélite de observación terrestre creado con fins civís.

A existencia de "lixo espacial" non é nova para a NASA, pois en varias ocasións modificou a órbita da ISS para garantizar a seguridade da Estación Internacional. Este caso é máis preocupante polo risco de choque con outros satélites: "Envisat atópase nunha órbita moi utilizada para misións de observación terrestre. Ten un tempo de vida de 150 anos, e cando se precipite cara á Terra, algunhas partes impactarán na superficie terrestre case sen antelación", explica Marco Castronouvo, investigador da Axencia Espacial Italiana.

Acumulación de basura espacial na órbita terrestre

A comunidade científica xa adoptou medidas para evitar a acumulación de lixo espacial na órbita terrestre, co fin de evitar o chamado Síndrome de Kessler, que sería un problema no cal o volumen de lixo espacial sería tan alto que os obxectos postos en órbita impactarían irremediablemente con artefactos xa inservibles, o que ocasionaría unha maior concentración na órbita terrestre. Segundo di Marco Castronouvo, "xa se están levando a cabo iniciativas esperanzadoras para remediar este problema". A máis importante é o código de conducta do 2012, asinado por países de todo o mundo para intentar regular o volumen de artefactos na órbita terrestre.


Estamos ante un problema de grandes dimensións ou non é tan grave como parece a simple vista?
Son necesarios mecanismos para controlar o lixo espacial acumulado na órbita terrestre?


Fontes de información:
  • http://www.elmundo.es/ciencia/2014/03/09/531a114d22601dca0e8b4588.html
  • http://www.neoteo.com/el-sindrome-de-kessler-y-la-exploracion-espacial/
  • http://www.elmundo.es/elmundo/2012/01/18/ciencia/1326907859.html 
  • http://www.esa.int/ESA
David Boó. 1º Bach A 

sábado, 8 de marzo de 2014

¿Por qué non evolucionou a vida en 3.000 millóns de anos?

Explicámoste que ocurriu nun tempo que  parece eterno a vida na Terra non estivera formada por máis que por unas cantas bacterias acuáticas.

http://www.abc.es/videos-ciencia/20140303/vida-evoluciono-3000-millones-3286201729001.HTMLPulse para ver el video

As primeiras formas de vida na Terra desenrolaronse nas profundidades dos océanos primitivos hace máis de 3.600 millóns de anos. Pero durante os seguintes 3.000 millóns de anos. a vida no noso planeta non pasou de máis variedade cunhas cantas bacterias acuáticas , ¿por qué? Explicamoscho no videoblog sobre estas liñas.

FONTES: ¿Por qué no evolucionó la vida en 3.000 millones de años? - ABC.es
http://www.abc.es/ciencia/20140307/abci-evoluciono-vida-millones-anos-201403061928.HTML

 
NATALIA DIEZ CRUZ
1ºC bachiller

miércoles, 5 de marzo de 2014

O SARRO DE MIL ANOS




A micropantología deu outro paso xa que ademáis de estudar o ADN  tamén pode estudar as placas dentais.  Coma noutros casos, o problema non é tanto analizar a mostra, senon conseguila.  Neste caso podese estudar as bacterias e as partículas de comida que se encontran nela e isto permmos coñecer a saude, o estilo de vida e a alimentación dos nosos antepasados. O sorprendente e que nunca se conseguiron tantos datos dunha mostra tan pequena.

Isto provocará, aparte de coñecer máis do noso pasado, que os os investigadores teñan que poner moita máis atención en non contaminar ou destruir as placas dentais.

Fontes:
Miguel Ferreiro Díaz 1ªBach C

martes, 4 de marzo de 2014

OS NEANDERTAIS FALABAN

A nosa especie,Homo sapiens, pode falar, ten a facultade da linguaxe que nos distingue dos animais. Sen embargo, pode que ao longo da historia outras especies poideran ter desarrollada esta facultade.

No ano 1989 encontrouse en Israel un óso hioides(óso que se encontra na rexión da garganta, debaixo da barbilla) de un neandertal de 60000 anos.Resultou,que a forma do óso parecia moi distinta da dos chimpancés e bonovos, pero casi idéntica a nosa.Este descubrimento foi sorprendente xa que quería dicir que o seu tracto vocal utilizábase da mesma forma que o noso, co que había moitas posibilidades de que os neandertais emitisen a voz. Pero había moitos científicos en desacordo con isto que argumentaban que o óso era unha proba insuficiente para demostrar dita fala.

Gracias a tecnoloxía moderna científicos da Universidad de Nueva Inglaterra(UNE) deron un paso a favor nesta teoría. Analizando o comportamento do óso con imaxes de microrayos X construíron modelos internos do óso, grazas aos cales se comparou o seu comportamento mecánico co do noso e se comprobou que eran practicamente iguais.Isto dá máis forza a teoría de que a linguaxe é moito máis antiga do que se creía. Ademáis hai envestigadores do Instituto de Psicolingüística de Max Planck que creen que a fala moderna xa comezara antes, co antepasado que algúns científicos creen que compartimos nos cos neandartais, o homo heidlebergensis.
 
Quizais no futuro se den novas probas para confirmar esta revolucionaria teoría e que nos mostren que os neandertais antepasados eran moito máis intelixente do que creíamos.




 Fontes: http://www.abc.es/ciencia/20140304/abci-lenguaje-hablaban-neandertales-201403041151.html

                                                        Víctor Carrera Quintana 1ªBach A

domingo, 2 de marzo de 2014

Identificados novos fósiles de grandes dinosaurios carnívoros en Teruel

Unha investigación, na que participan paleontólogos da Fundación Dinópolis en España e da Universidade de Colorado, en Denver (EE UU), identificou o rastro de grandes pisadas tridáctilas (alcanzan cerca de 60 cm de lonxitude) e un gran dente, procedentes de El Castellar e Formiche Alto (Teruel, España), respectivamente.




As pisadas tridáctilas, localizadas no yacimento El Castellar, poseen características únicas en comparación con outras pisadas producidas por grandes terópodos en calquiera parte do mundo. Por este motivo, o traballo que publica a revista Palaeogeography, Palaeoclimatology, Palaeoecology as define como un novo tipo de huellas: Iberosauripus grandis (pie del lagarto ibérico grande).



          

Oswaldo Zorrilla García 1 Bach A 



sábado, 1 de marzo de 2014

Indicios de vida nun meteorito marciano

Un equipo de científicos do Centro Espacial Johnson en Houston, e do Laboratorio de Propulsión a Chorro (JPL) en Pasadena, California, os dous da NASA, encontraron evidencias de auga e marcas que puideron ser producidas por organismos biolóxicos no pasado ao longo dun meteorito marciano encontrado na Antártida.

As análises descubriron que a rocha se formou hai 1.300 millóns de anos (aproximadamente) dun fluxo de lava en Marte. Hai uns 12 millóns de anos, produciuse un impacto no planeta que despediu o meteorito da superficie. A rocha viaxou polo espazo ata que caeu na Antártida hai uns 50.000 anos.

A rocha foi encontrada no glaciar de Yamato na Antártida por unha expedición xaponesa de investigación no ano 2000. O meteorito clasificouse como marciano pola composición dos átomos de osíxeno dentro dos minerais de silicato e os gases atmosféricos marcianos atrapados.

O equipo encontrou dous conxuntos distintivos das características asociadas coa arxila derivada de Marte. O primeiro son gretas e microtúneles que se abren paso ao longo do meteorito. Os microtúneles observados mostran formas ondulantes curvas consistentes coas texturas alteradas polas bacterias observadas nos vidros basálticos terrestres.
E o segundo, conxunto de características consta de esférulas de tamaños dun nanómetro a un micrómetro que se intercalan entre as capas dentro da rocha e son distintas da capa de carbonato e silicato.


Fontes: http://www.elmundo.es/ciencia/2014/02/28/53106a3b268e3ed9138b4574.html
            http://www.abc.es/ciencia/20140301/abci-pruebas-vida-nuevo-meteorito-201402281742.html


Antía Rodríguez Constela 1ºBach A

jueves, 27 de febrero de 2014

A NASA confirma o descubrimento de 715 novos planetas

A misión Kepler da NASA anunciou eo descubrimento dun botín planetario con nada menos que 715 novos mundos extrasolares. Estes planetas orbitan 305 estrelas, o que revela que conforman sistemas con múltiples planetas moi parecidos ao noso.
Casi o 95% destes planetas son máis pequenos ca Neptuno, que ten casi catro veces o tamaño da Terra. Este descubrimento marca un aumento significativo no número de mundos de tamaño pequeno conocidos máis similares á Terra que os identificados previamente.
«O equipo de Kepler continúa sorprendéndonos coa súa caza de planetas», dixo John Grunsfeld, administrador asociado do Directorio de Misións Científicas da NASA en Washington. «Que ests novos planetas e sistemas solares se parezcan un pouco aos nosos, augura un gran futuro cando teñamos o Telescopio Espacial James Webb no espacio para caracterizar os novos mundos».
Desde o descubrimento dos primeiros planetas fora do noso Sistema Solar fai aproximadamente dúas décadas, a verificación dos mesmos foi un proceso laborioso planeta por planeta. Agora, os científicos teñen unha técnica estadística que se pode aplicar a moitos planetas á vez cando se encontran ante sistemas que albergan máis dun planeta ó redor da mesma estrela.
Para verificar esta abundancia de planetas, un equipo de investigación codirixido por Jack Lissauer, científico planetario do Centro de Investigación Ames da NASA en Moffett Field, California, analizou las estrelas con máis dun potencial planeta, todos os cales foron detectados nos dous primeiros anos das observacións de Kepler, de maio de 2009 a marzo de 2011.
O equipo de investigación utilizou unha técnica chamada de verificación pola multiplicidade, que se basa no parte na lóxica da probabilidade. Kepler observa 150.000 estrelas e encontrou que unhas poucas miles albergan candidatos a planetas. Si os candidatos estaban distribuidos ao azar entre as estrelas de Kepler, solo un puñado terían máis dun candidato a planeta. Sen embargo, Kepler observou centos de estrelas que teñen múltiples candidatos. A través dun cuidadoso estudio desta mostra, verificáronse estes 715 novos planetas.


Fontes:  http://www.abc.es/ciencia/20140227/abci-nasa-confirma-hallazgo-planetas-201402271027.html


                                                                       Martín González Fernández 1º bach A

miércoles, 26 de febrero de 2014

Desenterran un varamento masivo de baleas de fai 9 millóns de anos

Os varamentos masivos de baleas intrigaron ao mundo dende os tempos de Aristóteles. Na actualidade, estes sucesos poden ser investigados e as súas causas foron relacionadas moitas veces coa actividade do ser humano. Sen embargo, un equipo de científicos chilenos e da Institución Smithsonian (EE.UU.) examinaron un antiguo cemeterio de mamíferos mariños no deserto de Atacama, no norte de Chile, o primeiro exemplo confirmado de varamentos masivos repetidos no rexistro fósil. O sitio reflexa catro varamentos distintos ocurridos fai entre 6 e 9 millóns de anos, por unha causa repetida: algas tóxicas.
O sitio foi descuberto por primeira vez en 2010 durante as obras dun proxecto de ampliación da Carretera Panamericana. Un ano despois, os paleontólogos examinaron os fósiles e rexistraron o que quedaba antes de que o xacemento, chamado «Cerro Ballena», fora pavimentado.
Según publican na revista Proceedings of the Royal Society B, o equipo documentou os restos de dez tipos de vertebrados mariños. Ademais dos esqueletos de máis de 40 grandes baleas barbadas que dominaron o lugar, foron documentados os restos dunha especie de cachalote e dunha balea-morsa, ambas xa extinguidas. Tamén encontraron esqueletos de peixes picudos, focas e osos perezosos acuáticos.
Pero o que máis intrigou aos investigadores foi como os esqueletos estaban organizados. Preservados en catro niveles diferentes, parecía que todos habían chegado alí por unha causa repetida e similar. A orientación e as condicións dos esqueletos indicaban que os animais morreron no mar, antes de quedar enterrados nun humedal costeiro. 


Desentierran un varamiento masivo de ballenas de hace 9 millones de años   


Fontes: http://www.abc.es/ciencia/20140226/abci-desentierran-varamiento-masivo-ballenas-201402261041.html


                                                                     Martín González Fernández 1º bach A

lunes, 24 de febrero de 2014

Descobren 169 novas especies na Amazonía

Cando as noticias máis probables do medio ambiente acostuman a ser deforestación, quecemento global e extinción de especies, investigadores brasileiros están traendo unha grata novidade ao mundo. O Museo Goeldi, un dos centros de referencia en estudos de biodiversidade de Brasil, acaba de anunciar eo descubrimiento de 169 nuevas especies de fauna y flora en la Amazonía, 14 de plantas e 155 de animais.
Os descubrimientos son o resultado de 4 anos de colecta e análise no campo. Ubicado na cidade de Belém, no estado amazónico de Pará, o Museo Goeldi é bastante activo neses descubrimentoss. Entre 2000 e 2011, descubriu 130 novas especies, 49 de flora e 81 de fauna, que constan na súa publicación “Catálogo Especies do Milenio”, de 2012.
Descubren 169 nuevas especies en la Amazonía
Arácnido
Boa parte das especies recién anunciadas son do grupo dos arácnidos (112), seguido por peixes (12), aves (10), anfibios (10), réptiles (6), dípteros (4) e un mamífero, o mono Mico Rondoni, da rexión de Rondonia. Na flora foron descubeertas 13 especies de Anxiospermas e unha de Briófita.
Según Alexandre Bonaldo, zoólogo do museo, o estudo de arácnidos contou co apoio Planetary Biodiversity Inventory (PBI), un proxecto colaborativo entre 20 institucións internacionais, que estudia arañas da familia Oonopida, que miden entre 2 mm e 5 mm. "Coas ferramentas cibernéticas é posible facer descripcións estructuradas, que poiden ser comparadas coas de outros colegas, o que facilita e acelera o descubrimento de novedades", comenta Bonaldo.
Descubren 169 nuevas especies en la Amazonía
Novo lagarto
Outro feito destacable dos descubrimentos é o pequeno mono Mico Rondoni, cuxa descripción envolveu un traballo interdisciplinario en morfoloxía externa e de cráneo, bioloxía molecular, ecoloxía e comportamento. “É un traballo minucioso que require tempo e madurez para evitar decisións precipitadas”, conta o investigador José de Sousa, sobre o mono que casi foi confundido con outro similar.
Según Sousa están en estudio otras especies novas de primates, como o zogue-zogue-rabo-de-fogo. Entre as novas aves descubertas están a Hylophylax naevius, popularmente coñecida como garda-floresta. Para os investigadores, os descubrimentos poden aumentar, porque o aislamento de rexións da Amazonía favorecen la diversificación xenética. Áreas separadas por río, por exemplo, acaban xenerando novas especies.
Os descubrimentos dos últimos catro anos chaman a atención polo seu gran número en tan pouco tempo. Según Marlucia Martins, coordinadora do grupo de investigación en biodiversidade do museo, houbo unha melloría nos últimos anos na planificación do que debe investigarse, o que xenera mellores resultados.
Fontes:
 http://www.abc.es/ciencia/20140220/abci-nuevas-especies-amazonia-201402191942.html
 
                                                                Martín González Fernández 1º bach A

jueves, 20 de febrero de 2014

Outro avance máis na terapia xenética


Un novo estudo, realizado polo Centro de Cancro Memorial Sloan Kettering (Nova York), conseguiu atopar o sistema inmune para que encontre e acabe coas células cancerosas dos pacientes con leucemia avanzada.

O 88% dos 16 suxeitos a estudos, que foros tratados coas súas propias células modificadas xenéticamente, conseguiron a remisión completa da súa enfermidade. Explican na investigación publicada en Science Translational Medicine.

A mostra estuvo formada por adultos que padecían leucemia linfoide aguda (LLA) un tipo de cancro do sangue que se desenrrola nos leucocitos (Globulos brancos). As conclusións demostran a efectividad da terapia celular en pacientes que xa pasaran antes por todo-los tratamentos posibeis. Explica un dos principais autores, Michael Sadelain.
Sadelain e o seu equipo conseguiron xa no 2003 modificar as células T (outro tipo de globulos brancos) de ratos para rastrear restos da proteína CD19, presente nas leucemias e linfomas.
Durante o estudo, a todos os pacientes (idade media duns 50 anos) modificouselles xenéticamente os glóbulos brancos para encontrar e atacar ás células tumorales malignas, a técnica só se aplica unha vez porque prolifera por sí sola. É o que chamamos fármaco vivo.
O tratamento consiste en filtrar o sangue dos pacientes de forma que se extraigan millóns de glóbulos brancos para  ser alterados en laboratorios co fin de conter un xen que loite contra o cancro. Pasado uns días reponse o sangue mediante transfusións. Ten efectos secundarios como febre, dor muscular, baixa tensión e dificultade para respirar.

Ata o momento os pacientes que recibiron este  tipo de  terapia tiñan risgo real de morrer porque outros tratamentos fallaran, unha delas é a quimioterapia de rescate, que é moi agresiva.
O pasado Decembro, seis grupos de científicos de EE.UU explicaron que probaran a terapia xenética en 120 pacientes con cancro de sangue ou de médula espiñal, con resultados sorprendentes. Nunha das investigacións, 5 adultos e 19 de 22 nenos que participaron con leucemia linfática tiveron unha remisión completa.
Esta terapia é costosa de 25.000$ ata 100.000$ por persoa, a pesar de crer que unha vez que as compañías farmacéuticas se involucren máis e a técnica se explanda, os prezos baixarán.

Parécevos interesante? Ponde os vosos comentarios. 

FONTES:
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/02/19/actualidad/1392850616_875638.html

Estudos anteriores:

Patricia Pérez Froufe 1º Bach A

miércoles, 19 de febrero de 2014

Así mexíase o berce da humanidade

O museo arqueolóxico de Madrid acolle ata xullo a primeira exposición sobre a orixe do home e a súa evolución en África organizada fóra do continente

A humanidade naceu en África, concretamente na Garganta de Olduvai, onde o clima invitou aos primates a baixarse das árbores e camiñar erguidos pola sabana. Esta era a teoría coñecida ate o momento por todos, e agora levouse á práctica por primeira vez no Museo Arqueolóxico en Alcalá de Henares, Madrid, ata xullo antes de pasar o resto do ano en Burgos.
"A intención é que o público comprenda como xurdiu o xénero humano e como evolucionou en África dende hai catro millóns de anos ata o Homo sapiens arcaico (hai 180.000 anos) ", comenta Baquedano.
A bipedestación dos homínidos, a introducción na súa dieta de grandes cantidades de carne e o crecemento do seu cerebro, foron as circunstancias clave polas que se deu un paso de xigante na evolución dos sapiens. 


En total, trouxéronse, máis de 200 pezas, algunhas delas orixinais e de grandísimo valor científico, como un anaco do radio dun homínido Paranthropus, descubertas polo equipo español no leito de Olduvai, con 1,6 millóns de antigüidade.
Paranthropus era a rama desaparecida paralela á do Australopithecus. "Coñeciamos moi ben o cranio, pero non sabiamos como era o resto do corpo", comenta Baquedano ante un anaco dun radio pertencente a este ser. "Tiñan tres veces a forza no brazo dun neandertal e pesaban uns 80 quilos de media", engade o experto.
A exposición conta tamén coa historia do Homo habilis, o primeiro representante do nosa especie e do Homo ergaster africano (Homo erectus en Europa), semellantes a nós na altura e capacidade cranial, así como con diversos fósiles de animais que conviviron cos nosos antepasados como búfalos xigantes ou félidos con dentes de sable.
A actividade volcánica da Falla do Rift e a ceniza que desprendían as súas chemineas permitiron a perfecta conservación das pegadas daqueles primeiros homínidos erguidos e as dos animais daquel entorno, e un molde idéntico a esas pegadas luce na exposición.
Tamén se poden ver ferramentas. Dende as primeiras etapas da talla de pedra ata as innovacións achelenses e as de obsidiana.

Fontes: http://www.elmundo.es/ciencia/2014/02/08/52f53d7aca4741b1158b4578.html


Ana Rodríguez Vilas 1ºBach A

martes, 18 de febrero de 2014

COMO CONSEGUIMOS TER CARA

Os vertebrados que coñecemos hoxe en día, máis de 50.000 de especies, onde nos encontramos nós, caracterizámonos por ter mandíbula. Son uns poucos os que carecen dela. Os científicos saben que evolucionamos a partir dos que non a tiñan ,una espectacular transformación anatómica que cambiou completamente a forma da cara. Un equipo de investigadores franceses e suecos descubriu novas probas que mostran a orixe desta parte tan significativa da nosa anatomía e o fixeron grazas a imaxes de raios X, mostran como unha seria de fósiles de 410 millóns de anos dun peixe chamado Romundina. Documentan a formación da cara durante a transición evolutiva na revista Nature.


reconstrucción do cráneo fósil de Romundina

O Romundina ten foxas nasais esquerda e dereita separadas, como as nosas, pero aséntanse detrás dun labio superior como o dun vertebrado sen mandíbula. «Este cranio é unha mestura de características primitivas e modernas, polo que é un fósil inestimable», di Vincent Dupret, da Universidade de Uppsala, un dos dous autores principais do estudo.

Utilizando raios X no Sincrotrón Europeo(ESRF) en Grenoble, Francia, analizan a estrutura do cranio. «En efecto, Romundina ten a construción dun vertebrado con mandíbula, pero as proporcións dun ser sen ela», di Per Ahlberg, da Universidade de Uppsala e coautor do estudo. «Isto móstranos que a organización dos principais bloques de tecidos foi o primeiro que cambiou, e que a forma da cabeza chegou despois».

Colocando o Romundina nunha secuencia doutros peixes fósiles, algúns máis primitivos e outros máis avanzados, os autores foron capaces de trazar as principais etapas desta importante transición na historia da evolución.


Fontes de información: http://www.abc.es/ciencia/20140212/abci-conseguimos-tener-cara-201402121821.html , http://www.nature.com/

lunes, 17 de febrero de 2014

Naceu unha nova illa

A actividade volcánica ao longo do Pacífico deu lugar a unha pequena illa situada no arquipélago das Illas Ogasawara, a uns 1.000 quilómetros ao sur de Tokyo.
O satélite EO-1 da NASA observou dende o espazo a nova illa o 8 de decembro de 2013. A auga circundante aparece coa súa cor distorsionada pola presenza de gases e minerais volcánicos, así como sedimentos do fondo mariño levantados como consecuencia da erupción volcánica na que se creou esta illa.
Ésta forxouse durante unha erupción volcánica da que se tivo a primeira noticia o 20 de novembro de 2013.


Ao principio, asumiuse que tería unha existencia efémera, como outras illas formadas recentemente fronte á costa de Paquistán e no Mar Vermello, as cales de xeito natural non tardan en quedar afundidas por debaixo do nivel do mar cando a erosión exercida polas ondas acaba arrancando boa parte do material solto que constitúe o terreo

Non obstante, a xulgar polos últimos datos, parece que a nova illa ten un tamaño como para sobrevivir non só durante varios anos, se non de forma permanente. A comezos de decembro, xa crecera ata medir 56.000 metros cadrados, preto de tres veces o seu tamaño inicial. Ademais, a súa superficie está entre 20 e 25 metros sobre o nivel do mar, o que tamén axudará á conservación da illa.





Alba Álvarez Pacios, nº1 1ºBACH-A