Benvido/a! Nós somos un grupo de estudantes de Bacharelato. Con este blog queremos informar sobre os avances e descubrimentos científicos máis relevantes do panorama actual, porque a cultura tamén engloba a ciencia!Visitádenos e comentádenos para estar ao día!
(Edublog participativo)
Por primeira vez en España, a técnica da
criopreservación deu os seus froitos co desenvolvemento de coellos a partir da
fecundación “in vivo”, con óvulos previamente conxelados.
Conta o investigador do Grupo de Mellora
Xenética Animal da Universidade Politécnica de Valencia, que o proxecto comezou
na década dos 90 e tras quince anos de traballo, conseguiuse que hai uns días
naceran tres crías de coello sanas que evolucionan correctamente.
O Grupo de Mellora Xenética Animal conseguiu,
mediante a selección xenética, producir certas características nos animais,
como a creación de coellos con mellores aptitudes maternais e así ser capaces
de sacar adiante as súas crías.
A investigación ten por obxectivos o
desenvolvemento de técnicas de criopresevación de óvulos e embrións, así como
os seus efectos sobre o desarrollo embrionario e fetal., Aínda que a técnica aínda se atopa en vías de
experimentación, espérase que nun futuro sirva para aplicacións biotecnolóxicas
como as tecnoloxías de reprodución asistida, a conservación de recursos
xenéticos e a obtención de células nai embrionarias.
O asteroide cuxa trayectoria rexistrou esta noite a máxima aproximación á terra ( 5.8 millóns de kilómetros ) ten unha lúa propia que o acompaña, pero non volvera pasar tan cerca hasta dentro dun par de siglos , según informa a NASA.
Os astrónomos observaron na súa superficie varias zonas oscuras que deben ser grandes concavidades. Un asteroide dese tamaño colisiona coa terra cada millóns de anos , como media ,e o seu efecto é devastador pola súa influencia no clima do planeta e pola súa capacidade de destrucción masiva nun territorio do tamaño de México.
Con este asteroide non hai risco ningun xa que pasa lexos .
Imáxenes tomadas co radar do asteroide 1998 QE2 a uns seis millons de kilómetros, coa sua pequeña lúa (a mancha brillante).
O asteroide foi descuberto en 1998 por especialistas e agora os expertos da NASA lograron observalo.Durante toda a semana próxima seguirase o asteroide .
Os seguimentos dos asteroides axudan a precisar os cálculos de órbita, o que é esencial para as actividades de protección do planeta frente ao risco de impacto de obxectos celestes.
Un grupo de investigadores da Universidade de Alberta
(Canadá) espertaron dun sono case eterno a un tipo de plantas non vasculares
chamadas briofitas
enterradas no glaciar Teardrop da illa de Ellesmer, no ártico canadiense. Este
tipo de vexetais, ó que tamén pertencen os musgos, son as plantas terrestres máis
sinxelas: carecen de follas, tronco e raíces elementos típicos dos vexetais
superiores. Teñen elementos análogos chamados filoide, cauloide e rizoide.
Dende que os glaciares
empezaron a retroceder, varias investigacións atoparon especies vexetais debaixo do xeo, pero sempre
estaban mortas. Nesta ocasión os científicos descubriron plantas que foron sepultadas
polo xeo no período que se chamou a Pequena Idade de Xeo (1550-1850) segundo demostraron cas técnicas de datación por
radiocarbono. As plantas atopadas estaban ben conservadas e incluso
algunhas mostraban brotes verdes, sinal da rexeneración. Tomaron fragmentos
delas, as cultivaron no laboratorio e comprobaron a súa capacidade para volver
a crecer. Chegaron a conseguir once cultivos de sete tipos diferentes de plantas.
Estes resultados,
publicados na revista Proceedings, indica que as briofitas son
máis resistentes do que se crían e poderían contribuír ó desenvolvemento e recolonización
de ecosistemas polares, segundo indican os autores deste estudio.
Conséguese por primeira vez fotografar os procesos de
ruptura e creación de enlaces entre átomos dunha molécula exposta a unha reacción
química. O estudo foi levado a cabo por científicos da Universidade de Berkeley
(EEUU) e a Universidade do País Vasco e inclúese entre as investigacións
destacadas da edición online da revista Science Express. Será ademais publicado
na edición en papel de Science a
mediados de xuño baixo o nome de “Direct Imaging of Covalent Bond Structure in
Single-Molecule Chemical Reactions”.
Dimas Oteyza, primeiro autor do artigo,
explica que os perfiles rexistrados tras facer reaccionar as moléculas “mostran
claramente como se forman novos enlaces químicos e como os átomos dentro das
moléculas se reorganizan para formar novas estruturas”. Esta investigación
tamén ten relevancia para a fabricación de novos materiais e aparatos electrónicos
de medida de alta precisión a escala nanométrica.
Tras a súa polémica recomendación a favor do consumo de
insectos, a FAO (Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a
Alimentación) propón desenvolver produtos alimenticios a base de medusas para
facer fronte a súa proliferación, que se converteu nunha “ameaza para a pesca”.
Afirma que o rápido aumento do número destes celentéreos
no Mediterráneo e no Mar Negro pode ser unha das causas do descenso das
poboacións de peixes nestes ecosistemas mariños. A sobrepesca de depredadores
mariños é a que nos leva a esta situación, xa que favorece á proliferación das
medusas. Ademais as poboacións de peixes afectados pola pesca excesiva son
difíciles de recuperar xa que as medusas se alimentan das súas larvas, creando
así un círculo vicioso. Outras posibles razóns deste aumento son o quentamento
global, que incrementa as especies de latitudes tropicais; a eutrofización, que
fai que aumenten os nutrientes no auga; e o uso de diques para evitar a erosión
costeira, que constitúen o hábitat ideal para as medusas.
En países coma China, Corea ou Xapón o consumo de medusas
é algo habitual. As especies asiáticas son similares ás mediterráneas, pero só hai unha especie das nosas augas comestible: a Cotylorhiza tuberculata. As demais especies deberían someterse a tratamentos para eliminar os tóxicos, o que elevaría o seu prezo demasiado para facelo rentable. Josep Maria Gil, investigador do CSIC e membo do Instituto de Ciencias do Mar, recalca que o 95% das medusas é auga e que o restante 5% son proteínas débiles, o que supón que teriamos que consumir moita para satisfacernos. "Trátase dun complemento dietético pero para nada é un alimento prioritario", conclúe Gil. O seu uso para medicamentos e outros produtos
biotecnolóxicos tamén é válido. Por exemplo, aturritopsis
nutricula, máis coñecida como “medusa inomortal”, é capaz de
intervir no proceso de envellecemento e podería ser obxeto de estudos para
elaborar produtos rexenerativos para seres humanos.
O 47,9% DA ELECTRICIDADE EN MAIO FOI RENOVABLE
As renovables seguen rozando o 50% da cobertura da demanda eléctrica mes tras mes. En maio a súa aportación chegou o 47,9% e nos cinco primeiros meses do ano é do 48,4%.
A demanda peninsular de enerxía eléctrica seguiu baixando en maio. Unha vez tidos en conta os efectos do calendario e as temperaturas, descendeu un 1,9% con respecto ó mesmo mes do ano anterior. A demanda bruta foi de 19.504 GWh, un 3,4% inferior á de maio do 2012, según datos de Red Eléctrica de España.
Nos cinco primeiros meses do ano, correxidos os efectos do calendario e as temperaturas, o consumo foi un 2,9% inferior ó do ano pasado. A demanda eléctrica neste periodo foi de 103.587 GWh, un 3,2% menos ca no mesmo periodo do 2012.
A producción de orixe eólica en maio acadou os 4.011 GWh, un 8,2% superior frente ó mesmo periodo do ano pasado, e supuxo o 20,2% da producción total. E as tecnoloxías solares sumaron un 6,9%: a fotovoltaica aportou un 4,7% e a termosolar un 2,2%. En total a xeración procedente das fontes de enerxía renovable representou o 47,9% da producción. O 65,9% da producción eléctrica deste mes procedeu de tecnoloxías que non emiten CO2, é dicir, renovables e nuclear.
Hai uns días un compañeiro meu falaba
sobre a aparición de sangue líquido e tecidos musculares moi ben conservados
nun mamut femia por parte dun equipo ruso. O que chama a
atención é que todos os anos aparecen noticias deste tipo mais o que cambia na
de hoxe é que, como dixen, apareceu sanque líquido e a pregunta é: como o
sangue pode permancer líquido despois de 10000 anos? Os científicos españois
coinciden en que isto non ten ningunha base científica porque os mamuts
consérvanse en xeo non en nitróxeno líquido polo que se deberon formar cristais
que derramarían o ADN e sabemos que só estando o ADN nun estado aceptable se
pode recuperar ademais de que a célula debe ser viable e manter o seu núcleo
intacto. E no suposto de que se cumprisen todos estes pasos habería outros como
atopar un óvulo para introducir o núcleo da célula do mamut, dunha especie
xeneticamente parecida e que se reprogramase adecuadamente e sería una elefanta
da India, que é parecido pero cun salto de miles de anos e… Total; que é imposible. O “curioso” é
que no equipo ruso participa Hwan Woo-Suk quen no 2004 anunciou ao mundo a primeira clonación
de embrións humanos que se descubriu era falsa.
Quizais
este tipo de noticias sexa unha mostra de que falla a cultura científica pois
as afirmacións teñen que estar avaladas científicamente.
Os organismos da Terra están protexidos frente os raios cósmicos e a radiación solar máis peligrosa debido o campo magnético do platena e a atmósfera.
Pero cando un astronauta sale o exterior (fora dese escudo) está exposto a perniciosa radiación. Esto é algo co que teñen que contar todos os astronautas que queiran viaxar o planeta vermello , haberá que diseñar escudos para reducir o riesgo.
Gracias o Curiosity póidose saber con exatitude a dose de radiación para un viaxante a Marte. As coclusións e que a radiación a que estaría exposto un astronauta que viaxara a Marte casi o nivel máximo de radiación acumulada admisible da súa carreira.
O Curiosity leva un apantallamiento frente a esa radiación similar a da Estación Espacial Internacional (ISS) mentras que nos vehículos do programa Apolo era moito máis lixeiro. Pero aínda así se un astronauta fora na cápsula que levou o Curiosity, recibiría unha dose de radiación acumulada equivalente a facerse un escaner de tomografía compurizada de todo o corpo cada 5 días.
É fundamental conocer o entorno de radiación dentro dunha nave na que viaxarían seres humanos a Marte.
O riesgo dos astronautas do campo magnético terrestre debese tanto a raios cómicos (na súa maior parte protóns) como as erupcións ocasionales do Sol que lanzan o espazo moitas partículas cargadas. Os científicos observaron 5 erupcións solares dende o detetor incorporado no Curiosity.
A conclusión dos investigadores é que cos sistemas actuais de propulsión para o viaxe a Marte, os astronautas recibirán 0,66 Sievert de radiación en total (sumando a ida a volta) pero a isto aique sumarlle a da estancia no planeta, mentres que a media das agencias espaciais sitúa en 1 Sievert o máximo de exposición a que pode estar sometido un astronauta ao largo da súa carreira.
O Amazonas esta en problemas serios debido a que xa se perdeu o 15 % da súa superficie, se seguimos así podemos entran nun colapso ecolóxico. Aínda conservamos un 70 % dos bosques en situación estable polo que hay moitas cousas por facer e moitos recursos valiosos por protexer.
O que máis preocupa aos ecoloxistas é a velocidade a que se esta degradando a selva, afirman que ahí é onde esta o verdadeiro problema, din que :" Estamos vivindo un crecemento moi forte na deforestación nos países andinos, sobre todo por cultivos ilícitos e non hai ningún plan contundente para deter esta amenaza".
¿ CALES SON OS PROBLEMAS QUE EXERCEN MAIOR PRESIÓN NEGATIVA ?
A ganadería esta causando un 80% da deforestación en toda a Amazonía.
A agricultura causa o 20 % restante.
PROTEXER VS EXPLOTAR CAL DEBE SER O CAMIÑO ?
O 30% da Amazonía debe ser zona protexida para coidar alguns dos ecosistemas e especies mais importantes para dedicalas ademais á investigación e ao turismo.
Esta nas nosas mans destruilo todo ou coidalo como se debe ...non olvidemos que o Amazonas é o pulmón do mundo e que lle esta atacando o peor cancro , a INDIFERENZA :
Científicos rusos descubrironsange e texidos
musculares perfectamente ben conservadosentre os restos dun mamut lanudo enterrado baixo
o xeo na pequena illa Liajovski. O descubrimento supon un paso importante na
clonación e o regreso a vida desta especie que desapareció fai cerca de 10.000
anos.
A expedición, levada a cabo por científicos
rusos, poderia recuperar e examinar o corpo do animal, unha femia duns 60 anos.
O mamut morreu fai entre 10.000 e 15.000 anos, pero os seus restos desafiaron o
paso do tempo de forma extraordinaria, ata o punto de que conserva sange en
estado líquido. Ademáis, os texidos musculares“estaban rojos, del color de la carne fresca”di o científico
Semyon Grigoryev.
O milagre da sange podería producirse
porqueo mamut caeu nun pozo
de auga ou nun pantano,probablemente
ata a metade do seu corpo, e a parte inferior quedou conxelada na auga. A superior,
incluido o lombo e a cabeza, parece ter as señais do ataque de depredadores. As
patas delanteras e o estómago están ben preservados, pero a parte traseira é un
esqueleto.
O investigadorcre que o descubrimento pode supoñer un paso máis
no intento de clonar a este animal extinto. “Nos da posibilidades reales de
encontrar células vivas”, apunta. A universidade rusa chegou a un acordo co
científico surcoreanoHwang Woo-suk, “pai” do primer can clonado (famoso por mentir
o mundo ca primeira clonación de células humans) para levar a cabo a clonación
de “resucitar” a un mamut.
Os investigadores xa conseguiron ADN viable do
texido de outro mamut conxelado en Siberia. A idea é extraer núcleos de varias
células do xigante e insertarlas en óvulos de elefante para crear un embrión
que contenga os seus xenes. Ese embrión se implantará no útero dunha elefanta
e, se sae ben, nacerá o primer mamut moderno.
A auga doce é un recurso natural fundamental para o que non
hai substituto. As reformas son necesarias na xestión e uso da auga doce, xa
que a escaseza de auga debe ser un problema serio para os futuros habitantes do
planeta Terra, advirten científicos reunídos a semana pasada na conferencia “Agua
en el Antropoceno” realizado en Bonn, en Alemaña.
"A mala xestión da auga, o uso excesivo e os cambios
climáticos representan unha ameaza a longo prazo para o benestar da
humanidade", afirma a declaración. A actividade humana desempeña un papel
central no comportamento do sistema global da auga.
A
declaración recolle as conclusións esenciais do Proxecto Sistema Global da Auga, no que os científicos levan traballando dende 2004.
"Os seres humanos tenden a buscar o seu suministro de
auga a través de solucións de enxeñaría a curto prazo. Confrontados co dilema
de escoller entre a auga para obter unha ganancia económico a curto prazo ou
defender a saúde global dos ecosistemas acuáticos, a sociedade masivamente elixe
o desenvolvemento", explican os científicos. A investigación "confirma
que o actual incremento no uso da auga e a baixa eficiencia do sistema hidrico
avanzan nunha traxectoria insostible".
A Declaración de Bonn fai algunhas recomendacións: adquirir
o compromiso de adoptar un enfoque multidisciplinar e como isto pode cambiar o
futuro; realizar estudos de síntese sobre o coñecemento sobre a auga que permita
desenvolver evaluacions de risco e estratexias de protección dos sistemas de
auga; preparar a seguinte xeneración de científicos e expertos en cambio global
para facer fronte o reto; extender o monitoreo mediante redes de observación do
medio ambiente e sistemas avanzados de satélite; tomar en consideración
alternativas baseadas nos ecosistemas fronte as costosas solucions estructurais
ante o cambio climático; desenvolver solucions innovadoras nas institucions que
se ocupan da auga.
Aquí os deixo un vídeo para ver a importancia de saber
aproveitar a auga e concienciaros de que cun uso excesivo acabara por esgotarse.
O físico teórico británico Peter Higgs e o belga François Englert, que formularon a existencia da partícula subatómica na orixe da masa de outras partículas e o Centro Europeo de Física de Partículas (CERN), que confirmou a súa existencia o pasado ano, obtiveron o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica.
Englert por unha parte, xunto ó físico belga Robert Brout -xa finado-, e Higgs, pola súa, predixeron en 1964 ó mesmo tempo e de maneira independiente a existencia do que se popularizou como bosón de Higgs, a partícula coa que interactúan outras que fai que, nese mecanismo, adquiran unha masa determinada. Case 50 anos despois, o Centro Europeo de Física de Partículas (CERN) anunciou en xullo pasado a confirmación experimental de que o bosón existe.
O xurado incidiu en que os traballos pioneiros de Higgs e de Englert e Brout estableceron a base teórica da existencia do chamado bosón de Higgs, a partícula que "completa o Modelo Estándar, que describe os componentes fundamentais da natureza e é responsable de que certas partículas elementais posúan masa."
Durante case medio século, os esforzos para encontrar o bosón de Higgs resultaron infructuosos debido ás enormes dificultades experimentais que ten a súa detección precisa e inequívoca" destaca a acta do xurado, no que se califica de "hito histórico" que puidese ser identificado o pasado ano polos detectores Atlas e CMS do acelerador de partículas LHC do CERN, un hito histórico para toda a comunidade científica.
O 4 de xullo pasado, medio século despois de conxeturarse a súa existencia, descubriuse a partícula de Higgs. O achado foi realmente importante: desde ese momento coñeceuse un pouco mellor como funciona o universo. Fixo falla construir o máis potente acelerador de partículas, o LHC, dous colosais detectores e o traballo e entusiasmo de miles de físicos e inxeñeiros de todo o mundo volcados na investigación.
O descubremento do bosón de Higgs constitue un exemplo emblemático de cómo Europa liderou un esforzo colectivo para resolver un dos enigmas máis profundos da física.
A central nuclear de
Santa María de Garoña (Burgos) é a máis antiga de España, con 42 anos de
funcionamento e cuxo reactor é xemelgo a un dos de Fukushima. Recibiu o visto bo
do Consello de Seguridade Nuclear (CSN) para que siga un ano máis pero sin
producir electricidad.
A empresa dona da central nuclear quere esperar a que o Goberno aprobe a reforma enerxética que está preparando, porque entre os “beneficios” que aspira con esta reforma é de que amplíen os 60 anos a vida das centrales nucleares (hoxe en día son 40).
O CSN debía evaluar se é seguro que Garoña siga en parada fría. Desde diciembre, está desacoplada a rede elétrica e comezou a transferir o combustible gastado as piscinas de almacenamiento. O CSN para dar o visto bo puxo unha condición que é que non poden introducir combustible no interior do redator e si o fan teñen que levar a cabo unhas reformas na central que estaría por riba dos 100 millóns de euros.
Algunhas delas aplican leccións aprendidas do accidente de Xapón. Como sempre hai diferenzas políticas onde o PP votou a favor para que a central seguira aberta e o PSOE en contra. Si o Gobierno non renovara o permiso a Garoña, esta tería que cerrar o 6 de xuño. A empresa afirmou que non lle era rentable seguir aberta, pero agora quere esperar e seguir en activo un ano mais.
O CSN estaba traballando no desmantelo de Garoña. Uns dos que mais se alegraron ao oir a noticia foron os casi 790 traballadores tanto direta como indiretamente.
Eu persoalmente espero que se lle deron máis tempo de vida non haxa problema ningún porque inda que para o país sexa moi importante a seguridade é o primeiro.
España convertíuse este martes no segundo país do mundo con máis reservas da biosfera, tra-la inclusión de tres novas zonas, decididas pola Organizacion das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco).
Trátase de La Granja e El Espinar, na serra de Guadarrama (Segovia), as Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo en Galicia e as Terras do Ebro, en Cataluña, que xa integran a lista mundial por decisión do Consello Internacional de Coordinación do Programa sobre o Home e a Biosfera (MAB).
Con estas tres novas zonas España adianta a Rusia na clasificación mundial, ó ter un total de 45 zonas declaradas como reserva da biosfera, só por detrás de Estados Unidos, que mantén dúas máis.
A Unesco tamén aprobou hoxe a extensión da superficie da reserva da biosfera de Ordesa-Viñamala, nos Pirineos Centrais (Aragón), que está inscrita na lista mundial desde 1977 e que amplía o seu espacio cara o val e as zonas urbanas que circundan a área protexida.
Na de La Granja e El Espinar está a montaña de Valsaín, que é unha das grandes zonas arboladas do país, e que reviste considerable valor á vez ecolóxico, económico, estético e social, según declarou a Unesco.
En canto á reserva galega, a nova reserva da biosfera cobre ó redor de 116.000 hectáreas, alberga unha poboación de cerca de 190.000 habitantes e engloba as cuencas de dous grandes ríos, o Mero e o Mandeo, con ecosistemas costeiros e de montaña que acollen unha gran diversidade biolóxica. Nela concéntrase asi mesmo unha gran diversidade cultural ligada ó uso de recursos naturais, o que fixo posible, según a Unesco, " o manteñemento de comunidades e a conservación de razas autóctonas de gando".
As reservas españolas da biosfera inclúen lugares tan destacados como Ordesa-Viñamala, as illas de Lanzarote, Menorca e El Hierro, as serras de Cazorla e Segura, o parque de Monfragüe, os Picos de Europa, Serra Nevada e a Cuenca Alta do Manzanares, sen olvidar a Doñana e Urdaibai.
O grafeno é unha substancia formada por carbono puro, os seus átomos están dispostos de maneira hexagonal (estrutura similar á do grafito). É un dos materiais máis finos, flexibles, fortes (100 veces máis que o aceiro) e con maior conductividade que existen. Grazas a esto, este material pode ter importantes aplicacións tecnolóxicas.
As propiedades do grafeno resultan ideais para utilizalo como compoñente de circuítos integrados, pero tamén se poderían fabricar televisións máis delgadas e flexibles; potas de cociña que emitan algunha advertencia se detectan a bacteria E.coli; podería utilizarse en tratamentos para médulas espiñales danadas...
Andre Geim e Konstantin Novoselov investigaron sobre este material bidimensional. Novoselov conseguiu aislar grafeno mediante un método simple: exfoliar o grafito pegándolle rápidamente unha cinta adhesiva e frotando con paciencia os copos de grafito adheridos á cinta sobre unha superficie para depositalos nela. A sorte quixo que a superficie elexida fose un cristal de sílice oxidado cuxo espesor de óxido era o adecuado para que o pequeno cristal de grafeno fose visible ó microscopio óptico. Deste modo identificaron varios planos individuais de grafito desacoplado, que presentaban as propiedades cuánticas dun material bidimensional. Os dous científicos demostraron que os electróns se moven no grafeno máis á présa que en calquera outro sólido. Debido ás súas achegas sobre este material conseguiron o Premio Nobel de Física no ano 2010.
O parque natural da Baixa Limia-Xurés, conta dende a semana pasada cunha das oito estacións
con tecnoloxías máis avanzadas a nivel mundial para medir o cambio climático. Coincidindo co Día Europeo da Rede Natura 2000, foi inaugurada a quinta estación metereolóxica,
combinada co parque de O Invernadoiro, que está enmarcada
na rede de medición ClimaDat, un proxecto froito da colaboración de “ La
Caixa”, do Instituto Catalán de Ciencias do Clima (IC3), e en territorio
galego, conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
Esta estación
con instrumental científico de última xeración e alta precisión, avaliará de
forma continua a emisión e captación de gases de efecto
invernadoiro e o contido de radón no
aire, un gas que dará pistas sobre a procedencia das masas de aire que chegan ó
Xurés. Ademais, mediranse os principais parámetros metereolóxicos, para o que
se instalaron anemómetros 2D de control de velocidade e
dirección do vento, así como sensores de temperatura e humidade ambiental,
sensores barométricos e contadores de precipitacións. Estes datos serán públicos
a través da páxina de Internet www.climadat.es e dun blog co mesmo nome, e
poderán ser usados tanto pola comunidade científica como por a cidadanía no seu
conxunto.
Foi elixido este enclave para a instalación da estación
por ser unha zona de transición climática moi influenciada pola oscilación do
Atlántico Norte, condicionante da variabilidade invernal de numerosas rexións ó
Norte de Europa. O Xurés aportará datos que axuden a comprender como o parque
ourensán, integrado no resto de estacións de medición do proxecto, é influído e inflúe no sistema climático.
Durante o
segundo semestre do 2013 instalarase o
resto de instrumental, unha cámara multiespectral que se ubicará en O Invernadoiro,
e controlará a evolución da vexetación da zona. Neste parque atópanse zonas
cunha vexetación que parece protexida da
influencia do home, iso é, con pouca afectación antropoxénica (gandería,
aproveitamento das augas ou incendios
forestais).
O proxecto axudará a entender un
dos maiores retos ó que se enfronta a sociedade actual, o cambio climático; e a buscar solucións para
conservar o medio ambiente.
Seres
humanos ou persoas? Se é a segunda opción, por qué non o demostramos? Temos o
poder nas nosas máns, a opción de convivir ou de destruir o mundo. Somos a
única especie que temos capacidade de raciocinio e sen embargo pomos en perigo
a milleiros de especies que teñen a mala sorte de vivir no mesmo planeta que
nós, porque co ritmo de vida que levamos, non nos chegan os recursos que nos
ofrece.
Motivados pola obtención do seu propio beneficio, como aumentar as comodidades
da súa vida diaria ou a avaricia que crean os cartos, o ser humano non mide as
consecuencias que afectan a todo o que lles rodea.
Para reflexar todo isto e o poder e repercusión de cada unha das nosas accións,
creamos unha pequena historia que vos contaremos a continuación e que está recollida
no vídeo que vos poñemos ao fondo, xunto cun enlace ao cal poderedes acceder e
darlle a "me gusta" de facebook, contribuindo connosco na difusión do
curto e na participación do concurso OCEÁNTICA13'.
Érase unha vez: O Mundo.
Este lugar no
seu día foi chamado Planeta azul xa que contiña o ingrediente fundamental
para a vida: A AUGUA. A partir deste elemento fóronse creando os demais, dende o
máis simple ata o máis complexo creando unha perfecta biodiversidade. Así
apareceron as diferentes especies de animais, os campos, as montañas,
dando lugar aos diversos ecosistemas nun equilibrio perfecto. E no medio de
toda esta natureza, apareceu unha singular especie: O SER HUMANO.
Esta especie, ao
igual que as outras, vaise adaptando, aprendendo e evolucionando ata
facer que o mundo se adapte a él. Vanse agrupando en pequenos
poblados, comezan a cultivar as demais especies someténdoas ao seu control,
crean as familias e o mellor de todo, CREAN OS CARTOS! Este novo elo
introducido na natureza, corrómpea e fará que nunca poda volver a ser como antes…
O desmesurado consumismo das nación máis ricas depende
directamente da extración e do esgotamento dos recursos naturais das nación empobrecidas, coma os países tropicais, ricos en flora, fauna e minerais.
Ata que se esgote a última gota de auga, ata se se
extinga a última especie salvaxe, ata que se tale o derradeiro árbol, ata
entón, non comprenderemos que os cartos non se poden comer.
A todos nos gusta ver o ceo azul, respirar aire puro
cando saímos a dar un paseo, ver aos animais correteando polos montes, poder
bañarte nun entorno natural limpo…
Pero… ¿Qué
facemos nos para coidar o medioambiente e que todo esto poda seguir sendo
posible? Porque soñar é gratis, pero ao fin e ao cabo, as accións individuais
son as que contan.
As persoas non reciclamos, non collemos o transporte
urbano, permitimos que os residuos de basura se virtan nas aguas, queremos
seguir tendo produtos baratos e novos sen importarnos as consecuencias como que
sexan elementos non renovables ou contaminantes… Todo esto para facer a nosa vida
máis cómoda.
Pero… ¿Sabemos
realmente o que conlevan as pequeñas accións?
Deixar o grifo
aberto mentres nos lavamos os dentes, nos enxabonamos ou agardamos a que saia
quente sen importarnos coller ilimitadamente os recursos non renovables. Pensar
que estes recursos non se van a esgotar e seguir empregando derivados deles
para crear cousas innecesarias e satisfacer o noso consumismo, como por
exemplo, os embases individuais, o non reciclado do papel e polo tanto a tala
masiva de árboles, o gasto rutinario de electricidade nos electrodomésticos, o
xeito no que nunca estamos conformes coa temperatura e pretendemos cambiala cos
perxudiciais aires acondicionados e calefaciós favorecendo ao cambio climático
e ao quentamento global.
O CO2 é un gas
que se atopa na atmosfera e ten a propiedade de atrapar a calor. Na medida en
que o CO2 aumenta, máis calor queda atrapado na atmosfera e elévase a
temperatura. Ao ritmo actual, prevese un aumento dun grado en 2020 e de dous
grados en 2050.
A excesiva perda
de recursos e materias primas na produción industrial sen esquecernos da abusiva
emisión de CO2 e gases contaminantes, non deixan de substraer elementos e modificar
o hábitat de outras especies.
Acaso é menos importante ca o noso? Qué che parecería
se un oso entrase na túa casa e depositase todos os residuos de salmóns que
comeu poriba do teu dormitorio? Ou se viñese unha vaca a roubarche o televisor?
Ou mellor aínda, se un polo che collese do frigorífico todas as túas provisións
deixando contaminados o resto de alimentos? Non creo que che gustase que todos
estes animais fosen a defecar a túa casa, como nos facemos con eles, porque
ademáis, a súa casa tamén é a nosa.
Nos océanos, o cambio climático está a afectar na súa
temperatura, o suministro de nutrientes, a corrente mariña, a cadea
alimenticia, os sistemas de ventos, os ciclóns e outros desastres naturais que
se fan cada vez máis común e intensos, coma o desxeo dos polos que produce a
inestabilidade do solo, avalanchas rocosas e a diminución da circulación
oceánica en Groenlandia e a Antártida. Todo esto, afecta a distribución,
abundancia, ciclos reprodutivos de plantas e animais mariños dos cales millóns
de persoas dependemos coma fonte de alimento, ingreso ou recreación.
A absorción en grandes cantidades de dióxido de
carbono podería provocar a desaparición do fitoplacton, planta mariña da que se
alimentan organismos coma o crustáceo, que a súa vez sirve de alimento a
especies mariñas coma a balea azul ou xorobada. E coma este, moitos outros
exemplos que constitúen unha reación en cadea.
A auga precisa moito máis tempo ca o aire para
quentarse. Incluso aunque as emisións de gases de efecto invernadero se
houbesen estabilizado no ano 2000, a temperatura media do planeta continuaría
subindo medio grao Celsius.
O nivel de mar incrementouse xa 9cm no último siglo, e
podería aumentar entre 9 e 88cm no presenta.
Para rematar, faremos un repaso das principais consecuencias
que provocan nosos actos:
-Aumento da temperatura terrestre.
-Cambios na capa de neve, xeo e solo xeado.
-Aumento do nivel e da temperatura do mar, provocando
a acidificación dos mesmos e poñendo en perigo a numerosas especies.
-Aumento da frecuencia e intensidade dos fenómenos meteorolóxicos
extremos.
-Perigo de extinción de numerosas especies animais e
vexetais
-Efectos sobre a agricultura e o sector forestal, os
que poden perder a maioría da súa produtividade.
-Impactos sobre a saúde humana. O número de persoas en
situación de malnutrición aumentará, así coma o de falecidos e enfermos.
Cómo poderíamos imaxinar, que unha simple especie
entre tatas, puidera orixinar tantos
desequilibrios nun mundo tan natural e
perfecto?
Para finalizar, aquí vos deixo o enlace no que podedes aceder ao vídeo e colaborar premendo o 'me gusta' de facebook.
Recordade que as pequenas accións individuais, son as que poden crear grandes cousas e que xuntos, podemos cambiar o destino do mundo.