Benvido/a! Nós somos un grupo de estudantes de Bacharelato. Con este blog queremos informar sobre os avances e descubrimentos científicos máis relevantes do panorama actual, porque a cultura tamén engloba a ciencia!Visitádenos e comentádenos para estar ao día!
(Edublog participativo)
O lupus eritematoso sistémico, ou simplemente lupus, é unha enfermidade
autoinmune crónica que afecta ó tecido conxuntivo. Caracterízase pola
inflamación e dano de órganos e sistemas debido ó sistema inmunitario. Esta
enfermidade pode afectar a diversas partes do organismo, dende ó sistema nervioso,
ó fígado ou ás articulacións. Pode producir, dependendo do órgano ou sistema
que dane, artrite, erupcións cutáneas, fotosensibilidade, afectación renal, convulsións,
psicose, pericardite,… Aínda carece de cura.
Un estudo,
levado a cabo por investigadores da Universidade de Sevilla, desvela que,
grazas ás súas propiedades, o aceite de oliva virxe extra (AOVE) pode previr o
desenvolvemento de enfermidades autoinmunes coma esta. O consumo deste alimento
xunto cun tratamento farmacolóxico e terapéutico un tanto complexo, evita o seu
desenrolo. O AOVE produce así efecto antioxidante, antiinflamatorio e
inmunomodulador beneficioso na nutrición clínica.
A
investigación aínda está en proceso. Estanse realizando estudos in vitro con algúns compoñentes do AOVE
en células humanas de enfermos de lupus, e in
vivo con animais.
Xa dende a Antigüedade o aceite foi empregado para usos medicinais debido as súas propiedades oleosas. Este estudo poderá facernos saber máis dos moitos beneficios que ten este alimento tan propio da nosa dieta mediterránea.
O psiquiatra
valenciano Rafael Tabarés, xunto co norteamericano John L. Rubenstein publicaron na prestixiosa revista Science un
artículo que dará inicio a un novo modelo crucial no avance da medicina. Fálase
da estreita relación de enemistade que pode chegar a existir entre enfermidades
nerviosas e o cancro.
Multitude
de enfermidades que afectan ao sistema nervioso como o síndrome de Párkinson, o
Alzheimer ou a esquizofrenia actúan reticentes a distintos tipos de cancros.
As investigacións levadas a cabo co CNIO( centro
nacional de investigacións oncolóxicas) permitiu cruzar bases de datos a escala
mundial, demostrando así a contraposición existente a nivel xenético entre as distintas
enfermidades. O traballo realizouse a partir de xenes con forte expresión en
enfermidades do sistema nervioso pero moi baixa en caso de cancro.
Tabarés engade:“Lo que había visto en
estudios epidemiológicos, con miles de pacientes, y había atisbado al analizar
el cromosoma 8 es que por separado había genes de susceptibilidad para la
esquizofrenia, el autismo o la demencia que, al mismo tiempo, estaban
implicados en muchos cánceres”.
Na área dos
fármacos, cuestiónase incluso a capacidade dalgunos destos na cura contra o
cancro, sendo o caso máis conocido o da aspirina. Ou quizais outros como os
antidepresivos, grandes protectores contra o nacemiento de tumores no tubo
dixestivo, según se comprobou en experimentación animal.
Temos, unha vez máis, probas do aumento da temperatura que sofre o noso planeta. Segundo un grupo de científicos da Universidade de Ohio (EEUU) o xeo dos glaciares dos Andes peruanos derreteuse. O que tardou uns 1600 anos en formarse en tan só 25 anos desapareceu, mellor dito, derreteuse.
A desconxelación fixo que nas marxes do glaciar Quelccaya, en Perú, apareceran plantas que se conservaron a medida que hai miles de anos ía avanzando este glaciar. Mediante probas de carbono radiactivo os científicos determinaron a data destas plantas e consecuentemente a historia desta capa de xeo.
Os científicos perforaron a gran profundidade para obter marcadores químicos no xeo que están a analizar e que permitirán coñecer as variacións climáticas ao longo do tempo. Polo momento, o doutor Thompson, especialista en glaciares, afirma que tendo en conta o visto, a terra debeu de atravesar un período no que o clima saía da media establecida e que ese período posiblemente coincidiu coa época da Revolución Francesa a partir do 1789. Así pois cando empezaba unha revolución que trouxo liberdade e igualdade para os homes tamén andaba revolucionado o clima.
Un estudo revela
que o cromosoma responsable dos xenes masculinos está en proceso de
desaparición
Parece ser que unha
destacada científica australiana, Jenny Graves, indicou no seu discurso ante a
Academia de Ciencias de Australia que o cromosoma responsable dos xenes
masculinos está en proceso de desaparición. Sen embargo, engadiu que a boa
noticia disto é que o proceso de extinción completa do home como especie
tardará uns cinco ou seis millóns de anos máis en completarse.
A clave está no
cromosoma sexual masculino e a súa fraxilidade porque por exemplo, o cromosoma
feminino X contén máis de 1.000 xenes, ademáis de que as mulleres teñen dous
cromosomas deste tipo (XX). En cambio, o masculino Y, nun principio dispoñía do
mesmo número de xenes que o seu homólogo feminino. Pero ao largo de centos de
millóns de anos destruíuse pouco a pouco, facendo que os cromosomas do home
moderno actualmente conten xa con menos de 100 xenes.
Ademais, a
experta en xenética, destaca a importancia da presenza dun par de cromosomas do
mesmo tipo nas células femininas, xa que permite a substitución dos xenes
danados cando é necesario. En cambio, no caso dos homes, ao non existir «compañeiros
celulares», cando un cromosoma é danado, o seu reemprazo é imposible.
A pesares de todo, algúns
expertos aseguran que a medicina ten aínda moito tempo por diante para
enfrentarse a este desafío e conseguir dar coa solución.
Cinco ou seis millóns de
anos deberían ser tempo suficiente para que a ciencia chegue a producir unha
cura que probablemente se transformará nun premio Nobel», recoñece o profesor
Chris Mason, da Universidade de Londres.
Tampouco
se sabe como será o futuro da mesma natureza humana. Os expertos cren que os cromosomas poden comenzar
a substituírse uns por outros, ou incluso crearíase unha nova especie de home.
Esta nova variante xénica produce un cambio aminoacídico na proteína que incrementa a dureza da carne. En concreto, os animais portadores da nova variante xénica en homocigosis presentan unha carne un 22% máis dura que o resto de xenotipos.
A aplicación desta nova variante xénica como método de predicción da terneza da carne en bovino está en proceso de rexistro.
As aplicacions potenciais máis destacadas desta investigación son: a eliminación da variante xénica que incrementa a dureza da carne dos animais seleccionados como reproductores e a inclusión nos diferentes catálogos de sementais do xenotipo para estos xenes, incrementando o valor deste semental, e realizando selección asistida por marcadores (MAS) para determinadas liñas de animais. Tamén a certificación dunha carne o producto cárnico máis tenro, ao proceder de animais que non teñen o xenotipo asociado a dureza.
Mycobacterium tuberculosis y Helicobacter pylori son duas bacterias patóxenas importantes.A primeira e a causa da tuberculosis e a segunda do cancro de estómago. Evitar sua proliferación ao acabar con elas e o que consegueron investigadores españois. Literalmente as "mataron de fame", como explican no estudio publicado na revista ACS Chemical Biology. Investigadores do Centro Singular de investigación en Química Biológica y Materiales Moleculares de la Universidad de Santiago (CIQUS) demostraron descubrir as claves para "matar" unha enzima crucial na proliferación destas duas bacterias. Resulta útil pola prevalencia das infeccions e a creciente resistencia aos antibióticos. A prevalencia da tuberculosis e de infeccions, xunto ao creciente problema da resistencia aos antibióticos, provocan un gran interés entre os académicos e a industria farmacéutica a hora de desenvolver estratexias máis eficaces para combatir as infeccions bacterianas. Os científicos, consegueron "engañar" a estas bacterias, evitando o "normal funcionamiento" dunha das enzimas que necesitan para sobrevivir.
A exposición a unha
combinación destas substancias provocan problemas na aprendizaxe das
polinizadoras ata o punto de que esquecen como atopar o alimento.
Segundo dous novos estudos
publicados na revista Narute Communications, os pesticidas interfiren no circuito
de aprendizaxe no cerebro dos insectos, de forma que os volve máis lentos á hora de asimilar novos coñecemenros
e esquecen por completo asociación importantes para a súa supervivencia, coma a
relación entre o aroma floral e a comida. De feito, realizan condutas
complexas mentres se alimentan o que lles obriga a aprender, recordar e identificar
as flores polos seus perfumes, cores e deseños, para co que contan con órganos
visuais e olfactivos adaptados. Isto é importante xa que a interrupción nesta función vital ten
implicacións profundas para a supervivencia das colonias, pois non serán capaces
de atopar comida.
Christopher Connolly e o seu equipo da
Universidade de Dundee (Reino Unido), investigaron o impacto sobre os cerebros das
abellas de dous insecticidas comúns utilizados nos cultivos, chamados
neonucotinoides e coumaphos que se empregan nas colmeas para matar ao ácaro
Varroa, un parásito que as ataca.
As abellas con cerebros intactos foron
expostas a pesticidas no laboratorio nos niveis que existen no medio natural e
despois rexistrouse a súa actividade cerebral. Os investigadores atoparon que
ambos tipos de pesticidas actuaban na mesma zoa do cerebro implicada na
aprendizaxe da abella, causando unha perda da función. Se ambos plaguicidas
eran empregados en combinación, o efecto era aún maior.
O estudo é o primeiro en demostrar que
estes pesticidad teñen un impacto directo sobre a fisoloxía das polinizadoras.
Outro
traballo de Geraldine Wright y Sally Williamson, da Universidad de Newcastle, corroborou
esta teoría, aportando que cando as abellas se exponen durante catro días a
estas combinacións de pesticidas, ata un 30% delas non aprenden ou fan mal as
probas de memoria. Unha vez máis, os experimentos imitana os nivéis que se vían
na natureza, pero esta vez mediante unha solución de azúcar mesturada coas
sustancias dañinas.
Os científicos tamén pegaron tórax
destes pequenos animais un identificador de radiofrecuencia, uns microchips que
permiten realizar un seguimento dos seus movementos. A continuación, os
investigadores deron ás abellas unha dose non mortal do praguicida tiametoxam.
Comparados cos que non foron expostos á substancia, os insectos tratados tiñan
tres veces máis probabilidades de morrer fóra da colmea.
Na segunda parte deste estudo, os
investigadores empregaron datos do experimento de seguimento para desenvolver
un modelo matemático que poda predicir o futuro das abellas expostas a este
tóxico. Os resultados foron nefastos: o modelo sinalou que as poboacións de
abellas expostas poden diminuir ata un punto prácticamente irrecuperable.
Os autores sinalan que a pesar de que
aos fabricantes se lles esixe que as súas doses de pesticidas permanezan por
debaixo dos niveis letais para as abellas, os estudos realizados para
determinar o nivel de mortalidade subestimaron que os productos poden matar de
maneira indirecta aos insectos, por exemplo, ao modificar o seu sistema de
orientación e a súa conducta.
Sen elas, a humanidade pon en xogo a súa
supervivencia.
A súa supervivencia en risco.
A desaparición de centos de millóns de
abellas en todo o mundo preocupa aos científicos dende hai anos. O número
destes insectos diminuiu de forma desmesurada, nunha crise chamada o problema
do colapso das colonias (CCD polas súas siglas en ingés) cuxa orixe todavía non
foi resolta.
As probas e argumentos presentados por
científicos daban conta de que mais dun cuarto de millón de plantas florais
dependen das abellas, así coma outras moitas especies cruciais para a
agricultura, vexetais ou árbores frutais cuxos froitos consumimos a diario,
ademais da importancia que teñen no mantemento da saúde e biodiversidade nos
ecosistemas.
De feito, estas pequeñas criaturas o que
fan é polinizar o 90% dos alimentos que consumimos no mundo, segundo un estudo
da FAO (Food and Agriculture Organization of the United Nations).
No proceso de polinización o que fan é
transladar o polen da antera, que é o órgano masculino da flor, ao estigma, que
é o órgano feminino, permitindo así que se efectúe a unión do gameto masculino
no gran de pole co gameto feminino do óvulo. Isto dará lugar á formación do
froito, dunha importancia vital na agricultura e a formación da semente, que
lle servirá ao vexetal para perpetuar a súa especie e multiplicarse, polo que a
desaparición das abellas sería o desencadeante da desaparición de moitas
especies vexetais que non realizarían a fotosíntese e ademais do rexeneramento
da atmosfera e o osíxeno esgotaríase o alimento para os herbívoros polo que
morrerían os animais mais pequenos que constitúen o alimento para a cadena
superior, os carnívoros e por suposto os humanos non nos vemos fora deste
posible e desastroso final. Nunha cadea se faia un eslavón, faia todo ao igual
ca nucha composición de dominó.
Aquí déixovos un vídeo para que vexades que este non é un problema externo a nós e onde se explica un pouco máis a importancia das abellas e a problemática con elas.
Barcelona Supercomputing Center - Centro
Nacional de Supercomputación (BSC- CNS)
ten unha dobre función: por un lado é un
centro de investigación formado por máis de 300 científicos e por outro ofrece servizos de supercomputación
a toda a comunidade científica. Está dirixido polo catedrático Mateo Valero e
ubicado en Barcelona. Creouse o 1 de abril do 2005, sendo un consorcio entre o
Ministerio de Ciencia e Innovación de España (51%), Generalitat de Catalunya
(37%) e a Universidade Politécnica de Catalunya-UPC (12%).
Neste centro hai varios supercomputadores que
ofrecen as súas capacidades a comunidade científica, pero o seu emblema é o supercomputador situado
dentro da antiga capela en Torre Girona, o MARE NOSTRUM,
que empezou a funcionar ó inagurarse o centro no 2005, sendo nese momento o de máis capacidade de cálculo
de toda Europa.
Ó ano seguinte, no 2006, actualizouse co Mare Nostrum 2, chegando a ocupar o 5º posto no prestixioso ranking
mundial Top500. A estratexia inicial do BSC-CNS era renovar o supercomputador
cada dous anos, pero por mor da crise o Mare Nostrum 2 chegou ata o outono do
2012, caendo durante os 6 anos de funcionamento ó posto 465 do ranking.
En novembro do 2012 empezou a computar unha
nova versión 12 veces máis potente que o seu predecesor, O Mare Nostrum 3, que a medio
instalar,só co 70% da potencia total, saltou ó posto 36 do
mundo e ó 12 de Europa. Non se buscaba un procesador que ocupara os primeiros
postos do ranking, senón unha máquina máis útil para os investigadores. Unha vez completada cos 6000 chips Intel de
2,6 GHz, comezou a ofrecer á comunidade científica unha capacidade de cálculo
de 1 petaFLOPSpor segundo, unidade
equivalente a mil billóns de operacións
por segundo. O resto do seu potencial foi instalado durante o mes de febreiro do
2013, pero por discrepancias entre o goberno de España e a Generalitat de
Cataluña, ambos financiadores do superordenador, o BSC-CNS mantén case en silencio os seus
avances.
Hai varias razóns detrás do financiamento da construción deste
superordenador. Ademais de crear riqueza e de que a máquina participe na
mellora da vida dos cidadáns, España comprometeuse a participar na rede europea de
supercomputación, PRACE, co fin de paliar o retraso neste campo respecto a EEUU e así favorecer o desenvolvemento científico
e tecnolóxico de Europa.
Científicos do noso país e de fóra del presentan
os seus proxectos ante o Comité de Selección, formado por 44 científicos que
avalían a calidade dos proxectos e deciden cales se executarán no Mare Nostrum.
Con este superordenador realízanse
multitude de investigacións agrupadas en catro apartados:
Ciencias
da Computación : En busca de aplicacións para a construción de novos
computadores, tanto a nivel de superordenadores, como a nivel de ordenadores
persoais ou dispositivos móbiles. Un dos proxectos estrela é o de de Álex
Ramírez e o seu equipo, a construción dun superordenador feito con móbiles e tablets, o Montblanc,
que ó non requentarse e apenas
conectarse á rede eléctrica, é máis eficiente que os PC tradicionais.
Aplicacións computacionais en
ciencia e enxeñería :
-
Mellorar, xunto con Iberdrola, o deseño dos muíños de vento a partir de
simulacións informáticas da interacción entre os fluxos de aire e as turbinas.
-Mellorar a detección de depósitos de
hidrocarburos e a súa explotación.
Grazas a un simulador do fondo marino para a busca de xacementos petrolíferos, Repsol
incrementou xa en 25% o éxito destas carísimas prospeccións.
-O multipremiado proxecto Alya Red,
simula a nosa función cardíaca, moi útil para a investigación clínica , e
permite anticipar cómo reaccionariamos ante un novo fármaco.
Ciencias da Vida : cómo actúan
as proteínas no interior das células ;
desenrolar proxectos de xenómica, dinámicas das rutas metabólicas... En 2007, expertos do Institut de Recerca
Biomédica de Barcelona e do propio BSC completaron o maior catálogo de
proteínas do mundo, mostradas por primeira vez en 3D e en
vídeo.Outro dos logros desenrolado por
científicos españois é a secuenciación
do xenoma das células da leucemia, destinada a mellorar o tratamento desta
enfermidade e a vida das persoas.
Ciencias da Terra : Mellorar a predición
meteorolóxica, o cambio climático, a calidade do aire... Un dos
estudos neste campo, é o de Manel Perucho e os astrofísicos da Universidade de
Valencia, que tras 800.000 horas de cálculo, comprobaron cómo o quecemento do entorno das galaxias reduce a formación das estrelas.
Despois de
todo isto, debemos decatarnos de que dispor deste superordenador no noso país,
non só frea a fuga de cerebros, senón que atrae a outros de fóra.
O mundo dos soños resultanos algo inquietante e ao mesmo
tempo afastado do coñecemento. Algo confuso do que non se pode chegar a saber
demasiado con absoluta certeza, pero equivocamonos. Yukiyasu Kamitani e demais
compañeiros do Laboratorio de Neurociencia Computacional de Tokio afirman
encontrarse un paso máis preto da comprensión deste ámbito, grazas ao seu
deseño dunha especie de “dicionario onírico”. Trátase dun aparato capaz de
traducir a actividade cerebral das persoas mentres estas durmen. Os individuos colócanse nun tubo de resonancia magnética, e unha vez que alcanzaron o sono, son despertados bruscamente, dispondose a continuación a contar o que estaban a soñar no momento. O proceso repetiríase 200 veces. A continuación búscase a relación entre os elementos presentes no relato dos voluntarios e a actividade do córtex cerebral rexistrada, chegando a acadar unha fiabilidade dun 60%.
Una nueva raza humana mejorada es uno de los grandes sueños del multimillonario ruso Dmitry Itskov que va a desarrollar en un proyecto que durará hasta 2045 un nuevo ser, un cíborg.
Para conseguir la inmortalidad el proyecto se desarrolla en cuatro fases, la primera de 2015 a 2020. En ella se desarrollará un cuerpo de robot controlado por una interfaz cerebro-ordenador que facilitará el trabajo del sujeto en entornos peligrosos o situaciones extremas.
En el siguiente punto, de 2020 a 2025, rescatarán el cerebro de un humano fallecido para insertarlo en un cuerpo creado. De 2030 a 2035 la inmortalidad irá tomando forma en el desarrollo de un cuerpo prefabricado con un cerebro también prefabricado.
La última fase se realizará en 2045, para cuando se ha fechado el segundo congreso internacional Global Future. Ese año la nueva raza estará creada.
Un estudio no que
participou a Universidade de Westminster (Reino Unido) revela que ver un filme
de terror queima as calorías equivalentes a dar un paseo de media hora (preto de 200 por hora). Este
curioso fenómeno ocorre porque o noso pulso acelérase producindo así o aumento
do ritmo cardíaco e, polo tanto, o consumo de osíxeno e expulsión de dióxido de carbono. Ademais, a
liberación de adrenalina provoca estrés, reduce o apetito e aumenta a
actividade do metabolismo basal. A película que máis calorías queima é o
thriller psicolóxico O Resplandor , seguida por outros títulos coñecidos: Tiburón, O Exorcista, Alien, a saga de Saw, Pesadilla en Elm Street,
Paranormal Activity, A Matanza de Texas, O Proxecto da Bruxa de Blair e a producción española de Rec.
Os científicos
xa presentaron varias capas de invisibilidade que fan desaparecercousas de
distintos tamaños ao estilo da que envolve aHarry Potter, pero a maioría son dispositivos bastante
voluminosos, o que supón un problema para levar a cabo o xenial «truco de
maxia». Agora, investigadores estadounidenses da Universidade de Texas en
Austin foron capaces desenvolver un manto moito máis delgado e lixeiro. Mide só
uns micrómetros de espesor e pode ocultar obxectos tridimensionais ás
microondas no seu ambiente natural, en todas as direccións e dende todas as
posicións do observador.
A nova capa
ultradelgada, descrita este martes noNew Journalof Physics da Sociedade Alemá de Física, foi denominada
metapantalla. Elaborouse unindo tiras de fita de cobre de 66 micróns de espesor
a unha película flexible de policarbonato de 100 micróns cun deseño de reixa. Os
investigadores cren que tamén poden ocultar obxectos de forma irregular e
asimétricos coa mesma técnica.
Unha
pantalla metálica:
Os obxectos detéctanse cando as ondas, xa sexan
de luz, son, raios X ou microondas, rebotan na súa superficie. A razón pola que
vemos as cousas débese a que os raios de luz rebotan na superficie cara aos
nosos ollos, que son capaces de procesar a información.
Este novo método
utiliza unha pantalla metálica ultrafina para anular as ondas que se atopan
dispersas fóra do obxecto cuberto, mentres que estudos anteriores empregaron
metamateriais para desviar ou curvar as ondas entrantes ao redor dun obxecto. ‘Cando os campos dispersos da capa e o obxecto
interfiren, anúlanse o un ao outro e o efecto xeral é a transparencia e a
invisibilidade en todos os ángulos de observación’ afirma Andrea
Alu, coautor do estudo. Segundo explica, este novo método ofrece
vantaxes sobre outros existentes pola súa adaptabilidade, facilidade de
fabricación e ancho de banda mellorado.
O ano pasado, o
mesmo grupo de investigadores foron os primeiros en cubrir con éxito un obxecto
3D utilizando un método chamado
«encubrimento plasmónico», que utiliza materiais
máis voluminosos para anular a dispersión das ondas.
No futuro, un dos retos clave para os
investigadores será ocultar un obxecto da luz visible, algo queAlucre que poderá conseguirse.
Case calquer organismo vivo, incluiendo as algas,
morrerían nas charcas de azufre volcánico de Yellowstone (Montana; EE.UU.) e
do Monte Etna (Sicilia; Italia). Sen embargo, unhas algas vermellas, relativamente
primitivas, desenrolaron un sistema para sobrevivir, aínda que sexa por pouco
tempo, a ese hábitat.
Ditas plantas vermellas, o que fan é buscar e
aproximarse a microorganismos que sí teñan un sistema que soporte tales condicións e “róballes” parte do seu xenoma para modificar o seu propio e facelo
resistente ó entorno.
O equipo de Mike Garavito, profesor de bioquímica e bioloxía molecular na Universidade Estatal de Michigan (Estados Unidos), e Andreas Weber, antigo investigador de
dita institución e agora na Universidade Heinrich-Heine en Dusseldorf
(Alemania) averiguaron detalles de como esas algas vermellas deron con ese
prodixio.
Os resultados da nova investigación, na que tamén traballaron
especialistas de varias universidades alemanas, estadounidenses e francesas,
indican que a capacidad das algas para adaptarse a un ambiente morno e sumamente ácido débese, en parte, as suas proteínas de membrana, as
cales, exercen de receptoras e de transportadoras.
Esa clase de proteínas son similares ás que desempeñan papeles vitales no metabolismo enerxético e na
resposta inmunitaria nos seres humanos.
Conocelas a fondo sería útil para o campo da medicina, xa que as proteínas de membrana interveñen en prácticamente todas-las vías
bioquímicas importantes que contribuen ó tratamento de enfermidades.
As algas vermellas investigadas son moi hábiles lidiando con metais pesados nun
ambiente xa de por sí tóxico. Por eso, analizar a fondo as estratexias
bioquímicas que usan para sobrevivir nesos sitios, podería ademáis conducir ó
hachado de enzimas útiles para limpar lugares moi contaminados por metais
pesados.
A partenoxénese é unha forma de reprodución
asexual na que, óvulos non fecundados comenzan a desenrolarse coma se fosen fecundados.
Este proceso prodúcese de forma natural en moitas plantas e, en certos
invertebrados (algunhas abellas, escorpións, avispas parásitas…) e vertebrados
(algúns peces, reptís e anfibios), pero no se produce de forma natural nos
mamíferos.
En 2007, uns investigadores conseguiron inducir químicamente en óvulos humanos a
partenoxénese. O sistema obtido tiña propiedades similares ás dun embrión, pero,
non podía continuar adiante co seu desenrolo.
Actualmente, nunha nova investigación, levada a
cabo polo equipo de Wolfram Zimmerman mailos seus colegas da Universidad
Georg-August en Gotinga (Alemaña), demostrou que, as células do novo sistema
obtido funcionan como células nai embrionarias, as cales, manteñen a capacidade
de converterse en diferentes tipos de tecidos.
Ademáis, os autores deste novo estudo usaron células nai obtidas por
partenoxénese para crear cardiomiocitos (células do miocardio ou músculo
cardíaco capaces de contraerse de forma espontánea e individual grazas ó
aumento da concentración de calcio intracelular) e músculo cardiaco (miocardio;
tecido muscular do corazón encargado de bombear o sangue, mediante a contración,
polo sistema circulatorio) que mostraba as propiedades estructurais e
funcionais do miocardio normal.
O miocardio obtido puido ser utilizado para ser enxertado nas ratonas que aportaran
os óvulos para a partenoxénese. Os resultados desta investigación demostraron,
polo tanto, que as células nai obtidas por partenoxénese, pódense utilizar para
a enxeñería de tecidos.
As Baixas creáronse hai 110 millóns de anos, as Altas fai 25, e as Medias, cinco
Ferdinand Von Richthofen, o tío do famoso Baron Rojo , foi o que as deu nome en 1886. Na súa viaxe ao redor do mundo para estudar os distintos tipos de costa atopouse en Galicia con algo nunca visto, aínda que realmente non sexan algo exclusivo da comunidade. Eran as rías, un accidente xeográfico formado pola inundación mariña do curso final dun río. A definición mantense, pero un novo estudo realizado polo director do Instituto de Xeoloxía Isidro Parga Pondal da Universidade da Coruña, Juan Ramón Vidal Romaní, arroxa nova luz sobre a súa historia e formación.
Tamén, por primeira vez, datouse a súa antigüidade. E aquí xorden as primeiras sorpresas, máis que nada polas enormes diferenzas no tempo en que se crearon unhas e outras. As máis antigas son as Rías Baixas, que datan de hai 110 millóns de anos. Moito máis tarde, fai 24 millóns, xurdiron as Rías Altas e o proceso culminou fai tan só cinco millóns coa irrupción das Medias, cuxa constitución coincide coa formación do río Miño.
Unha ría, polo xeral, fórmase pola inundación do curso final dun río causada polo afundimento do bordo costeiro, por unha subida do nivel de mar ou por ambos os sucesos á vez. A esta hipótese hai que engadirlle agora un novo matiz: en Galicia, o factor determinante que propiciou a súa creación foi a inundación pola subida do nivel do mar por mor da fusión da auga dos polos. E o máis paradoxal é que ocorreu nun momento en que a cortiza terrestre galega estaba a levantarse, un proceso xeolóxico que continúa na actualidade. «Antes pensábase que as rías galegas se formaron porque a costa se afundiu, pero agora se sabe que o proceso decisivo foi o aumento do nivel do mar», di Vidal Romaní.
Rías secas
Na fisionomía da actual costa galega existe outro proceso xeolóxico decisivo que dá resposta á gran pregunta: ¿como é posible que o maior río de Galicia, o Miño, non desemboque nunha ría? A clave está no levantamento da Cordilleira Cantábrica, a cadea montañosa que emerxe ata alcanzar a súa altura actual fai entre 65 e 23 millóns de anos e que, a diferenza do que aínda contan os libros de xeografía, non acaba no triángulo Becerreá-Sarriá-Triacastela, senón que enlaza noutra estrutura tectónica chamada Corredor de Ourense, que chega a Celanova. Alí divídese en dúas ramas: unha que segue paralela á fronteira entre Galicia e Portugal desde a depresión Budiño-Tui ata A Guardia e Camiña, e outra, máis ao sur, desde Lindoso, no Xurés, ata Viana do Castelo. No Corredor de Ourense, a Cordilleira Cantábrica non se levanta, senón que se afunde, o que forma as concas terciarias galegas e provoca o desvío das augas de varios ríos. Así é como se formou o Miño. Só que no tramo final da Cadea Cantábrica, por onde xa corrían o Miño e o Lima, prodúcese un levantamento do continente, o que impediu que ambos os leitos, a pesar do seu gran caudal, puidesen escavar as súas canles e, xa que logo, ser alagados polo mar. Agora coñéceselles como Rías Secas.