

Hai días que síntome como o profesor da viñeta (alguen me entende?):

Fallo en el sistema de refrigeración
La planta número 1 de Tokyo Electric Power en Fukushima, co nome de Daiichi, está situada a uns 270 kilómetros o noreste de Tokio, e opera desde fai catro décadas, con permiso para continuar activa o menos outros dez anos.
O Goberno iniciou unha reunión de emerxencia para tratar sobre a situación na central nuclear, que a primeira hora do sábado visitouse polo primer ministro, Naoto Kan.
Axuda exterior
O exército estadounidense acudiu en axuda das autoridades niponas, según anunciou a secretaria de estado de EEUU, Hillary Clinton.
Tras o terremoto, o Goberno declarou o estado de emerxencia nesta factoría polo fallo nun dos seus sistemas de refrixeración. En dous reactores da planta estropeouse o sistema de refrixeración, así como os catro xeradores de emerxencia. Esto causou un descenso do líquido de refrixeración, algo que entraña o risco dunha fusión nuclear no peor dos casos, según expertos.
O combustible nuclear require dun enfriamento continuo incluso cando as instalacións atómicas deixaron de funcionar, según a axencia nuclear da ONU. En opinión do experto nuclear Edwin Lyman, "cada signo [sobre o ocorrido] é que o tipo de suceso que se produciu é unha das cousas máis graves que pode ocorrer nun reactor nuclear".
Para máis información
Noelia Vila Seijas 1º bacharelato C
Causas:
Chernobil: foi provocada por unha cadea de explosións por fallos humanos e técnicos nun reactor da central. Esta avería pronosticada por expertos occidentais, foi ignorada polas autoridades soviéticas.
Fukushima: o terremoto inutilizou os sistemas de refrixeración da central e provocou explosións en tres reactores, o que elevou perigosamente o nivel de radioactividade.
- Consecuencias:
Chernobil: esparciu hasta 200 toneladas de material fusible cunha radioactividade de 50 millóns curies, equivalente a 500 bombas atómicas como a de Hiroshima.
Fukushima: querendo rebaixar a temperatura, abriron de forma controlada as válvulas dos reactores, malia o perigo de que o vapor liberado transportara sustancias radioactivas. O primeiro ministro admitiu que a operación liberou cantidades de radiación “mínimas” e “asumibles” para a poboación. Nestes momentos esta afirmación encóntrase en dúbida.
Contaminación:
Chernobil: a nube tóxica desprendida polo central ucraniana afectou a máis de cinco millóns de persoas, aínda que as autoridades sanitarias nunca se atreveron a vincular la radioactividade co aumento de mortalidade e de enfermos de cáncer ou con problemas respiratorios. Greenpeace cifra 200.000 os mortos por causa da catástrofe.
Fukushima: polo momento encontráronse 6.000 persoas mortas aproximadamente e 10.000desaparecidas por causa do terremoto, outras moitas foron contaminadas pola radiación da central. Os residentes na zona unhas 200.000 persoas trasladáronse por motivo de seguridade a 30 km, pero miles están saíndo do país.
- Actitude do país:
Chernobil: ao principio a televisión encubriu a catástrofe e mostrou imaxes da central en perfecto estado. Un antigo órgano de goberno foi o primeiro en anunciar a noticia sorprendentemente nunha nota de só 8 liñas.
Fukishima: en cambio as xaponesas estannos informando dende o primeiro día, pero a confusión é maior según pasan os días.
Para máis información
Ariana Pascual Sas 1-BACH-C
Segundo a relación CAUSA-EFECTO entre a radiación recibida e os danos producidos, os efectos biolóxicos clasifícanse en:
- ESTOCÁSTICOS (ALEATORIOS): a gravidade non depende da dose. No caso de producirse son sempre graves e comprenden a posible aparición de tumores malignos do tipo de leucemias, cancros de pulmón, pel, etc. e as alteracións xenéticas que dan lugar ás anomalías hereditarias.
- NON ESTOCÁSTICOS (CAUSALES): a gravidade depende da dose recibida, sendo as lesións máis severas canto maior sexa a cantidade de radiación recibida, chegando a provocar ata a morte. Por baixo dunha dose mínima non teñen lugar. En xeral, prodúcense cando altas doses de radiación afectan a órganos como a medula ósea, o aparello dixestivo, a pel, os testículos e os ovarios.
Segundo a RELACIÓN TEMPORAL entre o momento en que ten lugar a irradiación e o tempo que transcorre ata que se manifestan as lesións, clasifícanse en:
- EFECTOS INMEDIATOS: maniféstanse entre unhas horas ou unhas semanas, causando a morte cando os niveis de radiación recibida por todo o corpo son elevadas, ou causando un simple cor vermello na pel, cando as doses elevadas de radiación son recibidas nunha determinada zona do corpo durante un curto período de tempo.
- EFECTOS RETARDADOS: maniféstanse cando o corpo humano é sometido a baixas doses de radiación ou a unha dose maior, pero que é recibida ao longo dun gran período de tempo. Adoitan provocar a aparición de cancro ou enfermidades congénitas.
Segundo aparezan os efectos nos individuos ou nos seus descendentes, clasifícanse en:
- SOMÁTICOS: aparecen cando os danos maniféstanse durante a vida do individuo irradiado
- XENÉTICOS: aqueles en que os danos maniféstanse na descendencia do individuo irradiado, xa que a radiación produciu lesións nas súas células reprodutoras. Non deben confundirse os efectos hereditarios causados pola irradiación das células xerminais, que experimentan mutacións e dan lugar a anormalidades hereditarias, coa irradiación das gónadas, que poden dexenerar en esterilidade, e que depende da gravidade da dose. Poden aparecer na primeira xeración, ou máis frecuentemente nos individuos das xeracións sucesivas, como enfermidades hereditarias, defectos mentais, anomalías óseas, etc. Son efectos estocásticos, xa que dependen de que unha célula xerminal cunha mutación relevante tome parte ou non na reprodución.
![]() |
Os investigadores Juan Carlos Izpisúa e Guang-Hui Liu. |