domingo, 8 de junio de 2014

Renovable e sen cargo ao usuario

Chile quere fundar as súas esperanzas enerxéticas nas fontes renovables, pero por agora, sen cargo no recibo da luz. A presidenta chilena inagurou en Copiapó, o parque solar fotovoltáico "Amanecer Solar CAP", o máis grande de latinoamérica e un dos máis grandes do mundo. Pero a diferencia do modelo español a súa amortización e financiación son privadas. Este proyecto foi financiado polo grupo CAP, o principal extractor de mineral de ferro e o maior productor siderúrxico de Chile. O grupo mineiro precisaba un abastecemento enerxético propio para as operacións na mina de ferro de Cerro Norte.
O parque está situado no deserto de Atacama, o máis árido do mundo, ten 280 hectáreas, con máis de 310.000 paneles solares fotovoltáicos, cunha capacidade de 100 megavatios, o que equivale ao consumo anual de 125.000 fogares en Chile.
Os módulos son de silicio monocristalino, un material que non é tóxico nin contaminante e que é reciclable ao final da súa vida útil. No seu primeiro ano de funcionamento, a planta será capaz de ixectar 270 GW/h de enerxía limpia ao sistema. O presidente executivo do gupo acereiro e mineiro, reconoceu que é unha aposta atrevida, xa que o risco financieiro corre a cargo de CAP. A alternativa era construír unha central de carbón, pero como os permisos medioambientais non o permitirían, construíron esta planta nun tempo récord de seis meses.
LAURA ÁLVAREZ GÓMEZ - 1ºBACH C

sábado, 7 de junio de 2014

A Lúa formouse tras o impacto dun planeta coa Terra

As rochas lunares traídas polos astronautas do Apolo, fai máis de 40 anos conteñen evidencias de que un planeta do tamaño de Marte estrelouse contra a Terra e dos escombros desa colisión, formouse a lúa, segundo mostra unha investigación recente.
Os científicos alemás que utilizaron unha nova técnica afirman que detectaron unha diferenza química lixeira entre as rochas da Terra e as rochas lunares. Os científicos, sen embargo, indican que serían necesarios máis estudos para confirmar estes resultados que mostran evidencias de que o material doutro corpo ademáis da Terra contribuíu á formación da Lúa fai uns 4,5 millóns de anos.
Oss científicos creen que a Lúa formouse a partir dunha nube de escombros lanzados ao espacio despois de que un corpo do tamaño de Marte chamado Thea se estrelara contra a Terra xoven.
Dado que os distintos planetas do sistema solar teñen diferentes elementos químicos, os científicos crían que as rochas lunares poderían conter pegadas químicas delatoras de calquera corpo estrelado contra a Terra, o que demostraría a colisión, evidencia que hasta agora se resistía.
"Desenrolamos unha técnica que garante a separación perfecta, dos isótopos de oxíxeno doutros gases”, afirma Daniel Herwartz, da Universidade de Colonia en Alemania.
"As diferezas son pequenas e difíciles de detectar, pero están ahí", agregou Herwartz, o autor principal dun artículo sobre o descubrimiento publicado na edición desta semana da revista Science.
Os resultados indican que a composición da Lúa é aproximadamente o cincuenta por cento Thea y outro cincuenta por cento Terra, aínda que se precisa máis traballo para confirmar esta estimación, segundo indican os científicos.

O equipo analizou rochas traídas á Terra polos astronautas da NASA durante o Apolo 11, Apolo 12 e Apolo 16 misións á Lúa, que tiveron lugar nos anos 1969 y 1972.


MARCOS VAZQUEZ FERNANDEZ

1ºBACHARELATO C

FONTES:
http://www.larazon.es/detalle_normal/noticias/6578996/sociedad+ciencia/la-luna-se-formo-tras-el-impacto-de-un-planeta-con-la-tierra#.U5Maaah_vZI

viernes, 6 de junio de 2014

Os científicos alertan do risco que produce o aplanameto de montañas .

Os científicos  alertan do risco   do aplanamento de montañas en China
As autoridades  chinas están aplanando 700 montañas para conseguir mais kilómetros para construír edificios .  O macroproxecto esta a dar problemas dende o ano pasado . As obras se pararon a espera dun informe medioambientales  pero un mes despois empezaron de novo as obras porque o costo da construción e do goberno para mantelo non deixaba de subir . Os traballos seguen , o informe aínda   non esta rematado . destacan tres científicos  da Universidade Chan ´g  , nun articulo publicado na revista Nature criticando os riscos .
El ceo destes vese marrón polo polbo que xeran estas obras hai unha gran deforestación polo que o risco de erosión é moi elevado , hai unha perdida  contaminación das augas subterráneas porque os bosques bloquean o vento e reteñen a humidade .

Os problemas causados polo movemento de terras     ; inundacións , erosións do solo , emisión de partículas contaminantes …
Piden o goberno chino que consulte expertos nacionais antes de continuar cos seus planes .Pero por desgraza china non é o primeiro proxecto que realiza con graves consecuencias para o medio ambiente . 

China nos últimos anos .O executivo recoñeceu  que en 2011 a construción da presa de Tres Gargantas  causo contaminación de auga  e corrementos da terra no entorno.
Peiyue explica ; “é posible construír  pequenas casas arredor das montañas , pero cando a poboación crece demasiado xa non son suficientes .”




Omaima el Morabti  1º Bach D

Fuentes de información :http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/06/05/actualidad/1401970336_143224.html

lunes, 2 de junio de 2014

El primer vuelo del avión solar que dará la vuelta al mundo

El avión "Solar Impulse II" será el primero en dar una vuelta al mundo usando energía solar en el año 2015. El ingeniero de este proyecto es Bertrand Piccard.Se trata de un avión con unas alas de 72 metros cubierto por una capa de fibra de carbono dónde hay 17248 células solares para darle autonomía hasta cinco noches y cinco días. Su velocidad máxima a nivel del mar es de 90 km/h y a su máxima altitud de 8500 metros es de 140 km/h.
El avión es completamente hermético lo que permite viajar aunque llueva. De día el avión volará a 8500 metro y de noche, para ahorrar energía, lo hará a 1500 metros. El viaje comenzará en marzo de 2015 en el Golfo Pérsico.


Daniel Rodríguez Rey 1º Bac D

domingo, 1 de junio de 2014

O quentamento global favorece ós insectos de cores claros

Unha investigación liderada pola Universidade de Marburgo (Alemania), determina que a distribución de especies de insectos en Europa depende das cores do corpo e do clima. Os resultados deste estudo que publicou a revista Natura Communications, proporcionan pautas para prever os efectos dos cambios climáticos sobre ditos animais.

Os insectos (coma os lagartos e serpes) absorben a enerxía do sol para convertila en movemento. As especies de cor escura son capaces de absorver máis luz solar cos de cor claro có fin de aumentar a temperatura corporal. Por outro lado, as variedades da cor claro poden reflexar a luz para evitar o sobrequentamento, o que lles da ventaxas a temperaturas altas e baixas.

Para entender como o cambio de temperatura a nivel global afecta aos insectos, os investigadores analizaron as ás e os cores de 473 especies europeas de bolboretas e libélulas. Para elo, comprobaron que as variedades máis escuras adaptaranse mellor a climas fríos e as de cores claros aos climas cálidos.

Como resposta ao quentamento climático, as especies poden cambiar a súa distribución, adaptarse as novas condicións, o en última instancia, extinguirse. Aínda que esta última é pouco probable. Aclara Zeuss.

Neste estudo conbínase o análise dixital de imaxes recentes coas estadísticas filoxenéticas para demostrar que a claridade da cor dos insectos está relacionada ca temperatura de toda Europa. Ademáis mostra que os grupos de libélulas aclararon a súa cor no último século e llo atribuen ao quentamento global.

Os resultados indican que, co quentamento global, os cambios na distribución de especies de insectos pódense predecir en certa medida. Por exemplo, esperaríase que as especies de cor escura trasladásense a rexións máis frías ou que cambien a súa preferencia de hábitat cara a condicións máis sombrías.


Fontes: http://www.agenciasinc.es/Noticias/El-calentamiento-global-favorece-a-los-insectos-de-colores-claros

Patricia Pérez Froufe 1º Bach A


A nosa última oportunidade para salvar o planeta

A Humanidade xa casi quedouse sen tempo para abordar o cambio climático. Os científicos sinalan que un aumento da temperatura de duos grados centígrados por riba dos niveis preindustriales colocará á Terra nun terreo perigoso e desconocido. Sen embargo, actualmente imos camiño dun aumento de cuatro grados o máis neste siglo. Chegou a última oportunidade para actuar.
Dita oportunidade producirase en diciembre de 2015 en París, cando os gobernos do mundo se reúnan para a vixésima primera reunión anual das Nacións Unidas sobre o cambio climático, pero esa vez será diferente. Ou os gobernos acordan a adopción de medidas decisivas, como prometen, ou volveremos a vista atrás e veremos 2015 como o ano no que a saude climática se nos deslizou entre os dedos.
En 1992, os gobernos do mundo aprobaron a Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático e prometeron evitar "a perigrosa interferencia antropogénica [inducida polo home] no sistema climático" reducindo a tasa de emisión dos gases que provocan o efecto de invernadoiro, en particular o dióxido de carbono. Aunque o tratado entrou en vigor en 1994, a tasa de emisións de ditos gases, incluido o CO2, aumentou en realidade.
En 1992, ca combustión mundial do carbón, petróleo e gas, máis a produción de cemento, lanzaronse 22.600 millóns de toneladas de CO2 ao aire. En 2012, o ano máis recente sobre o que dispoñemos de datos comparables, as emisións ascenderon a 34.500 millóns de toneladas. En lugar de controlalo, a Humanidade acelerou o cambio climático inducido polo home.
Ahora ese é o mallor problema moral do noso tempo. A utilización de combustibles fósiles en todo o mundo ameaza aos pobres, que son os máis vulnerables ao cambio climático (aunque os ricos son a causa principal), e ás xeneracións futuras, que heredarán un planeta xa inhabitable en moitos lugares e co abastecemento de alimentos sometido a crisis en gran escala.
Estamos causando ese dano nunha época na que os adelantos tecnolóxicos permiten ao mundo substituir os perigosos combustibles fósiles por fontes enerxéticas con escasas emisiones de carbono, como, por exemplo, a eólica, a solar, a nuclear e a hidroeléctrica e reducir as repercusións dos combustibles fósiles utilizando a tecnoloxía para a captura e o almacenamento de carbono. O Papa Francisco recientemente o  expresou perfectamente: "Salvaguardar a Creación", dixo, "porque, se destruimos a Creación, ¡a Creación nos destruirá a nos! ¡Non debemos olvidalo nunca!".
Sen embargo, para os moitos intereses poderosos existentes o cambio climático segue sendo un xogo cuyo objextivo é retrasar o máis posible a adopción de medidas. As xigantescas compañías de combustibles fósiles seguen presionando entre bastidores contra o paso á utilización dunha enerxía con escasas emisións de carbono e utilizan a súa inmensa riqueza para comprar informacións nos medios de comunicación destinadas a sembrar a confusión. O imperio de medios de comunicación de Rupert Murdoch nos Estados Unidos, o Reino Unido, Australia e outras partes destaca polo papel particularmente cínico que desempeña na difusión de propaganda anticientífica.

FONTE:
http://elpais.com/elpais/2014/05/29/planeta_futuro/1401367027_694754.html

Pablo González Vázquez          1ºC  BACH.

Unha rara explosión de raios gamma sacude Andrómeda

O telescopio Swift da NASA detectou un estourido de raios gamma de alta enerxía procedentes da galaxia de Andrómeda, la galaxia grande máis próxima á Vía Láctea.
Trataríase da explosión observda máis próxima á Terra.

Swift observa os estouridos de raios gamma e, se detecta un, o telescopio redirecciónase automáticamente pra tratar de capturar a fonte.

A alerta saltou ás 21:21 GMT do 27 de maio; tres minutos máis tarde, o telescopio de raios X a bordo do Swift xa estaba observando un resplandor brilante de raios X que non existira antes.

La explosión ocorreu máis cerca do que nunca antes se rexistrara, uns 2,5 millóns de anos luz de distancia, o que representa un veciño, en termos cósmicos.

A explosión puido orixinarse cando dúas estrelas de neutróns ultra-densos colisionaron.
Se é así, probablemente se xeraran ondas gravitatorias -ondulacións no texido do espazo-tempo- a través do cosmos.

Outra posibilidade, di o astrofísico Robert Rutledge da Universidade McGill en Montreal, é que a explosión sexa unha fonte de raios X 'ultraluminosos', unha clase de obxetos menos brilantes que o núcleo dunha galaxia pero máis brilantes que as estrelas ordinarias, informa "Nature".
Si é así, entonces os raios X sexan probablemente visibles nos próximos días, no lugar de medio día como pode esperarse dun estalido de raios gamma.

Calquera que sexa a causa, a explosión de Andrómeda  produxose fai uns 2,5 millóns de anos.
A súa enerxía estivo vixiando cara nós dende entonces.



MARCOS VAZQUEZ FERNANDEZ

1º BACHARELATO C

Fontes:
http://www.larazon.es/detalle_normal/noticias/6494192/sociedad+ciencia/una-rara-explosion-de-rayos-gamma-sacude-andromeda#.Ttt1nV5IgqF85pr

Seca a finais de século nun terzo das terras por culpa do quentamento global?

A seca, entendida como unha dispoñibilidade de auga menor que a necesaria, pode ser froito de varios factores, como por exemplo unha diminución das precipitacións  ou o incremento da perda de humidade dunha superficie por evaporación, que conduza a unha menor retención de auga.
A maior demanda local de auga, como por exemplo por un aumento da poboación, ou pola posta en marcha de actividades que esixen máis auga, pode tamén conducir a unha situación de escaseza de auga.
Unhas taxas máis elevadas de evaporación poden xogar un papel moito máis importante do que bastante xente cree, pois as temperaturas máis cálidas son capaces de extraer máis humidade dos chans, mesmo nalgúns lugares onde se prognosticou que como consecuencia do quentamento global aumentarán as chuvias.
Un exemplo da importancia das taxas de evaporación é o reflectido no novo estudo realizado polo equipo de Benjamín Cook, climatólogo do Observatorio Terrestre Lamont-Doherty na cidade estadounidense de Nova York.
Neste estudo, que tivo en conta todas as terras do mundo agás a Antártida, estimouse que o 12% das terras estarán baixo a influencia das secas arredor do ano 2100 se consideramos só os cambios nos patróns de pluviosidade; pero tendo en conta tamén as taxas máis altas de evaporación debidas á enerxía engadida ao sistema e aos cambios na humidade atmosférica, chégase á conclusión de que as secas se estenderán ata o 30%, case a terceira parte da terra dispoñible.

Un aumento nas devanditas taxas carrexará un maior risco de seca mesmo en rexións onde choverá máis que agora e nas que hai inmensas extensións de terra agrícola dedicada ao cultivo de trigo, millo e arroz. Entre estas rexións do mundo figuran o sueste de China e o oeste dos Estados Unidos.


Creedes que todavía podemos evitalo?
Parécenvos datos importantes os derivados deste estudio?


Alba Álvarez Pacios nº1 1ºBach-A

Cans cazadores de mamuts

Segundo os investigadores, os europeos primitivos servíronse dos primeiros cans domesticados para cazar grandes animais de forma masiva.
A imaxe mostra un can cun oso dun mamut de hai 27.000 anos na boca 

No centro e mais ao este de Eurasia atópanse espectaculares xacementos arqueolóxicos dun gran número de mamuts de entre 45,000 e 15,000 anos de antigüidade, os investigadores cren que semellante matanza non puido ser produto dun violento episodio natural, din que o máis probable é que foran os cazadores da época, pero nesta conclusión falta algo, os cazadores non contaban con armas capaces de matar tantos animais e tan grandes, logo, quen os axudou? Os científicos da Penn State University cren que foron os primeiros cans domesticados.
Os seres humanos da época idearon unha novedosa técnica de caza de animais deste tamaño, o plan consistía en que os cans axudaban aos cazadores a atopalos mais rápido e rodeábanos para que non puideran fuxir. Por outra parte tamén protexían aos homes doutros carnívoros.
Cerca dos xacementos tamén se atoparon outros depredadores identificados como lobos e mais raposos, pero estes, seguian dietas diferentes á dos cans, o que indica que estes últimos eran alimentados polos homes.
Os primeiros cans domesticados non son os precursores dos nosos cans, xa que no seu ADN conteñen unha firma xenética distinta á de calquera outro cánido.

As investigacións continuarán e se hai mais destes cánidos en grandes xacementos, acompañados dun gran número de mamuts e lobos, con dieta distinta á dos demais depredadores, poderemos afirmar que os cans son o mellor amigo do home.


Pilar Veloso Trigo, 1ºBach C 

jueves, 29 de mayo de 2014

Un barco capaz de xerar enerxía mecánica.

 Dous ex alumnos da Universidade Politécnica de Cataluña crearon un innovador sistema de navegación que permite a un barco moverse coa forza do vento ( embarcación debe ir a mercé da dirección do vento) e a mesmo tempo xerar a suficiente enerxía para, mediante a electrólise, obter hidróxeno e osíxeno. 


O sistema, que os dous mozos patentaron, consiste nun innovador conxunto de velas ríxidas ó mesmo tempo que a embarcación se move co vento, un sistema de turbinas mergulladas xira velozmente xerado enerxía mecánica que produce  a electrólise da auga do mar, separando o hidróxeno do osíxeno e almacenando cada gas en tanques diferentes. 
Cada elemento pode ser comercializado e aproveitado, para vehículos ecolóxicos (no caso do hidróxeno) ou para a industria ou os hospitais (no caso de osíxeno).

O proxecto, bautizado como bound4blue, leva a firma de  Jordi Salas e deJosep Miguel Bermúdez, graduados en Enxeñaría Aeronáutica da UPC de Terrassa. Os dous mozos xa crearon a súa propia empresa para desenvolver este sistema e puxéronse mans á obra para buscar financiamento. Calculan que necesitan 47 millóns de euros para ter listo o primeiro prototipo.

Os dous emprendedores coinciden en que innovacións como a súa son o futuro, xa que a parte de ser limpas e non xerar emisións, son máis baratas que os sistemas de xeración actual. 


Patricia Moreiras Arias nº13 1º Bach D

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/05/28/catalunya/1401289120_081002.html

miércoles, 28 de mayo de 2014

A app Zerofootprint premia os hábitos saudables

GOODcoins
A aplicació Zerofootprint para teléfonos ou outros gadgets intelixentes recompensa con monedas sociais, chamadas Goodcoins, ás persoas que realicen hábitos saudables. Este programa está pensado para reducir os gastos dos gobernos, xa que lles saería máis barato pagar un incentivo para que a xente realice actividades saudables que pagar os gastos dos tratamentos dalgunhas enfermidades crónicas.
Esta iniciativa está desenvolvéndose en dúas cidades canadienses. As Goodcoins, que se conseguen en actividades como ir a camiñar media hora, despois pódense cambiar por alimentos orgánicos ou, por exemplo, por unha toalla do Comercio Xusto.
Un exemplo do seu uso sería para evitar os casos de diabetes xestacional que afecta a unha de cada dez embarazadas en España. Despois do parto, sen supervisión, a paciente pode desenvolver diabetes en menos de cinco anos. A aplicación sería unha forma de seguir controlando ós pacientes e compensalos polas actividades que preveñan a aparición desa enfermidade. Ademais as Goodcoins solo se poden canxear por certas cousas que decide a comunidade. Así asegúrase que están invertidas en algo que beneficie o comercio local ou sea saudable.
Paréceche unha boa idea? Que hábitos saudables cres que podía promover esta app?

Fontes:
-http://tecnologia.elpais.com/tecnologia/2014/05/27/actualidad/1401178810_231547.html
-http://zerofootprintsoftware.com/points-brochure/

Fátima Rodríguez Delgado, 1º Bach D
AVELINO CORMA, PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DE INVESTIGACIÓN

Avelino Corma é un químico, investigador do CSIC nacido en Castellón en 1951. Este investigador, creador do Instituto de Tecnoloxía Química en Valencia, dedicou os seus últimos trinta anos a investigación dos catalizadores (é dicir, sustancias que se utilizan moito na Industria, e que aceleran a velocidade dunha reacción química sen que se consuma o proceso) nos procesos de refinado de hidrocarburos e derivados da biomasa.

Este científico xunto cos seus colegas estadounidenses Mark E. Davis (Instituto de Tecnología de California) e Galen D. Stucky (Universidad de California, Santa Bárbara) gañaron o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica do ano 2014.
















Corma xunto cos seus colegas desarrollou materiais microporosos e mesoporosos, é dicir sustancias con poros diminutos, no caso dos materiais microporosos formados por aluminosilicatos que lles dán propiedades absorbentes que se utilizan como catalizadores industriais e no caso dos mesoporos formados por sustancias sílices, alúminas ou óxidos de diversos elementos mecánicos. Este tipo de materiais teñen importantes vantaxes como a reducción de emisións contaminanates de vehículos, fábricas e procesos de refinado do petróleo. Iste traballo foi principalmente ó que lles otorgou o premio.

Pero Corma é autor ademáis de un centenar de patentes, algunhas utilizadas en procesos comerciais.Tamén posúe a Gran Medalla da Academia de Ciencias Francesas e é autor de centos de artículos en revistas internacionales, o cal lle fai ser un científico español de grande prestixio.

Fontes: http://www.abc.es/ciencia/20140528/abci-avelino-corma-premio-principe-201405281051.html

VÍCTOR CARRERA QUINTANA 1 BACH A



A traxedia da basura electrónica

A exportación de residuos perigosos, entre eles os electrónicos, está prohibida dende 1992, sen embargo, cada ano, os países desenvolvidos producen ata 50 millóns de toneladas de residuos como ordenadores, televisores, teléfonos móviles, electrodomésticos...e, segundo investigacións, o 75% deles desaparece do circuito oficial e unha boa parte é exportada ilegalmente a África, China ou India.

Datos oficiais da Unión Europea calculan que dous tercios dos residuos electrónicos non chegan ás correspondentes plantas de reciclado e que o tráfico de residuos move xa máis diñeiro que o negocio da droga.

En cada país a situación é diferente. En España o problema non ven dado tanto polo tráfico senón pola neglixencia ante o tratamento inapropiado nas chatarrerías.



Membros da OCU (Organización de Consumidores e Ususarios) colocaron en total 16 rastreadores en residuos electrónicos en diferentes puntos de toda España e soamente 4 deles chegaron ás adecuadas plantas de reciclaxe, o resto foron eliminadas ilegalmente.

Os residuos electrónicos conteñen, entre outros materiais, metais preciosos como oro e prata e tamén cobre, chumbo e terras raras como o lantano, o terbio ou o neodimio, moi cotizados pola industria electrónica, cuxo tratamento supón gravísimos problemas de saúde para os traballadores dos basureiros electrónicos e para os nenos que se crían nesas zonas e demáis poboación.

Fontes de información:


  • http://www.elmundo.es/ciencia/2014/05/28/5384c82de2704ed75d8b4592.html
  • http://www.ocu.org/

Ana Rodríguez Vilas 1ºBach A

martes, 27 de mayo de 2014

Un muro de xelo subterráneo para conter as fugas en Fukushima

As autoridades niponas deron o  visto bo a construcción dunha barreira de xeo subterránea en torno os reactores nucleares da accidentada pranta de Fukushima, unha medida destinada a contener as fugas de agua radiactiva o mar.

A Autoridad nipona dE Regulación Nuclear deron luz verde a esta iniciativa tras descartar que teña un impacto negativo significativo sobre os cauces das augas subterráneas e sobre a configuración do subsuelo baixo a central, según informou a axencia Kyodo.

"Hoxe confirmaron que a posible escala de afundimiento do terreno non sería moi importante, e esto era o efecto secundario que mais temíamos da construcción do muro", señalou uno dos expertos deste organismo, Toyoshi Fuketa, en declaraciones o mismo medio.

Nun obstante, este organismo señalou que ainda hai puntos do proyecto que deben ser aclarados, como a medición precisa do nivel da agua radiactiva acumulada nos edificios dos reactores.


O muro de xelo construirase insertando unha línea de tuberías a unha profundidade de unos 30 metros a través das cuales inyectarase un refrixerante a unha temperatura de menos 40 grados, o que resultará en unha conxelación dos acuíferos subterráneos en contacto coas canalizaciones.



Ainoha Gómez Cid 1º Bach.D.

domingo, 25 de mayo de 2014

Mediante luz e proteínas podería rexenerar neuronas dañadas





 Unha noticia do 24 de maio nos informa que un bioquímico español deseñou unhas proteínas artificiais (quimeras) para inxectalas no cerebro, iluminalas con luz e activar a rexeneración das neuronas. Podería ser unha grande solución para o alzhéimer e o párkinson.  

O español chámase Álvaro Inglés e traballa no Instituto de Ciencia e Tecnoloxía de Austria. Investigará e probará o funcionamento das quimeras usando os ratos no laboratorio. Ademáis recibiu o 19 de maio unha beca de 15000 dólares da fundación Dan David para eses proxectos de alto risco.


O premio Dan David dedica cada ano a beca para un tipo de investigación, este ano tocoulle á memoria. E concedeulles a beca ao proxecto de Álvaro por ser innovador de alto risco e con grandes ganancias.

As quimeras son proteínas biosintéticas  que non se atopan na natureza e consisten nun receptor fusionado cunha proteína sensible á luz para que así ao iluminar ás células se activen. Ao activarse, os receptores únense cos factores de crecemento que provocan a supervivencia e o crecemento das células e mesmo permiten rexenerar as que teñen algún defecto ou están morrendo.  De todas formas, aínda teñen que investigar máis porque poden conlevar a efectos secundarios indesexados. Para controlar mellor o seu funcionamento pensan que en lugar de inxectar o factor de crecemento, terían que activar o seu receptor de luz na zona ou lugar do cerebro onde sexa necesario. Por iso este proxecto está pensado para combatir contra o alzhéimer e o párkinson xa que nestas enfermidades se dexeneran neuronas nunhas partes específicas do cerebro (e xusto estas quimeras serven para as dexeneracións neuronais). 

Se activan a ruta  de señalización celular para o crecemento e a proliferación desas células, poderían combatir contra a perda da memoria e desenvolver a aprendizaxe espacial.

Como expliquei, primeiro probarán estas quimeras en cultivos neuronais e despois nos ratos. Se todo sigue como esperan, poderán probalo en primates e despois ser aplicable para os humanos.







Sira Prieto González 
1ºA


ENLACE

http://www.agenciasinc.es/Entrevistas/Vamos-a-probar-una-herramienta-para-combatir-el-alzheimer-activando-neuronas-con-luz

Españoles crean o primeiro biorreactor que produce células nai en serie

Carecer dun medio de producción en serie e automático de células nai frena o desarrollo de terapias con estas células.
O madrileño, David Horna, confundador da empresa Aglaris Cell, xunto con dous socios, Miguel Costa e Manuel A. González, xa crearan fai dous anos esta firma co obxectivo de desenrolar un dispositivo que permitise automatizar o cultivo de células para avanzar na producción de medicamentos 'vivos'

O proceso é o seguinte: obtéñense células do paciente, e extráense as células nai. Éstas inxectanse no biorreactor onde se cultivan e se amplifican. Finalmente, obtéñense as células envasadas en bolsas.

O equipo ten dúas partes: a que ten a firma na parte lisa, onde se atopan os compoñentes de inxeñería e a segunda: un cartucho desechable, onde se realiza o cultivo, de usar e tirar, para evitar as contaminacións cruzadas.
Aglaris Cell

Neste video podedes ver o funcionamento deste dispositivo

Fontes: http://www.agenciasinc.es/Noticias/Un-biorreactor-espanol-envasa-lotes-de-celulas-madre-en-serie-para-la-medicina-regenerativa

                                                    Paula Quintas Blanco 1ºBach A


sábado, 24 de mayo de 2014

Crean un material que repele o auga

En Estados Unidos, no campus da Universidade Brigham Young, Utah, unha enxeñeira mecánica chamada Julie Crockett lidera un estudio no que se analiza como o auga rebota e deslizase frente a unha superficie. Isto debese a que o seu equipo creou un material superhidrófobo.

Pero, que é un material hidrofóbo? Tratase dunha capa nanométrica composta polo menos por un 95% de aire. As gotas dos líquidos que normalmente se impregnan na nosa pel ao tocarnos, prácticamente non están en contaco con esta superficie, polo que retroceden.
A superficie repele a meirande parte de líquidos, coma auga, café, gasolina, parte de alcoholes, salsa de soja e mesmo acido sulfúrico entre outros.

Inda que este material superhidrofóbo non é o primeiro, existen unha gran cantidade de materiais destas características que teñen infinidade de aplicacións. Alguns, mesmo se empregaron coma productos comerciales.
Pero o equipo de Crocket afirma que este, é moito mais eficaz contra a auga.

 "A nosa investigación está dirixida a crear a superficie superhidrofóbica ideal”
Di a investigadora Julie Crockett

 
Inda que a investigación realmente está orientada a intentar xerar enerxía dunha forma mais limpia e eficiente.
As centrais eléctricas que funcionan facendo xirar unha turbina mediante a queima de carbón ou gas natural para crear vapor que se expanda, teñen un problema en común: o vapor necesita volver a condensarse en estado líquido, é dicir, auga, para reciclarlo correctamente.
Os resultados do estudo indican que as superficies cun patrón de cretas ou postes microscópicos, xunto cun recubrimento hidrófobo producen maior resistencia a auga.
Gracias a esto, se os condensadores das centrais électricas puideran ser construidos con este material, o proceso de reciclado se produciría dunha forma moito mais rápida, aforrando tempo e reducindo os costes de xerar electricidade.


  
  • Fontes de información: 
 
 
SERGIO DAVID BERMEJO COFÁN
1ºBACH D
 

Descobren que un meteorito impacto en Marte hai dous anos

Orbitador de Recoñecemento de Marte (ORM) da NASA captou o cráter máis recente e grande do planeta vermello.
O cráter mide a metade dun campo de fútbol e apareceu por primeira vez en marzo de 2012. Probablemente se creou pola explosión no ceo marciano dun asteroide, causada pola intensa fricción entre este e a atmosfera do planeta.
O científico Bruce Cantor foi quen se decatou dun punto escuro preto do ecuador de Marte. "Non" era "o que estaba a buscar ", di. "Eu estaba a facer a miña monitorización do clima habitual e algo me chamou a atención"
As imaxes revelaron que a mancha escura estaba presente hai un ano, pero non hai cinco anos. Descubriu que aparecera entre o 27 e o 28 de marzo de 2012.
NASA está desenvolvendo sistemas para desviar un asteroide próximo á Terra -posiblemente do tamaño da rocha que golpeou a Marte-. O proxecto consiste en capturar un anaco do asteroride para reorientar a súa órbita.




Fontes: http://www.abc.es/ciencia/20140523/abci-impacto-meteorito-deja-marte-201405231102.html

Antia Rodríguez 1ºBach A

Un nano-chip contra o cancro en etapas precoces


O proxecto, denominado Spedoc (Surface Plasmon Early Detectionof Circulating Heat Shock Proteins and Tumor Cells)  levado a cabo por un equipo internacional de investigadores dirixidos polo Instituto de Ciencias Fotónicas (ICFO) de Castelldefels (Barcelona) desenvolveu un nano-chip, equipado con nano-partículas de ouro, capaz de diagnosticar un cancro en etapas precoces, cando a enfermidade soamente afectou a poucas células, o que facilita o diagnóstico e tratamento. 
O seu uso basease en detectar   concentracións moi baixas de marcadores que se atopan en  proteínas de cancro no sangue utilizando os últimos avances en plasmónica, microfluídos, nano-fabricación e química de superficies. 

O dispositivo "lab-on-a-chip " alberga varios sensores distribuídos nunha rede de micro-canles de fluídos.

Cando se inxecta unha gota de sangue no chip, o sangue circula a través dos micro-canles e se os marcadores de cancro están presentes nesta, ao pasar polos micro-canles, estes adhírense ás nanopartículas, provocando cambios no que se coñece como a "resonancia plasmónica".

O dispositivo analiza estes cambios proporcionando unha avaliación directa do risco para o paciente de desenvolver un cancro.


Segundo Romain Quidant cordinador do proxecto, o nano-dispositivo ten un gran potencial como ferramenta para tratamentos de futuros enfermos de cancro, non só pola súa fiabilidade, sensibilidade e baixo custo, senón tamén pola súa doada portabilidade, que permite levalo a lugares remotos con dificultades de acceso en hospitais e clínicas médicas.



http://www.publico.es/521743/crean-un-nano-chip-capaz-de-detectar-el-cancer-en-etapas-precoces

PATRICIA MOREIRAS ARIAS 1º BACH D Nº13

jueves, 22 de mayo de 2014

A rutina na dieta levou á extinción ao primate "Pau" e aos seus conxéneres.

Pau, Lluc, Jordi e os seus conxéneres primates, dos que foron atopados fósiles nos xacementos catalás de Vallès-Penedès extinguíronse  a causa da rutina na súa dieta.

 Esta é a teoría que expoñen nun artículo na revista especializada, Plos Oneun, o equipo de investigadores do Instituto Catalán de Paleontoloxía Miquel Crusafont.

Os primates hominóideos do Mioceno, criaturas no árbol xeaniolóxico dos humanos e os grandes monos, dos que forman parte os especimes atopados en Cataluña, dispersáronse por Eurasia fai 14 millóns de anos.
A especialización alimentaria permitiu a súa expansión pero á vez converteuse nun risco.

O estudo, que infire na dieta de cinco especies de hominóideos da Península Ibérica, entre eles Pierolapithecus catalaunicos, á que pertence o famoso Pau, do que os restos apareceron no Els Hostalets de Pierola; Anoiapithecus breviroostris (Lluc) e Hispanopithecus laietanius (Jordi), realizouse a partir do microdesgaste que presentan os dentes dos fósiles e que indica que comían.
Cada tipo de alimento, recalcan os científicos, produce unha abrasión microscópica característica no esmalte dentario que os paleontólogos poden identificar e asociar a un tipo de dieta dando sentido á frase “somos o que comemos” (incluso os monos do Mioceno).


A  análise revelou que as diferentes especies tiñan unha alimentación diversa: uns alimentos duros, como froitos con cáscara e sementes, e outros froitos máis brandos. Cando os alimentos favoritos comezaron a escasear polos cambios no clima, os vellos simios do Mioceno non foron capaces de adaptarse e extinguíronse fai entre 12 y 9 millóns de anos.


MARCOS VAZQUEZ FERNANDEZ

1º BACHARELATO C

FONTES:
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/05/20/catalunya/1400618514_564532.html