domingo, 16 de enero de 2011

Especie: Un concepto moi difícil de definir.

O concepto de especie é un termo moi difícil de definir, esta entidade creada polo home foi definida por primeira vez a finais do século XIX, foi o chamado concepto morfolóxico de especie, pero pouco máis tarde retificárono e impuxeron o concepto biolóxico de especie. O concepto máis moderno deste grupo taxónomico é o concepto filoxenético que di que unha especie é o grupo monofilético máis pequeno con ascendencia común.



Recentemente volveuse a cuestionar a definición de especie debido a estudos realizados sobre uns fósiles humanos. Estes estudos demostraron que o Homo sapiesns cruzouse cos neardentales, e tamén demostrouse que intercambiaron fluidos e xenes cos denisovanos (unha especie da que se descoñecía a súa existencia ata o ano pasado, encontráronse os seus fósiles nunha cova de Siberia). De ambos cruzamentos saíron fillos fértiles, e isto levaría á conclusión de que os neardentales, sapiens e denisovanos serían da mesma especie.







Mamut lanudo.

Pola contra, ao analizar o tanto o ADN do mamut lanudo (extinguido fai miles de anos) e o do actual elefante africano observouse que en realidade non é só unha especie senón, polo menos, dúas. Isto débese a que se o mamut lanudo e o elefante africano son especies, e ata xéneros diferentes os efantes africanos tamén deberían ser dous especies diferentes. Unha de elas constaría dos enormes exemplares que viven na Sabana e a outra, duns exemplares un pouco máis pequenos que habitan nas zoas boscosas. Os seus linaxes separáronse fai 2.5 millóns de anos, ao mesmo tempo que cando se separaron a os elefantes asiáticos e o mamut lanudo, teñen un 98.55% de xenes en común.



Os datos anteriores indícannos as dificultades de chegar a definir definir o termo especie. Este é un debate que non parece ter fin. Para definir unha especie, os científicos, teñen en conta ata 26 criterios, ademais as especies están en continua evolución polo que é moi difícil definir os límites do que abrangue a especie. É dicir, pretendemos buscarlle limites ás categorías, por iso intentamos definir un termo que non se pode definir.



Diferentes científicos consideran os diferentes termos de especie, pero só se sabe que de momento non van a chegar a un acordo, por iso se cre que se debería seguir utilizando o termo de especie aínda que non sirva para tódolos casos.




Editado por Andrea Gerpe Acosta, 1º Bacharelato A

Arrecifes de coral

Os arrecifes de coral son ecosistemas moi valiosos: son fontes de recursos para moitos países, xa que serven de habitat para abundantes especies mariñas de consumo humano con gran importancia económica; provén protección ás costas da erosión, os embates das ondas e os furacáns; son fonte de turismo e neles atópanse unha enorme biodiversidade, con redes alimentarias importantes e complexas.
Un novo proxecto do Zoolóxico de Londres propó resaltar o perigo inminente ao que están expostos os arrecifes coralinos do mundo. Científicos de varios países foron recrutados para investigar estas especies e educar ás comunidades na súa importancia. Os expertos aseguran que accións locais como reducir a contaminación, restrinxir a pesca, pode gañarlle un pouco de tempo a destrucción dos corais. Para salvalos para sempre, necesitaríase dun esforzo de todos os países para reducir os gases invernadoiro, responsables do quentamento dos océanos.



Feito por: Yurema Seara Núñez 1ºB

Un material máis resistente e duro que o aceiro

O aceiro ten unha relación entre a súa dureza e a súa resistencia moi boa. Ai que ter en conta que non podemos encontrar moitos materiales que teñan unha boa relación entre estas dúas características.
Un grupo de investigadores do departamento de enerxía de USA, o Berkeley Lab e o Instituto de Tecnoloxía de California acaban de desenrolar un vidrio metálico cuns niveis de resistencia e dureza impresionantes endexamais vistos.
O vidrio está formado por unha micro-aleación de paladio. Está acompañado por silicio, fósforo, xermanio e prata.
O seu único problema e o seu coste. O fósforo e o silicio non dan moitos problemas pero o paladio, o xermanio e a prata si.


Para mais información


Manuel Lorenzo Tallón 1ºC Bachiller

Arsénico vs.Fósforo. Un dos debates máis controvertidos da ciencia actual e, probablemente, unha das maiores axitacións biolóxicas da historia.




Este complemento á miña noticia debería habelo subido xa fai algunhas semanas; pido sinceiras disculpas a todos os bloggeros e á nosa profesora por tardar tanto. Aínda así, paréceme imprecindíble volver sobre ela para ampliar algúns datos sucedidos despois da súa publicación.

O primeiro que vos pediría e volvérades a ler o meu post sobre esta bacteria revolucionaria. Se recordades fai un mes e medio aproximadamente informeivos de que se acababa de lanzar un auténtico bombazo no mundo bioquímico. Descubrírase unha nova bacteria que era capaz de substituír o fósforo, considerado elemento esencial para que exista vida, por arsénico no seu ADN e vivir con absoluta normalidade. Todo un achado que realmente pode cambiar os principios e bases científicas da vida de pés a cabeza, abrindo as portas a novas hipóteses sobre a súa orixe e a outras formas de vida plausibles no universo.

A investigadora que lideraba o estudo da NASA sobre esta bacteria, Felise Wolfe Simons, demostroulle á revista Science que o seu traballo era correcto, e que tiña probas de que outras formas de vida eran posíbles, así as súas conclusións foron dadas por válidas ao publicarse o traballo o 2 de decembro. Esta noticia tan revolucionaria desatou polémica e a crítica dalgúns membros da comunidade científica. Uns calificaron o estudo de precipitado, outros recoñecían a opción de que puidese vivir en arsénico pero que non demostrara que dependían del, e outros afirman que as mostras de ADN estaban contaminadas e que contaban con suficiente fósforo residual como para vivir.

Moitos científicos, entre eles algúns moi famosos e importantes, publicaron nos seus blogs e noutros medios o seu desacordo. Algúns mandaronlle cartas formais á revista Science onde se esforzaban por probar a falsedade do estudo da NASA.

Os autores da descuberta confiaban no seu traballo e negaronse, en principio, a contestar aos comentarios dos detractores. Crían na calidade e na veracidade das probas que subministraron, así como na competencia dos científicos independentes que revisaron tódolos datos e detalles do estudo de arriba a abaixo. Pero os científicos incredulos, como por exemplo Rosie Redfield, unha destacada microbióloga, calificou ó estudo de FRAUDE e asegurou que a doutora Wolfe Simon e os seus colaboradores eran “malos científicos”. Chegaron ao extremo de criticar aos propios revisores da revista e de afirmar que en breves se retiraría.

Exemplos de diverxencias nas opinións:

- "Agás que falseen os datos, o traballo paréceme convincente"
Ricardo Amils, investigador da Universidade Autónoma de Madrid e do Centro de Astrobiología, colaborador da NASA e experto nas bacterias de Río Tinto (Huelva), un ecosistema similar ao de Marte.

- "Retirarán o traballo en dous meses"
Francisco Rodríguez-Valera, catedrático de microbiología da Universidade Miguel Hernández (UMH) e experto en bacterias de zonas salinas como o lago Mono.

- "O máis grave é que haxa un revisor en Science que pasou este artigo"
Pepa Antón, outra microbióloga da UMH, tamén ten dúbidas: "Presentan datos contundentes, pero seguramente terán que repetir o estudo".

Un editorial, pouco corrente, da revista Nature, principal rival da revista Science, atacaba e censuraba o silencio e o mutismo dos autores do estudo, comentando: "Os científicos teñen que cambiar os seus esquemas mentais para responder as plémicas que xurden en Internet... A tradicional revisión por pares dun traballo antes da súa publicación non é xa a única forma de obter a verdade en caso de opinións dispares". "Unha resposta rápida, aínda que provisional, por parte dos autores ás críticas sería unha reacción mellor, opina a revista. A xenuína realidade é que o debate está e segue máis vivo que nunca en Internet, e que o revoo e axitación aumentan a pasos axigantados. Os días 16 e 23 de decembro saen á luz novos comentarios nos medios de comunicación. Foi entón cando Felisa Wolfe Simon, en nome do seu equipo, decide romper o silencio dicindo que outorgará máis información sobre os experimentos e que permitirá o acceso doutros científicos ás súas probas. Ademais proporcionou como anexo, os métodos de purificación do ADN cheo de arsénico e reafírmase unha vez máis na veracidade do seu estudo. A científica asegurou que todo o traballo sería revisado e que as conclusións serían expostas na seguinte edición da revista Science. Ao final cabe esperar que a veracidade científica se a que gañe, pero ata entón os emisores do bombazo científico terán que soportar e apandar coa suma velocidade de propagación das críticas cibernéticas dos seus detractores.

E vós, que opinades ó respecto? E se todo o establecido ata o momento no campo da bioquímica e da orixe da vida, de súpeto, se vén abaixo? Tamén vós podedes participar neste arduo debate universal. Aquí tedes a palabra!



Eva Rodríguez Casas-1ºBacharelato B.








Para máis información podédevos dirixir ás seguintes páxinas:

http://www.publico.es/ciencias/350929/guerra-abierta-por-la-bacteria-alternativa









sábado, 15 de enero de 2011

Por fin!!!!! Alguen resólveme o lío das medidas informáticas

A Profesora de Matemáticas Cochi González, aclara a confusión no manexo dos Bits e os Bytes no post do seu blog: Bits e Bytes, quilos e quibis.
Tamén é interesante ler a noticia O meu ordenador non coñece a lei


Aquí estou eu moi contenta, a partir de hoxe xa podo falar con propiedade...


Editado por Carmen Cid Manzano

viernes, 14 de enero de 2011

Marie Curie: "A Súper Muller"

Como xa dixemos noutros post, o 2011 é o ano da Química coincidindo co centenario da concesión do Nobel de Química a Marie Curie. Esta muller ten unha interesante biografía que deixa a calquera coa boca aberta. Os seus comezos foron difíciles, o seu sono de dedicarse á ciencia non foi nada doado. Marie naceu en Polonia, naquela época as mulleres non podían estudar, sufrindo toda clase de obstáculos, discriminacións, inxustizas. Marie mesmo pasou fame e frío. Foi unha alumna brillante cunha capacidade de concentración incrible. Cando se foi a estudar a París logrou sobrevivir grazas ós aforros por ter traballado como institutriz en Varsovia, e pola escasa axuda que lle enviaba o seu pai e un irmán. Malia todo isto, rematou Física na Sorbona co número un da súa promoción. Un ano despois, coñecería o seu futuro marido Pierre Curie.
Marie, vivía entregada á ciencia, pudénsose facer rica patentando os seus descubrimentos, pero deixounos a disposición da comunidade científica. O matrimonio Curie anunciou en 1898 o achado de dous novos elmentos: o polonio e o radio, tras pasar catro anos traballando en condicións precarias para desmostrar a súa existencia. En 1903 compartiron con Becquerel o Nobel de Física. Tras chegar a fama e os recoñecementos, Marie ingresou na Academia Francesa, cargos nunca ocupados por mulleres. O seu marido morreu atropelado e Marie herdou a súa cátedra, as súas investigacións levarona a gañar o Nobel de Química en 1911. Ao viaxar a EE.UU foi recibida como se merecía, como unha verdadeira figura. Unha leucemia levouse a súa vida en 1934.

E se aínda non vos quedou claro que Marie Curie foi unha " Super Muller", lede o seguinte, "Marie Curie unha gran muller dez veces":
1. A primeira da súa clase cando rematou aos 15 anos os estudos de bacharelato (1883). Outorgáronlle unha medalla de ouro.
2. A primeira muller graduada en Física na Universidade da Sorbona. Aquel ano (1893) soamente dúas mulleres graduáronse en toda a Universidade de París. Marie foi, tamén, a primeira da clase.
3. A primeira persoa en utilizar o termo radiactividade (1898).
4. A primeira muller en Europa que recibiu o doutorado en Ciencias (1903).
5. A primeira muller en recibir un Premio Nobel de Física (1903). O galardón foille outorgado, conxuntamente co seu esposo Pierre e con Henri Becquerel, polo descubrimento da radiactividade.
6. A primeira muller que foi profesora e xefe de laboratorio na Universidade da Sorbona (1906).
7. A primeira persoa en ter dous Premios Nobel. O segundo sería de Química, en 1911, por preparar o radio e tido sido investigado os seus compostos.
8. A primeira muller que foi membro da Academia Francesa de Medicina (1922).
9. A primeira nai Nobel cunha filla Nobel. En 1935 a súa filla Irene obtivo o galardón en Química.
10. A primeira muller en ser enterrada baixo a cúpula do Panteón por méritos propios (1995).



Feito por María Isabel Limia Pérez 1º Bacharelato B.

Lynn Margulis

En clase estivemos falando da Teoría endosimbiótica e da simbioxénese. Déixovos un enlace a un traballo realizado por unha alumna do curso pasado, no que se recolle unha pequena biografía de Lynn Margulis e un resumo das súas ideas sobre a evolución. Espero que vos axude a coñecer mellor a esta gran científica actual. (Non esquezades pór o son, algún de vós descubrirá a voz marabillosa de Maria Callas).




Se recordades noutro post deste blog xa estivemos a falar desta científica e a realción co noso Instituto
http://acienciatamenecultura.blogspot.com/2010/10/lynn-margulis-con-luis-martinez-costas.html



jueves, 13 de enero de 2011

2010: O ano máis cálido da historia


Así é, o ano 2010 convertiuse xunto co ano 2005 no ano máis cálido que se ten rexistrado dende 1880. O incremento da temperatura da superficie terrestre no ano pasado é de 0,62 grados con respecto de hay 10 anos. Este aumento da temperatura terrestre, que parece tan insignificante, é a proba máis clara da existencia do efecto invernadoiro que algúns cuestionan.


Mario Blanco Cid 1ºA Bach.

A resistencia microbiana crecente







Os antibióticos non son inofensivos xa que poden ter efectos adversos e o seu mal uso pode producir a súa perda de eficacia. Debido a isto é necesario informar a poboación da necesidade de utilizar de xeito racional este tipo de fármacos.


Segundo a Teoría da evolución de Darwin a poboación de bacterias que produce unha infección son todas distintas desde un punto de vista xenético, unha son máis resistentes aos antibióticos que outras. O uso inadecuado destes fármacos, fan desaparecer por selección natural as máis débiles e quedan as máis fortes o que acelera a aparición de bacterias resistentes, algo perxudicia,l sen dúbida, para todo o mundo. Así, arriscámonos a que moitas infeccións bacterianas graves que ata o día de hoxe tiñan curación no futuro non o consigan. Isto é un aspecto que entre todos temos que cambiar, preservando o valor curativo dos antibióticos. O Ministerio de Sanidade e Consumo, consciente deste problema, puxo en marcha desde o ano 2006 unha campaña informativa. O cartel e os spot que aparecen neste post son unha mostras da citada campaña.

O progreso das medidas hixiénicas, a mellor calidade das condicións de vida, as vacinas, os antibióticos, etc fixeron crer, erradamente, que as enfermidades infecciosas desapareceron ou farano axiña. Nada máis afastado da realidade. A sida, a tuberculose, as hepatites C e E, a enfermidade do lexionario, a malaria e a meninxite, entre outras. Este exceso de confianza que nos fai pensar que temos, en concreto, as infecciones bacterianas controladas, son as que estar a dar a cada día maior resistencia aos antibióticos .



Seguindo os consellos que aparecen a continuación poderemos diminuir ou amortiguar este problema:

- Non debemos precipitarnos á hora de tomar medicamentos. Non a automedicación.

- Os causantes de moitas afeccións respiratorias son virus ante os cales os antibióticos son ineficaces e polo tanto só o médico é o indicado para receitalos, no caso de que perciba algún tipo de risco por enfermidades subxacentes ou pola idade, así como para evitar sobreinfeccións.

-Seguir sempre medicación sen saírse das regras, empregando a dose recomendada e os días fixados polo facultativo.

- Non empregar medicamentos que atopemos por casa gardados porque seguramente non se adapten ó que precisamos nese momento, por iso debemos agardar e, se os síntomas continúan, ir ó médico.

-Á hora de compralos, aínda que sexan os receitados, procurar optar á medicación xenérica, posto que non sempre o máis caro é o máis efectivo.

-Sempre que teñamos medicamentos nas nosas casas, debemos gardalos e non telos á vista dos nenos.







Lucía Rodríguez Rodríguez 1ºB

Antibióticos. Cando se deben tomar e cando non.

Definición de "antibiótico" por ABC:


Un antibiótico é aquela substancia química, xeralmente utilizada na Medicina animal e humana e na horticultura, que pode ser producida directamente dun ser vivo ou derivada sintéticamente deste co obxectivo de matar ou impedir o crecemento de certos microorganismos sensibles que causaran unha concreta infección sobre os mencionados organismos.


Cada un de nos temos unhas 100.000 bacterias en cada cm2 de pel saboreando escamas de pel, fluidos e minerais que desprendemos. Os microbios constitúen un 80% do todo aproximadamente, e a maioría non son perxudiciais, outros poden beneficiarnos e só uns poucos son perxudiciais para o home. E por moi poucos que sexan, (un de mil microbios son malignos para o ser humano) son a terceira causa de morte no mundo Occidental.






O problema que nos afecta é o seguinte: a inmunidade destes microbios perxudiciais a un tratamento recurrido, ás veces, innecesariamente: os antibióticos.


¿Que factores inflúen na resistencia aos antibióticos?

Un uso inxustificado e un abuso dos antibióticos leva a que as bacterias xeneren unha resistencia. A fácil dispoñibilidade de antibióticos nalgúns países onde se venden sen prescripción médica fomenta esta resistencia.
Moita xente toma antibióticos fronte a constipados ou gripes, cando o remedio "caseiro" tampoco ven mal de cando en vez. Temos que saber cando debemos evitar os antibióticos, e para iso, coñecer contra que non poden combatir:



  • Infeccións causadas por virus, como os resfriados, a maioría das dores de gorxa, a bronquitis e algunhas infeccións de oído.



Os antibióticos só funcionan cando se trata de infeccións causadas por bacterias, fungos e algúns parásitos. Polo tanto, debemos recurrir a este tratamento, sempre prescrito polo noso médico, cando padecemos alguna infección no seguinte tipo:



  • Infeccións de gorxa, oídos, urinarias, sinusitis, infeccións sépticas por alimentos, das vías respiratorias, etc. Todas as infeccións nombradas, como xa sabedes, serán tratadas con antibiótico porque están producidas por bacterias, tendo que existir evidencias clínicas de que non é un problema vírico.



Polo tanto, é aconsellable acudir sempre a un especialista que nos proporcione evidencias clínicas de que nos atopamos ante unha infección bacteriana, e preferiblemente, ter en conta tamén certas precaucións para outros medicamentos, xa que o abuso de calquera deles tampouco é beneficioso para nos e poderíamos estar tratándonos de maneira incorrecta.









Tamara Fernández, 1ºC

miércoles, 12 de enero de 2011

Un dos obxectos máis estranos do universo é descuberto por " Hubble "

O Obxecto de Hanny, que así nomearon a ese corpo, foi descuberto por o telescopio Hubble en 2007. Trátase dunha estrana e brillante nube de gas verde (isto é debido ó osíxeno ionizado) situada a 650 millóns de anos luz da Terra, que parece flotar debaixo dunha galaxia espiral (que un cuásar no seu núcleo iluminouna como se fora un foco) e que ten o tamaño da Vía Láctea.
Do núcleo da galaxia sae un fluxo de gas que se extende a 300.000 mil anos luz, e que o Hubble mostrou agora que este gas interactúa cunha pequena rexión do Obxecto Hanny, na que se están a formar estrelas, as máis antigas das cales ten dous millóns de anos.
Hanny Van Arkel foi a profesora holandesa que descubriu a estrutura celeste, que agora asiste a presentación das novas imaxes na Sociedade Americana de Astronomía.
Agora crese que o cuásar (buraco negro supermasivo) apagouse ou resultou ocultado polo gas fai uns 200.000 anos tras haber iluminado a estrutura, cuxo brillo pode considerarse o seu eco.
Editada por Lidia Blanco Otero 1º Bach. A

Supermaterial máis resistente do mundo.

Científicos estadounidenses crearon recentemente un novo material fusionando cinco elementos e convertíndoo así nunha especie de vidrio metálico. Falan deste coma o material máis resistente do mundo!


O novo material está composto o 90% de Paladio e o outro 10% está composto por plata, germanio, silicio e fósforo, e esta esencia composta e a que permite que se distinga dos metais normais na súa maleabilidade; a súa estructura non é cristalina, se non máis parecida a do vidrio. Os metais "normais"contan con estructura cristalina que fai que o soportar moito peso os seus electróns de deslicen uns sobre outros, pola contra os metais amorfos son case imposibles de cambiar a forma, cunha estructura semellante a do vidrio pero coa diferencia de que o vidrio agrietase e romper antes de deformarse, e este supermaterial defórmase entes de quebrar. De aquí as súas supercaracterísticas que fan que lle podan chamar supermaterial:
  • A súa fortaleza permítelle soster cantidades de peso que farían caer a calquer outro material.
  • é aínda máis resistente co acero, tanto que podería resistir golpes de enorme intensidade sen tan sequera quebrarse!
Cales serían as súas aplicacións? Estas poderían ser moitas, pero verase reducida a unha polo seu gran inconveniente, o prezo; O paladio xa é de por sí caro, xa que costa ao redor de 15.000 € o quilogramo, pero o super material ronda os 20.000 € ! Polo tanto só se usará para medicina (de momento), para curación de fracturas óseas etc.
Durante o estudo tamén plantearon utilizar o material con aluminio ou ferro, e é posible que nun futuro se desenvolvan novos materiais máis baratos que substituan o aceiro e desgaste menos o noso bolsillo.


Editado por Uxía Rodríguez Rodríguez 1ºBach A

O Tevatron pechará en septembro tras máis de 20 anos

Tevatrón é o acelerador de partículas circular do Fermilab situado en Batavia, Illinois (Estados Unidos). É un sincrotrón que acelera protones e antiprotones nun anilllo de 6.3 km de circunferencia ata enerxías de case 1 TeV, de onde provén o seu nome. Este acelerador competía desde o 2008 co LHC, actual lider indiscutíble da física de altas enerxías, por atisbar o "Bosson de Higgs".

Edificio central de Fermilab, que aloxa no seu soto o "Tevatron"
O Tevatron tiña previsto botar o peche en setembro deste ano. Pero as avarías no LHC desde a súa inauguración en 2008 xustificaban un sprint final ata 2014 para o acelerador estadounidense, segundo o Departamento de Enerxía da EUA(DoE), que financia o proxecto. Pero ao final os criterios económicos impoñeronse sobre os ciéntificos xa que: "o actual clima presupuestario é moi duro e non se atoparon máis fondos", segundo afirma o DoE nunha carta a un dos expertos que recomendaron manter vivo ao "Tevatron".
Para máis información prema aquí

Editado por Brais Gómez García 1ºA

domingo, 9 de enero de 2011

Inesperadas variacións na espectacular "nebulosa del Cangrejo"

A “nebulosa del Cangrejo” é un dos corpos celestes máis fermosos e mellor coñecidos polos astrónomos. Foi descuberta en 1758 como supernova(explosión dunha estrela masiva esgotada), rexistrada polos chinos no ano 1054.
A día de hoxe vese no ceo como un enxambre de filamentos; no seu centro, unha estrela de neutróns superdensa en rotación e emitindo radiación. Ten arredor de seis anos luz de diámetro e atópase a uns 6500 da Terra. En principio sabemos que é moi estable, de feito normalmente é utilizada como punto de referencia para observacións astronómicas de outros obxetos menos previsibles.
Nos últimos meses os astrónomos detectaron destellos de altísima enerxía emitidos pola famosa nebulosa con diferentes observatorios avanzados. Dous equipos internacionais de astronomía explican na revista Science que detectaron catro destellos de raios gamma na normalmente tranquila “nebulosa del Cangrejo” co telescopio Agile (Agencia Espacial Italiana, ASI) no pasado mes de Setembro; nos seguintes días fixérono cos telescopios de raios X Hubble e Chandra, xa que ademais foi similar a outro destello no mesmo lugar en Octubro do 2007. Ningún astrónomo soubo como explicalos.
Outro equipo de astrónomos, liderado por Aous Abdo e con participación dende o noso país, do Instituto de Ciencias del Espacio, informa tamén na revista Science de dous destellos detectados co telescopio especial Fermi: un é o de Setembro do pasado ano e o outro en Febreiro do 2010, no que a emisión de raios gamma incrementouse en un factor catro. Tampouco teñen explicación, pero suxiren que os raios gamma tan enerxéticos poden ser emitidos por radiación sincrotrón que xeran as partículas de máis alta enerxía que se poden asociar cunha fonte astronómica. Os espectaculares e inesperados destellos na “nebulosa del Cangrejo” ofrecen unha oportunidade única para someter a proba a perspectiva xeralmente aceptada da aceleración de partículas e as emisións de alta enerxía.
Hay que ter en conta que os descubrimentos e estudos detallados de destellos de raios gamma no universo abundan nos derradeiros anos grazas a varios detectores específicos que se puxeron en órbita para atopalos e observalos. Pensan que poden producirse un ou dous destellos gamma ó ano no rematente de supernova.



Lucía Rodríguez Rodríguez 1ºB

sábado, 8 de enero de 2011

A táboa periódica en videos



No ano internacional da Química deixovos un enlace moi interesante que nos permite ver unha táboa periódica, cos elementos químicos conectados mediante hipervínculos a vídeos en inglés. Algúns xa están subtitulados en español na lista de reproducción With Spanish subtitles (Español).
Como xa comentamos noutro post a IUPAC modificará a táboa periódica no 2011. Outros fan cousas moi curiosas con ela.

Editado Carmen Cid Manzano

Películas e ciencia



Científicos da NASA e membros da Sociedade Science & Entertainment Exchange fixeron un listado de películas comerciais tendo en conta o punto de vista científico. Entre as peores destacaron: 2012, El Núcleo, Armageddon, Volcano, Reacción en cadena, El Sexto Día, ¿Y tú qué sabes? Y El día de mañana. Entre as mellores destacan:Gattaca, Contacto, Metropolis, El día que la Tierra se quedó quieta, La mujer en la Luna, El enigma de otro mundo, Blade Runner y Jurassic Park.

Irónicamente afirmaron que se debía colocar unha nova advertencia ás clasificacións das películas: "O contido desta película non dana ningunha teoría científica seria".
Deíxovos algúns enlaces onde podedes buscar películas relacionadas coa ciencia:
















Editado por Carmen Cid Manzano

Por que a atmosfera do sol ten unha temperatura tan elevada?

Un grupo de científicos dos Estados Unidos, liderados por Bart de Pontoeu e apoiados pola NASA, observaron como masas de gases a elevadas temperaturas saen disparadas dende a superficie do sol ata a coroa (atmosfera do sol), a unha velocidade moi superior ós 100 quilómetros por segundo e que desaparecen en moi pouco tempo.
No 2007 suxerírase a existencia desas masas, denominadas espículas solares, que se movían a gran velocidade, o que lles proporcionaba elevada temperatura, pero non se observaran directamente. Esto foi posible grazas ó telescopio espacial Solar Dynamics Observatory da NASA, lanzado en febreiro do pasado ano, e ó satélite xaponés Hinode, lanzado no 2006.

Para máis información click aquí.

Editado por Natalia Cid, 1º B

Pensos contaminados con dioxinas en Alemaña

Máis de 4.700 granxas foron pechadas en Alemaña, despois de descubrir que os pensos cos que están a alimentar os animais están contaminados con dioxinas. A dose de dioxinas que contiñan eran ata 78 veces superiores ao permitido, segundo os expertos: un total de 58,17 nanogramos, fronte aos apenas 0,75 permitidos pola lei.Os análises realizadados por un laboratorio independente detectou a contaminación en marzo do 2010 pero Goberno alemán asegurou que non tivo coñecemento do feito ata decembro. Ata o inicio desta semana non foi feito público o problema, que afectou 3.000 toneladas de alimentos en todo o país.


As granxas adquiriron pensos contaminados con aceites industriais non destinados ao consumo animal ou humano e que contiñan dioxínas, compostos químicos obtidos a partir de procesos de combustión que implican ao cloro, e que constitúen unhas das substancias máis tóxicas e cun alto potencial canceríxeno para o ser humano
Para mais informacion:

Feito por: Érika López Carballo 1ºBacharelato A

viernes, 7 de enero de 2011

Xenes para saber o cor do cabelo

Segundo a revista Human Genetics realizáronse uns experimentos que afirman que coa información do ADN pódese determinar cunha gran probabilidade, superior o 90 % se unha persoa ten o pelo negro ou se é pelirroxa e cunha probabilidade dun 80% en rubios e castanos; para realizar este experimentos abonda cunha pequena mostra de sangue, saliva, espermatozoides ou outros materiais biológicos utilizados polos forenses.
Poder coñecer a cor do cabelo a partir do ADN mostra un gran avance porque ata agora tan so os pelirroxos se podían detectar con unha simple análise.
Agora os forenses xa poden determinar a coloración do cabelo basándose en tan so 13 marcadores de 11 xenes, esto permite os investigadores coñecer a cor do cabelo de calquera persoa.
Estes experimentos tan so se realizan co pelo da cabeza pero esperan conseguir o mesmo ca cor do vello corporal, aínda que anteriormente os investigadores xa traballaron para poder determinar a cor dos ollos e ata saber a idade dunha persoa a través do ADN.


Lorena Yáñez López 1º A

Pequenos cambios na imaxe do blog

A cabeceira dedicada ao ano da Biodiversidade, celebrado no 2010, foi substituida por unha imaxe que expresa unha Ciencia máis global.

A declaración de 2011 como Ano Internacional da Química é unha iniciativa da IUPAC (Unión Internacional de Química Pura e Aplicada, nas súas siglas en inglés) e a UNESCO. O ano 2011 coincide co centenario do Premio Nobel de Química outorgado a Marie Curie e da fundación da Asociación Internacional de Sociedades Químicas.
O Lema é “Chemistry: our life, our future” (Química, a nosa vida, o noso futuro) e os seu obxectivos son: incrementar a apreciación pública da Química como ferramenta fundamental para satisfacer as necesidade da sociedade, promover o interese pola Química entre os mozos, e xerar entusiasmo polo futuro creativo da Química para mellorar a sustentabilidade dos nosos modos de vida e para resolver os problemas globais e esenciais da Humanidade, como a alimentación, a auga, a saúde, a enerxía ou o transporte.



2011 Ano Internacional dos Bosques. Esta celebración resultará útil para tomar maior conciencia de que os bosques son parte integrante do desenvolvemento sostible do planeta debido aos beneficios económicos, socioculturais e ambientais que proporcionan. Con este fin, promoverase a acción internacional en pos da ordenación sostible, a conservación e o desenvolvemento de todo tipo de bosques. No seguinte enlace podemos oir o son do bosque.

Editado por: Carmen Cid Manzano

Maduros ou non tanto?

Detrás da «síndrome de Peter Pan» quizais non exista só unha persoa caprichosa ou unha personalidade pouco formada, senón que pode esconderse unha explicación neurolóxica. Científicos británicos aseguran que o cerebro humano continúa desenvolvéndose despois da infancia e a puberdade, e que non alcanza a súa madurez completa ata os 30 ou 40 anos. Esta investigación, contradín as actuais teorías que apuntan que o cerebro madura moito máis cedo.

A codia prefrontal, que se encontra xusto detrás da fronte, é, segundo os científicos, a área do cerebro que experimenta maior período de desenvolvemento. É a parte do cerebro «que nos fai humanos», xa que existe unha estreita relación entre este área do cerebro e a personalidade. Os escáneres cerebrais mostran que que esta continúa cambiando a súa forma ata ben entrados os 30 ou os 40 anos. Para Blakemore, a investigación podería explicar por que os adultos ás veces se comportan como adolescentes, teñen mal humor sen vir a conto ou rabechas cando non se saen coa súa.
Aquí deíxovos un vídeo moi interesante sobre o funcionamento do cerebro.




Feito por María Isabel Limia Pérez 1º Bacharelato B

jueves, 6 de enero de 2011

Comeza o funcionamento dun novo "telescopio" que pretende atopar neutrinos.

Despois de 10 anos de traballo, por fin, o pasado 18 de decembro puxéronse os derradeiros 86 fotodetectores o que daba por finalizado este “telescopio” de neutrinos IceCube Neutrino Observatory.
Este xigantesco “telescopio”, que ocupa ao redor de un quilómetro cúbico, sitúase a 1.400 metros por debaixo da superficie do xeo do Polo Sur. O aparato ten que estar a tanta profundidade para que o seu funcionamento non se vexa alterado por outras radiacións existentes. Os encargados do seu deseño e construción foron científicos de Bélxica, Estados Unidos, Alemaña e Suecia, este dispositivo será dirixido pola Universidade de Wisconsin-Madison e a National Science Fundation.
O obxectivo de este aparello é conseguir detectar a “radiación de Cherenkov”(tamén chamada Luz Azul). Esta radiación prodúcese cando os neutrinos chocan contra os átomos de xeo. Estas partículas, os neutrinos, son producidas polo Sol, os buratos negros e as supernovas. Ademais, estas partículas son case imperceptibles, xa que apenas interactúan ca materia, porque a pesar de que cada segundo trillones de elas atravesan a Terra, rara vez chocan con algún átomo debido á súa pequenísima masa (un pouco menos dunha milmillonésima parte da masa dun átomo de hidróxeno.
Deíxovos tamén aquí un video do proxecto, está en inglés pero pódese ententer o máis esencial.




Editado por: Andrea Gerpe Acosta. 1ºBacharelato A

O 2010 nunha imaxe


Poderíase resumir todo o ano 2010 nunha imaxe?
A imaxe da fotografía anterior foi tomada en Hungría, pero realmente non se trata dunha soa fotografía senón dun conxunto de 36 imaxes tomadas dende o mesmo lugar nun vencindario húngaro de xaneiro a decembro.
Na instantánea, percíbese un analema, que é a curva que describe a posición do Sol no ceo. Esta imaxe é moi dificil de conseguir polo tempo e a precisión que require. En todo o mundo só vinte persoas chegaron a unha conclusión semellante.
O Sol debuxa esta forma de oito durante o ano pois a Terra xira nun eixe lixeiramente distinto ao da nosa estrela e nunha órbita elíptica.
O punto máis alto do analema prodúcese durante o solsticio de verán e o máis baixo no do inverno.
Información:


Tatiana Nespereira Campuzano 1ºB

Así será a ciencia en 2011

Espazo: este ano será o último ano de servizo dos transbordadores de EEUU, os Shuttle. Por agora, o seu único sucesor son as naves rusas Soyuz rusas. EEUU e outros países pagan máis de 50 millóns de dólares por cada asento en una soyuz para levar astronautas á ISS. Pero a empresa Space X que dirixe un estadounidense demostrou que as súas cápsulas Dragon poden entrar en órbita e regresar a Terra. Este magnate o que pretende é acercarse a ISS e intercambiar comunicacións con ela.

Sida: o 2011 non traerá a ansiada vacina contra o sida, pero pode que se descubra algún dos talóns de Aquiles do virus que permita deseñar una vacina eficaz. O que si traerá é a confirmación de que os antirretrovirales poden usarse na prevención nas persoas sans.




Aceleradores: cal será o acelerador que consiga atopar o Bosson de Higgs? será o LHC ou seu competidor, o Tevatron de Batavia (EEUU). El Tevatron, se EEUU non o evita con máis diñeiro, deixará de funcionar a finais de 2011. O LHC tiña previsto un parón para a mesma data. A loita entre as dúas institucións por chegar antes a resultados é a razón de que os responsables do LHC decidan a finais de xaneiro, se o LHC segue operativo ata finais de 2012 para esgotar todas as posibilidades de gañar o duelo.

Células nai: a compañía encargada de facer os ensaios é Advanced Cell Technology (ACT). Intentaran estudar o posible beneficio das células nais, embrionarias e diferenciadas.

Vida artificial: Craig Venter non logrou convencer a comunidade científica de haber xenerado vida artificial, por iso en 2011 intentará convencer aos seus colegas coa creación dunha fornada de superbacterias. Científicos españois aventuran que conseguirá bacterias productoras de hidróxeno para biocombustibles ou microorganismos modificados capaces de descontaminar substratos de petróleo, ou que produzan algunha molécula orgánica para uso terapéutico.

Cancro: aínda que a cirurxía seguirá xogando un papel importante na oncoloxía o ano que comeza identificaranse novos biomarcadores que sinalarán os pacientes aptos para novos fármacos. Tamén será o ano en que se mellorarán as técnicas de imaxe, que non só servirán para pescudar onde están os tumores, senón as súas características.
Astronomía: en febreiro publicarase una tanda das novas observacións do telescopio Kepler da NASA, un dos cazadores máis precisos de planetas fora do sistema solar. Seguiranse buscando planetas habitables semellantes a Terra.


Mellores fármacos:
O sintrom, un anticoagulante usado por millóns de persoas en todo o mundo, dará a paso a tres novos tratamentos cunha eficacia similar, pero que non requiren dos engorrosos controis periódicos.
Outro cambio notarano os afectados de esclerose múltiple, que poderán seguir o seu tratamento vía oral en lugar de inxección, mellorando a súa calidade de vida.
No campo das enfermidades mentais, espérase que se estableza un biomarcador que diferencie os problemas de memoria típicos da idade coas demencias como o alzhéimer, para adiantar o tratamento.

Ariana Pascual Sas 1ºBacharelato C

O futuro da exploración de Marte.





Un novo vehículo deseñado pola NASA sorprendenos novamente pola súa complexidade. Este vehículo (chamado Curiosity) é o próximo vehículo que explorará a superficie de Marte a finais deste ano. Con case tres metros de longo, o novo vehículo estase acabando de montar en California é trátase dun dos prototipos máis complexos deseñados pola NASA. Entre outras innovacións coas que conta o vehículo, destaca o poder analizar a composición do chan e das rochas da superficie de marte grazas a un láser incorporado, vaporizando pequenos anacos de rocha, e analizando os atomos estimulados polo haz. Curiosity lanzarase entre o 25 de novembro e o 18 de decembro deste ano, chegando a Marte en Agosto de 2012. Veamos unha sinxela animación que nos mostra o funcionamente deste impresionante vehículo:








Mario Blanco Cid 1ºA Bach.


miércoles, 5 de enero de 2011

1.000.000 ou 1 000 000?

A dúbida hai que solucionala coa lei, neste caso a lei de medidas, a última promulgada en España é un Real Decreto de Decembro de 2009. Esta e outras dúbidas resólvenolas a profe de matemáticas Conchita González nun post do seu blog Dousferrados.


Con permiso de Conchita e en recordo de Begoña
(dúas magnificas mestras)

Selección artificial, selección natural.

Ave prehistórica que empregaba o seu corpo como un mangual

Foi achada unha ave prehistórica que viviu en Xamaica fai 10.000 anos que empregaba o seu corpo como un mangual ( arma medieval composta por una bola de ferro atada cunha cadea a un mango de madeira).



O tamaño da ave era algo maior ó dunha pita e a súa anatomía era similar á dos actuais ibis, cun cuello largo e pico curvado. A súa gran diferenza era que as súas ás eran moita mais longas que as da maioría das aves voadoras, e na práctica, funcionaban como dous paus unidos por unha boneca moi flexible, como se foran uns nunchacos( arma de artes marciais) balancenado os ósos do seu brazo e golpeando ós seus inimigos cos grosos ósos da súa man.

O principal autor do achado,Nicholas Longrich,dixo que era o armamento máis especializado desenrolado por unha ave que viu nunca.


Editado por Lidia Blanco Otero 1º Bach. A


Richard Dawkins. Evolucion vs deseño intelixente


O documental seguinte ten unha veintena de anos, nel, Richard Dawkins, explica a teoria da evolución de Darwin e contesta, dun modo rotundo, aos partidarios do creacionismo, o que agora vén a chamar Teoría do deseño intelixente.
Richard Dawkins (26 de marzo de 1941, Nairobi, Kenia), é un etólogo británico, zoólogo, teórico evolutivo e divulgador científico. É titular da «cátedra Charles Simonyi de Difusión da Ciencia» na Universidade de Oxford.


A continuación tedes tres documentais que Richard Dawkins guionizou coincidindo co 150 aniversario da publicación da obra mestra de Darwin, A Orixe das Especies. Richard Dawkins presenta unha mirada máis recente a Darwin e a súa revolucionaria teoría da evolución por medio da seleccion natural. Nesta magnífica serie, Dawkins explica quen foi Charles Darwin, como desenvolveu a súa teoría, de que se trata e por que é esencial. Relata como Darwin cambiou para sempre a forma en que nos vemos a nós mesmos, ao mundo e ao noso lugar nel, e demóstranos que a evolucion é un feito, apoiado por probas irrefutables.



Entrada relacionada neste blog e outra