Benvido/a! Nós somos un grupo de estudantes de Bacharelato. Con este blog queremos informar sobre os avances e descubrimentos científicos máis relevantes do panorama actual, porque a cultura tamén engloba a ciencia!Visitádenos e comentádenos para estar ao día!
(Edublog participativo)
España convertíuse este martes no segundo país do mundo con máis reservas da biosfera, tra-la inclusión de tres novas zonas, decididas pola Organizacion das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco).
Trátase de La Granja e El Espinar, na serra de Guadarrama (Segovia), as Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo en Galicia e as Terras do Ebro, en Cataluña, que xa integran a lista mundial por decisión do Consello Internacional de Coordinación do Programa sobre o Home e a Biosfera (MAB).
Con estas tres novas zonas España adianta a Rusia na clasificación mundial, ó ter un total de 45 zonas declaradas como reserva da biosfera, só por detrás de Estados Unidos, que mantén dúas máis.
A Unesco tamén aprobou hoxe a extensión da superficie da reserva da biosfera de Ordesa-Viñamala, nos Pirineos Centrais (Aragón), que está inscrita na lista mundial desde 1977 e que amplía o seu espacio cara o val e as zonas urbanas que circundan a área protexida.
Na de La Granja e El Espinar está a montaña de Valsaín, que é unha das grandes zonas arboladas do país, e que reviste considerable valor á vez ecolóxico, económico, estético e social, según declarou a Unesco.
En canto á reserva galega, a nova reserva da biosfera cobre ó redor de 116.000 hectáreas, alberga unha poboación de cerca de 190.000 habitantes e engloba as cuencas de dous grandes ríos, o Mero e o Mandeo, con ecosistemas costeiros e de montaña que acollen unha gran diversidade biolóxica. Nela concéntrase asi mesmo unha gran diversidade cultural ligada ó uso de recursos naturais, o que fixo posible, según a Unesco, " o manteñemento de comunidades e a conservación de razas autóctonas de gando".
As reservas españolas da biosfera inclúen lugares tan destacados como Ordesa-Viñamala, as illas de Lanzarote, Menorca e El Hierro, as serras de Cazorla e Segura, o parque de Monfragüe, os Picos de Europa, Serra Nevada e a Cuenca Alta do Manzanares, sen olvidar a Doñana e Urdaibai.
O grafeno é unha substancia formada por carbono puro, os seus átomos están dispostos de maneira hexagonal (estrutura similar á do grafito). É un dos materiais máis finos, flexibles, fortes (100 veces máis que o aceiro) e con maior conductividade que existen. Grazas a esto, este material pode ter importantes aplicacións tecnolóxicas.
As propiedades do grafeno resultan ideais para utilizalo como compoñente de circuítos integrados, pero tamén se poderían fabricar televisións máis delgadas e flexibles; potas de cociña que emitan algunha advertencia se detectan a bacteria E.coli; podería utilizarse en tratamentos para médulas espiñales danadas...
Andre Geim e Konstantin Novoselov investigaron sobre este material bidimensional. Novoselov conseguiu aislar grafeno mediante un método simple: exfoliar o grafito pegándolle rápidamente unha cinta adhesiva e frotando con paciencia os copos de grafito adheridos á cinta sobre unha superficie para depositalos nela. A sorte quixo que a superficie elexida fose un cristal de sílice oxidado cuxo espesor de óxido era o adecuado para que o pequeno cristal de grafeno fose visible ó microscopio óptico. Deste modo identificaron varios planos individuais de grafito desacoplado, que presentaban as propiedades cuánticas dun material bidimensional. Os dous científicos demostraron que os electróns se moven no grafeno máis á présa que en calquera outro sólido. Debido ás súas achegas sobre este material conseguiron o Premio Nobel de Física no ano 2010.
O parque natural da Baixa Limia-Xurés, conta dende a semana pasada cunha das oito estacións
con tecnoloxías máis avanzadas a nivel mundial para medir o cambio climático. Coincidindo co Día Europeo da Rede Natura 2000, foi inaugurada a quinta estación metereolóxica,
combinada co parque de O Invernadoiro, que está enmarcada
na rede de medición ClimaDat, un proxecto froito da colaboración de “ La
Caixa”, do Instituto Catalán de Ciencias do Clima (IC3), e en territorio
galego, conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
Esta estación
con instrumental científico de última xeración e alta precisión, avaliará de
forma continua a emisión e captación de gases de efecto
invernadoiro e o contido de radón no
aire, un gas que dará pistas sobre a procedencia das masas de aire que chegan ó
Xurés. Ademais, mediranse os principais parámetros metereolóxicos, para o que
se instalaron anemómetros 2D de control de velocidade e
dirección do vento, así como sensores de temperatura e humidade ambiental,
sensores barométricos e contadores de precipitacións. Estes datos serán públicos
a través da páxina de Internet www.climadat.es e dun blog co mesmo nome, e
poderán ser usados tanto pola comunidade científica como por a cidadanía no seu
conxunto.
Foi elixido este enclave para a instalación da estación
por ser unha zona de transición climática moi influenciada pola oscilación do
Atlántico Norte, condicionante da variabilidade invernal de numerosas rexións ó
Norte de Europa. O Xurés aportará datos que axuden a comprender como o parque
ourensán, integrado no resto de estacións de medición do proxecto, é influído e inflúe no sistema climático.
Durante o
segundo semestre do 2013 instalarase o
resto de instrumental, unha cámara multiespectral que se ubicará en O Invernadoiro,
e controlará a evolución da vexetación da zona. Neste parque atópanse zonas
cunha vexetación que parece protexida da
influencia do home, iso é, con pouca afectación antropoxénica (gandería,
aproveitamento das augas ou incendios
forestais).
O proxecto axudará a entender un
dos maiores retos ó que se enfronta a sociedade actual, o cambio climático; e a buscar solucións para
conservar o medio ambiente.
Seres
humanos ou persoas? Se é a segunda opción, por qué non o demostramos? Temos o
poder nas nosas máns, a opción de convivir ou de destruir o mundo. Somos a
única especie que temos capacidade de raciocinio e sen embargo pomos en perigo
a milleiros de especies que teñen a mala sorte de vivir no mesmo planeta que
nós, porque co ritmo de vida que levamos, non nos chegan os recursos que nos
ofrece.
Motivados pola obtención do seu propio beneficio, como aumentar as comodidades
da súa vida diaria ou a avaricia que crean os cartos, o ser humano non mide as
consecuencias que afectan a todo o que lles rodea.
Para reflexar todo isto e o poder e repercusión de cada unha das nosas accións,
creamos unha pequena historia que vos contaremos a continuación e que está recollida
no vídeo que vos poñemos ao fondo, xunto cun enlace ao cal poderedes acceder e
darlle a "me gusta" de facebook, contribuindo connosco na difusión do
curto e na participación do concurso OCEÁNTICA13'.
Érase unha vez: O Mundo.
Este lugar no
seu día foi chamado Planeta azul xa que contiña o ingrediente fundamental
para a vida: A AUGUA. A partir deste elemento fóronse creando os demais, dende o
máis simple ata o máis complexo creando unha perfecta biodiversidade. Así
apareceron as diferentes especies de animais, os campos, as montañas,
dando lugar aos diversos ecosistemas nun equilibrio perfecto. E no medio de
toda esta natureza, apareceu unha singular especie: O SER HUMANO.
Esta especie, ao
igual que as outras, vaise adaptando, aprendendo e evolucionando ata
facer que o mundo se adapte a él. Vanse agrupando en pequenos
poblados, comezan a cultivar as demais especies someténdoas ao seu control,
crean as familias e o mellor de todo, CREAN OS CARTOS! Este novo elo
introducido na natureza, corrómpea e fará que nunca poda volver a ser como antes…
O desmesurado consumismo das nación máis ricas depende
directamente da extración e do esgotamento dos recursos naturais das nación empobrecidas, coma os países tropicais, ricos en flora, fauna e minerais.
Ata que se esgote a última gota de auga, ata se se
extinga a última especie salvaxe, ata que se tale o derradeiro árbol, ata
entón, non comprenderemos que os cartos non se poden comer.
A todos nos gusta ver o ceo azul, respirar aire puro
cando saímos a dar un paseo, ver aos animais correteando polos montes, poder
bañarte nun entorno natural limpo…
Pero… ¿Qué
facemos nos para coidar o medioambiente e que todo esto poda seguir sendo
posible? Porque soñar é gratis, pero ao fin e ao cabo, as accións individuais
son as que contan.
As persoas non reciclamos, non collemos o transporte
urbano, permitimos que os residuos de basura se virtan nas aguas, queremos
seguir tendo produtos baratos e novos sen importarnos as consecuencias como que
sexan elementos non renovables ou contaminantes… Todo esto para facer a nosa vida
máis cómoda.
Pero… ¿Sabemos
realmente o que conlevan as pequeñas accións?
Deixar o grifo
aberto mentres nos lavamos os dentes, nos enxabonamos ou agardamos a que saia
quente sen importarnos coller ilimitadamente os recursos non renovables. Pensar
que estes recursos non se van a esgotar e seguir empregando derivados deles
para crear cousas innecesarias e satisfacer o noso consumismo, como por
exemplo, os embases individuais, o non reciclado do papel e polo tanto a tala
masiva de árboles, o gasto rutinario de electricidade nos electrodomésticos, o
xeito no que nunca estamos conformes coa temperatura e pretendemos cambiala cos
perxudiciais aires acondicionados e calefaciós favorecendo ao cambio climático
e ao quentamento global.
O CO2 é un gas
que se atopa na atmosfera e ten a propiedade de atrapar a calor. Na medida en
que o CO2 aumenta, máis calor queda atrapado na atmosfera e elévase a
temperatura. Ao ritmo actual, prevese un aumento dun grado en 2020 e de dous
grados en 2050.
A excesiva perda
de recursos e materias primas na produción industrial sen esquecernos da abusiva
emisión de CO2 e gases contaminantes, non deixan de substraer elementos e modificar
o hábitat de outras especies.
Acaso é menos importante ca o noso? Qué che parecería
se un oso entrase na túa casa e depositase todos os residuos de salmóns que
comeu poriba do teu dormitorio? Ou se viñese unha vaca a roubarche o televisor?
Ou mellor aínda, se un polo che collese do frigorífico todas as túas provisións
deixando contaminados o resto de alimentos? Non creo que che gustase que todos
estes animais fosen a defecar a túa casa, como nos facemos con eles, porque
ademáis, a súa casa tamén é a nosa.
Nos océanos, o cambio climático está a afectar na súa
temperatura, o suministro de nutrientes, a corrente mariña, a cadea
alimenticia, os sistemas de ventos, os ciclóns e outros desastres naturais que
se fan cada vez máis común e intensos, coma o desxeo dos polos que produce a
inestabilidade do solo, avalanchas rocosas e a diminución da circulación
oceánica en Groenlandia e a Antártida. Todo esto, afecta a distribución,
abundancia, ciclos reprodutivos de plantas e animais mariños dos cales millóns
de persoas dependemos coma fonte de alimento, ingreso ou recreación.
A absorción en grandes cantidades de dióxido de
carbono podería provocar a desaparición do fitoplacton, planta mariña da que se
alimentan organismos coma o crustáceo, que a súa vez sirve de alimento a
especies mariñas coma a balea azul ou xorobada. E coma este, moitos outros
exemplos que constitúen unha reación en cadea.
A auga precisa moito máis tempo ca o aire para
quentarse. Incluso aunque as emisións de gases de efecto invernadero se
houbesen estabilizado no ano 2000, a temperatura media do planeta continuaría
subindo medio grao Celsius.
O nivel de mar incrementouse xa 9cm no último siglo, e
podería aumentar entre 9 e 88cm no presenta.
Para rematar, faremos un repaso das principais consecuencias
que provocan nosos actos:
-Aumento da temperatura terrestre.
-Cambios na capa de neve, xeo e solo xeado.
-Aumento do nivel e da temperatura do mar, provocando
a acidificación dos mesmos e poñendo en perigo a numerosas especies.
-Aumento da frecuencia e intensidade dos fenómenos meteorolóxicos
extremos.
-Perigo de extinción de numerosas especies animais e
vexetais
-Efectos sobre a agricultura e o sector forestal, os
que poden perder a maioría da súa produtividade.
-Impactos sobre a saúde humana. O número de persoas en
situación de malnutrición aumentará, así coma o de falecidos e enfermos.
Cómo poderíamos imaxinar, que unha simple especie
entre tatas, puidera orixinar tantos
desequilibrios nun mundo tan natural e
perfecto?
Para finalizar, aquí vos deixo o enlace no que podedes aceder ao vídeo e colaborar premendo o 'me gusta' de facebook.
Recordade que as pequenas accións individuais, son as que poden crear grandes cousas e que xuntos, podemos cambiar o destino do mundo.
Hora punta nunha das estacións de metro de Lourghborough (Inglaterra), un pensador mira o balbordo que o rodea e ás numerosas persoas que se atopan no lugar; todas camiñan por baldosas de diferentes cores e formas, a gravidade actúa en cada un deles, e de súpeto, unha idea naceu da cabeza do noso pensador británico Laurance Kemball-Cook: e se puidésemos converter cada paso que damos, enerxía cinética, en enerxía eléctrica?
Como en calquera investigación, hai varias hipóteses, e a elixida esta vez foron unhas baldosas: dun tamaño de 45x60 cm e cun desprazamento cara abaixo de 5 ou 6 mm, esta peza xera oito vatios de enerxía con cada pisada. Isto foi grazas a tres factores importantes: unha magnífica idea, un bo desenrolo do proxecto e un desembolso importante, pero grazas a este invento, axudará a manter limpa a Terra e a obter unha enerxía non contaminante, unha enerxía que se podería aplacar para a iluminación pública, a sinalización, os carteis publicitarios electrónicos, ou incluso, cargar teléfonos.
Cálculos
- Doce baldosas poderían xerar luz para dous barrios.
- Nos Xogos Olímpicos de Londres, capturaron 12 millóns de pisadas, é dicir, poderíanse cargar 10.000 teléfonos durante unha hora e á vez.
- Por último, se capturamos cada paso que damos todos os seres humanos nun día, 25.000 casas poderían ser iluminadas durante un ano
Con 23 centrais eléctricas e 29 minicentrais, 2.139 megavatios de potencia instalada, así coma outros proxectos en curso, tramitados ou en execución, esta provincia é toda unha paisaxe de enerxía "limpa". Ourense, espacio privilexiado, pola súa orografía, riqueza hidrográfica, pluviosidade, para a xeración de enerxía eléctrica, para esto, coa construcción dos encoros vimos como anegar pobos, borrar ríos do mapa, altera-los cauces convertíndoos en meras acumulacións de auga estanca, é tarea fácil.
A colocación de barreiras nos ríos fulminou a presencia de moitas especies - salmóns, anguilas, lampreas, troitas- , antes habituais, ás que se lles impide calquer intento de remonte. Moitos dos encoros eutrofizáronse por non adecentalos antes para a súa chea, a presencia de cianobacterias é xa unha evidencia, o trasvase de augas entre eles extenderá máis o problema. Pero o máis paradóxico e lamentable, é que a súa construcción non supuxo mellora nin impediu o despoboamento, é máis, en moitos casos acelerou ó desenlace.
As hidroeléctricas, moi beneficiadas, non facilitaron un desenrolo coherente, nin revertiron os ingresos na zona, pero sí se apropiaron dos ríos e o seu entorno. Entre outras cuestións porque tampouco houbo unha política que esixira máis contraprestacións -pagan o IBI e o IAE e punto- cando o máis lóxico sería a implantación dun proxecto industrial compensatorio.
Incluso, desatendendo a lei e a lóxica, na provincia dos "mil encoros" pódese ver como algúns municipios depositarios, cando o ano ven seco e sofren restriccións de auga, teñen que ser abastecidos con cisternas.
Paradoxas da vida.
A situación da nosa rede hidrográfica, do noso gran tesouro, " a auga, o ouro do futuro", é lamentable. Para quen seguiu todos estes anos a modificación da paisaxe, a alteración da fauna, a acción mantida por parte das concesionarias, é desesperante.
É evidente que Ourense está sobreexplotada polas concesionarias hidroeléctricas que aproveitaron con creces as particularidades hídricas, morfolóxicas e de irrigación natural para "enriquecerse" coas concesións.
Un estudo
realizado pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN)
revela que España é o país europeo onde se concentra a maior porcentaxe de
especies ameazadas de todo o continente. España contén arredor dunhas 85.000
especies de animais e plantas, o que supón o 54% do total das especies
descritas en Europa e un pouco máis do 5% da biodiversidade mundial. Ademais,
moitas delas son endémicas, é dicir, que tan só se atopan neste recuncho do
planeta.
A pesar destas
esperanzadoras cifras, moitas das especies están en perigo de extinción. O
proxecto tomou como base a Lista Vermella Europea, un catálogo que recolle o
grao de ameaza das especies europeas en perigo, e asegura que o 38% das
especies presentes nesa lista se atopan en España. É a cifra máis alta do
continente, seguida de Grecia (32%) e Portugal (22%). Máis concretamente, o
estudo desvela que no noso país están ameazados o 19% dos mamíferos, o 24% dos
réptiles, o 7% dos anfibios, o 37% dos peixes de auga doce, o 5% das
bolboretas, o 8% das libélulas, o 6% dos escaravellos, o 26% dos moluscos
terrestres, o 34% dos moluscos de auga doce e o 26% das plantas vasculares. A
fragmentación e perda de hábitat, a sobre-explotación de acuíferos, a
contaminación e a introdución de especies invasoras, son as principais ameazas
ó noso patrimonio natural.
Estes datos
resultan preocupantes, pero aínda o é máis que as políticas de biodiversidade
estean practicamente abandonadas polas administracións estatais e autonómicas. “Ecologistas en Acción”, que organizou o pasado martes 21 en Madrid un debate para analizar a
situación da biodiversidade, denuncia que as Comunidades Autónomas respaldan
proxectos que, teoricamente, favorecen o crecemento económico pero en realidade
o único que conseguen é traer graves consecuencias ambientais e sociais (como o
de converter a Galicia nunha gran mina). Ademais, o Ministerio de Agricultura,
Alimentación e Medio Ambiente centra os seus esforzos en cambiar a normativa
ambiental, ocasionando graves consecuencias de desprotección e desregulación
(como o intento de modificar a Lei de Costas). As políticas de conservación
empregadas ata agora son insuficientes para garantir a continuidade da nosa
diversidade. Se se destinasen máis esforzos e recursos para a investigación e o
desenvolvemento de políticas eficaces de xestión, esta conservación podería
asegurarse.
Kaiba Gionfriddo, de 20 mese na actualidade, ao nacer diagnosticaronlle unha terrible enfermidade chamada traqueobroncomalacia, é dicir, unha aletaración na integridade da tráquea, o que provocaba no neno unha falta de osíxeno ao non poder respirar por si mesmo. Tras descubrir qie tiña a enfermidade, os médicos alertaron aos pais de Kaiba da posible morte do seu fillo e ofreceronlles intervir mediante un estudio que estaba sendo desenrolado na Universidade de Michigan (estado no que se atopaba o bebé); os pais accederon a que se levase a cabo a intervención. Durante a operación, o doutor de otorrinolaringoloxía, Glenn Green, e o biomédico, Scott Hollister, diseñaron un dispositivo á medida para que o neno puidese respirar por si mesmo; grazas a un ordenador de alta tecnoloxía e a unha impresora 3D na que os cartuchos, non estaban cheos de tinta senón que de biomaterial denominado poliprolactona (polímero biodegradable con baixo punto de fusión) que é reabsorbible polo corpo á medida que a criatura medra.
Este dispositivo foi introducido nun dos bronquios durante a operación, e ao colocalo, os médicos viron que os pulmóns subían e baixaban, é dicir, o neno ventilaba e a férula estaba dando os seus frutos. Mantiveron ao bebé 21 días con respiración asistida e tras este periodo, Kaiba abandonou o hospital. Actualmente vive sen ningún problema.
A fundación "Young Scientist Award", celebrou o seu 63 aniversario este mércores repartindo, como cada ano, becas aos inxeñosos rapaces. Eesha Khare foi unha das novas premiadas, cunha beca de 50.000 dólares que só foi superada por Ionut Budisteanu, cunha beca de 75.000 dólares por o invento dun coche eléctrico sen conductor, e igualada por Henry Wanjune Lin. A rapaza estadounidende, fartade que ao seu smartphone se lle esgotase a batería rápidamente, pensou unha solución para a corta vida da pila: acertou cando pensou en que os supercondensadores (un material capaz de almacenar unha gran carfa eléctrica) podían facer que os ciclos de carga aumenteasen de 1.000 a 10.000, é dicir, dez veces maior o ciclo de carga, e disminuindo o tempo de carga ata chegar aos 20-30 segundos.
Un novo invento revolucionario xa pensado para todo tipo de aparatos como pantallas flexibles, ordenadores portátiles, etc. En resumo, un novo paso de xigante para a tecnoloxía e a mostra de que os emprendedores tamén poden ser novos.
Non son poucos os individuos
que se uniron á campaña “Salvemos a Galicia da megaminería”, levada a cabo pola
organización Change.
Unha vez máis, a cuestión do
diñeiro interponse pisoteando os dereitos naturais dos seres humanos, neste
caso no proxecto da Xunta en colaboración con multinacionais estranxeiras da
reapertura da mina de ouro de Corcoesto e demais programas da mesma índole que
conducirán a Galicia a converterse nunha mina xigantesca.
O que quizais se agocha detrás
desta noticia son os danos medioambientais e persoais que conleva, resumidos no
seguinte video feito en sinal de protesta e concienciación:
O pasado luns un tornado con gran forza de
destrución azotou a parte Sur de Oklahoma City.
Foi clasificado de nivel EF4 na escala Fujita, que vai dende 0 a 5. Acadou un diámetro de 1700 m (a media é de 150 m). A
velocidade do vento alcanzou os 321 km/h e creou unha espiral de máis de 3 km
de altura. Fixo un percorrido de 35 km (4 veces máis do habitual). Durou 40
min. Con todos estes datos podemos facernos unha idea da magnitude da
catástrofe. Aínda está por confirmar o número de vítimas.
Este tipo de fenómenos son moi comúns nesta rexión nesta
época do ano, aínda que non de tanta intensidade. En maio de 1999, a mesma zona
foi escenario de outro gran tornado. Oklahoma pertence á zona chamada tornado alley, “callejón” ou corredor
dos tornados, que comprende boa parte das chairas interiores do Este e do Sur
de Estados Unidos. É unha das zonas do mundo máis castigada por este fenómeno.
Os tornados fórmanse a partir de grandes tormentas que se
producen cando unha masa de aire frío e seco atópase con unha de aire quente e
húmido. Ás grandes tormentas en rotación que orixinan os tornados chámaselles superceldas . O choque de masas de aire con gran diferenza de
temperatura fai que se forme unha intensa corrente húmida que ascende en
espiral ata unha gran altura (mesociclón). A medida que ascende, o aire arrefríase, condénsase e
forma xigantescas nubes de tormenta, os cumulonimbos. Ó chegar arriba, fórmanse correntes descendentes e
laterais que ensanchan a parte superior da nube, dando o típico aspecto de “ yunque”,
estreito no medio e moi ancho arriba. A parte de abaixo do mesociclón pode
estreitarse máis e descender ata tocar ó solo. Así orixinase a imaxe típica do funil
ou cheminea. Ó tocar o solo, aumenta
moito a súa velocidade e vai levantando todo o que atopa no seu percorrido.
Unha das hipóteses que se manexan na influencia da
formación destes fenómenos é o quecemento da atmosfera provocado pola
combustión de combustibles fósiles, carbón -sobre todo-, petróleo e gas natural.
Dáse a circunstancia de que o estado de Oklahoma é un territorio de petróleo e de
gas; e o Partido Republicano de EEUU, que cuestiona a validez do quecemento
global, ten a maior representación neste Estado.
A forza da natureza
é invencible. E nós participamos indirectamente no desencadeamento de moitas
catástrofes.
O Landsat da Data Continuity Mission(LDCM) é un satélite da NASA cuxa misión é monitorizar a Terra dende a
atmosfera e poder así estudar os recursos necesarios para a sosteñibilidade da
humanidade, tanto en alimento como auga e bosques. Ademais de controlar o
impacto do crecemento de poboación, rexistra tamén os cambios que se producen
no clima. Este tipo de satélites teñen unha órbita circular heliosincrónica ó
redor da Terra a 705
kilómetros de altura. Con esta órbita, cada vez que cruzan o
Ecuador, fano de Norte a Sur en 15 minutos.
Este satélite
escaneou unha franxa da Terra de 9600 kilómetros de
longo e 185 de ancho (19 megapíxeles), obtendo así unha incrible fotografía
panorámica do noso planeta, a máis ampla tomada ata o momento. Abarca dende o
centro de Rusia ata o norte de Sudáfrica. Nesta imaxe o 90% é terra, o que é
pouco doado de lograr para unha panorámica tendo en conta que o noso planeta
está cuberto de auga preto dun 70%. Na páxina web da misión recóllense todas as
imaxes nun mosaico en alta definición:
Segundo un estudo
feito por varias universidades de Europa, o ser humán é máis tonto que fai dous
séculos.
Este estudo
afirma que os homes e mulleres da época vitoriana (época do reinado da raíña
Vitoria de Inglaterra (1837-1901)) que destaca pola exaltación tanto científica
como artística, eran moito máis intelixentes que na actualidade. Tamén asegura que
a intelixencia dos países occidentais descendeu de forma notable desde fai uns
séculos.
Parece ser que os
científicos realizaron unhas probas aos cidadáns desde finais do século XIX ata
a actualidade baseándose nos tempos de reacción aos estímulos visuais. E isto deu
un resultado lamentable en canto á velocidade dos nosos reflexos xa que é moito
máis penosa que a dos nosos antepasados.
Ademais, os
científicos descubriron que un home promedio tiña un tempo de reacción de 183
milisegundos en 1884, un tempo que aumentou ata os 253 milisegundos en 2004. No
mesmo período, o tempo de reacción das mulleres ascendeu aínda máis; de 188 a 261.
O tempo de
reacción ante un estímulo considérase bo indicador da intelixencia dun
individuo (sen importar o nivel de educación) e por iso, os investigadores
conclúen que as actuais xeracións teñen un cociente intelectual 14 puntos
inferior ao dos seus antepasados vitorianos (1,23 puntos menos por década).
Esta cifra contradi o chamado efecto Flynn, según o cal o cociente intelectual
da poboación tende a aumentar cada ano desde a Segunda Guerra Mundial.
Segundo explica
no diario británico The Telegraph Michael Woodley, investigador da Universidade
de Umea en Suecia e responsable do estudo, que se publica na revista
Intelligence, «a nosa intelixencia diminuída débese probablemente a unha
'marcha atrás' no proceso da selección natural. As persoas máis intelixentes
teñen agora menos fillos que en décadas anteriores (polas presións da vida
moderna), mentres que as persoas con xenes menos favorables teñen máis». O
estudo é polémico e seguramente encontrará oposición na comunidade científica
“Da penuria da situación económica española
non só falan as dramáticas cifras do paro (6.202.700 desempregados). A taxa de
temporalidade e a consecuente precarización no emprego é unha das máis altas de
Europa. Un de cada catro contratos é temporal, o que responde á estrutura
económica dun país na que predominan o turismo e a construción. O primeiro está
lastrado pola estacionalidade. O segundo, por man de obra pouco cualificada.
Que está a facer España para saír airosa da crise e corrixir as súas debilidades
endémicas?
A resposta púidose atopar esta semana nos
espazos dedicados á ciencia dos medios de comunicación. As historias de Ana
María Martínez Gil, química; Diego Martínez Santos, físico, e Nuria Martí
Gutiérrez, bióloga, son máis que elocuentes.
Ana María Martínez Gil traballa no Instituto
de Química Médica do CSIC (Centro Superior de Investigacións Científicas) e
tivo que suspender a investigación sobre o Alzheimer na que estaba traballando.
Acabouse o diñeiro, así que non poderá seguir indagando, de momento, sobre o
fármaco que analizaba para combater tan terrible enfermidade.
Diego Martínez leva varios anos traballando
fóra de España. Primeiro estivo no CERN (o Laboratorio Europeo de Física de Partículas)
e agora no Nikhef, o Instituto de Física de Partículas de Holanda. Pretendía
volver a España e inscribiuse na convocatoria das bolsas Ramón e Cajal, pero
nin sequera foi preseleccionado. Dáse a circunstancia de que se decatou ao
mesmo tempo de que a Sociedade Europea de Física dáballe o premio ao mellor
físico novo de Europa, pero no Ministerio de Economía (do que depende a
Secretaría de Estado de Investigación) rexeitáronlle por falta de liderado
internacional. Martínez mostrou a súa perplexidade, pero tamén a súa
comprensión. Os tallos neste sector foron tan drásticos que non hai sitio para
tanto talento. As bolsas Ramón e Cajal (contratos, en realidade, de
investigadores para cinco anos) iniciáronse en 2001 con convocatorias de 780
prazas anuais. O ano pasado nin sequera houbo convocatoria e para este
adxudicáronse só 175 postos.
A historia de Nuria Martí non é moi distinta.
Traballaba no Centro de Investigación Príncipe Felipe de Valencia, pero os
recortes desembocaron nun ERE no que resultou afectada. Aquí tamén o tallazo
foi espectacular. O Goberno valenciano reduciu á metade en 2011 o orzamento
deste centro, que pasou de 9,8 millóns de euros anuais a 4,6. O despedimento
deixou a 113 traballadores na rúa, moitos deles investigadores con evidente
talento e forzou o peche de 14 dos 26 laboratorios existentes. A bióloga pediu
traballo na Universidade de Saúde e Ciencia de Oregón e déronllo. Alí traballa
agora e alí participou xustamente nun dos máis espectaculares avances da
biomedicina dos últimos tempos: a obtención mediante clonación de células nai
humanas, un fito histórico da historia da ciencia.
A educación e un alto e sostido investimento
en I+D+i (investimento, desenvolvemento e innovación) son claves para a
economía dun país, especialmente se este non dispón doutras fontes naturais de
riqueza. Pero este Goberno (e con el as grandes empresas públicas e privadas)
non parece disposto a modificar esta pobre estrutura, cunha baixa intensidade
de investimento tanto público como privada en I+D+i e unha alta proporción de ingresos
provenientes do turismo e o ladrillo. Os recortes en Educación e investigación
son os primeiros que acometeu, torpedeando as humildes melloras rexistradas nos
anos precedentes.
A única receita do Goberno para sacar a España do coma económico no que
está sumida é a reforma laboral. Despreza outras ferramentas como a reforma da
Administración, colonizada polos políticos, ou liñas financeiras que si hai
para outros sectores, como o do automóbil, no que España non dispón de patentes
e, por tanto, do valor engadido que enriquece a un país. E o caso é que, como
di Joan Guinovart, director do Instituto de Biomédica, para incentivar a
investigación non fan falla grandes sumas de diñeiro. O que fai falla, creo eu,
é unha visión de longo alcance. Pero diso tamén carecemos.”
Este artigo foi publicado no pariódico dixital
“El País”, baixo o título ¿Qué necesita
tanto talento?.Foi escrito por Gabriela Cañas, e gustaríame invitar a todo
o que lea o meu post a reflexionar. Reflexionar sobre a nosa situación, a dos
estudantes que vemos cada día noticias como a destes xóvenes científicos, e
tamén vemos aumentada a cifra dos novos emigrantes. Reflexionar e ver que,
cando un rapaz deixa os seus estudos, ou non os deixa pero non busca dar o
mellor de sí, non nos debería extrañar, porque a realidade non é a que nos
pintaban hai uns anos, cando nos dicían que con estudar xa o tiñamos todo
arranxado. Agora non. Agora, para traballar en España tes que ter “contactos”,
ou se non, por moito que traballes no CERN, ou porque esteas buscando a cura ó
mal do século XXI, aquí non vas traballar.