jueves, 7 de febrero de 2013

Nove dos 10 anos máis calorosos da historia foron no século XXI


O Goddard Institute for Space Studies (GISS), organismo dependente da NASA que estuda o cambio climático, con sede en New York, confirmou que o ano 2012 é o noveno ano máis caloroso dende que se comezaron a tomar rexistros globais en 1880. Pero o apunte máis preocupante é que, agás o 1998, os nove anos máis cálidos do rexistro tiveron lugar no século XXI, sendo o 2010 o ano máis quente da historia, seguido de cerca por o 2005.
Despois de analizar a temperatura do 2012 e comparala coa media dos últimos 60 anos, advirten que a Terra está experimentando temperaturas cada vez máis altas, como se pode apreciar neste vídeo:


A temperatura media do 2012 foi de 14,6ºC, o que supera en 0,6ºC á que se viña rexistrando dende mediados do século XX. Dende 1880, a temperatura media no noso planeta elevouse 0,8ºC en conxunto. Segundo o informe, cada década é significativamente máis calorosa que a anterior dende mediados dos 70, e apuntan  que nos próximos dous ou tres anos ocorrerá un novo fenómeno El Niño, que probablemente fará que se supere o récord de temperatura global máxima do 2010.
Baseándose nos datos recompilados, conclúen que o planeta estase a quecer debido as enormes cantidades de dióxido de carbono que emitimos á atmosfera. A concentración de CO2 na atmosfera en 1880 era de 285 partes por millón; en 1960 subiu a 315 partes; e os análises actuais poñen de manifesto que a día de hoxe supéranse as 390 partes por millón.
Os científicos sinalan que aínda que as temperaturas sofren variacións dun ano a outro, o incremento continuado na emisión de gases de efecto invernadoiro provocarán que a media das temperaturas globais sigan subindo.

Penso que o planeta Terra está a quentarse e que todos “colaboramos” a elo, aínda que haxa teorías que o contradigan.
¿Cómo afectarán estas subidas de temperaturas a nosa vida?
¿Cumpriranse as teorías do desxeo e da extensión dos desertos?
¿Cómo afectará a estrutura poboacional?


FONTES DE INFORMACIÓN:

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/01/16/natura/1358339688.html

http://www.abadiadigital.com/los-9-anos-mas-calurosos-desde-1880-se-han-dado-en-lo-que-llevamos-de-siglo-xxi/

Iago Rodríguez Peña 1º BACH A

Un ecosistema nunha botella


David Latimer mercou unha gran botella de cristal en 1960 aproveitando que estaba de oferta,(xa que é unha botella de elevado prezo mesmo a día de hoxe), polo furor dos maceteiros de plástico.Nela botou unha planta da especie Tradescantia e regouna por última vez no ano 1972.Nese ano pechou a botella e a planta incriblemente sobreviviu non só conservándose en bo estado senón que non fixo máis que medrar xa que ela mesma convertiuse nun ecosistema que xenera todo o preciso para vivir ao recibir  luz solar que lle permite crear a fotosíntese,que á súa vez xenera osíxeno e humidade para darse as condicións da vida.As súas follas mortas aliméntana e as bacterias aceleran os procesos de descomposición e de osixenación.



Por qué medra a planta estando pechada na botella?

1- A botella crea un ecosistema completamente autosuficiente no cal as plantas poden sobrevivir usando a fotosíntese para reciclar substancias nutritivas.

2- A luz que brilla sobre as follas da planta é absorvida por proteínas que conteñen a clorofila,(un pigmento verde).

3- O xardín da botella é un entorno pechado,que quere dicir que o seu ciclo de auga é tamén un proceso autónomo.

4- A auga na botella sube polas raíces da planta,é liberada no aire durante a transpiración,condénsase na mezcla de abaixo que se dispara onde o ciclo comeza outra vez.   


5- Pero o ecosistema tamén usa a respiración celular para estropearse descompoñéndose o cobertizo material pola planta.Nesta parte do proceso,a bacteria dentro do chan do xardín da botella absorve o osíxeno supérfulo da planta e o dióxido de carbono da liberación que a planta crecente pode reutilizar.

6- De noite cando non hai ningunha luz do sol para levar a cabo a fotosíntesis,a planta usa a respiración celular para gardarse as sustancias nutritivas almacenadas durante o día.

Cómo facer un ecosistema nun bote na nosa casa:




Fontes de información:
http://www.dailymail.co.uk/sciencetech/article-2267504/The-sealed-bottle-garden-thriving-40-years-fresh-air-water.html#ixzz2JI5YT3n2
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2013/01/28/un-ecosistema-nunha-botella/


Pablo Estévez Feijóo 1ºA bahiller

miércoles, 6 de febrero de 2013

Patentado un xel que palía os efectos do tratamento do cancro.

Científicos da Universidade de Granada patentan un composto a base de melatonina que é capaz de tratar e evitar a mucosite. 
A mucosite é unha reacción inflamatoria que afecta a mucosa do tracto dixestivo, dende a boca ata o ano, e é un dos principais efectos secundarios do trasplante de médula, da radioterapia e da quimioterapia.
Este problema pode chegar a dificultar bastante o tratamento do cancro pois, moitas veces, os pacientes teñen que ser ingresados e hai que interrumpir dito tratamento. Nalgunhas ocasións isto pode chegar a ser mortal.

Un 40% dos pacientes que recibiron algún tipo de tratamento contra o cancro, e case un 76% dos trasplantados de médula ósea desenrolan mucosite. En pacientes con cancro de cabeza e pescozo, o 97% desenvolven algún grao de enfermidade, e o 100% dos sometidos a  radioterapia fraccionada durante un tempo tamén a padecen.

Actualmente non existe tratamento para a mucosite, pois aínda non se coñece a súa fisiopatoloxía. 
Estívose a investigar sobre as propiedades da melatonina durante máis de vinte anos e, con este xel patentado, demostrouse que na mucosite hai un dano mitocondrial. 
"A melatonina mellora a reacción inflamatoria e protexe a mitocondria", di a autora principal deste traballo, Germaine Escames Rosa.
O éxito do tratamento reside no tipo de xel utilizado para a realización da formulación farmacéutica e na concentración utilizada de melatonina. 

Este xel é o primero composto creado no mundo para combater o problema da mucosite,  polo que é, sen dúbida, de enorme interés para a medicina e a industria farmacéutica en canto a mellora da calidade de vida dos pacientes con cancro.


http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/02/06/andalucia/1360144560_925580.html

UN ASTEROIDE MOI CERCANO Á TERRA



O 15 de febreiro de 2013 un asteroide, concretamente o 2012 DA14, pasará a menos de 30.000Km da Terra.Este asteroide, descuberto por astrónomos españois o ano pasado, na noite do 22 de febreiro de 2012 no Observatorio Astronómico da Sagra (Granada) nun proxecto levado a cabo polo Observatorio Astronómico de Mallorca, achégase cada medio ano ao noso planeta.A pesar de isto, non hai perigo de choque.


 O 2012 DA14 é un obxecto difícil de observar debido a súa traxectoria no ceo, a súa gran velocidade angular, o seu ténue brillo e ás características da súa órbita.


A pesar de que hay unha probabilidade de 1 contra 7,7 millóns de que impacte(probabilidade casi nula), o asteroide pasará moi preto da órbita dos satélites xeosíncronos, situados entre 35.000 e 40.000 Km sobre a órbita terrestre.Entre os satélites xeosíncronos atópanse uns 300 satélites operativos, que son na súa maioría, enlaces de telecomunicación, televisión e radio.

O momento no que o asteroide pasará máis preto da Terra será ás 19h 27 minutos(hora peninsular) aproximadamente e o lugar do mundo no que mellor se observará será en Indonesia.




FONTES DE INFORMACIÓN:

BRUNO CRUZ GONZÁLEZ 1ºA



De onde lle  vén o penacho á pomba?


Hai máis de 10.000 especies de aves na Terra e sen embargo coñecemos moi pouco da súa xenética. Unha das máis comúns e posiblemente maís  descoñecida é a  pomba. Si, esa pesada que se pon na nosa mesa cando estamos a tomar unha cocacola nunha terraza.Contabilízanse máis de 350 razas e todas teñen un antepasado común: a pomba bravía ou Columba livia que se orixinou en Oriente Próximo.Todas elas amosan tamaños, peteiros, configuración ósea ou cor distintas pero hai algo que as fai especial: a crista e o penacho. Xa a Darwin lle chamaran a atención as pombas pola súa diversidade e agora, moitos séculos despois, un grupo de investigadores acaba de descubrir o xen responsable dos seu apéndices máis rechamantes. Posiblemente o penacho tivese un papel fundamental na selección de razas e o responsable da súa forma e posición é o xen EphB2, un xen que tamén está presente nos humanos, concretamente no alzheimer ou no cancro de próstata. E aquí ven o máis curioso: este xen presente na pomba é que que fai que as plumas da cabeza e o pescozo apunten cara a arriba en vez de cara a abaixo.
Despois de coñecer isto penso que xa miraremos doutra forma ás pombas cando a vexamos poñerse na nosa mesa. Elas tamén son especiais.
 














Brais Casas Fernández





 

martes, 5 de febrero de 2013

La Tierra, desplazada hasta el borde de la «zona de habitabilidad» del Sol


Una nueva definición de esa franja orbital «privilegiada» empuja a nuestro planeta hasta el límite, cerca del lugar donde la vida ya no sería posible:

Un grupo de investigadores de la Penn State University acaba de cambiar la definición de "zona de habitabilidad" de una estrella. Una modificación que, entre otras cosas, desplaza a la Tierra desde el centro de esa franja orbital privilegiada y la empuja hasta muy cerca de su borde interno, más allá del cual la vida no sería posible.
Comparando las viejas estimaciones con las nuevas, los científicos se han encontrado con que la zona habitable de una estrella se encuentra, en realidad, algo más lejos de ella de lo que se creía.


Como consecuencia de este cambio la Tierra, en contra de lo que se pensaba, no se encuentra en el centro de la zona habitable del Sol, sino muy cerca de su borde interno. Un poco más allá de ese borde (y por lo tanto más cerca del Sol) se encuentra Venus, un planeta literalmente achicharrado y con una temperatura media de casi 400 grados. Por el otro lado, más allá del borde externo, está Marte, un mundo helado y en el que el agua solo se encuentra hoy en forma de hielo.







                                  FUENTES DE INFORMACION:

                                             David Campo Fernández, 1ºBach A

domingo, 3 de febrero de 2013

Orixe das vacas mariñas

  Falamos dunha especie que comparte un ancestro có elefante actual e que os seus parentes eran tamén terrestres, pero co tempo, estes animais tan peculiares fóronse adaptando. Descubriuse o orixe desta especie, no ano 2008 polo instituto das ciencias da evolución de Francia, grazas ao descubrimentodun cráneo en Túnez, que indicaba que esta especie vivía, ao comezo da súa vida acuática, en lagos e ríos. O fósil ten unha idade de aproximadamente 48 millóns de anos e tería un peso duns 50 kg.

  Por outro lado, pénsase que este animal alimentábase de vexetais pero aínda faltan moitos estudos para comprobar se é certo ou non. Os científicos creen que se extinguiron a finais do s.XVIII pola súa elevada demanda para comida ou abrigos. Por último, temos que dicir que a única diferenza que hay cos seus descendentes (manatís e dudongos) é que estos últimos pesan os outros.


FONTES DE INFORMACION:
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/01/16/ciencia/1358357266.html

Radiación cósmica como a causante de enfermidades

  Novos estudos levados a cabo e publicados a revista "Plos One", revelan que os viaxes espaciais aumentan as posibilidades de desenrolar enfermidades coma o alzhéimer. Dicimos que o espazo está cheo de radiación de difrentes tipos; esta, en concreto, provén de galaxias e estrelas lonxanas, pero nos non estamos expostos a ela grazas a que o campo magnético do planeta Terra nos protexe desta choiva de partículas. Dicimos tamén, que pode penetrar en obxetos sólidos coma os escudos ou o fuselaxe dunha nave espacial.

  A NASA, nun intento de estudar os principais riscos deste tipo de radiación, fixeron o estudo mediante a exposición continuada de ratos de laboratorio á radiación cósmica; os que se someteron a maior cantidade de radiación, presentan síntomas avanzados de enfermidades coma: a disminución ósea, a indución ao cancro, problemas       cardiovasculares ou musculares, etc.

  En resumo, agora os viaxes espaciais, coma se non foran o suficientemente perigosos xa, añádeselle a posiblidade de padencer un cancro ou algunha doenza de ósos.


FONTE DE INFORMACION:
http://www.abc.es/ciencia/20130102/abci-radiacion-cosmica-produce-alzheimer-201301020940.html                    
                                                      

Nacemento do Universo, versión definitiva

  O equipo da sonda WMAP (Sonda de Anisotropía de Microondas Wilkinson), publica depois de once anos de investigación e traballlo, que a teoría do Big-Bang e a inflación do cosmos son certas.

  Lanzada no ano 2001, e dirixido o traballo polo astofísico Charles L. Benett e o seu equipo dende a NASA, determinou unha serie de características do Universo que recolectaron grazas á sonda WMAP, esta aterrou no ano 2010 e tardaron dous anos en confirmar todos os datos agora expostos. Entre as súas conclusións, destacan a exactitude dos anos do Universo, a densidade dos átomos, a época na que se crearon as primeiras estelas, etc. Pero tamén apoian as teorías antes formuladas coma a da inflación que dí que o Universo sufríu un crecemento moi grande en billonésimas de segundo; durante esta expansión, formáronse pequenas fluctuacións que deron paso as galaxias que hoxe coñecemos.

Teoría do Big-Bang

sábado, 2 de febrero de 2013


A PRIMEIRA HISTORIA COMPLETA DUNHA GALAXIA


Un grupo de astrónomos españois do Observatorio de Calar Alto, en Almería, conseguiron reconstruír a historia completa das galaxias, é dicir, a historia de cómo as galaxias se forman e crecen, fabricando novas estrelas seguidamente.

Para realizar esta fazaña, os investigadores precisaron estudar a formación de máis de 100 galaxias diferentes, nun proxecto nomeado CALIFA(Calar Alto Legacy Integral Field Area), no que colaboran tanto os investigadores do Observatorio de Calar Alto como os do Instituto Max Planck de Astronomía.A vida dunha galaxia dura varios miles de millóns de anos, polo que resulta imposible seguir a evolución completa da súa vida.Para conseguir recrear a evolución completa dunha galaxia é necesario estudar moitas galaxias en diferentes estados da evolución da súa vida.


Un dos datos máis importantes dos descubertos foi que as galaxias máis grandes e masivas crecen máis rápido que as pequenas e desenrolan antes as súas rexións principais.Para descubrir isto aplicouse un método coñecido como “método de rexistros fósiles” que lles permitiu aos investigadores establecer a historia de formación de estrelas en cada unha das galaxias analizadas.

FONTES DE INFORMACIÓN:

Recreación do corazón “made in Spain” consegue o premio a Mellor Vídeo Científico do 2012.


A Fundación Nacional de Ciencias de EE.UU  e a revista Science premian a un vídeo que simula e mostra o funcionamento do corazón humano. Realizado por Barcelona Supercomuting Centre (BSC), foi escollido como mellor vídeo científico do mundo no 2012 de entre máis de 200 propostas de 18 países. Este titúlase 'Alya Red: a computational heart' e o seu desenrolo implicou a médicos, bioenxeñeiros e investigadores en supercomputación e en imaxe médica.

Este vídeo de non moito máis de 4 minutos foi suficiente para ó xurado de expertos do Premio Internacional de Visualización de Ciencia e Enxeñería. “Quedeime literalmente alucinado”, di Micheael Reddy, membro do xurado, á revista Science. “Despois de ver o vídeo por primeira vez, pensei: cambiei a maneira na que vexo un corazón”. A organización do premio tamén organizou unha votación popular na rede onde o vídeo volveu a quedar en primeira posición.

A investigación baseouse en técnicas de resonancia magnética e as de supercomputación empregadas no proxecto de Alya Red. O vídeo ensina, a través da mestura de imaxes médicas antigas e representacións en 3D, unhas simulacións realizadas por ordenador cunha ferramenta chamada Alya System. O obxectivo é mellorar a comprensión deste complexo órgano e poder simular a acción de novos fármacos no corazón. 

O vídeo está en inglés, pero o BSC ten previsto publicar un traducido ó castelán.



Fontes de información:

Antía Quintana Gallego, 1º BACH A

viernes, 1 de febrero de 2013

10 curiosidades sobre o Home de Neandertal

A raíz da posibilidade de "resucitar" ao Home de Neandertal, espertouse a curiosidade por este homínido intelixente. Estas son algunhas peculiaridades sobre el :

1. O cruce entre Homo Sapiens e Homo Neanderthalensis beneficiou a nosa especie.


   O cruce entre as dúas especies puido producirse na migración do Homo Sapiens fóra de África. Dito cruce favoreceunos xa que introdiciu variantes de xenes do sistema inmunolóxico que nos permiten recoñecer e destruir patóxenos. Grazas a isto podemos superar un simple catarro.


2. Todos somos Neandertais.
Todos os seres humanos excepto os africanos posuimos no noso ADN unha pegada neandertal debido aos cruces que houbo entre as dúas especies. Sabemos a secuencia do xenoma do Home de Neandertal grazas a Svante Pääbo e a colaboracíon de investigadores de todo o mundo entre eles varios españois.

3. Aprenderon a fabricar ferramentas e xoias do Homo Sapiens.
Os investigadores creen que os neandertais aprenderon a facer xoias e ferramentas dos humanos modernos cos que conviviron en España e Francia hai 40.000 anos. Esta capacidade indica que puideron comportarse de maneira parecida ao home moderno.

4. Adoraban os adornos e as plumas.


Segundo un estudo do CSIC, os neandertais usaban plumas de aves e colares de cunchas para adornarse, incluso maquillábanse. O uso de plumas de córvidos e rapaces fai pensar que tiñan un pensamento simbólico, o que os fai semellantes aos seres humanos.

5.Cociñaban as verduras e comían marisco.
Os científicos chegaron a esta conclusión tras o achado de dentes fosilizados nos cales había restos de alimentos previamente tratados. O que leva a conclusión de que controlaban o lume. Ademais os que habitaban na Península Ibérica comían marisco.

6.Curaban os seus males con camomila
Ao igual que hoxe en día, os neandertais usaban a camomila contra as dores de estómago. E coñecían outras moitas plantas curativas.

7. Intercambiaban as súas mulleres.
As femias intercambiábanse entre un grupo e outro, o que evitaba a endogamia. En cambio os machos permanecían no seu núcleo familiar orixinal.

8. Pintaron Altamira?
Unha datación realizada coa técnica Uranio-Torio 50 desvela que 50 pinturas de 11 covas españolas (entre elas Altamira) pertencen a unha forma de arte primitivo 10.000 anos máis antiga do que se cría, é dicir, que son dunha época na que aínda non chegara o Homo Sapiens a Europa.

9. A súa desaparición foi un misterio.
Desapareceron repentinamente hai 40.000 anos, e é un dos maiores misterios da evolución humana. Algúns investigadores pensan que a chegada do Homo Sapiens a Europa foi a causa da desaparición dos neandertais, xa que puideron chegar a superar 10 veces a poboación neandertal.

10. É tecnicamente posible "resucitar" ao Home de Neandertal.
George Church (experto en xenética da Universidade de Harvard) cre na posibilidade de volver a traer ao mundo ao Home de Neandertal, xa que temos o seu ADN, pero apunta que de realizarse dita fazaña habería moitos problemas éticos.

Fontes:
http://www.abc.es/ciencia/20130127/abci-diez-curiosidades-fascinantes-sobre-201301251422_1.html

Adriana Canto Calviño, 1º BACH. A

miércoles, 30 de enero de 2013




Na ciencia tamén hai tramposos

Afortunadamente os investigadores tramposos son unha excepción pero hainos polo que existen comités de ética encargados de dar con eles. En que consiste o engano? Plaxiar artículos escritos por outros, publicar fotografías copiadas de traballos doutros ou mesmo apropiarse do descubrimento feito con anterioridade por outros colegas. O caso máis rechamante foi o do surcoreano Hwang Woo-Suk que no ano 2004 anunciou que clonara embrións humanos comprobándose despois que se basaba en datos falsificados. Por que o fan? Non é xustificable pero ás veces a presión por publicar en revistas científicas de prestixio é a razón que move ao engano a algúns científicos pois diso dependerá que se financie o seu traballo ou non. No noso país temos algúns casos sendo o máis famoso o caso do veterinario Jesús Angel Lemus que publicou moitísímos artículos con datos inventados. Todo parecía ser correcto ata que outros investigadores fixeron os mesmos estudos pero de forma paralela observando que os resultados eran radicalmente distintos.O comité de Ética do CSIC decidiu investigar chegando a  cuestionar 24 das publicacións editadas. En Galicia temos o caso de Juan Carlos Mejuto, catedrático da Universidade de Vigo, que foi acusado de plaxio por reproducir frases enteiras de estudos publicados por investigadores chineses. El afirmou que se trataba dun simple erro informático. Outro caso curioso é o de Baltasar Rodríguez Salinas que aseguraba poder probar a existencia de Dios mediante unha fórmula matemática. O traballo foi publicado na Revista da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais. Nunca houbo unha rectificación. E segue na revista. Porque, seguindo a liña do que pasa neste país, non pasa nada.
Así pois o labor do Comité de Ética do CSIC é moi importante aínda que normalmente traballa só con casos relacionados co organismo do que depende pero agardemos que o seu traballo  sexa cada vez menor pois iso significa que a figura do tramposo científico é excepcional.

Muy Interesante


Brais Casas Fernández

domingo, 27 de enero de 2013

SATÉLITES AL RESCATE

   Gracias a sus potentes ojos electrónicos, los satélites son capaces de encontrar pistas que permitan anticipar catástrofes naturales, así pues, cuentan con una tecnología de lo más sofisticada. 
   
  Su misión es determinar las zonas geográficas en las que se dan un mayor número de posibilidades de que se desate la tragedia. Entre los más destacados encontramos el SMOS, el CALIPSO, el METEOSAT-10, el TERRA, el AQUA y el METOP.


METEOSAT-10

   Estas sondas espaciales se encuentran en un posición privilegiada orbitando alrededor de la Tierra, esto les permite rastrear regiones aisladas muy difíciles de controlar a ras del suelo. Además, la información tan valiosa que proporcionan contribuye al mismo tiempo a la conservación y mejor aprovechamiento de los recursos naturales.

SUOMI-NPP

   Desde la ESA (Agencia Espacial Europea) se recogen todos los datos, que, en un contexto de emergencia son transferidos a los servicios de rescate del país o países afectados. Dicho método se viene practicando desde el año 2000 y a día de hoy ya se han combatido más eficazmente (gracias a ellos)  trescientas grandes crisis.

   Un caso reciente es el del huracán Sandy, que asoló la costa este de los EEUU en la última semana de octubre de 2012. En esta operación, los satélites representaron un importante papel a la hora de minimizar los devastadores efectos de un desastre natural de esta magnitud. 

   Podemos decir así, que estamos ante unos singulares testigos de la destrucción, eso sí, desde la lejanía.



Fuentes de información:

Muy Interesante nº380
http://www.ecologismo.com/2010/11/03/desastres-naturales-se-pueden-predecir/



Francisco Rodríguez Valencia, 1ºBach "A"


ADN: O disco duro do futuro

Se  sodes dos que se preocupan pola posibilidade de que os vosos arquivos se perdan entre os constantes cambios tecnolóxicos, un equipo de científicos ofrécevos unha solución: almacenalos en moléculas de ADN.

Sí, como podedes ver o ADN podería converterse na materia prima dos discos duros do futuro. Ao parecer, un grupo de investigadores do Instituto Europeo de Bioinformática (IEB), pertencente ao Laboratorio Europeo de Bioloxía Molecular creou unha forma moi económica e viable para almacenar grandes cantidades de información informática en moléculas de ADN.

Menos dun só gramo de ADN serviu aos científicos para codificar os 154 sonetos de William Shakespeare, 26 segundos en formato mp3 do discurso de Martin Luther King en 1963 que fixo universal a frase "Eu teño un sono" (I have a dream, no orixinal), unha fotografía en jpg, un pdf coa investigación na que Watson e Crick describiron a doble hélice do ADN e pola que obtiveron o Premio Nobel e o código empregado polos investigadores para crear unha linguaxe lexible por calquer xenetista coas catro letras do código xenético. Case 800.000 bytes almacenados nunha molécula de ADN fabricado nun laboratorio e, ademais, a información despois foi lida cun 100% de precisión.

A molécula con forma de hélice, mantense unida por catro grupos químicos, que cando se acomodan nunha orde específica, conteñen as instrucións xenéticas que precisa un organismo vivo para construírse e conservarse. O sistema de almacenamento do IEB emprega as mesmas catro "letras", pero nunha linguaxe completamente distinta á dos seres vivos.
Para copiar un arquivo dixital os díxitos binarios (ceros e uns) que normalmente representan a información nun disco duro, teñen que ser traducidos ao código do equipo. Unha máquina de síntese de ADN estándar produce en serie a secuencia correspondente.

Pero non é unha soa molécula larga, trátase de múltiples copias de fragmentos superpostos, e cada fragmento contén detalles que identifican en qué lugar se almacena a secuencia. Isto implica que se algúns fragmentos se danan, non se perderán os datos.
Ademais, o mesmo equipo que se emprega nos laboratorios de bioloxía molecular para ler o ADN dos organismos emprégase para extraer a información, á que se pode acceder nunha pantalla de computadora.

Nunha publicación da revista ‘Nature’, os autores do estudo afirmaron que é posible almacenar grandes volúmenes de datos no ADN por miles e miles de anos. Aínda que recoñecen que os costos involucrados na síntese da molécula no laboratorio fan que este tipo de almacenamento de información sexa "incriblemente caro" polo momento, argumentan que grazas ás novas tecnoloxías pronto será máis asequible, e ideal para arquivar documentos a largo plazo.

Enlaces:
http://www.bbc.co.uk/mundo/noticias/2013/01/130124_ventajas_archivar_documentos_adn.shtml

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/01/23/ciencia/1358966264.html

Paula Meixeiro Calvo, 1º Bach. D

sábado, 26 de enero de 2013

POR QUE SE NOS ENRRUGAN OS DEDOS Ó MOLLALOS?


Nunca vos parastes a pensar por que os nosos dedos se enrrugan no auga? Un grupo de investigadores da Universidade de NewCastle (Inglaterra, Reino Unido) danos unha posible resposta. Realizouse un experimento no que os voluntarios tiñan que recoller pedras de vidro somerxidas nun recipiente con auga cunha man e despois pasalas por un oco pequeno para depositalas na outra man que estaba noutro contenedor. O resultado obtido foi que as persoas que tiñan os dedos enrrugados fixeron a acción máis rápido que os que tiñan os dedos lisos.

As conclusións sacadas deste experimento foron que nos é máis doado manipular obxectos húmidos así que cos dedos secos. "Se o sistema nervioso está controlando activamente este comportamento nalgunhas circunstancias e noutras non, é evidente que hai unha función específica que o sistema evolutivo seleccionou ", dixo á BBC o doutor Tom Smulders, do Centro para a Evolución e Conducta de Newcastle. O estudo destaca que estas enrrugas poderían haber beneficiado ós nosos antepasados xa que lles axudaban a recoller vexetais en zonas húmidas. "E observando as nosas plantas de los pés, chegamos á conclusión de que o seu enrrugamento nos permitía correr mellor baixo a chuvia", engade Smulders.

Comprobouse ademais que, cando nos aparecen esas enrrugas, os nosos vasos sanguíneos se contraen ó estar en contacto  ca auga, polo que é unha reacción dirixida polo noso sistema nervioso simpático.

Fontes de información:




Antía Quintana Gallego, 1º BACH A

EL NIVEL DEL MAR SE ELAVARÁ 1,6m

Unha investigación que levaron a cabo máis de 200 científicos durante os 6 últimos anos, deu a coñecer que o desxeo no Ártico elevará o nivel do mar entre 0,9 e 1,6 metros en 2100 en relación aos datos de 1990.Isto suporá un gran perigo para as persoas que habitan en zonas costeiras e pequenas illas.

Lars-Otto Reirsen,secretario executivo do GSACA (Grupo de Seguimento e Avaliación do Consello Ártico) explicou que coa publicación de estes datos quérese achegar a sociedade civil ao coñecemento dos cambios tan acelerados que está a sufrir o planeta.

O maior incremento de temperatura produciuse durante o outono nos lugares nos que máis xeo se perdera durante o verán, o que indica, segundo o informe, que o mar absorbeu máis enerxía do sol durante o período estival devido a inexistencia dunha capa cuberta xeada.



FONTES DE INFORMACIÓN:




BRUNO CRUZ GONZÁLEZ 1ºBAC A

viernes, 25 de enero de 2013

O noso amigo Pol

martes, 22 de enero de 2013

A cuádrupla hélice do ADN


En 1953, Francis Crick e James Watson revolucionaron a investigación xenética cun achado co que acadaron o Premio Nobel de Medicina en 1962: a estrutura de dobre hélice da molécula de ADN, a macromolécula que contén toda a información xenética transmitida de célula a célula e de xeración en xeración. Agora, sesenta anos despois, a historia do ADN segue escribíndose. Investigadores da Universidade de Cambridge afirman que o xenoma humano contén tamén estruturas de cuádruplas hélices.

Estudos anteriores, realizados só en experimentos “in vitro”, anticipaban a existencia desta cuádrupla hélice, o que era considerado coma unha curiosidade. O Instituto de Investigación de Cambridge logrou, por primeira vez, demostrar a existencia destas estruturas complexas en células humanas vivas, tras máis de 10 anos de investigación.

O estudo mostra unha relación clara entre as estruturas de catro febras e o proceso de replicación do ADN, esencial para a división celular. O equipo británico sabe que estas hélices cuádruplas están máis presentes en xenes de células que se dividen con maior rapidez, como as células canceríxenas.

Un dos membros do equipo sinala que en base a este descubrimento poderíase atrapar o ADN con moléculas sintéticas, “secuestralo” e estabilizalo, un dato moi importante sobre cómo poder deter a división celular nesta clase de células. Engade que moitos tratamentos actuais do cancro xa atacan o ADN, pero non está claro cales son as regras que seguen, nin en que parte do xenoma reaccionan. 



Este achado abre novas posibilidades para unha nova xeración de tratamentos de cancro, aínda que, dende o meu punto de vista, deixa moitas incógnitas no referente       á definición formal e funcional desta novidosa estrutura. 

FONTES DE INFORMACIÓN




Iago Rodríguez Peña 1º BACH A
Obsolescencia programada:  con data de caducidade


Lavadoras que duran de media 10 anos, impresoras que se derraman rapidamente e que non teñen quen as repare, baterías de Pods que duran 18 meses… son exemplos de que as cousas xa non duran coma antes. Por que? É o que se chama obsolescencia programada. Produtos con data de caducidade programada para que consumamos máis. Forma parte do sistema actual tanto da tecnoloxía como das nosas cabezas a idea de que o noso móbil ou o noso coche  quedan vellos ao cabo de poucos anos.
Sen embargo isto non é novo e remóntase aos anos 20 cando os principais fabricantes de bombillas decidiron crear lámpadas que se fundiran despois de 1000 horas de uso para así asegurar as súas vendas. Era unha forma de asegurar o crecemento económico nun momento de crise e daquela quizais estivese xustificado pero hoxe non pois as consecuencias son, entre outras, un altísimo nivel de contaminación. Se a poboación segue aumentando xunto coa contaminación e a explotación dos recursos naturais, daquela a terra e os seus bens naturais esgotaranse en 100 anos.  Pero iso non parece preocupar a a moitas empresas que o que queren son cantos máis beneficios mellor. Así o demostra un español, Benito Muros, quen asegura ter inventado unha bombilla que dura toda a vida e pola que, segundo el, recibiu presións e mesmo ameazas. Cal é a solución? Pois está nas nosas mans que somos os consumidores. Neste sentido apareceu un manifesto por unha vida LOP (libre de obsolescencia programada) que recolle varios principios:1/ contra o usar e tirar, reparar,2/ de verdade fai falta o que mercamos?,3/ canto máis reciclable mellor,4/ o comprador debe de informarse e 5/ viva a segunda man. Só deste xeito poderemos atenuar o impacto da obsolescencia programada e ademais os nosos petos agradeceránnolo, o que nesta época de crise é un motivo moi a ter en conta.


Brais Casas Fernández  
                                                                                                

domingo, 20 de enero de 2013

Os dez protagonistas da ciencia no 2012 segundo a revista Nature

Xa que a semana pasada a miña noticia trataba dos dez descubrimentos máis importantes do 2012 segundo a revista 'Science', esta semana a noticia tratará sobre o top ten dos científicos que marcaron a ciencia no 2012 a través dos seus experimentos, da man da revista 'Nature' de Reino Unido que publica por segunda vez este top ten. 
Pero a revista tamén quixo homenaxear a outros nomes cuxos logros son moito menos coñecidos, pero que, dalgunha maneira, cambiaron o coñecemento ou a forma na que éste se consegue ou se comparte.

1- Rolf-Dieter Heuer, o diplomático do bosón de Higgs:

A detección do bosón de Higgs anunciada o 4 de xullo de 2012 foi o descubrimento do ano, quizais incluso da década. Rolf-Dieter Heuer, director xeral do CERN, tivo o control presupostario do LHC, o gran acelerador que xerou o Higgs chocando con protóns entre altísimas enerxías. ‘Nature’ valora a man esquerda e a capacidade de diplomacia de Heuer que, a pesar das fortes presións soubo comprender as precaucións que tomaron os físicos de analizar os datos, pois querían estar seguros antes de anunciar ningún achado, e esperou a que os investigadores estiveran de acordo para facelos públicos.

2- Cynthia Rosenzweig, a gardiá de Nova York:
 
Nova York non olvidará a tormenta Sandy, que inundou os vecindarios máis pretos á costa, destrozou fogares, anegou o metro e deixou a millóns de persoas sen electricidade. Rosenzweig xa previra que algo así podería suceder doce anos antes, como parte dunha avaliación realizada para o goberno dos EE.UU. sobre o cambio climático. Grazas a ese traballo, dice ‘Nature’, a cidade de Nova York incorporou programas de adaptación ao cambio climático nas súas iniciativas a longo plazo, o que inclúe a mellora das reglas de construción ou a creación de zonas de seguridade para evitar inundacións. 

3- Adam Steltzner, responsable da aterraxe do Curiosity:

Cando o rover Curiosity atravesaba a atmosfera marciana o 5 de agosto a gran velocidade, ningún home na Terra estaba tan preocupado como Adam Steltzner, o enxeñeiro que dirixiu o equipo encargado da aterraxe do vehículo da NASA. Non era para menos, durante sete minutos «de terror», o Curiosity efectuou unha cadea de arriscadas maniobras que nunca foran ensaiadas e nas que non cabía o mínimo error. Sen embargo, conseguiu aterrar onde estaba previsto, no cráter Gale, para comezar a misión máis ambiciosa realizada xamais en Marte. 

4- Cédric Blanpain, o rastreador de células:

O equipo do biólogo Cédric Blanpain, da Universidade Libre de Bruselas (Bélxica), identificou un subgrupo de células en tumores de ratóns que parecen ser responsables das recidivas. Estes achados arroxan nova luz sobre o controvertido tema de se as células nai do cáncer existen nos tumores e poden ter implicacións para futuras terapias.




 
5- Elisabeth Iorns, a favor do método científico:
 
Motivada por unha experiencia persoal xa que recibiu duros ataques ao tratar de advertir e demostrar que un estudo elaborado por terceiros tiña fallos, a xenetista Elizabeth Iorns fundou en agosto a Reproducibility Iniciative en Palo Alto (California), que permite aos autores expor os seus estudos para ser repetidos polos seus colegas de forma desinteresada. Se a investigación é replicada, as conclusións aparecen na revista científica PLoS ONE cun enlace ao estudio orixinal.




6- Jun Wang, dono do xenoma:

Este científico de tan so 34 anos lidera o Instituto Chino de Investigación (BGI), o maior secuenciador de xenomas de todo o mundo. O BGI creouse en 1999 para dar respaldo ao Proxecto Xenoma Humano. Cando foi creado, tiña o 1% da capacidade para secuenciar xenomas existente no mundo, ahora ten o 50%. Traballa con 10.000 colaboradores de universidades e compañías farmacéuticas e agrícolas, e é capaz de comprar a outras empresas do mesmo campo. A súa ambición case imposible: secuenciar o xenoma de cada organismo no planeta. Ten un importante papel na secuenciación de 10.000 vertebrados, 5.000 insectos e outros artrópodos e máis de mil paxaros, algúns de eles extintos.

7- Jo Handelsman, a detective dos prexuízos:

A microbióloga da Universidade de Yale realizou un experimento que pon de manifesto os prexuízos sexuais no mundo científico. Asegura que tanto homes coma mulleres tenden a aplicar soldos menores aos curriculum profesionais das aspirantes femininas. Handelsman enviou a máis de cen científicos o mesmo C.V. dun suposto estudante que buscaba traballo nun laboratorio, e pediulles que evaluaran qué salario merecía. A única diferenza é que nalgúns casos o estudante chamábase «John» e noutros «Jennifer». Os investigadores mostrábanse maioritariamente máis interesados en «John» e ofrecíanlle un salario superior.

8- Tim Gowers, o matemático activista:

Este matemático da Universidade de Cambridge e gañador da medalla Fields (o máis alto honor das matemáticas), iniciou a súa propia cruzada contra Elsevier, o xigante de publicacións académicas con sede en Amsterdam. Gowers cre que as prácticas da compañía obstaculizan a difusión da investigación (prezos altos, obrigar as bibliotecas a comprar revistas que non queren para poder acceder as máis famosas, etc). Máis de 13.000 investigadores de todo o mundo, moitos deles tamén matemáticos, uníronse a él e fixeron a promesa pública de non ter nada que ver coa editorial, entre cuxas revistas de alto impacto se encontra ‘The Lancet’.

9- Bernardo de Bernardinis, condenado por non prever un terremoto:
 
A madrugada do 6 de abril de 2009, un terremoto de 6,3 grados na escala de Richter matou a 309 personas e feriu a 1.500 na cidade de L’Aquila, no centro de Italia. Unha semana antes, a Comisión de Grandes Riscos -formada por científicos expertos en seísmos- dixera que non existía un peligro concreto. Así o comunicou Bernardo de Bernardinis, entonces subdirector técnico de Proteción Civil. Él e os sismólogos expertos foron condenados a prisión por elo, por non «prever» o terremoto, algo que a comunidade científica considera imposible. Á espera do resultado da súa apelación, Bernardinis séguese a considerar inocente.

10- Ron Fouchier, o rastreador da gripe aviar:

Ron Fouchier, do Erasmus Medical Center (Países Baixos), descubriu que cinco mutacións na cepa dun virus de gripe aviar H5N1 son suficientes para conferirlle a capacidade de transmitirse en huróns por vía aérea. Estes achados, publicados de forma íntegra na revista ‘Science’, subliñan o risco de que un virus similar transmisible podería evolucionar de forma natural e causar unha pandemia humana. O estudo pode axudar a desenvolver un sistema mundial de biovixilancia da gripe e novos medicamentos e vacinas.

Enlaces:
http://www.abc.es/ciencia/20121219/abci-diez-protagonistas-ciencia-2012-201212191559.html

http://www.nature.com/news/366-days-nature-s-10-1.11997 

Paula Meixeiro Calvo, 1º Bach. D