jueves, 27 de enero de 2011
Os neandertais puideron ter fillos cos sapiens.
Según un estudio feito na Universidade de Novo México e presentado nun congreso en EEUU, os antecesores dos humanos actuais e os neandertais puidéronse cruzar en dúas ocasións tendo descendencia. O traballo realizouse analizando ADN de 1983 persoas buscando características de neandertais e outras especies extinguidas do xénero Homo. O traballo comparou 600 marcadores do xenoma, chamados microsatélites, que se usaron para diferenciar xenéticamente a diferentes poblacións actuais e emparentalas coas poblacións ancestrais que viviron fai miles de anos Os resultados manteñen que producironse 2 grandes episodios de cruce entre especies, o primeiro fai 60000 anos nas costas do Mediterráneo e o segundo 45000 anos atrás, no leste de Asia.
miércoles, 26 de enero de 2011
Outro descubrimento en Atapuerca
Outro novo achado máis súmase a lista de descubrimentos en Atapuerca. Esta vez trátase dun roedor, de 1,2 m.a. exactamente a rata de auga máis antiga da historia, a Arvícola jacobeo, con 1.2 millóns de anos. Mide entre 18 e 22 centímetros entre a cabeza e o resto do corpo, unha cola entre 10 e 14 centímetros, e un peso entre 155 e 300 gramos, medidas moi parecidas á do animal actual.
Gracias a este descubrimento xa se extraeron conclusións como que os primeiros roedores puideron andar polos terreos de Atapuerca e que vivíu na Sima do Elefante( en Atapuerca).
Esta rata de auga diferénciase doutra da mesma cronoloxía, Mimomys savini, en que a actualmente encontrada ten os dentes máis pequenos e co esmalte máis groso.
Un dos investigadores, Jordi Agustí, aclarou que a Arvícola jacobeo ten que ver ca orixe da rata de auga ibérica Arvícola sapidus e pode axudar a reconstruir o súa árbore filoxenética.
Etiquetas:
Evolución,
Paleontoloxía
Tierra - La película de nuestro planeta.
Aquí vos deixo unha película que me parece moi interesante. Vai sobre a diversidade do noso planeta. . Espero que vos guste.
Celebramos a entrada 10000
Rapaces xa chegamos a 10000. Empezamos a nosa andaina o 9 de outubro e seguimos crecendo. Creo que podemos estar contentos co resultado. Espero que sigades animados a colaborar, tanto os blogueros, como os seguidores. O éxito do noso edublog é o resultado da participación de todos. Para celebralo déixovos un pouco de humor sobre o últimos tema traballado en CMC.
A ciencia tamén se precipita, comete erros e recibe duras críticas.
- Astrónomos das Universidades de California e do Instituto de Washington anunciaron en septembro do ano pasado o descubrimento dun planeta extrasolar Gliese 581g, que era o máis parecido a Terra ata o momento. O novo mundo, segundo os científicos era "potencialmente habitable”. A noticia percorreu o mundo. Sen embargo, despois de quince días, un equipo con sede en Suíza, cuestionou as súas conclusións xa que non encontraban ningún rastro do exoplaneta en ningunha das súas observación.
- Unha decepción semellante ocorreu dous meses despois, no campo da bioloxía, cando a NASA deu a coñecer a existencia de bacterias capaces de manter o seu crecemento en arsénico.
Foron prematuras estas investigacións?
No caso do planeta Gliese, un membro do grupo de Carnegie recoñeceu despois que se necesitaban máis estudos para consolidar as probas da súa existencia. En canto á bacteria, a súa descubridora, Felisa Wolfe-Simon, reafirmouse na validez do seu traballo e foi posto a disposición de outros científicos, pero o varapalo foi moi grande e o dano, difícil de subsanar.
Por que motivo os científicos adiántanse á hora de facer públicos os seus resultados?
- O rápido avance nalgunos campos do coñecemento fan que en determinadas ocasións, teñan excesiva presa por facer públicos os seus resultados, impulsados polo temor a que outros poidan apropiarse das súas ideas.
- Tamén está en xogo outro factor, a publicación nunha revista científica de prestixio, como «Science», «Nature» ou «The Lancet», implica gañar puntos no curriculum o que trae consigo certa presión por publicar. Este é motivo polo que o CSIC comezou a primar a calidade dos traballos e non a cantidade.
Cal é o método que estas revistas máis coñecidas seguen para non publicar calquera resultado erróneo?
Tanto o artículo da bacteria da NASA como o outro, pasara todos os filtros da edición de «Science», o que invita a pensar se pode existir algún erro na selección de traballos por parte das revistas especializadas.
Jordi Bascompte, un dos dous únicos españois no comité editorial da famosa revista, asegura que o método que se emplea é a mellor posible, xa que se basea na revisión por pares. O procedemento é o seguinte: Chegan a «Science» diversos artículos que son filtrados polos membros do comité editorial, formado por 150 científicos de todo o mundo e de todas as áreas. Cada un recibe arredor de tres manuscritos. Fan un primeiro filtrado e avalían se o traballo é veraz e novidoso. Purgan o 75% dos artículos. O resto continúa o seu camiño e cada un deles envíase a tres ou catro expertos externos, revisores que o desmenuzan en busca de fallos. Segundo o resultado, o editor toma a decisión de publicalo ou non. Menos do 1% son retirados posteriormente da revista por conter erros ou ser unha falacia.
Fraudes aceptados e xenios ninguneados
- Un dos maiores fraudes da historia da Ciencia, e tamén un dos máis recentes, foi o cometido polo investigador Hwang Woo-suk, condenado a dous anos de cárcere en 2009 por anunciar que conseguira clonar por primeira vez embrións humanos. Un engano absoluto.
- Polo contrario, algunhas investigacións foron rexeitadas no seu día ao ser consideradas falsas. Por exemplo o inventor do láser ou o investigador alemán Ernst Chladni que foi desacreditado por propoñer que caían meteoritos do espazo. Para ver outros casos click aquí.
Feito por Iván Gallego Gómez 1º Bacharelato A
martes, 25 de enero de 2011
Encontro con profesor Humberto Michinel
O 10 de novembro en un post titulado en Ourense tamén se fai Ciencia comentamos as investigacións realizadas por un equipo de físicos liderados polo doutor Humberto Michinel. Como non entendiamos a temática do traballo, púxenme en contacto con el por mail e pedinlle que nos explicase algunhas cuestións un pouco máis. Dadas as dificultades da constestación por correo electrónico, ofreceume que o visitara para poder explicar a miñas dúbidas en persoa. O pasado dezaseis de novembro, o meu compañeiro, Daniel, e máis eu tivemos a sorte de ter un encontro co profesor Humberto Michinel. Foi unha reunión moi gratificante, contounos as bases do seu traballo, entre outras moitas cousas e tamén ensinounos as instalacións onde traballan. Indicounos que foi admitido no Instituto Max Planck en Alemaña, onde vai seguir investigando os láseres durante un ano, a partir do vindeiro mes de febreiro.
Aquí déixovos un vídeo cas súas explicacións que nos permitiu gravar tamén os deixo a noticia onde aparece máis detalles do seu novo traballo.
Andrea Gerpe Acosta 1º A
Etiquetas:
Ciencia en España,
Científicos,
Traballos alumnado,
Videos interesantes
lunes, 24 de enero de 2011
A importancia dos ratos na evolución dos mamíferos
Todos sabemos a mala fama que ten os ratos por aparecer no entorno no que vivimos e transmitir enfermidades. Así e todo, teñen unha notable importancia en investigación científica xa que aportan sobre as antigas contornas nos que viviron os nosos antepasados humanos e outros mamíferos prehistóricos. Os roedores prosperaron no África prehistórica desde os desertos ata as selvas tropicais, o que os converteu nunha fonte de alimentos estable e abundante, tal como sinala a paleontóloga Alisa J. Winkler, da Universidade Metodista do sur, Estados Unidos. Agora, os fósiles desta especie están sendo máis útiles que nunca, aportando datos sobre a ecoloxía local, sobre os cambios ambientais a través do tempo e sobre a evolución humana. Todos estes datos son recollidos nun estudo da mesma científica xunto con Margaret Avery, do museo Iziko de Sudáfrica.
Os ratos son unha das especies máis comúns en África nos últimos 50 millóns de anos.
Texto editado por Andrea Fernández Novoa 1ºBach B
Paseo pola célula eucariótica
Tamén é moi interesante o seguinte enlace: Animacións de citoloxía.
Déixovos ademais un video realizado por dous alumnos que están hoxe en 2º de Bacharelato: Javier Pumares e Susana Primo.
Etiquetas:
Traballos alumnado,
Videos interesantes
domingo, 23 de enero de 2011
Mañá Luns...
Un investigador Británico, asegura que o peor día dos 365 días do ano para o estado de ánimo, é exactamente o 24 de xaneiro de este ano, ademais é Luns!
Pero... como sabe este investigador isto?
O doutor Cliff Arnalls, mestre na universidade de Cardiff, deseñou unha fórmula matemática para explicar o seu descubrimento:1/8C+(D-d) 3/8xTI MxNA.
Concretamente, a "C" é o factor climático: en xaneiro os días son moito máis grises e fríos no Reino Unido. En España esperase sol, pero temperaturas moi baixas.
A "D" maiúscula representa as deudas adquiridas durante o período navideño. O pago das tarxetas de crédito o final de mes acercase de forma inexorable. Os agasallos, as ceas e comidas fora de casa, as viaxes,a lotería, gastos extra que forzan máis do habitual o estado das nosas contas bancarias.
A "d" minúscula refírese o diñeiro que se cobra en xaneiro e a "T" é o tempo transcorrido dende o Nadal.
A "I" representa o período dende o último intento de deixar un mal hábito: Os bos propósitos ao comezo de ano comenzan a ser arrinconados por moitos: deixar de fumar, ir o ximnasio, manter a liña, ecétera.
Non obstante, as motivacións contan, e o profesor Arnalls as inclúe na súa fórmula ca letra "M". A "NA" , o final, é a necesidade de actuar para cambiar a vida, según o investigador.
Con ista fórmula, dalgunha maneira, calculou que é o 24 de Xaneiro (exactamente un mes despois da Noiteboa) é o día máis terrible do ano.
Pero... será isto certo?
Liliana Villar Whyte 1ºBach A
Etiquetas:
AAAAAtención,
curiosidades
A fealdade do Homo Neardenthal, non está relacionada co frío
Cientificos rexeitan a hipótese imposta durante anos de que os rasgos de este grupo de humanos, incluida a súa gran nariz, foran unha adaptacion ás baixas temperaturas.
O rostro destes hominidos caracterizábase por ser moi grande e pouco agraciado cuns pomulos saíntes e nariz longa e anchisima.
Durante moitas décadas, os científicos atribuiron esta caracteristicas físicas a unha adaptación evolutiva ó intenso frío dos períodos glaciares, pois os senos nasais grandes son necesarios para quentar o aire que se inhala.
Agora,un grupo de científicos británicos aseguran que atribuir este aspecto, tan diferente do común do home moderno, a unha adaptación ao frío non ten ningún sentido. Traballaron con datos fornecidos por raios X e de tomografía computarizada de cranios de nove neandertais de máis de 28.000 anos de antigüidade e de Homo sapiens de 300 a 1.500 anos. Os científicos utilizaron cranios medievais do Homo sapiens porque querían ter datos anteriores á aparición do aire acondicionado e a calefacción central, que podería alterar os resultados. As conclusións das Investigacións sinalan que os neandertais tiñan seos nasais máis grandes que o home moderno, pero a proporción entre o tamaño do seo e o da cara era a mesma en ambas as especies, isto axudoulles a chegar á conclusión de que os seus rasgos non tiñan nada que ver coa adaptación ao frío.
Os resultados obtidos abren novas incognitas sobre a vida do Homo Neardenthal, o entorno no que vivían e o seu desenvolvemento. É posible que non evolucionaran para sobrevivir na durísima tundra de Europa, senón que quizais estaban acostumados aos climas máis cálidos onde a posibilidade de obter alimento era máis elevada.
Unha investigación publicada recentemente desvelaba que o Homo Neardenthal, ao que se lle atribuira ser consumidor de carne, cocinaba e consumía unha gran variedade de vexetais. Entre os seus dentes atoparonse restos de grans de amidón, raíces e tubérculos.
Ver a recreación deste homínido no documental do post: http://acienciatamenecultura.blogspot.com/2011/01/episodio-4-da-serie-caminando-con.html
Para máis imformación:
Tatiana Nespereira Campuzano 1ºBac B
Un ovo aclara o sexo dos pterosaurios
Un día do Xurásico medio, un pterosaurio (bautizado como señora T) rompeu o á esquerda caeu nun lago do nordés de China, onde morreu. O seu corpo quedou depositado no fondo, uns 160 millóns de anos despois foi descuberto e os investigadores non dubidan de que o fósil atopado era unha femia xa que contén un ovo que o animal nunca puxo. Polo desenvolvemento do ovo sábese que esta femia ía polo en cuestión de horas.
O fósil fascinaría ao pai da teoría da evolución, xa que permite identificar machos e femias. Mostra que as femias Darwinopterus tiñan as cadeiras máis anchas que os machos, para facilitar a posta de ovos. A pterosauria, non loce a típica crista que aparece noutros fósiles.
O atributo levábano só os machos para apabullar aos seus rivais ou encandear as femias . A crista servirá agora para distinguir machos de femias en moitas das 140 especies de pterosaurios coñecidas. A crista podería ter usos diferentes segundo a especie. O achado descarta que as cristas axudasen ao voo, aínda pode ser que axudasen a regular a calor.
O fósil da señora T tamén demostra que a sexualidade ptserosauria era de réptil e non de ave. Os seus ovos non tiñan casca dura e estaban moito menos desenvolvidos no momento da posta. Enterrábanos e despois gañaban ata o dobre ou o triplo do seu tamaño antes de que nacese a cría. Ese tipo de reprodución esixía menos esforzo que nos dinosauros, dos que as aves herdaron os seus ovos con casca dura. O que tal vez nunca se saiba é que lle partiu o á, puido ser a erupción dun volcán, pois o fósil conserva cinza.
O fósil da señora T tamén demostra que a sexualidade ptserosauria era de réptil e non de ave. Os seus ovos non tiñan casca dura e estaban moito menos desenvolvidos no momento da posta. Enterrábanos e despois gañaban ata o dobre ou o triplo do seu tamaño antes de que nacese a cría. Ese tipo de reprodución esixía menos esforzo que nos dinosauros, dos que as aves herdaron os seus ovos con casca dura. O que tal vez nunca se saiba é que lle partiu o á, puido ser a erupción dun volcán, pois o fósil conserva cinza.
Para máis información:
Feito por Yurema Seara Núñez 1ºB
Etiquetas:
Evolución,
Paleontoloxía
As tormentas eléctricas fabrican antimateria
Facendo uso do Telescopio Espacial Fermi de Raios Gamma, da NASA, os científicos detectaron feixes de antimateria producidos por encima das tormentas eléctricas na Terra, un fenómeno nunca antes observado.
Os científicos cren que as partículas de antimateria foron creadas dentro das tormentas eléctricas nun Escintileo de Raios Gamma Terrestre ou DRGT, por as súas siglas en español ou Terrestrial Gamma-ray Flash o TGF, (en inglés). Estímase que diaramente prodúcense ao redor de 500 TGF en todo o mundo, pero a maioría deles non son detectados. Estes sinais son a primeira evidencia directa de que as tormentas eléctricas poden crear feixes de partículas de antimateria", dixo Michael Briggs, onde se presentou este descubrimento o pasado luns nunha conferencia que levou a cabo durante a reunión da Sociedade Astronómica Estadounidense, en Seattle.
O telescopio Fermi está deseñado para monitorizar os raios gamma, que constitúen a forma máis enerxética de luz. Cando a antimateria que golpea a este telescopio choca cunha partícula de materia normal, ambas as partículas son inmediatamente aniquiladas e transformadas en raios gamma. O GBM (Gamma-ray Burst Monitor / Monitor de Destellos de Rayos Gamma) detectou raios gamma con enerxías de 511.000 electrónvoltios, o cal indica que un electrón atopou o seu contraparte de antimateria, un positrón.
Os científicos sospeitaron durante moito tempo que os TGF son producidos polos intensos campos eléctricos nas proximidades da parte superior das tormentas eléctricas. Se as condicións son as adecuadas, din, o campo vólvese o suficientemente forte como para producir unha avalancha ascendente de electróns. Estes electróns de alta enerxía, que alcanzan velocidades próximas á da luz, despiden raios gamma cando son desviados polas moléculas de aire. Usualmente, estes raios gamma son detectados como un TGF.
Os resultados proporcionados polo telescopio Fermi lévannos un paso máis preto no camiño para entender como é que funcionan os TGF Aúnque aínda falta descifrar que é o que fai especial a estas tormentas eléctricas e ao papel específico que xogan os relámpagos no proceso.
feito por Antia Arias Garcia 1ºB
sábado, 22 de enero de 2011
A panspermia cobra forza
Os investigadores do centro Goddard en Greenbelt, Maryland, descubriron un exceso da forma zurda do aminoácido isovalina en mostras de meteoritos que proviñan de asteroides ricos en carbono. Os expertos cren que este tipo de vida puido ter o seu inicio no espazo, onde as condicións parecen ser favorables. Os impactos dos meteoritos poderían ter traído á Terra este material.
Un elemento fundamental para a vida tal e como a coñecemos hoxe en día é a auga e así di Daniel Glavin, do centro Goddard e autor principal da investigación, "a auga líquida nos asteroides parece ser a clave, aínda que tampouco podemos descartar a radiación". É posible que a radiación encontrada polo noso Sistema Solar na súa xuventude favorecese o crecemento dos aminoácidos zurdos, ou que os destros fosen máis débiles e máis propensos a ser destruídos. Glavin cre que, noutros sistemas solares, quizais as bases da vida poden ser as contrarias.
En busca del fuego
Recoméndovos esta película ambientada na prehistoria e na supervivencia de tres neanderthais, que saben onde buscar o lume pero non saben crealo, e polo tanto danlle todo o sentido da súa vida á súa busca, xa que lles proporciona protección, calor, permítelles dixerir mellor os alimentos... As cousas cambian cando coñecen a unha tribu de Homo Sapiens, en especial a unha rapaza desa tribu.
No seguinte archivo podedes ver datos sobre a película: sinopse, secuenciación e información complementaria.
Na miña opinión é unha película moi ben realizada e ten as súas partes moi graciosas, a pesar de non ter diálogos.
En busca del fuego
View more documents from cmcbacharelato
Tamara Fernández, 1ºBacharelato C
Etiquetas:
Evolución,
Películas,
Videos interesantes
Gran parte dos anfibios e réptiles poderán desaparecer!
![]() |
Rá pirenaica |
O Centro Tecnolóxico Forestal de Cataluña (CTFC) lidera o proxecto Cambiaré?, este proxecto avísanos de que se non se corrixe a tendencia actual, debido o cambio climático, o 55% dos anfibios e réptiles da Península Ibérica poden reducir máis da metade a súa area de distribución. Este feito supón a un gran deterioro do estado de conservación de moitas especies, ata chegar o punto de poder conducir a extinción de ata una terceira parte de comunidade de anfibios e réptiles de España.
Identificar os impactos do cambio global sobre 70 especies de anfibios e réptiles, que según as predicións obtidas con técnicas de modelización de biodiversidad, en 2020 producirase unha perdida do 60% das areas climaticamente adecuadas para anfibios e réptiles, do 20% para o ano 2050 e do 55% para o ano 2080.
Cales son as especies máis ameazadas?
![]() |
Tartaruga mediterránea |
En canto os réptiles son: a tartaruga mediterránea e a lagartixa batueca, estas dúas especies sufrirán graves impactos negativos por causa do cambio global.
Por que están moitas especies en perigo de extinción?
Lagartixa batueca |
Ariana Pascual Sas 1ºC
viernes, 21 de enero de 2011
Carta aberta dun científico a Alejandro Sanz
http://www.publico.es/culturas/357293/alejandro-sanz-equipara-los-derechos-de-autor-a-los-de-los-ninos-africanos
Déixovos unha carta que lle dirixe Lucas Sánchez, científico investigador do Centro Nacional de Biotecnoloxía, a Alejandro Sanz con motivo da Lei Sinde. É tan contundente que eu prefiro que a comentedes vós.
Carta Abierta a Alejandro Sanz
21 Jan. 2011
Hola Alejandro,
Hace muchos días que ando dándole vueltas a la ley Sinde, a los derechos de autor, y leyendo tus desafortunados tweets. Ahora que tengo las tres cosas juntitas, déjame que te comente algunas cosas.
Soy científico, investigador del Centro Nacional de Biotecnología y actualmente “Visiting Assistant in Research” en la Yale School of Medicine, en New Haven, Conneticcut.
Trabajo en el desarrollo de vacunas para el tercer mundo, centrando mis esfuerzos en la Leishmaniasis, una enfermedad olvidada que mata e incapacita en África, Asia y Sudamérica. Sí, esos mismos sitios para los que, de vez en cuando, puedes montar una parranda benéfica. Y aunque no lo sepas (y muchas personas no lo saben) es esa enfermedad que hace que miles de pobres niños tengan el vientre hinchado y mueran. La misma que hace que sus padres no puedan trabajar. Entre nosotros, ese tipo de enfermedades que hace que el tercer mundo siga siendo tercer mundo.
Cuando consigo que mi trabajo funcione, tras muchísimas horas de laboratorio exponiéndome a múltiples riesgos para mi salud, intento publicar mis resultados. ¿Sabes lo que pasa cuando lo hago? Que la revista se queda con todos mis derechos de autor. CON TODOS. Si quiero, no sé, poner una figura de mi trabajo en algún otro formato, tengo que pedir permiso. Por mi figura. Por mi trabajo. Y te hablo de figuras en blanco y negro. En color no podemos pagarlas.
¿Sabes por qué? Porque PAGO POR PUBLICAR. Sí, en serio, lo hacemos. Mi laboratorio tiene que pagar para poder difundir los avances científicos que puedan curar a esos niños o a sus padres en el futuro. PAGO POR PUBLICAR y tengo que pedir permiso por mi figura, por mi trabajo.
Ahora podrías meter en 140 caracteres que luchar por mis derechos no me impide que tu lo hagas por los tuyos, yo seguiría leyendo.
Desde que el hombre es hombre, desde que el ser humano es humano, ha demostrado que necesita expresar sus sentimientos. Y de ahí surgió el arte. También, al mismo tiempo, surgieron las preguntas de qué hacía aquí. Los famosos “de dónde vengo, quién soy, y a dónde voy”.
Y es que las dos cosas, ciencia y arte, son humanas, pero no por ello profesiones.
Mira, no sé, 100 o 200 años atrás. El arte lo hacía el que podía permitírselo. Y la ciencia también. Hasta Darwin descubrió el origen de las especies en un tour por el mundo, en el que vio que los pinzones de unas islas tenían los picos más grandes que otros. La gran revolución científica vino de un viaje de alguien que pudo permitírselo.
Ahora, industria mediante, los artistas cobran por entretener y los científicos cobran por descubrir cosas. Una maravilla para los que no somos de familias ricas y queremos hacer ciencia o arte.
Yo me he quejado y mucho de mi falta de derechos. De intentar defender lo que ahora, para mí, es más que un reconocido trabajo. Y también creo cosas.
La diferencia es que yo con un salario tengo. Y lucho por un salario digno. QUE ME PAGUEN POR MI TRABAJO. No creo que tenga sentido que me paguen tiempo después por mis logros. Te recuerdo que lo que yo quiero es una vacuna para el tercer mundo. Y pagar mis facturas. No quiero ningún rendimiento extra que no me merezco. No quiero derechos de autor, quiero que mis avances sigan derechos a conseguir su objetivo.
Entiendo que quieras que te paguen por tu trabajo. Y deberías (que lo haces) negociar lo que te paga una discográfica por grabar un nuevo disco. O que defiendas tu caché en los escenarios. Pero cobrar también impuestos sobre los CD´s , discos duros, lo-que-sea que la S.G.A.E quiera inventar para sangrar al ciudadano medio, perdóname muy mucho, pero yo, lo veo excesivo. Intentar lanzar una ley que te permita cobrar más de lo que te toca porque la industria que a ti te trata bien se está muriendo, lo siento, pero no. Limitar las libertades individuales para maximizar vuestro beneficio no es justo.
¿Sabes por qué tengo un blog de divulgación científica? Para que el mundo vea que la ciencia es importante. Para que posiblemente en el futuro sea una profesión digna. Yo no busco hacerme rico. Yo no quiero recortar libertades. Yo lucho por cambiar la industria que hace que mi actual profesión me obligue a tener otra con la que, juntas, poder pagar las facturas.
Y por favor, no vuelvas a comparar los derechos a recibir medicamentos de los niños pobres con el derecho a declarar culpable de piratería a diestro y siniestro. Que ya lleváis demasiado tiempo cobrando por ello. Renovaros o morid. Pero no hables de los que de verdad mueren aunque de vez en cuando reciban tu calderilla.
Atentamente,
Lucas Sánchez.
Editado Carmen Cid Manzano
Etiquetas:
AAAAAtención,
Científicos
Homo heidelbergensis, Homo neanderthalensis, Homo sapiens
Episodio 4 da serie Camiñando con cavernícolas: Os Sobreviventes
Medio millón de anos atrás, o Homo heidelbergensis son feroces cazadores que utilizan ferramentas sofisticadas e viven en grupos familiares. Pero aínda carecen de algo. Os Heidelbergensis carecen dun aspecto que nos fai humanos: a imaxinación.
Medio millón de anos atrás, o Homo heidelbergensis son feroces cazadores que utilizan ferramentas sofisticadas e viven en grupos familiares. Pero aínda carecen de algo. Os Heidelbergensis carecen dun aspecto que nos fai humanos: a imaxinación.
Editado Carmen Cid Manzano
Etiquetas:
Evolución,
Paleontoloxía,
Películas,
Videos interesantes
Irmáns de Sangue
Segundo episodio 2 da serie Camiñando con cavernícolas:
En África fai 2 millóns de anos existían media ducia ou máis de especies de Primates como o Paranthropus boisei e o Homo habilis. Cada unha delas explotou o medio ambiente de forma diferente e desenvolveu a súa propia estratexia de superviviencia.
Editado Por Carmen Cid Manzano
Etiquetas:
Evolución,
Paleontoloxía
Homo ergaster, familia primitiva
Episodio 3: Familia Primitiva
Fai 1,5 millóns de anos o Homo ergaster deu o seguinte paso para converterse en humano. Ten un nariz longo que arrefría o aire a medida que respiran. Os seus corpos sen pelo, con millóns de glándulas sudoríparas, controlan a súa temperatura. E posúe un enorme cerebro, case dous terzos do noso.
Editado Por Carmen Cid Manzano
Etiquetas:
Evolución,
Paleontoloxía,
Películas,
Videos interesantes
Lucy, Australopithecus afarensis
Camiñando con cavernícolas é unha serie de documentais que nos leva a unha viaxe á Prehistoria para recrear as orixes do ser humano e a súa evolución. Neste post déixovos o primeiro capitulo, Primeiros devanceiros: Fai 3,5 millóns de anos, ao leste de África, o Australopithecus afarensis deu os seus primeiros pasos sobre as súas dúas pernas. O bipedismo ofrece aos afarensis a oportunidade de desenvolver toda unha serie de novas habilidades que cambiarán para sempre a súa forma de vida.
Antes de comenzar esta serie déixovos un enlace moi interesante a evolución dos homínidos:
Lucy é o esqueleto dun homínido pertencente á especie Australopithecus afarensis, de 3,2 millóns de anos de antigüidade, descuberto en 1974 a 150 km de Adís Abeba, Etiopía. Trátase do esqueleto dunha femia de ao redor de 1 metro de altura e de aproximadamente 27 kg de peso, duns 20 anos de idade e que ao parecer tivo fillos, aínda que non se sabe cantos. O nome Lucy provén da canción Lucy in the sky with diamonds do conxunto musical The Beatles, que escoitaban os membros do grupo investigador a noite posterior ao achado.
Editado por Carmen Cid Manzano
Etiquetas:
Evolución,
Paleontoloxía
Suscribirse a:
Entradas (Atom)