Bosón de higgs from iesotero
Cintia Fernández Pérez e Lara Blanco González 1º Bacharelato D
Un equipo internacional de astrónomos anuncia o descubrimento da galaxía máis lonxana do universo. Encontrase a unha distacia de 13.280 millóns de anos luz, o que ven sendo uns 42 millóns de anos luz desde o monmento no que se produxo o Big Bang. Este descubrimento da NASA será publicado o próximo mes en The Astrophysical Journal.
Os científicos pensan que esta galaxia se trata dun estadio na formación dunha galaxia maior. Os datos indican un diámetro de 600 anos luz, moi pouco comparado coa Vía Láctea. “ O obxeto – sinala Dan Coe, autor principal deste estudio- pode ser un dos moitos bloques de construcción dunha galaxia”.
Conta o científico
Schödel ( traballador do CSIC) que agora que se coñecen dúas estrelas con
orbitas próximas ao burato negro podese comprobar a teoría da relatividade
xeral baixo condicións de gravedade extrema.
Ramón Verea é un
dos grandes pais da calculadora moderna. Non é considerado o seu inventor posto
que non foi o único que investigou neste ámbito, pero si que os seus estudos
foron imprescindibles para o desenrolo desta máquina que hoxe consideramos
común, pero que no seu momento deu moitos quebradeiros de cabeza. Ramón Verea
naceu nunha pequena aldea do concello de A Estrada en 1833. En 1855, debido a
súa inquietude aventureira decidiu emigrar a terras americanas: primeiro a Cuba
e posteriormente a Nova York, onde deu o paso máis importante da súa carreira
cara o ámbito científico, tendo un pasado polifacético que comprende dende os
seus estudos nun seminario de Santiago de Compostela ata o seu posto de
comercial de maquinaria (onde aprendeu
grandes coñecementos sobre a tecnoloxía do momento), pasando pola súa labor
de mestre ou de escritor e periodista. En Nova York foi onde experimentou ata
inventar a primeira calculadora capaz de resolver sumas, restas, multiplicacións
e divisións entre números de nove cifras de forma directa, sen usar o mecanismo
das voltas de manivelas e nun tempo de 20 segundos, algo asombroso para a
época. A máquina tiña unhas dimensións considerables e un peso de 22 kg.
Rexistrou o seu invento na Oficina de Patentes dos Estados Unidos en setembro
de 1878.