lunes, 11 de abril de 2011

O Universo Mecánico




Hoxe gustariame falar un pouco sobre unha gran serie de documentais chamada '' O Universo Mecánico ''. Consta de 52 vídeos de 20 minutos que presenta a física ao noso nivel de estudos. Os temas van dende a gravitación universal ata a mecánica cuántica.
Cada vídeo está baseado nas clases do CALITECH ( Instituto Tecnolóxico de California)e o Intelecom-Instituto de Telecomunicacións Intelixentes) Inclue animacións e dramatizacións para darlle un punto de vista máis pedagóxico. A serie é recoñecida como un ABC da Física pedagóxica.
Podedes empregar os capítulos como unha axuda para as clases de Física. A continuación deixarei algúns enlaces para poder velos:




Capítulo 2: A lei da caída dos corpos.
Este capítulo fálanos da loita de Galileo contra a idea aristotélica de que todos os obxectos caen segundo o seu peso, para formar as primeiras ideas da mecánica clásica. Aparecerán conceptos como a velocidade e a aceleración que nos ensinarán a calcular coas determinadas ferramentas matemáticas.
http://www.megaupload.com/?d=3A6BU0MG
http://www.megaupload.com/?d=8N789KL6

Capítulo 3: Derivadas
Ensinaránnos a definición de derivada teórica e as habilidades prácticas, como se calculan e as reglas que nos permiten interpretalas.
http://www.megaupload.com/?d=1LE34KQN
http://www.megaupload.com/?d=QQRVUGTX

Capítulo 4: Inercia
Matemáticos como Galileo estudiaron a inercia e acabaron desenvolvendo dita lei, que di que todos os corpos tenden a permanecer no seu estado de movemento, mentres non se apliquen forzas sobre eles.
http://www.megaupload.com/?d=HRFYQYPV
http://www.megaupload.com/?d=7L6SFPSV
Capítulo 5: Vectores
Neste capítulo explícase o sistema vectorial e a súa utilización como sistema de referencia, debido á necesidade dos matemáticos de explicar onde e como se aplicaban as forzas, velocidades...

Son un total de 52 documentais dos que podedes obter información e unha descarga directa aqui:
http://webdescargadirecta.blogspot.com/2010/05/universo-mecanico.html
Juan Ozaita Corral 1º Bacharelato A

Explicar o que ocorreu en Fukushima a miña nai


Atopei no Blog de Arturo Quirantes Sierra, profesor de Física da Universidade de Granada, unhas explicacións claras, concisas e sinxelas para a súa nai, do que sucedeu na central de Fukushima, deisovos os enlaces:


Física para mi madre 1 - El reactor nuclear
Física para mi madre 2 - El 11 de marzo
Física para mi madre 3 - La situación actual


Carmen Cid Manzano

Enerxía nuclear a debate


Editado por Noelia Sanz

domingo, 10 de abril de 2011

O cambio climático ameaza ao 58% das especies protexidas en Europa


No ano 2080, o 58% das especies, de vertebrados terrestes e plantas Europeas poderían perder as condicións climáticas para subsistir. Analizaronse o 75% de vertebrados terrestres e o 10% de plantas, para saber a súa conservación. Observouse que estes cambios afectan a mais da metade das especies (un 63%) e que as áreas protexidas conservan mellor as especies fronte aos efectos do cambio climático, pero a rede Natura 2000 é máis vulnerable e podería perder máis especies.


As áreas montañosas, os vales encerrados e as liñas de auga desempeñan un papel fundamental na adaptación da biodiversidade ao cambio climático. Ao proporcionar gradientes de temperatura e humidade facilitan a adaptación das especies mediante movementos de curta distancia que son máis factibles e menos arriscados que as migracións continentais. Europa é a rexión coa maior rede de conservación do mundo.


O obxectivo da rede é asegurar a supervivencia da biodiversidade. As conclusións apuntan á necesidade de designar novas áreas de protección tras un proceso de revisión e reclasificación das xa existentes. Ademais, os expertos suxiren mellorar os sistemas de xestión da paisaxe para facilitar o desprazamento das especies entre as áreas de conservación.



Para máis información:

http://www.elmundo.es/elmundo/2011/04/08/ciencia/1302288423.html


Feito por: Yurema Seara Núñez 1º B

Necesitamos a vosa axuda, canto antes.
























Que logo gústavos máis para o blog? Esperamos os vosos comentarios, canto antes ( o derradeiro día será o día 14 de abril). Elixiremos o que máis vos guste.


Lily Villar White. 1º Bacharelato A

Bostezo en chimpancés.

O ser humano non é o único primate que bosteza, no caso dos chimpancés este acto, non é debido ao sono ou o aburrimento, senon que pode ser unha conexión social entre os individuos. Esto dedúcese dunha investigación da Universidade de Emory en EEUU. Este estudo podería axudar aos cientificos a entender se a empatía está detras do bostezo, tanto en humanos como en simios e se isto se consolida ou debilita. No caso dos chimpancés demostrouse que estes bostezan máis cando algún "familiar próximo" o fai o que pode ser consecuencia de que entre eles hai moita empatía. Os investigadores estudaron 23 chimpances adultos que foron separados en dous grupos e veron varios videoclips curtos. Durante o tempo que durou o experimento os animais bostezaban máis cando veían que o facían os membros do seu grupo, e non os doutro. Casualidade ou empatía? Haberá que facer máis investigacións para averigualo. Noticia completa

Coral Real Llamas. 1º Bachillerato B

sábado, 9 de abril de 2011

No 2013 podería chegar a Europa a vacina contra a nicotina


Unha década máis tarde dende que se comezara a probar con ratos, un portavoz do Instituto Nacional sobre o Abuso de Drogas (NIDA) de EEUU publicou onte que a primeira vacina contra a nicotina podería chegar a Europa no ano 2013, esta vacina coñecida como NicVax provoca que o sistema inmunitario fabrique anticorpos para que se unan no sangue coa nicotina e impidan que esta pase ao cerebro.
Polo de agora esto tan só foi eficaz en animais e en humanos que realmente queren deixar de fumar cun gran apoio médico; os expertos levarán a cabo en EEUU probas con aproximadamente uns 2.000 pacientes para determinar a súa eficacia malia que teñen numerosas esperanzas en que sexa un gran descubrimento. Esta vacina tan só terá resultados positivos nas persoas que queiran deixar de fumar polo que non impedirá que os adolescente se volvan adictos a nicotina.
Detrás de toda esta investigación invertíronse aproximadamente uns 14 millóns de dólares, esta gran inversión merecerá a pena se a vacina logra ter a eficacia que se espera.
En en España cada dez minutos morre unha persoa a causa das consecuencias de fumar tabaco. Esta droga, como tamén sucede coa cocaína, aumenta os niveis de dopamina o que incrementa unha sensación de placer no corpo. Non credes que se realmente esta vacina é eficaz esto sería un gran descubrimento?

Para máis información: Aquí


Lorena Yáñez López 1º A

Factor clave para un posible método de autocontrol da ansiedad




Por que algunhas persoas preocúpanse polos temas máis triviais mentres que outras permanecen en calma ante unha calamidade? Un equipo de científicos identificou dous factores diferentes na nosa circuitería cerebral que explican por que algunhas persoas son máis propensas á ansiedade.
O descuberto nesta investigación pode abrir o camiño cara a un tratamento mellor orientado dos trastornos de ansiedade e medo crónicos. Tales trastornos afectan a moita xente no mundo; só en Estados Unidos son polo menos 25 millóns de persoas. Os síntomas inclúen ataques de pánico, fobias sociais, comportamento obsesivo-compulsivo e trastorno por tensión post-traumática.
Os autores do estudo, da Universidade de California en Berkeley, e da Universidade de Cambridge, descubriron dúas rutas neurales distintas que desempeñan un papel nos procesos que conducen a que desenvolvamos un medo ou o superemos.
A primeira ruta neural baséase na hiperactividade da amígdala, unha rexión cerebral que acolle os reflexos psicolóxicos primitivos de alarma vinculados ao instinto de supervivencia, que nos levan a fuxir ou a loitar para defendernos. A amígdala intervén no desenvolvemento de fobias específicas.


A segunda ruta neural baséase na actividade da cortiza prefrontal ventral, unha rexión cerebral que nos axuda a superar os nosos medos e preocupacións. Algúns suxeitos de estudo foron capaces de mobilizar a súa cortiza prefrontal ventral para reducir as súas reaccións de medo mesmo mentres aínda estaban a ocorrer os sucesos negativos, segundo descubriuse no estudo.
Este último achado é importante porque suxire que algunhas persoas poden ser capaces de usar esta parte do cerebro para regular as súas reaccións de medo, mesmo mentres viven as situacións que lles asustan ou como mínimo estresan.
A psicóloga Sonia Bishop, da Universidade de California en Berkeley, e o seu equipo, cren que se ás persoas que non contan cunha boa capacidade natural para lograr a citada autorregulación coa cortiza prefrontal ventral, puidésellas adestrar ata que fosen capaces de facelo, esta podería ser unha vía útil para axudar a quen padecen de ansiedade crónica, así como a quen están expostos a situacións perigosas ou estresantes durante longos períodos de tempo.


por: Antía Arias García 1ºB

viernes, 8 de abril de 2011

O cambio climático e a escasez de auga en 2050






As cidades dos países en desenvolvemento terán uns 3.000 millóns de persoas máis en 2050 que na actualidade, e deles, mil millons sufrirán falta de auga. A presión demográfica será a principal responsable pero tamén o posible cambio climático no que estamos inmersos, influirá aínda máis.


Os investigadores, de varias institucions e universidades estadounidenses liderados por McDonald , explican que non han abordado neste traballo o problema da calidade do agua doce nas cidades ni das infraestructuras necesarias para garantizar o seu subministro. Tampouco se extenden sobre os impactos ecolóxicos da presión hídrica, pero recordan que terá efectos negativos en especies de auga doce, por exemplo nos ríos de India, onde o proceso de urbanización é moi rápido e o nivel de endemismo dos peixes é notable.


O estudo fixose combinando modelos de crecemento demográfico, según varios escenarios de futuro, con proyeccions de cambio climático, onde se tivo en conta tamén a dispoñibilidade de auga nun radio de cen kilómetros das cidades, o que atenúa a presión, pero exise planificar o transporte e subministro con infraestructuras adecuadas.



En canto os efectos ecolóxicos, é difícil predecir cántas especies estarán en perigo pola presión hídrica crecente nas cidades. Só na cunca mediterránea, sobre a que se fixeron alguns estudios, contabilizáronse que máis da metade das 253 especies endémicas de peixes están críticamente ameazadas, en perigo ou son vulnerables, debido, en parte os impactos negativos da excesiva urbanización nas costas do Mediterráneo.
Enlaces
McDonald e os seus colegas recomendan a planificación de infraestructuras ante este gran reto da escasez do agua nas próximas décadas. Tamén recordan que a agricultura é o maior consumidor de agua doce no planeta e que calquera mellora na eficiencia pode supor un aforro importante.

Noelia Vila Seijas 1ºC

jueves, 7 de abril de 2011

Estado do planeta 2011


Traballo realizado por Miguel García Pena 1º Bacharelato C

Créase o primer ollo embrionario


Un equipo de científicos xaponeses logrou, por primeira vez, crear un ollo embrionario a partir das células nai dun rato (espero que todos lembredes ó que son as células nai e de onde se obteñen). O traballo está publicado en Nature.

Os científicos cultivaron nunha placa petri grupos flotantes de células nai embrionarias de tecido de retina de rato e comprobaron como se organizaron nunha rede tridimensional a partir da cal se desenvolve a retina durante a embrioxénese (formación do embrión a partir do cigoto).
Os investigadores mostráronse sorprendidos ao observar como as células, aínda que ao principio desordenadas, conseguiron autorregularse para dirixir o seu destino celular. «As células fixeron o traballo elas mesmas, sen ser empurradas», explica o director do traballo, Yoshiki Sasai, do Centro Rieken de Bioloxía do Desenvolvemento de Kobe.
O avance abre a porta á creación de células nai aptas para a reparación da retina, o que permitiría actuar fronte a enfermidades como a retinite pigmentaria, que adoita conducir á cegueira. Queda, non obstante, un longo traballo por diante, aínda que Sasai expresou o seu convencemento de que «non» pasará moito tempo antes do seu uso clínico experimental».


Editado por María Isabel Limia Pérez 1º Bacharelato B
Fontes e aquí e aquí.

miércoles, 6 de abril de 2011

martes, 5 de abril de 2011

Diminución da capa de ozono nun 40% no Polo Norte


O mes pasado a diminución da capa de ozono no Polo Norte foi dun 40%, un fenómeno nunca visto en tan pouco tempo, podese dicir que é un record.
Iste record na capa de ozono é debido a un fenómeno chamado "vértice polar". Consiste en fortes ventos que aislan a masa atmosférica sobre o Polo e impide que se xunte co aire procedente de latitudes medias, producindo temperaturas moi frías e persistentes, o que provoca unha importante destrución da capa de ozono.
O problema disto non é só a alta porcentaxe de destrucción de capa de ozono, senón tamén o impacto que terá este fenómeno cando as masas de aire pobre en ozono se despracen unha vez que suban as altas temperaturas co avance da primavera.
A CNRS( Centro Nacional de Investigacións Científicas) resalta un maior imcremento da destrución da capa de ozono se fai 24 anos non se houbera firmado o protocolo de Montreal que limita o uso de aerosoles, un dos grandes colaboradores na súa destrución xa que estes gases a 80ºC baixo cero convértense en nocivos para o ozono, temperatura habitual na Antártida, xa que son extremadamente baixas cada inverno.



Tª Ártico cando comezou a diminuir o ozono
Lidia Blanco Otero 1º Bac. A
Para máis información: click aqui

A inventora española das 448 patentes





A doutora Celia Sánchez-Ramos (Zaragoza, 1959) é una investigadora atípica en España, é profesora da Universidade Complutense de Madrid (UCM) dirixe unha corrente de científicos que utilizan as patentes como a mellor forma de promocionar e difundir os seus descubrimentos. A científica con 448 patentes, aspira ó Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica e xa galardonada co “Gran Premio de Invención de Ginebra” sendo a primeira española en conseguilo; moitas destas patentes son internacionais, e mantelas non é barato, a súa concesión oscila en España entre 600 e 1000 euros e a súa expansión internacional entre 30.000 e 50.000 euros.

Segundo Cecilia: "Os nosos científicos non están rezagados na investigación, só nas patentes" e "Patentar non é só unha forma de obter diñeiro e poder seguir investigando, senon tamén de facer publico e difundir un traballo”
Sánchez-Ramos foi nomeada Mellor Inventora Internacional pola Organización Mundial da Propiedade Intelectual en 2009 e está convencida de que publicar traballos en forma de patente é tan válido como facelo nunha revista científica.

O seu traballo
A científica centra o seu traballo na área de ciencias da visión, é doutora de medicina preventiva e salud pública, licenciada en farmacia e diplomada en óptica e optometría. Fundou o laboratorio de neuro-computación e neuro-robótica da UCM.
Basase en experimentos sobre a protección do sistema visual para prevenir a dexeneración muscular cuxa patente esta concedida en 60 países
Sengundo Cecilia: “ Temos os ollos expostos a luz mais de 6000 horas e é necesario previr a perdida de visión a través de distintas fórmulas”
Entre os seus avances no área de Ciencias da Visión destaca a patente das lentes de filtro óptico amarelo

Feito por Iván Gallego Gómez 1º Bacharelato A

lunes, 4 de abril de 2011

Seleccionados para o I Congreso de Educación Ambiental dos centros de ensino de Ourense sobre cambio climático


O cambio climático é hoxe o maior reto ao que se enfronta a nosa sociedade, e os seus efectos xa están confirmando a máis dura das previsións tanto a nivel global como local. En Galicia xa se poden constatar os seus efectos a través do cambio nos réximes de precipitación e xeadas, aumento da frecuencia de valores extremos na temperatura, períodos de seca, etc. En todos eles, a provincia de Ourense maniféstase como especialmente sensible.
O I Congreso de Educación Ambiental dos centros de ensino de Ourense “O Cambio Climático dende a escola” quere converterse nun lugar de encontro e escaparate daquelas experiencias que xa están en marcha nos centros escolares da provincia ou daqueloutras que poidan xurdir neste curso e que teñan como eixo central a educación e sensibilización sobre cambio climático dende calquera das súas múltiples ópticas: sustentabilidade nos centros educativos, enerxía e aforro enerxético, consumo, auga, bosques, etc...
Este congreso terá como relatores aos verdadeiros protagonistas das iniciativas seleccionadas, o alumnado, que as desenvolverá coordinado polo seu profesorado. Terán así a oportunidade de compartir a súa experiencia contada por eles mesmos, que quedará despois recollida nunha publicación en formato electrónico.
Para apoiar o traballo do profesorado e alumnado comprometido con estes proxectos, o CEIDA e a Deputación de Ourense proporcionarán asesoramento técnico aos centros que o soliciten, amais que poderán solicitar unha axuda económica para o desenvolvemento dos traballos de ata 500 € máximo.
O Congreso celebrarase o 9 de xuño de 2011 no Edificio Simeón da Deputación.

O máis detallado modelo do campo gravitatorio terrestre.


Dende hai dous anos, o satélite GOCE (Explorador da Circulación Oceánica e da Gravidade) da ESA, rexistrou todos os datos necesarios para obter un mapa detallado sobre o campo gravitatorio da Terra, cunha precisión asombrosa. Agora, toda a comunidade científica poderá ter acceso a este mapa tan preciso que axudará a comprender mellor como funciona o noso planeta. O modelo representa a superficie imaxinaria do planeta como se estivera cuberto totalmente por un océano, en ausencia de correntes e mareas, só definida polo campo gravitatorio. Este atlas ilustra como a forza de atracción da Terra non é igual en todas partes, senón que, dependendo do grosor da cortiza terrestre ou a súa composición, os obxectos que hai sobre ela serán atraídos con maior ou menor forza. O novo globo chepudo coñécese como xeoide e é o máis preciso que se xerou nunca.
A terra bombeada que viu o GOCE non existe. É unha representación que esaxera as diferenzas de gravidade entre, por exemplo, España e Brasil, dándoas relevo. As zonas azuis, aplanadas, son aquelas en as que a gravidade é menor, mentres que as avultadas, en amarelo, rexistran máis atracción.
Este atlas permitirá calcular con precisión o movemento das correntes oceánicas e a subida do nivel do mar, polo que os seus datos serán, a partir de agora, imprescindibles para os estudos sobre o cambio climático.
O GOCE é o satélite que máis baixo voou nunca sobre a Terra. Mantén a súa órbita, a 250 quilómetros da superficie, cuns motores eléctricos de deseño español. A súa forza é a equivalente á caída dunhas pingas de auga sobre o chan, o suficiente para resistir a forza de atracción terrestre sen influír nos seus sistemas de medición. Trátase de tres pares de pesas de platino que ao sobrevoar o planeta captan variacións na atracción gravitacional cun detalle que nunca se alcanzou.


Para máis información.
http://www.publico.es/ciencias/369105/asi-es-la-tierra-vista-por-la-gravedad
Mario Blanco Cid 1ºA Bach.

domingo, 3 de abril de 2011

Coches eléctricos en Ourense


XERO é una marca británica que produce bicicletas e scooters eléctricos e que creou fai unha semana un proxecto comprometido á fabricación de coches eléctricos en Ourense, o cal á súa vez xerará un millar de empregos. Hai dous días publicou que nos manterán informados de tal proxecto a través de comunicación pública e de forma regular, e quixeron deixar claros varios aspectos:

1- Están decididos a desenvolver na nosa cidade o plan do vehículo eléctrico dixital XERO X-EV, descartando outras cidades ou opcións fóra do noso país.
2- Asegúrannos que o tempo que teñen marcado para asentar, desenvolver e producir este vehículo cumprirase.
3- Piden certo grao de atención polo proxecto así como un libre debate sobre o lugar onde se situará a planta de montaxe (están debatindo que se ubique en Melón(Comarca do Ribeiro)).Todo isto suporía un maior interese por iste propósito e un sinal de que todo sairá ben.
Recórdovos que os vehículos eléctricos con baterías de litio non emiten CO2 e non afectan ao medio ambiente, sempre no caso de que a electricidade proceda de enerxías renovables (eólica, solar fotovoltaica e termosolar). Os aeroxeradores, ou máquinas que transforman a enerxía do vento en eléctrica, proporcionarían a electricidad precisa ó vehículo e servirían nun futuro para regular e almacenar a do sector eólico.


Subirei máis información a medida que aparezan novos datos pero… atopades factible esta idea?
Visitade esta ecopáxina ou xornal El Progreso

Andrea Fernández 1ºB

Traballo de Ivan e Andrea: A fibra alimentaria


Traballo realizado por:
Iván Gallego Gómez (1º Bacharelato A) e Andrea Gerpe Acosta (1º BacharelatoB)

Shakira en Oxford

Shakira falou fai tempo en Oxford sobre, medio ambiente, demografía, educación... cambiar o mundo. Déixovos o video, seguro que os fará reflexionar... coas presas, as veces, non dedicamos tempo suficiente a esta propiedade do noso intelecto.

Animádevos a presentar os vosos traballos aos Premios climántica


Co obxectivo de sensibilizar sobre o problema do cambio climático e promover actitudes máis sostibles co medio, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, convoca o IV Congreso CLMNTK e os Premios Climántica para estudantes, que lle dan continuidade ao III Congreso CLMNTK que se celebrou en Pontevedra no 2010 e aos seus premios, e que asistimos un grupo de alumnos e profesores do Otero.
O prazo de presentación de traballos Climántica remata o 31 de maio do 2011. Esta cuarta edición vaise a desenvolver de xeito virtual e por tanto os traballos terán que ser inseridos na páxina web do congreso antes das 24 horas do último día de maio. Dentro do apartado Como participar? atópanse titoriais con todos os pasos a seguir para cargar os traballos na plataforma.
Todos os traballos publicaranse no nº 4 da revista CLMNTK e os da categoría multimedia, ademais de quedar presentados na revista, poderán visualizarse na sección Alumnos de climantica.org.
Os traballos que se envíen coa intención de que se teñan en conta para participar nos premios xerais consistentes en campamentos ambientais de verán.
Os traballos terán que ver coas temáticas do proxecto e tomarán como referencia as seguintes categorías:


1.Relatos
2.Poesía
3.Curtos cun guión ambiental
4.Vídeos musicais
5.Vídeos de obras de teatro
6.Fotografía comentada
7.Banda deseñada
8.Presentacións
9.Póster
10.Debuxos
11.Reportaxes multimedia
12.Xogos e pasatempos
Os Premios os podedes atopar no seguinte enlace: http://congresovirtual.climantica.org/premios/.
Si queredes ver exemplos de traballos premiados no anterior congreso clik en:
http://congresovirtual.climantica.org/ (algúns son de rapaces do noso centro!!!!)


Deixovos un video dos rapaces que foron ao congreso de Climántica no 2010

Imaxes dun desatre

sábado, 2 de abril de 2011

Ciencia na cociña: denaturalización das proteínas do leite





Traballo realizado por Mirian Álvarez Dapena 1º Bacharelato B

Non ó maltrato animal!!


Vin esto e quero que vós tamén o vexades,paréceme unha aberración e un aunténtico escándalo!! ¿En que mundo vivimos??

Aínda que as protectoras de animais esixen a prohibición inmediata da venda destes chaveiros de animais vivos, non hai ningunha lei que o prohiba e fan furor en China.
María Isabel Limia Pérez
Fontes

"O pulmón da Terra sécase"


Un estudo da NASA revelou unha redución xeneralizada no verdor dos bosques da conca do Amazonas en América do Sur, causada pola seca récord de 2010. "Falamos dunha superficie de máis de tres veces e media o tamaño de Texas" afirma Liang Xu, autor principal do estudo da Universidade de Boston.
Os científicos están preocupados porque con temperaturas máis cálidas e alteración dos patróns de chuvia, a tensión da humidade resultante podería causar que parte dos bosques fosen substituídos por pasteiros ou sabanas leñosas, liberando á atmosfera o carbono acumulado na madeira e acelerar o quentamento global.
O (IPCC) advertiu de que secas similares poderían ser máis frecuentes na rexión amazónica no futuro. Os mapas mostran que a seca de 2010 reduciu o verdor en aproximadamente 1,5 millóns de quilómetros cadrados de vexetación na Amazonía, máis de catro veces a área afectada pola última seca severa en 2005.
A gravidade da seca de 2010 observouse tamén, nos rexistros dos niveis de auga nos ríos na conca do Amazonas. Os niveis de auga comezaron a caer en agosto de 2010, alcanzando niveis sen precedentes a fins de outubro.
"O ano pasado foi o ano máis seco sobre a base de 109 anos de datos no Amazonas, á altura do porto de Manaos ", dixo Marcos Costa, coautor da Universidade Federal de Viçosa, Brasil.



Feito por María Isabel Limia Pérez
Fontes

Enerxía de fusión a mellor enerxía que pode existir



Video editado por Vanessa Bernedo Chao

Os primeiros americanos


Paz María Caballero Barreiro (Master para o Profesorado de Secundaria) contesteume a unha dúbida (eu son Isabel), paraceume interesante o que me puxo, así que decidín subila como entrada para que todos a poidades ler.No referente á orixe dos poboadores de América sobre a que preguntas, hoxe en día se admite de forma xeneral que os Amerindios e os Esquimais Aleutianos proceden de poboacións do este asiático que se expandiron polo continente americano a través do estreito de Behring. Isto foi posible porque un descenso do nivel do Mar de Behring durante o Pleistoceno deixou ao descuberto unha lingua de terra firme duns 1000 Km de anchura a modo de ponte entre os dous continentes. Este fenómeno produciuse dúas veces, a primeira hai uns 50.000 ou 40.000 anos, e a segunda entre hai 27.000 e 8.000 anos; malia todo, os restos atopados en América, parecen indicar que as persoas só pasaron dun lado ao outro durante o segundo período.
En Alaska e Canadá non hai restos óseos (debido aos xeos permanentes e a humidade), pero si vestixios culturais. As condición eran duras para eses primeiros emigrantes asiáticos (estaban en plena glaciación de Würm), polo que isto lles obrigaría a un desprazamento cára rexións máis ao sur, con clima más benigno. Isto pode comprobarse porque a datación dos restos atopados, tanto óseos coma instrumentos, son máis recentes cada vez máis ao sur do continente (uns 14.000 anos no norte e 10.000-8.000 polo actual Brasil). Inda que se supoñía que ese avance fora rápido, as últimas achegas indican que foi máis lento do que se cría. Estes grupos humanos foron desprazándose seguindo a costa e só máis tarde se lanzaron terra adentro (tamén se ven diferenzas de datación dende o este ao oeste do continente, dentro da mesma latitude).

A partir destas poboación xurdirían os distintos grupo poboacionais amerindios actuais. De feito, se observas os rasgos dos indíxenas americanos actuais, son moi semellantes aos mongoloides. Esta orixe tamén se confirmou con estudos paleoantropolóxicos, con estudo tanto das similitudes culturais como a análise dos distintos polimorfismos xenéticos, que revelaron a existencia de marcadores comúns entre mongoloides e amerindios.
Existe outra hipótese, proposta en 1998 por dous profesores da Universidade de Exeter, de que humanos das actuais Francia e España, en concreto da cultura solutrense (á que pertencían os habitantes de Altamira!), puideron dar lugar a parte dos primeiros grupos americanos. Explícome; estudos xenéticos con ADN mitocondrial realizados con amerindios demostraron que, ademáis dos catro haplogrupos establecidos, había outro novo. O curioso é que esa mutación no ADNmit atopada é característica de franceses e españois. Isto atopouse en grupos do noroeste de EE.UU, algúns de Sudamérica e, principalmente (nun 25%), nos indios algonquinos.


Hai unha hipótese de que, así coma os mongoloides atravesaron o estreito de Behring, cazadores europeos, na busca de mamíferos mariños (mamuts, bisontes) chegaran a Alaska dende Siberia. Groelandia está a 1.500 millas de Francia; algúns opinan que se eses grupos europeos navegasen en curva de norte a noroeste, chegarían ás costas árticas. No ano 2000, dous ex marines noruegos, andando sen apoio e soporte, atravesaron toda a costa ártica oceánica dende Siberia ata Canadá en 109 días, o que indicaba que si que existía a posibilidade.

As pegas a esta hipótese son varias; por un lado, a grande separación xeográfica e temporal das dúas culturas fai raro unha conexión directa probable. Ademáis, coa tecnoloxía da época e a inexistencia de restos de barcos ou similares en excavacións de asentamentos desa cultura (estudouse algún en Cantabria) non mostran evidencias de explotación de recursos mariños. De ser certo o contacto, aínda que hai similitudes entre certos grupos das diferentes culturas, non hai manifestacións artísticas solutrenses en América (como pintar covas como a de Altamira ou a de Lascaux). Outros expertos afirman que, malia que a caza de mamíferos puido ter importancia en certos contextos, as descricións paleoambientais do momento (a Idade de Xeo) farían imposibles eses desprazamentos dende Europa cára América.
Subido por Isabel (1º Bacharelato B) recibido de Paz María Caballero Barreiro (Master para o Profesorado de Secundaria)

jueves, 31 de marzo de 2011

A pegada ecolóxica de Carmela

As renovables no próximo século, non é ningún conto!!





Estamos a dar en clases de CMC as enerxías, entre elas están as ptenecialmente renovables, as renovables, cada vez máis en alza xa que como ben indica a palabra porque pronto remataranse as non renovables. Os científicos céntranse agora en investigar enerxías renovables que sempre estiveron aí pero que non había forma de aproveitar. Mesmo as bacterias ou virus poderannos solucionar as nosas futuras carencias enerxéticas. Actualmente estase a investigar como aproveitar os raios solares para reproducir de forma artificial a fotosíntese das plantas ou ben instalar plantas solares no espazo. Pero todo isto só pódese conseguir coa tecnoloxía máis avanzada.



Así en canto á enerxía eólica, as instalacións no mar superarán aos parques eólicos terrestres no futuro, pero isto non é ningunha fantasía, xa se puxo en marcha un proxecto de 19,8 millóns de euros. Levarase a cabo no golfo de Bizazkaia onde se probarán unha rede de grandes muíños flotantes capaces de xerar 10 MW, e se espera que xa funcione para 2016. Tampouco se descarta capturar o vento nas capas máis altas da atmosfera, onde sopra con máis forza e de forma continua. Pero a fonte de enerxía que máis está en desenvolvemento é o mar, onde Reino Unido é pioneiro en aproveitamento das mareas.
Manuel Lozano, profesor do Departamento de Física Atómica, Molecular e Nuclear da Universidade de Sevilla, sostén "para facer ciencia de verdade habería que investir moito, traer aos mellores do mundo, pero iso é algo que dá os seus froitos a longo e medio prazo e non loce".
Feito por María Isabel Limia Pérez 1ºBacharelato B
Fontes:
-Aquí
Aqui
Esta é unha idea que tiveron os enxeñeiros de Qatar para refrixerar os estadios de fútbol, polo mundial que van celebrar no 2022. Grazas Paz pola túa aportación.



Aforro enerxético!!

Onte vin en Comando Actualidad, unhas reportaxes que me pareceron interesantes, e súboas ó blog por se alguén as quere ver. O primer vídeo trata de obter enerxía a partir de osos de aceitunas e o segundo de como é un edificio bioclimático.





María Isabel Limia Pérez 1º Bacharelato B

miércoles, 30 de marzo de 2011

Historia do consumo

Presentamos uns vídeos de Annie Leonard, ambientalista norteamericana que fixo furor co documental anticonsumista "A historia das cousas". O obxectivo destes documentais é facernos reflexionar sobre o consumo, o medio ambiente, a saúde, a economía, a felicidade...






Podedes ver tamén ver outros iguamente de moito interese:
Historia dos cosméticos,
Historia dos electrodomésticos
Historia do intercambio de emisións

Novos fármacos baseados na biotecnoloxía

Ana Palomera alumna do Master de secundaria recoméndanos o seguinte vídeo:


martes, 29 de marzo de 2011

O futuro das enerxías renovables.


No século XXII cambiarase totalmente a maneira de obtención das enerxías renovables co fin de conseguir un maior rendemento destas. Entre estes novos métodos destacan as ideas da obtención de enerxía solar dende o espazo, o aproveitamento dos ventos a gran altitude ou novas técnicas de obtención da enerxía mareomotriz.
Tamén chama a atención a posibilidade de utilizar virus e bacterias para solucionar o futuro enerxético do planeta. Xapón, EEUU e Europa están estudando novas formas de aproveitar as fontes de enerxía que ainda non coñecemos. "Todo esto parece ciencia ficción" afirma o profesor do Departamento de Física Atómica, Molecular e Nuclear da Universidade de Sevilla, Manuel Lozano Leyva. "Para facer ciencia de verdade faría falta traer aos mellores científicos do mundo e obteríanse resultados a longo plazo, cousa que non sae rentable". Según o profesor, se non se invirte en ciencia básica, os exemplos de este artigo quedarán en simples historias dignas de Julio Verne.


Para máis información click aquí

Mario Blanco Cid 1ºA Bach.

Agora vésme coa sustentabilidade

Medidas a favor do Medio ambiente


A comuna de Peñalolén, (Chile) están levando adiante unha notable campaña que busca a reforestación mediante unha iniciativa para que os veciños da comunidade adopten árbores. A idea é que sexan miles as familias que accedan a este beneficio, pero non é cousa de dicir “eu quero” senon intentar ensinar aos nenos e grandes a importancia de coidar os árbores da nosa cidade e para iso, antes de entregar a árbore faise unha pequena capacitación para asegurarse que a árbore quedará en boas mansAdemais, quenes “adopten” unha árbore, irán subindo os progresos do seu crecemento a unha plataforma computacional creada especialmente para esta campaña. Segundo as estadísticas só un 35% das árboles plantados na cidade logran sobrevivir, por iso o obxetivo he intentar alcanzar un 80% de supervivencia.





Feito por Ivan Gallego Gómez 1º Bacharelato A

lunes, 28 de marzo de 2011

Historia da obsolencia programada: comprar, tirar, comprar

En xaneiro de 2011 TVE emitiu o documental "Comprar, tirar, comprar", no que tras unha coidadosa investigación de máis de tres anos e utilizando imaxes históricas pouco coñecidas, relata a fascinante historia da obsolescencia programada desde as súas orixes en 1920 ata casos actuais que afectan a produtos electrónicos como as mpresoras, os iPods, as bombillas... que son deseñados e fabricados de forma que ao cabo dun tempo limitado o consumidor véxase obrigado a comprar outro. Que dispositivos tedes ou tivestes en casa e que credes que foron deseñados utilizando este principio?
A cultura do malgasto e da crenza dun planeta con rescursos ilimitados é unha das causas da crise ambiental na que estamos inmersos.

As enerxías renovables foron a principal fonte de enerxética en 2010



Esta avaliación entre os temas que a nosa profe de CMC, Carmen, vai tratar é o das enerxías renovables. A semana pasada comezou a explicarnos a súa importancia, e eu vexo oportuno subir esta noticia tan significativa relacionada co tema.
O forte incremento que experimentaron as enerxías renovables en 2010 foron provocados por:
O aumento da hidraulicidade e o continuado ritmo de instalación de estas tecnoloxías aportando un 32,3% da electricidade.Esto provocou que fontes como a enerxía eólica ou a solar se convertesen nas de maior peso dentro do mix enerxético por diante dun 22% de Gas Natural, dun 20% de enerxía nuclear, un 8% de carbón e dun 4% de petróleo.
O porcentaxe queda entón moi próximo ás cifras dos obxectivos que se queren acadar en 2020 segundo afirma o secretario do Estado, quen dixo que centrarase no fomento destas tecnoloxías e na aplicación de medidas de aforro e eficiencia.

O aumento das enerxías renovables trouxo consigo ademais un incremento dun 11,3% no consumo destas tecnoloxías, coma tamén un aumento dun 2.1% da demanda eléctrica e un 3% no grao de abastecemento do país.


Para máis imformación:
http://www.elmundo.es/elmundo/2011/03/28/ciencia/1301332178.html

Tatiana Nespereira Campuzano 1ºB

sábado, 26 de marzo de 2011

Os ancestros americanos teñen 15.500 anos.



Recordo perfectamente ou día non que lle preguntamos á profesora como chegaran os primeiros humanos a América, ista noticia non responde exactamente a iso, pero polo menos achega datos dá época na que se produciu.
A primeira cultura humana en América, chamada clovis, quedou definitivamente destronada por outra 2.500 anos máis antiga, o que deixa a idade dos primeiros americanos en 15.500 anos.
Non é a primeira vez que se achegan indicios de culturas preclovis, pero, como sinala Michael Waters, "non" eran "probas moi robustas". En cambio, os datos que Waters e os seus colaboradores publican en Science son férreos: nunha capa baixo un depósito clovis no complexo texano de ButtermilkCreek, os arqueólogos desenterraron nada menos que 15.528 artefactos. "A maioría son lascas resultantes de fabricar e afiar utensilios, pero máis de 50 son ferramentas" como coitelos ou bifaces, precisa Waters.
Waters conclúe coa necesaria creación dun novo modelo de ocupación de América.

Feito por María Isabel Limia Pérez. Fontes: público
Gustaríame que alguén achegase datos acerca de cómo puideron chegar os humanos a América.

Confirmase que o terremoto de xapón pode haber desplazado o éixe da terra e acerlerar a rotación de ésta

Todo apunta a que o terremoto de magnitude 9,0 que o 11 de Marzo desencadeouse en Xapón pode acurtar a duración do día terrestre (entendido como o que tarda a Terra en completar unha volta exacta sobre si mesma) e desprazado un dos seus eixes.
Partindo dunha estimación do USGS (o servizo estadounidense de prospección xeolóxica) acerca de como se deslizou fállaa responsable do terremoto, o investigador Richard Gross do JPL (Jet Propulsion Laboratory) da NASA, en Pasadena, California, empregou un complexo modelo para levar a cabo uns cálculos teóricos preliminares sobre canto resultou perturbada a rotación da Terra por culpa dese terremoto, o quinto maior desde 1900.
Os resultados deses cálculos indican que, ao cambiar a distribución de masa da Terra, o terremoto fixo que esta vire sobre si mesma un pouco máis rápido, de tal modo que a
duración do día terrestre reduciuse en ao redor de 1,8 millonésimas de segundo. Os resultados dos cálculos tamén indican que o terremoto desprazou nuns 17 centímetros a posición do eixo de figura da Terra. Este é o eixo polo cal se equilibra a masa da Terra, e non debe ser confundido co eixo Norte-Sur. Este cambio no eixo de figura da Terra fará que o noso mundo se cambalee dun modo levemente distinto conforme xira sobre si mesmo, pero non provocará alteración algunha do eixo do planeta no espazo. Só forzas externas, por exemplo a atracción gravitacional do Sol, a da Lúa e a dalgúns planetas, poden facer iso.
Os valores obtidos agora mediante estes cálculos seguramente cambiarán cando os científicos dispoñan de datos máis precisos sobre o terremoto.
As estimacións de Gross acerca dos efectos desta clase provocados polo terremoto de 2010 en Chile indican que devandito sismo recortou a duración do día en 1,26 millonésimas de segundo, e desprazou o eixo de figura da Terra nuns 8 centímetros. En canto aos cálculos deste tipo para o terremoto de 2004 en Sumatra-Andamán (que alcanzou a magnitude 9,1), os resultados indican que reduciu a duración do día en 6,8 millonésimas de segundo e desprazou o eixo de figura da Terra nuns 7 centímetros. O modo en que un terremoto afecta á rotación terrestre depende da súa magnitude, a localización do epicentro, e a maneira en que se desliza falla.
En teoría, calquera cousa que redistribúa a masa da Terra fai cambiar a rotación desta. O modo en que a Terra vira sobre si mesma cambia constantemente, e non só como resultado de terremotos senón tamén (e de feito, maiormente) como consecuencia dos efectos moito máis importantes dos ventos na atmosfera e as correntes nos mares. Ao longo do ano, a duración do día terrestre (entendido como o que tarda a Terra en completar unha volta exacta sobre si mesma) aumenta e diminúe en ao redor dunha milésima de segundo, é dicir 550 veces máis que a modificación causada polo terremoto xaponés. A posición do eixo de figura da Terra tamén cambia de maneira constante, en ao redor dun metro durante o transcurso dun ano, ou sexa un seis veces máis que o rexistrado agora por culpa do terremoto.
Os cambios na rotación e no eixo de figura da Terra causados por terremotos non nos afectan na vida cotiá, de modo que, tal como recomenda Gross, a xente non debería preocuparse por eles


por : Antía Arias García. 1ºb

A granxa do doutor Frankenstein

Nestes vídeos que vos deixo a continuación poderedes ver a diferenza entre a selección xenética artificial e a enxeñería xenética, así como o que se poderá facer mediante procesos biotecnolóxicos nun futuro moi proximo.
Podedes visualizalos nos seguintes enlaces:
http://www.tu.tv/videos/la-granja-del-dr-frankenstein-1-de-2http://www.tu.tv/videos/la-granja-del-dr-frankenstein-2-de-2

viernes, 25 de marzo de 2011

Apagón tecnolóxico. A hora do planeta 2011


Cerca de 4.000 ciudades en todo o mundo únense ao apagón mundial contra el cambio climático.


Sábado 26 de marzo, de 20:30 a 21:30 horas.


Carmen Cid Manzano

jueves, 24 de marzo de 2011

Día mundial da auga

Solidarités International et BDDP Unlimited veulent faire couler de l'encre from BDDP Unlimited on Vimeo.



Solidarités International: Water talks from BDDP Unlimited on Vimeo.



A auga non potable é a primeira causa de mortaldade no mundo, estímase que 3,6 millóns de persoas morren anualmente por enfermidades causadas por auga contaminada. Para simbolizar este perigo silencioso e invisible Solidarités International et BDDP realizou este precioso spot publicitario e tamén fixo a instalación que vedes no segundo vídeo, no centro de Paris.

Conchi (profesora de matemáticas)

A empresa británica Xero Technology fabricará vehículos eléctricos en Ourense


A compañía británica Xero Technology montará unha fábrica, pioneira en Europa, para a producción de vehículos eléctricos de volumen reducido, ubicarase no polígono Empresarial de Melón, en Orense (Galicia).
A inversión que supondrá a implantación será duns 26 millones de euros, xunto a una línea de axudas da administración autonómica que se eleva a 11 millones de euros, e conta co apoio da Deputación ourensá, a través do Inorde (Instituto Orensán de Desarroio Económico) e da Xunta de Galicia a través do Plan Impulsa.
A empresa Xero Vehículos Eléctricos xa dispón do prototipo do vehículo e prevé que a fábrica estará a pleno rendimento en 2012, con unha producción anual de 20.000 unidades e coa creación dun millar de postos de traballo.
A cercanía ó porto de Vigo e a proximidade ó Clúster da automoción de Galicia foron factores clave á hora de decidir a implantación da fábrica en Orense, sinalan os seus promotores.
O vehículo que se fabricará en Ourense é un triplaza con autonomía de 200 km e cuxas primeiras unidades recorrerán as rúas da ciudade gallega "moi pronto", sinalan os seus fabricantes.


Feito por Iván Gallego Gómez 1º Bacharelato A

http://www.ecomove.es/noticiasDetalle.aspx?id=1763&c=1&idm=5&pat=5

miércoles, 23 de marzo de 2011

Apagón enerxético!

NON O ESQUEZAS, HOXE DE 20.30 A 21.30 APAGÓN ENERXÉTICO!!


PROTESTEMOS XUNTOS CONTRA Ó CAMBIO CLIMÁTICO!!


Aquí un vídeo sobre o aforro de enerxía doméstico.

Achan compoñentes orgánicos en tecido fosilizado


Imaxe das amidas observadas no réptil



Gracias ás radiofrafías realizadas por un sincrotrón, achouse a primeira imaxe dos compoñentes orgánicos da pel dun réptil primitivo perfectamente conservado que vivíu fai 50 millóns de anos.
As imaxes obtidas revelan detalles da súa composición da pel, como as amidas. Isto foi posible gracias a que cando os compostos orixinais da pel comezaron a desintegrarse, deixaron un rastro químico con trazas de metal, e istes metais en condicións adecuadas actúan como "canle" cara os minerais dos sedimentos, quedando protexido o material.
Como se obtuvo a imaxe?
Ademáis de empregar o sincrotrón, tamén se empregaron outros medios para saber os compoñentes orgánicos, como unha luz infravermella que fixo vibrar a pel fosilizada, un pequeno cristal que o tocar ó fósil, un feixe de luz brillaba e a sinal reflexada cambiaba dependendo dos comporñentes químicos. Isto foi moi útil non só por o simple feito de encontrar msotras orgánicas senón, porque isto foi posible sen destrír o fósil.
Iste descubrimento non só servíu para saber a composición da pel deste réptil, senón tamén para a comprensión de que lle ocorre ós restos enterrados durante longos períodos de tempo.





Lidia Blanco Otero 1º Bac. A
Para máis infromación: click aqui

O primeiro transplante total de rostro

Un home estadunidense de 25 anos que sufriu graves queimaduras faciais recibiu o primeiro transplante de rostro completo. Grazas a esta operación pode volver a ter olfacto, sensibilidade.
Durante a cirurxía de 15 horas de duración, os médicos substituíron a área facial do paciente, incluíndo o nariz, beizos, pel, músculos e nervios. Neste fito da medicina participaron 30 medicos diferentes especialidades do Brigham and Women's que se atopa en Boston.


para mais información:
http://www.lavanguardia.es/salud/20110322/54130994875/un-hombre-de-25-anos-recibe-el-primer-
trasplante-total-de-cara-en-estados-unidos.html
feito por Érika López 1ºA

lunes, 21 de marzo de 2011

Reflexións



Hai días que síntome como o profesor da viñeta (alguen me entende?):

Achan indicios para saber se un cancro de colon pode facer metástase no fígado.


Un equipo do Hospital Universitario de Salamanca traballa dende fai cinco anos no estudo de cancro de colon e na migración de células tumorais ó figado.
O obxetivo é que o analizar o tumor primario os oncólogos (medicos especializados no estudo dos tumores) poidan decretar que probabilidade teñen esas células de propagarse.
Case un 50% dos pacientes con cancro desevolven ao longo da súa vida a reprodución das celulas tumorais noutros órganos do corpo,metástase.
O xefe do Hospital concretou que o que se busca é a capacidade de predecir se un paciente con cancro de colon desenvolverá metastase ou non, e dicir, ver se poden coñecer de anteman que célula ou que proteína será capaz de mutar e favorecer a aparición desta. Case todos os pacientes que morren son aqueles que desenrolaron metástase.
As supervivencias máis alongas estan entre os 8 e 12 anos, despois de tratamentos de quimioterapia e cirurxía de varias operacións, pero se se soubese de antemán quen vai a desenvolvelas sería un beneficio importante para o paciente.




Os investigadores acharon un marcador que en principio é capaz de diferenciar as células canceríxenas que teñen capacidade de facer metástase das células que quedan na fase de tumor primario
Para iso os científicos utilizan a técnica de hibridación in situ fluorescente, que consiste en facer brillar baixo o microscopio a determinados cromosomas específicos.

Técnica de hibridación in situ fluorescente


Máis informacion: http://www.agenciasinc.es/esl/Noticias/Hallan-indicios-para-saber-si-un-cancer-de-colon-puede-hacer-metastasis-en-el-higado
Feito por: Ana Pérez Pérez, 1ºA






domingo, 20 de marzo de 2011

A Lúa, máis grande e máis preto da Terra




Esta noite producirase un impresionante espectáculo!!!!!. Desde a Terra poderá verse máis grande e máis brillante do habitual, ao atoparse na súa posición máis próxima en 18 anos. É un fenómeno único que se coñece como "superlúa".
O astro estará entón no seu perixeo, o punto máis próximo da súa órbita á Terra e atópase na fase de lúa chea, e por primeira vez desde 1993 daranse ambos os factores, algo que entusiasma a astrónomos e afeccionados que preparan os seus telescopios para gozar do espectáculo.

Se o tempo permíteo, no momento máis álxido do proceso a Lúa aparecerá un 30% máis brillante e un 14% maior do normal.
Con todo, parte da espectacularidade deste fenómeno radica nun efecto óptico, xa que en realidade o astro só se aproxima á Terra, segundo a NASA, 26.323 quilómetros, pero grazas a iso a lúa vese como a través dunha gran lupa.
O mellor momento para vela é cando estea preto do horizonte. Aí é cando a ilusión mestúrase coa realidade para producir unha vista realmente espectacular.

Para completar a noticia propóñovos que vexades o seguinte vídeo:

Feito por : Antía Airas García 1ºB

Orixe do terremoto de Xapón...causante do tsunami e agora das fugas nucleares tamén...

Porque se orixinou o devastador terremoto en Xapón o o pasado 11 de marzo de 2011?

Primeiro temos que saber en que consiste a Teoría da téctonica de placas. O noso planeta é dinámico, ten movemento no seu interior, ten calor. As placas máis ríxidas da codia terrestre desprázanse por enriba das capas máis viscosas. Así poden chocar ou separarse. Cando dúas placas se separan sae material dende dentro da Terra, formando nova codia. Se sucede, no outro bordo ten que chocar e consumirse, por iso mesmo o planeta non aumenta nin diminúe de tamaño.







Xapón encóntrase no bordo dunha placa tectónica, no famoso cinturón de fogo do Pacífico, xustamente na placa do Pacífico. O terremoto sucedido en Xapón produciuse debido ao desprazamento da placa do Pacífico en dirección oeste con respecto á placa Norteamericana. Estas dúas placas enfróntanse entre sí a unha velocidade de 83 mm/ano e debido a isto a placa do Pacífico métese debaixo de Xapón, e afúndese en dirección oeste debaixo da placa de Eurasia, isto chámase en Xeoloxía fenómeno de subdución. As dúas placas encóntranse, chocan, van xuntando tensión e finalmente cando xa non poden soportar máis deformación rompen (fallas)liberando a tensión adquirida e isto produce o terremoto. E dicir, as tensións producidas neste movemento de subdución foi o que orixinou o sismo, a unha profundidade de aproximadamente 24 km. Ao estar o epicentro debaixo do mar move unha cantidade de auga moi grande e isto denomínase maremoto ou tsunami.

O sucedido o pasado 11 de marzo de 2011 foi o terremoto máis grande da historia do Xapón e o cuarto máis grande no planeta dende que podemos ter rexistro deles.
O mapa seguinte realizado grazas á Misión do Transporte de Radar Topográfico (Shuttle Radar Topography Mission, SRTM) mostra a localización dos tremores con liñas punteadas e as réplicas con liñas sólidas. O tamaño do círculo representa a magnitude do movemento telúrico Tamén indica as elevacións de terra e os afundimentos

Para ver unha animación clik aquí.

Si queredes coñecer que é a magnitude e a intensidade dun terremoto e como se mide recoméndovos a entrada do blog Dosusferrados: Medindo terremotos


Feito por María Isabel Limia Pérez.
Fontes :
http://www.fcaglp.unlp.edu.ar/extension-y-difusion/terremoto-en-japon


A superlúa, vista dende Ourense

Xente déixovos por eiqui unha foto que lle saquei á lúa onte , sábado 19 de marzo. Dende o balcón da miña casa.
Espero que vos guste!!


por : Antía Arias García 1ºB

sábado, 19 de marzo de 2011

A central de Fukuchima ten un nivel de radiactividade mil veces superior

A central afectada polo terremoto de 8,8 grados, rexistra un nivel de radiactividade mil veces superior ao normal na sala de control dun dos reactores da planta número 1. Tamén detectáronse anomalías nun segundo centro adyacente o primeiro, a planta número 2 de Fukushima, na que non se consigue rebaixar a temperatura de tres dos seus catro reactores nucleares, según o operador das instalacións, Tokyo Electric Power. Según a Axencia de Seguridade Nuclear, polo momento non supón unha ameaza inmediata para os residentes, pese o cal Este organismo tamén indicouse que se detectou un nivel de radiación oito veces superior o normal na entrada principal da planta.
Ordenouse a evacuación nun radio de 10 kilómetros en torno á planta, despois de que o xoves foran evacuados 3.000 veciños nun radio de 3 kilómetros.
A Axencia de Seguridade Industrial e Nuclear nipona, citada pola televisión pública NHK, declarou que existe risco de fuga radiactiva no reactor da planta número 1, por danos no sistema de refrixeración, pero que non representa perigo para a poboación.
Ainda que o ministro portavoz, Yukio Edano, rechazou que se producira unha fuga, ambas plantas foron postas baixo estado de emerxencia por primeira vez na súa historia. Mentras os efectivos das Forzas de Auto Defensa (Exército) contribuen ás labores de evacuación, os expertos tratan de rebaixar a presión nas campanas que conteñen os reactores mediante a apertura controlada de válvulas.
O proceso implicaría a posible difusión de vapores radiactivos e viuse dificultado por problemas co subministro eléctrico, que permanece cortado en varias das zonas afectadas polo seísmo. Un total de 11 reactores cesaron automáticamente a súa actividade durante o terremoto, según o ministerio de Industria.





Fallo en el sistema de refrigeración
La planta número 1 de Tokyo Electric Power en Fukushima, co nome de Daiichi, está situada a uns 270 kilómetros o noreste de Tokio, e opera desde fai catro décadas, con permiso para continuar activa o menos outros dez anos.
O Goberno iniciou unha reunión de emerxencia para tratar sobre a situación na central nuclear, que a primeira hora do sábado visitouse polo primer ministro, Naoto Kan.
Axuda exterior
O exército estadounidense acudiu en axuda das autoridades niponas, según anunciou a secretaria de estado de EEUU, Hillary Clinton.
Tras o terremoto, o Goberno declarou o estado de emerxencia nesta factoría polo fallo nun dos seus sistemas de refrixeración. En dous reactores da planta estropeouse o sistema de refrixeración, así como os catro xeradores de emerxencia. Esto causou un descenso do líquido de refrixeración, algo que entraña o risco dunha fusión nuclear no peor dos casos, según expertos.
O combustible nuclear require dun enfriamento continuo incluso cando as instalacións atómicas deixaron de funcionar, según a axencia nuclear da ONU. En opinión do experto nuclear Edwin Lyman, "cada signo [sobre o ocorrido] é que o tipo de suceso que se produciu é unha das cousas máis graves que pode ocorrer nun reactor nuclear".
Para máis información


Noelia Vila Seijas 1º bacharelato C


España levará a sú tecnoloxía a Marte nunha misión da NASA


A verdade e que con isto do terremoto, tsunami, fuga nuclear... temos bastante olvidado os demáis temas, e creo que este que vos vou comentar é bastante interesante.
A tecnoloxía espacial española chegará por primeira vez a Marte a finais do 2011 coa misión da NASA 'Mars Science Laboratory' (MSL), que ten como obxetivo analizar o máximo detalle o solo e a atmosfera do planeta roxo.
España aporta á misión unha antena de alta ganancia e un sensor de medición do entorno marciano.
Entre outras cuestions, a tecnoloxía española permitirá recoller datos e información sobre vento, presión, humidade e temperatura da atmosfera, así como niveis de radiación ultravioleta no chan marciano.
España construiu o sistema de antena que irá integrada no aparato non tripulado que ten previsto lanzar a NASA desde Cabo Cañaveral o último trimestre deste ano a Marte.


A misión da NASA conta cunha inversión de 2.300 millóns de dólares e a participación de Rusia, Canadá, Alemania e Francia, además de EEUU e España.

Para máis información
Feito por Noelia Vila Seijas 1ºC

viernes, 18 de marzo de 2011

Cen millóns de anos sen apenas evolucionar.

Descobren que uns insectos parecidos a grilos non evolucionaron case nada nos últimos cen millóns de anos.Descubriuse ao devanceiro, de 100 millóns de anos de antigüidade, dun grupo de grandes insectos carnívoros, parecidos a grilos, que aínda viven hoxe en día no sur de Asia, o norte de Indochina e África. E apenas presenta diferenzas cos seus descendentes evolutivos.
O novo achado, nun xacemento de fósiles de pedra calcaria no nordeste de Brasil, corrixe a clasificación errónea doutro fósil deste tipo e revela que o xénero foi obxecto de moi pouco cambio evolutivo desde o Cretácico Temperán (ou Cretácico Inferior), unha época, pouco antes da ruptura do supercontinente Gondwana, que estivo caracterizada, entre outras cousas, pola presenza de dinosauros.
Estes insectos parecidos a grilos pertencen a un grupo inusual de grandes insectos depredadores, cun aspecto intimidador, relacionados evolutivamente cos grilos verdadeiros e cos saltamontes.
Nas súas patas posúen unhas grandes protuberancias en forma de remos, que lles axudan a apoiar de maneira o bastante estable as patas na area e soster así debidamente os seus grandes corpos mentres corretean polos seus hábitats arenosos, á caza de presas.
Aínda que o fósil ten algunhas diferenzas con respecto aos seus descendentes actuais, as súas características xerais difiren moi pouco.
Noutras palabras, ese notable grao de similitude denota que o xénero permaneceu nun período de estancamento evolutivo durante polo menos os últimos 100 millóns de anos.


por : Antía Arias García. 1ºB

Redes un programa de divulgación científica




Pero se a esas hora estades de marcha...déixovos o enlace de todos os archivos: http://www.rtve.es/television/redes/archivo/

O sangue

Chernobil vs. Fukushima





A central ucraniana de Chernobil sufriu en 1986 a maior catástrofe nuclear da historia. Pero o pasado 11 de marzo un terremoto de 9 grados na escala Ritcher azorou Xapón, e logo un tsunami, danando a central nuclear de Fukushima.


Causas:
Chernobil: foi provocada por unha cadea de explosións por fallos humanos e técnicos nun reactor da central. Esta avería pronosticada por expertos occidentais, foi ignorada polas autoridades soviéticas.
Fukushima: o terremoto inutilizou os sistemas de refrixeración da central e provocou explosións en tres reactores, o que elevou perigosamente o nivel de radioactividade.

- Consecuencias:
Chernobil: esparciu hasta 200 toneladas de material fusible cunha radioactividade de 50 millóns curies, equivalente a 500 bombas atómicas como a de Hiroshima.
Fukushima: querendo rebaixar a temperatura, abriron de forma controlada as válvulas dos reactores, malia o perigo de que o vapor liberado transportara sustancias radioactivas. O primeiro ministro admitiu que a operación liberou cantidades de radiación “mínimas” e “asumibles” para a poboación. Nestes momentos esta afirmación encóntrase en dúbida.
Contaminación:
Chernobil: a nube tóxica desprendida polo central ucraniana afectou a máis de cinco millóns de persoas, aínda que as autoridades sanitarias nunca se atreveron a vincular la radioactividade co aumento de mortalidade e de enfermos de cáncer ou con problemas respiratorios. Greenpeace cifra 200.000 os mortos por causa da catástrofe.
Fukushima: polo momento encontráronse 6.000 persoas mortas aproximadamente e 10.000desaparecidas por causa do terremoto, outras moitas foron contaminadas pola radiación da central. Os residentes na zona unhas 200.000 persoas trasladáronse por motivo de seguridade a 30 km, pero miles están saíndo do país.
- Actitude do país:
Chernobil: ao principio a televisión encubriu a catástrofe e mostrou imaxes da central en perfecto estado. Un antigo órgano de goberno foi o primeiro en anunciar a noticia sorprendentemente nunha nota de só 8 liñas.
Fukishima: en cambio as xaponesas estannos informando dende o primeiro día, pero a confusión é maior según pasan os días.


Para máis información


Ariana Pascual Sas 1-BACH-C

jueves, 17 de marzo de 2011

Un video moi "chulo" recomendado por unha biotecnóloga

Hola de nuevo! Os cuento: yo soy licenciada en Biotecnología (lo digo por si alguno/a está pensando es estudiar esa carrera y necesita información) y ahora estoy haciendo el doctorado en la Universidad de Heidelberg, como os había dicho en el anterior post.
No os puedo contar muchos detalles de mi trabajo porque aun no está publicado, pero ahí va la idea general ;) Como seguramente sabréis, para reprogramar células somáticas (fibroblastos, queratinocitos, hepatocitos) y convertirlas en células pluripotentes inducidas (iPS) es necesario introducir en ellas los factores de Yamanaka (Oct4, Klf4, Sox2, cmyc). Actualmente esos factores se introducen utilizando un vector retroviral, es decir, un ADN basado en el ADN de un virus de la familia de el del SIDA. El problema de este virus, es que se mete en el ADN propio de la célula, algo, como os podréis imaginar, no muy interesante si esas células iPS se quieren utilizar en pacientes. Por eso en nuestro laboratorio intentamos introducir los factores de Yamanaka con un virus que no se introduce en el genoma celular, con lo que es mucho más seguro.

Os dejo el enlace a un video muy chulo que cuenta como se produce la infección de un virus.
Un saludo desde Alemania!
http://www.youtube.com/watch?v=Rpj0emEGShQ&feature=related



Elena Senís Herrero


Nace en España o primer bebé libre dunha mutación que lle predispoñía a un tumor de mama

http://www.rtve.es/noticias/20110317/nace-espana-primer-bebe-libre-mutacion-predisponia-tumor-mama/417590.shtml