sábado, 20 de abril de 2013

Automedicación animal


O pasado 11 de abril publicouse na revista Science un artigo onde expertos en ecoloxía e bioloxía evolutiva analizan a “automedicación” dos animais. A especie humana non é a única que utiliza sustancias farmacolóxicas para previr e curar enfermidades parasitarias. O traballo desvela que esta práctica está máis extendida do que se pensaba. Por exemplo, os elefantes africanos percorren longas distancias para encontrar grutas tapizadas de sal, onde atopan o sodio indispensable para equilibrar o exceso de potasio das follas que consomen; os tigres, entre outros mamíferos, realizan purgas mecánicas con diversos vexetais para combater os seus problemas intestinais; algunhas serpes inxiren ginseng  para cicatrizar mellor as feridas.

O efecto da automedicación fai que as súas respostas inmunolóxicas se reduzan ou eliminen. No caso das abellas, o uso de antimicrobianos nos seus niños fixo que, durante o proceso de evolución, perdesen centos de xenes inmunolóxicos.

O estudo expón varias das consecuencias desta automedicación nos animais, algunhas das cales poden afectar ó ser humano de forma indirecta. Algunhas enfermidades animais poden ser peores se se interfire na súa capacidade para medicarse. O estudo de esta medicación animal pode axudar a descubrir novos fármacos de utilidade, xa que moitas das medicinas modernas derivan de plantas ou produtos naturais.


Fontes de información:

Antía Quintana Gallego, 1º BACH A

El té verde y el café parecen reducir el riesgo de derrame cerebral

Os resultados dunha investigación efectuada en Xapón apuntan a que o té verde e o café poden axudar a reducir os riscos de sufrir un derramo cerebral, especialmente cando ambos os dous son consumidos de forma regular. As persoas investigadas no estudo que beberon diariamente té verde ou café tiveron un risco aproximadamente dun 20 a un 30 por cento menor de sufrir un tipo de derramo cerebral, en comparación cos que consumiron esas bebidas con pouca frecuencia.

Este é o primeiro estudo a grande escala que examina xuntos os efectos do té verde e do café sobre o risco de sufrir derramos cerebrais.

O equipo do Dr. Yoshihiro Kokubo, do Centro Nacional Cerebral e Cardiovascular de Xapón, preguntou a 83.269 adultos xaponeses sobre os seus hábitos de consumo de té verde e café, e mantivo un seguimento desas persoas ao longo dunha media de 13 anos. O equipo encontrou que canto máis té verde ou café bebía a xente, menor era o seu risco de sufrir un derramo cerebral (accidentecerebrovascular ou ataque de apoplexía).

As persoas que bebían polo menos unha cunca de café ao día tiñan un 20 por cento menos de risco de derramo cerebral que os que raras veces bebían café.
As persoas que bebían de dous ou tres cuncas de té verde ao día tiñan un risco un 14 por cento menor de derramo cerebral e as que bebían polo menos catro cuncas tiñan un 20 por cento menos de risco, en comparación cos que raras veces bebían té
.

As persoas que bebían polo menos unha cunca de café ou dúas cuncas de té verde ao día tiñan un 32 por cento menos de risco de hemorraxia intracerebral, en comparación coas que raras veces consumían estas bebidas. (A hemorraxia intracerebral acontece cando un vaso sanguíneo se rompe e sangra dentro do cerebro. Arredor do 13 por cento dos derramos cerebrais son hemorráxicos.)

Os participantes no estudo tiñan entre 45 e 74 anos de idade, había practicamente a mesma cantidade de homes que de mulleres, e non padecían de cancro nin de enfermidades cardiovasculares.

Durante os 13 anos de seguimento, os investigadores revisaron os rexistros médicos hospitalarios e certificados de defunción dos participantes, recompilando datos sobre enfermidades cardíacas, derramos cerebrais e causas de morte. Tamén axustaron os seus resultados para ter en conta a idade, o sexo e factores do estilo de vida como o hábito de fumar, o consumo de alcohol, o peso, a dieta e a práctica de exercicios físicos.

O té e o café son as bebidas máis populares no mundo despois da auga, polo que os resultados desta investigación poderían en principio aplicarse á poboación doutros países.

Non está claro como o té verde inflúe sobre o risco de sufrir derramos cerebrais. Un grupo de compostos coñecido como catequinas podería proporcionar certa protección. As catequinas teñen un efecto antiinflamatorio e antioxidante, incrementando a capacidade antioxidante e os efectos antitrombogénicos do plasma.

O café contén ácido clorogénico, o cal reduce o risco de sufrir un derramo cerebral mediante a diminución das posibilidades de desenvolver diabete tipo 2.

Por suposto, como acontece con calquera produto, un consumo excesivo de café ou té é prexudicial para a saúde, de modo que ninguén debería comezar a beber cantidades inxentes de té ou café. Á parte, hai persoas con alerxias ou outros problemas de saúde aos cales poden non sentarlles ben estas bebidas.


Na investigación tamén traballaron Isao SaitoKazumasa Yamagishi,Hiroshi YatsuyaJunko IshiharaManami Inoue e Shoichiro Tsugane.


O peixe cebra sitúase como o mellor "rato de laboratorio"

O rato levaba moito tempo sendo o rei do laboratorio pero acaba de aparecerlle un novo competidor: un peixiño duns 5 cm de largo con raias lonxitudinais no seu corpo, o peixe cebra ou Danio rerio.  Dúas investigacións publicadas fai uns días en Nature, unha delas con participación española,  confirman a posición deste peixe como organismo modelo: a secuenciación do seu xenoma e o estudo sobre mutacións en máis de 10.000 xenes que favorecerán descubrimentos de curas para innumerables doenzas humanas como o alzheimer, cancro ou deficiencias cardíacas.
Un dos pioneiros do traballo co “zebrafish” foi Christiane Nüsslein-Volhard, Premio Nobel de Medicina en  1995 que publicou un ano máis tarde o tratado funcional do traballo co peixe cebra nun monográfico da revista Development.
                 A bioloxía deste peixe presenta varias vantaxes fronte a outros animais de laboratorio como os ratos, os polos ou as moscas. Ten unha reprodución masiva: pon máis de medio millar de ovos de golpe, o que xera maior capacidade de analizar miles de compostos terapéuticos ó mesmo tempo. Convértese en  embrión en apenas 48 horas, o que posibilita resultados con aforro de tempo. É transparente, o que permite visualizar sen problemas a evolución de experimentos.
                Pero necesita contar cun bo mapa de seu xenoma para consolidarse como candidato perfecto para  organismo modelo. O Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares (CNIC) co investigador español Carlos Torroja, participou no estudio sobre o xenoma do “zebrafish” que se acaba de publicar. Presentase un xenoma de alta calidade que facilita a identificación de mutacións e fai posible a comparación de secuencias mudadas e normais. Agora sabemos que este peixe e os humanos compartimos  un 71% da información xenética e máis do 82% dos xenes responsables de enfermidades. Ben é certo que o peixe comparte menos desenvolvemento xenético cos humanos que os ratos, polo que ninguén pretende descartar ós roedores, senón complementar o seu uso en investigacións máis incipientes.
Organismo fluorescente mutado xenéticamente 
 A outra investigación presenta un catálogo de mutantes que se está desenvolvendo a gran escala nos laboratorios do Instituto Sanger. Trátase de mudar todos os xenes do peixe, un por un, e ver como esa mutación altera a súa anatomía, fisioloxía ou comportamento. Sería como si se fora quitando cada vez unha peza dun coche para ver qué falla e así identificar a súa utilidade. Esta batería de mutantes permitirá crear modelos de enfermidades humanas e os seus correspondentes medicamentos para axudar ás vindeiras investigacións.
Parece que o lema “bo, bonito e barato” levado ó laboratorio cúmprese co zebrafish. 


FONTES DE INFORMACIÓN

viernes, 19 de abril de 2013

O xenoma do peixe que apenas evolucionou en 300 millóns de anos

Durante 300 millóns de anos apenas evolucionou. Non lle fixo falta. Trátase do celacanto africano ('Latimeria chalumnae'), unha enigmática especie de peixe que se cría extinguida desde a época dos dinosaurios ( fai uns 70 millóns de anos) ata que en 1938 se encontrou un exemplar vivo na costa africana. Así, soupose que este peixe seguía habitando os mares do planeta. 
Aínda que nas décadas posteriores encontráronse máis exemplares e describiuse unha segunda especie, o celacanto indonesio ('Latimeria menadoensis'), as poboacións deste esquivo peixe, que pode chegar a medir un metro e medio e habita a profundidades de ata 700 metros, son moi vulnerables e todavía bastante desconocidas para a ciencia.
Agora, un equipo internacional de investigadores secuenciou o seu xenoma, cuxo estudio preliminar confirmou o que moitos científicos xa sospeitaban: os seus xenes evolucionaron máis lentamente que os doutros peixes e vertebrados terrestres. 
Según sosteñen os autores deste estudio, si este peixe evolucionou tan pouco é simplemente porque non o necesitou. A especie que habita na costa oriental africana vive nas profundidades do océano, en zonas estables que cambiaron moi pouco nos últimos milenios.
''Falamos con frecuencia sobre como as especies evolucionaron co paso do tempo. Pero hai todavía algúns lugares na Terra onde os organismos non teñen que cambiar, e este é un desos casos. Os celacantos probablemente están moi especializados nese ambiente extremo no que non se producen cambios", explica Kerstin Lindblad-Toh, investigadora do Instituto Broad do MIT, en EEUU, e unha das autoras deste estudio.
O aspecto do celacanto é moi similar ó de fósiles dos seus parentes de 300 millóns de anos de antigüidade, pero tamén posee características comúns aos tetrápodos, animais con catro extremidades entre os que se encontran os anfibios, os reptiles, as aves e os mamíferos. Tamén contan con aletas lobuladas os dipnoos ou peixes pulmonados. Os científicos cren que os primeiros anfibios con catro patas capaces de salir da agua e sobrevivir na terra evolucionaron a partir dalguna destas especies de peixes con aletas lobuladas. Según sinalan, a secuenciación do xenoma do celacanto mostrou que os peixes pulmonados serían os máis próximos aos tetrápodos e non os celacantos. Sen embargo, o xenoma do peixe pulmonado é moito máis complexo de descifrar que o de celacanto.
Por isto, o xenoma deste peixe, conocido popularmente como un 'fósil viviente' (un término acuñado por Charles Darwin para describir as especies vivas que son moi parecidas a outras que só puideron identificarse a través de fósiles encontrados) está comparándose co de outros animais para averiguar como os organismos acuáticos evolucionaron para adaptarse ó ecosistema terrestre.

Para Jessica Alföldi, coautora tamén deste artigo, o celacanto "non é un fósil vivinte, senón un organismo vivo", pois sobreviviu e reproduciuse, pero o seu aspecto cambiou moi pouco a pouco ó largo de millóns de anos.
Os investigadores tamén sinalan as dificultades que tiveron para levar a cabo este proxecto, que foi posible grazas a colaboración internacional de científicos pertencentes a 20 institucións de 12 países. A escasez de celacantos e o difícil acceso as zonas nas que viven fixeron moi difícil a obtención de mostras para secuenciar o xenoma.
Ó examinar os xenes que os vertebrados perderon cando se adaptaron á vida terrestre, encontráronse interesantes descubrimentos sobre os cambios que se produciran. Por exemplo, no sentido do olfato (segundo as hipótesis, as criaturas que se mudaron do océano á terra necesitaban novas formas de detectar sustancias químicas o seu alrededor) ou no seu sistema inmunolóxico (quizáis como resposta ós novos patóxenos que encontraron no ecosistema terrestre).


Novos planetas por explorar.

Antes que nada…

Como é o traballo científico para localizar exoplanetas, é dicir, planetas alleos ao noso Sistema Solar?
Esta labor realízase dun xeito indirecto, mediante o estudo dos movementos de obxectos diante de estrelas, o que daría pé a pensar que se trate dun novo sistema conformado por un sol e planetas xirando ao redor da súa órbita.
Grazas ao telescopio espacial Kepler, lanzado pola NASA no ano 2009, avistáronse 7 novos planetas, non pertencentes ao noso Sistema Solar pero que poderían reunir condicións moi semellantes ás da vida na Terra. Éstos pertenecen a dous sistemas planetarios distintos, o da estrela Kepler-62 e o da estrela Kepler-69.


Estudando as súas características, descubriuse que a Kepler-62 é unha estrela de tamaño menor ao sol e de orixe más antiga, que podería distar da Terra uns 1200 anos luz e alberga 5 dos planetas na súa órbita, dos cales dous deles (kepler-62e’ e kepler-62f’) encaixarían para ser denominados planetas habitables, debido á posibilidade de conter auga.
O primeiro tería un tamaño dun 60% maior ao da Terra e unha órbita cunha duración de 122 días, mentres que o segundo tería un tamaño dun 40% menor que o noso planeta e unha órbita de 267 días, do que se cree que podería ter tamén unha atmósfera composta por nitróxeno, dióxido de carbono e auga.
A segunda estrela, a Kepler-69, situada a 2700 anos luz alberga os outros dous planetas, (kepler-69c’ e kepler69-b’). O primeiro resulta ser máis grande que a Terra, superando ata nun 70% o seu volume, cunha órbita de 242 días; o segundo, dobra o tamaño da Terra e a súa órbita dura 13 días soamente.

 






Un motivo máis para coidar a nosa saúde.



Xa coñeciamos que o exceso de azucre podía ser moi perxudicial para a saúde, o que quizáis non sabías é que pode producir cancro.

Así o afirman os nosos investigadores españois da Universidade  “Rey Juan Carlos”. Esta relación ven dada a que o consumo excesivo de azucre aumenta a actividade dunha proteína coñecida como b-catenina, íntimamente relacionada coa progresión de tumores, especialmente na zona do intestino delgado, ovarios, mamas, páncreas ou colon. Logo, persoas diabéticas ou con problemas de obesidade sofren ata o dobre de risco de padecer esta enfermidade.
E é que, o coidar a nosa dieta pode previr un de cada tres cancros.


http://www.muyinteresante.es/salud/preguntas-respuestas/iel-exceso-de-azucar-causa-cancer


lunes, 15 de abril de 2013

Os embrións de dinosaurio máis antigos xamais encontrados

Os fósiles des cubertos de máis de 190 millóns de anos de antiguedade conteñen ósos en distinto estado de desenrrolo,cáscaras de ovo e coláxeno.Estas criaturas prehistóricas medraban moi rápido e movíanse antes de eclosionar.


Un equipo internacional de investigadores descubriu en China un estrano tesouro paleontolóxico,os embrións de dinosaurio máis antigos da Terra desde que se ten constancia,según se dí na revista Nature.Os fósiles de entre 190 e 197 millóns de anos de antiguedadde, pertencen a un grupo de sauropodomorfos coñecidos polo seu xigantismo.


Os restos conteñen cáscaras de ovos e ao redor de 200 ósos en distintas etapas do desenrrolo co material orgánico no seu interior.O estudio dos científicos revela que estas criaturas prehistóricas medraban rapidamente e que flexionaban os seus músculos mentras todavía permanecían pechadas no ovo.


O paleontólogo Robert Reisz, da Universidade de Toronto Mississauga, e os seus colegas do Canadá, Taiwán, China, Australia e Alemaña atoparon nun yacemento chinés chamado Lufeng os restos de 20 embrións de dinosauros do Xurásico, algo notable pola súa antigüidade. Ata agora, os embrións máis coñecidos pertencen ao período Cretáceo, que terminou 125 millóns anos despois  de que eses restos foran enterrados e fosilizados.


Os ósos pertencen a sauropodomorfo de  pescozo largo Lufengosaurus, o dinosauro máis común na rexión durante o Xurásico cedo, un adulto xigante pode chegar a oito metros de lonxitude. Os investigadores cren que os ósos viñeron de varios niños con exemplares  de diferentes etapas embrionárias, o que deu ao equipo unha oportunidade rara para estudar os patróns de crecemento. "Esta é a primeira vez que fun capaz de seguir o crecemento dos embrións de dinosauros. Os nosos resultados terán un impacto importante na comprensión da bioloxía destes animais ", di Reisz


Sorprendente  en restos tan antigos  os investigadores descubriron material orgánico dentro dos ósos embrionarios posiblemente fibras colágenas, e tamén anacos de casca de ovo de menos de 100 micras de espesor en bo estado.







Fontes de información:







Pablo Estévez Feijóo 1ºA bachiller 

sábado, 13 de abril de 2013

Un español detrás do proxecto BRAIN: O mapa do cerebro humano


O  investigador español Rafael Yuste, profesor de ciencias biolóxicas e neurociencias da Universidade de Columbia (New York) e co-director do Instituto Kavli para a Ciencia Cerebral, é un dos inspiradores  da iniciativa de investigación neurolóxica que se vai a levar a cabo durante a próxima década co apoio do presidente Obama: O mapa do Cerebro Humano. En xuño do 2012, Rafael Yuste publicou un artigo na revista Neuron, no que sinalaba as bases do apoio deste proxecto, que agora vaise a levar a cabo. “En EEUU unha persoa pode suxerir unha idea, e un ano máis tarde, esa idea chega á Casa Blanca e conta co apoio do presidente” di o científico nunha entrevista recente.
O cerebro humano, con 100.000 millóns de neuronas e 10.000 conexións, é un campo descoñecido para o ser humano; é a única parte do corpo que non sabemos como funciona. Por iso, Barack Obama, o presidente dos Estados Unidos, anunciou a semana pasada que aportará 100 millóns de dólares do presuposto do 2014 para o proxecto BRAIN (siglas en inglés de Investigación do Cerebro a través do Avance de Neurotecnoloxías Innovadoras), defendendo a necesidade de que o Estado aposte pola ciencia e polos investigadores e non perda a oportunidade de investigar e de apoiar iniciativas que teñen a capacidade de mellorar a vida de moita xente.
Este megaproxecto científico unirá as axencias e laboratorios científicos de EEUU e a importantes empresas informáticas, co obxectivo de desenvolver técnicas para rexistrar a actividade completa dos circuítos neuronais. Trátase dun proxecto interdisciplinar no que participarán enxeñeiros, químicos, físicos e neuro e nanocientíficos. Segundo os científicos  que desenvolven o plan, este esforzo promoverá tecnoloxías que permitirán producir imaxes dinámicas do cerebro nas que se poderá ver como as células individuais e os complexos circuítos de neuronas interactúan á velocidade do pensamento.
Segundo Yuste, “é un momento  histórico”. As enfermidades cerebrais, como alzheimer, epilepsia e outros trastornos mentais están estendéndose cada vez máis apresa e non se poden curar porque non se coñece actividade do cerebro. A creación do mapa do funcionamento dos circuítos cerebrais non será unha solución milagrosa para estas enfermidades pero axudará a  paliar estes males. Queda moito que facer e Rafael Yuste está desexando pórse a traballar.

 VÍDEO: entrevista con Rafael Yuste tras el anuncio de Barack Obama




Logrará este mapa acabar cunha das enfermidades máis temidas desta época como o é o alzheimer? En qué consiste precisamente esta enfermidade?

FONTES DE INFORMACIÓN


Iago Rodríguez Peña 1º BACH A

viernes, 12 de abril de 2013

Morre Robert Edwards, o "pai" do primeiro neno probeta

Segundo anunciou a Universidade inglesa de Cambridge, o investigador británico Robert Edwards, Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina no 2010 e pioneiro na investigación na fecundación in vitro (FIV) morreu este mércores 10 de abril aos 87 anos.

Edwards comenzou as súas investigacións sobre fertilidade nos anos 50, que lle levaron a concebir a fecundación in vitro e que permitiu o nacemento de Louise Joy Brown, o primeiro bebé probeta, o 25 de xullo de 1978. Desde entón, calcúlase que en todo o mundo naceron uns cinco millóns de nenos probeta.
Ao longo da súa investigación, o científico británico descubriu como extraer o óvulo do corpo da muller, describiu os períodos nos que o óvulo está preparado para ser fertilizado e desenvolveu finalmente a técnica para que os espermatozoides se activen e fecunden o óvulo.


Edwards desenvolveu primeiro a súa técnica en animais, demostrou despois que o embrión humano podía ser cultivado e, tras a súa implantación, dar lugar ao nacemento dun neno san.

En 1969 Edwards logrou fertilizar un óvulo fóra do corpo feminino. Era a primeira vez que se conseguía. O seguinte paso foi estudar como implantalo no útero da nai. Descubriu os avances no campo da ciruxía de quen, pouco despois sería o seu compañeiro da investigación, o xinecólogo Patrick Steptoe.

O primeiro intento tivo lugar en 1972, pero fracasou na décimoterceira semana de embarazo. A partir dese momento, Edwards e Steptoe decidiron suprimir os tratamentos de hormonas que empregaran ata a data polos problemas que causaban.
Foi en outono en 1977 cando o matrimonio Brown chamou á porta desta parella de científicos: Lesley Brown non tiña trompas de Falopio e precisaba dun "milagre" médico para ter un fillo. Edwards e Steptoe aplicaron os seus últimos avances e o 25 de xullo de 1978 nacía Louise Brown, a primeira bebé probeta.

De feito, Edwards fundou en 1980 a primeira clínica do mundo especializada na fecundación in vitro, na cidade de Cambridge.

Todos os seus descubrimentos trouxeron unha gran polémica pero pese a todo, as súas aportacións mereceron o recoñecemento do instituto Karolinska de Estocolmo, que en 2010 concedeulle o Premio Nobel de Medicina: “Os seus logros fixeron posible tratar a infertilidade, unha condición médica que afecta ao 10% das parellas en todo o mundo”, argumentaba o instituto nun comunicado.

Aínda así, as dudas éticas e científicas que espertaban as súas investigacións entre os seus colegas fixeron que, nun principio, non recibira o apoio financeiro por parte do organismo británico Medical Research Council.


En calqueira caso, modificou por completo a concepción humana, tal como recalcou a Universidade de Cambridge ao anunciar a súa morte: “O seu traballo tivo un inmenso impacto en todo o mundo”, sinala o comunicado, que asegura que morreu “apaciblemente mentres durmía”.

En España en 2010 estimábase que o 3% dos nacementos débense a estas técnicas de reprodución asistidas. Así, colocábase como o terceiro país en Europa con máis tratamentos de fertilidade, segundo o rexistro da Sociedade Española de Fertilidade, so por detrás de Francia e de Alemaña.

E por se queredes ver un debate sobre o que pasaría se non existise a fecundación in vitro, déixovos o enlace dun video que encontrei.


Enlaces:




Paula Meixeiro Calvo, 1º Bach. D

martes, 9 de abril de 2013

Aceite de oliva virxe extra, beneficioso para previr o lupus.

O lupus eritematoso sistémico, ou simplemente lupus, é unha enfermidade autoinmune crónica que afecta ó tecido conxuntivo. Caracterízase pola inflamación e dano de órganos e sistemas debido ó sistema inmunitario. Esta enfermidade pode afectar a diversas partes do organismo, dende ó sistema nervioso, ó fígado ou ás articulacións. Pode producir, dependendo do órgano ou sistema que dane, artrite, erupcións cutáneas, fotosensibilidade, afectación renal, convulsións, psicose, pericardite,… Aínda carece de cura.


Un estudo, levado a cabo por investigadores da Universidade de Sevilla, desvela que, grazas ás súas propiedades, o aceite de oliva virxe extra (AOVE) pode previr o desenvolvemento de enfermidades autoinmunes coma esta. O consumo deste alimento xunto cun tratamento farmacolóxico e terapéutico un tanto complexo, evita o seu desenrolo. O AOVE produce así efecto antioxidante, antiinflamatorio e inmunomodulador beneficioso na nutrición clínica.


A investigación aínda está en proceso. Estanse realizando estudos in vitro con algúns compoñentes do AOVE en células humanas de enfermos de lupus, e in vivo con animais.

Xa dende a Antigüedade o aceite foi empregado para usos medicinais debido as súas propiedades oleosas. Este estudo poderá facernos saber máis dos moitos beneficios que ten este alimento tan propio da nosa dieta mediterránea.


Fontes de información:

Antía Quintana Gallego, 1º BACH A 

Desafío entre enfermidades

O psiquiatra valenciano Rafael Tabarés, xunto co norteamericano John L. Rubenstein  publicaron na prestixiosa revista Science un artículo que dará inicio a un novo modelo crucial no avance da medicina. Fálase da estreita relación de enemistade que pode chegar a existir entre enfermidades nerviosas e o cancro.
Multitude de enfermidades que afectan ao sistema nervioso como o síndrome de Párkinson, o Alzheimer ou a esquizofrenia actúan reticentes a distintos tipos de cancros.
As investigacións levadas a cabo co CNIO( centro nacional de investigacións oncolóxicas) permitiu cruzar bases de datos a escala mundial, demostrando así a contraposición existente a nivel xenético entre as distintas enfermidades. O traballo realizouse a partir de xenes con forte expresión en enfermidades do sistema nervioso pero moi baixa en caso de cancro.

Tabarés engade:“Lo que había visto en estudios epidemiológicos, con miles de pacientes, y había atisbado al analizar el cromosoma 8 es que por separado había genes de susceptibilidad para la esquizofrenia, el autismo o la demencia que, al mismo tiempo, estaban implicados en muchos cánceres”.

Na área dos fármacos, cuestiónase incluso a capacidade dalgunos destos na cura contra o cancro, sendo o caso máis conocido o da aspirina. Ou quizais outros como os antidepresivos, grandes protectores contra o nacemiento de tumores no tubo dixestivo, según se comprobou en experimentación animal.

 http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/04/07/valencia/1365353907_804425.html

Artigo Science:  http://www.nature.com/nrn/journal/v14/n4/full/nrn3464.html










lunes, 8 de abril de 2013

O glaciar Quelccaya, desaparece

Temos, unha vez máis, probas do aumento da temperatura que sofre o noso planeta. Segundo un grupo de científicos da Universidade de Ohio (EEUU) o xeo dos glaciares dos Andes peruanos derreteuse. O que tardou uns 1600 anos en formarse en tan só 25 anos desapareceu, mellor dito, derreteuse.
A desconxelación fixo que nas marxes do glaciar Quelccaya, en Perú, apareceran plantas que se conservaron a medida que hai miles de anos ía avanzando este glaciar. Mediante probas de carbono radiactivo os científicos determinaron a data destas plantas e consecuentemente a historia desta capa de xeo.
Os científicos perforaron a gran profundidade para obter marcadores químicos no xeo que están a analizar e que permitirán coñecer as variacións climáticas ao longo do tempo. Polo momento, o doutor Thompson, especialista en glaciares, afirma que tendo en conta o visto, a terra debeu de atravesar un período no que o clima saía da media establecida e que ese período posiblemente coincidiu coa época da Revolución Francesa a partir do 1789. Así pois cando empezaba unha revolución que trouxo liberdade e igualdade para os homes tamén andaba revolucionado o clima.





Brais Casas Fernández

domingo, 7 de abril de 2013

Os homes, unha especie en perigo de extinción

Un estudo revela que o cromosoma responsable dos xenes masculinos está en proceso de desaparición

Parece ser que unha destacada científica australiana, Jenny Graves, indicou no seu discurso ante a Academia de Ciencias de Australia que o cromosoma responsable dos xenes masculinos está en proceso de desaparición. Sen embargo, engadiu que a boa noticia disto é que o proceso de extinción completa do home como especie tardará uns cinco ou seis millóns de anos máis en completarse.

A clave está no cromosoma sexual masculino e a súa fraxilidade porque por exemplo, o cromosoma feminino X contén máis de 1.000 xenes, ademáis de que as mulleres teñen dous cromosomas deste tipo (XX). En cambio, o masculino Y, nun principio dispoñía do mesmo número de xenes que o seu homólogo feminino. Pero ao largo de centos de millóns de anos destruíuse pouco a pouco, facendo que os cromosomas do home moderno actualmente conten xa con menos de 100 xenes.

Ademais, a experta en xenética, destaca a importancia da presenza dun par de cromosomas do mesmo tipo nas células femininas, xa que permite a substitución dos xenes danados cando é necesario. En cambio, no caso dos homes, ao non existir «compañeiros celulares», cando un cromosoma é danado, o seu reemprazo é imposible.

A pesares de todo, algúns expertos aseguran que a medicina ten aínda moito tempo por diante para enfrentarse a este desafío e conseguir dar coa solución.

Cinco ou seis millóns de anos deberían ser tempo suficiente para que a ciencia chegue a producir unha cura que probablemente se transformará nun premio Nobel», recoñece o profesor Chris Mason, da Universidade de Londres.
Tampouco se sabe como será o futuro da mesma natureza humana. Os expertos cren que os cromosomas poden comenzar a substituírse uns por outros, ou incluso crearíase unha nova especie de home.





Paula Meixeiro Calvo, 1º Bach. D 

sábado, 6 de abril de 2013

Carne máis dura grazas a biotecnoloxía.


Esta nova variante xénica produce un cambio aminoacídico na proteína que incrementa a dureza da carne. En concreto, os animais portadores da nova variante xénica en homocigosis presentan unha carne un 22% máis dura que o resto de xenotipos. 
A aplicación desta nova variante xénica como método de predicción da terneza da carne en bovino está en proceso de rexistro.
As aplicacions potenciais máis destacadas desta investigación son: a eliminación da variante xénica que incrementa a dureza da carne dos animais seleccionados como reproductores e a inclusión nos diferentes catálogos de sementais do xenotipo para estos xenes, incrementando o valor deste semental, e realizando selección asistida por marcadores (MAS) para determinadas liñas de animais. Tamén a certificación dunha carne o producto cárnico máis tenro, ao proceder de animais que non teñen o xenotipo asociado a dureza.

Logran "matar de fame" as bacterias do cancro de estómago.




Mycobacterium tuberculosis y Helicobacter pylori son duas bacterias patóxenas importantes.A primeira e a causa da tuberculosis e a segunda do cancro de estómago. Evitar sua proliferación ao acabar con elas e o que consegueron investigadores españois. Literalmente as "mataron de fame", como explican no estudio publicado na revista ACS Chemical BiologyInvestigadores do Centro Singular de investigación en Química Biológica y Materiales Moleculares de la Universidad de Santiago (CIQUS) demostraron descubrir as claves para "matar" unha enzima crucial na proliferación destas duas bacterias.
Resulta útil pola prevalencia das infeccions e a creciente resistencia aos antibióticos. A prevalencia da tuberculosis e de infeccions, xunto ao creciente problema da resistencia aos antibióticos, provocan un gran interés entre os académicos e a industria farmacéutica a hora de desenvolver estratexias máis eficaces para combatir as infeccions bacterianas. Os científicos, consegueron "engañar" a estas bacterias, evitando o "normal funcionamiento" dunha das enzimas que necesitan para sobrevivir.