martes, 1 de febrero de 2011

En xuño do 2009 un equipo de científicos presentaron o esqueleto fosilizado dun prosimio que podería ser un dos primeiros eslabóns da evolución humana

Un equipo de científicos revelou ao mundo o esqueleto fosilizado dun prosimio de 47 millóns de anos de antigüedade que podría convertirse no eslabón perdido ou como prefiren chamar os cientificos, eslabón non encontrado, da evolución humana e consideran que se completou a búsqueda dunha conexión directa entre os humanos e o resto do reino animal que iniciou Charles Darwin fai 200 anos co seu libro «El origen de las especies».

Así, o equipo investigador señala a Ida (así chaman ao fósil) como a proba da transición das especies que iniciou Darwin a bordo do 'Beagle'.
O fósil duns 53 centímetros de altura foi investigado en segredo e bautizado en honor a Darwin co nome de Darwinius masillae.
Os científicos consideran que Ida e o fósil de primate máis completo nunca atopado.
Descrición do primate
En concreto, Ida ten en vez de garras uñas como as dos seres humanos e os seus polgares opostos, o ca sitúa no inicio da raíz da evolución humana. O seu análises revelou que Ida era unha femia nova. Polas suas mans e os seus pes, e a disposición dos dedos, coñécese que era un primate. Tamén puidose averiguar, pola sua tripa, que era un herbívoro que comía froitas, sementes e follas. Cando morreu, Ida non tiña máis de nove meses. O estudo revela que se fracturou a moneca e quizáis esa lesión foi a que provocou a súa morte prematura.
Este fósil é realmente parte da historia da evolución humana de fai 47 millons de anos, según os investigadores.

Noelia Vila Seijas 1ºC

lunes, 31 de enero de 2011

Somos primates

A continuación tedes dous episodios do programa Redes. Neles, o divulgador científico Eduardo Punset visita o Zoolóxico de Leipzig, onde levan a cabo investigacións os científicos do Centro de Primates do Instituto Max Planck de Antropoloxía Evolutiva. Este centro está dirixido polo primatólogo Josep Call, que estudia o comportamento e a intelixencia das catro especies de grandes primates -orangutanes, gorilas, chimpances e bonobos-, os nosos parentes máis próximos.



Aínda que vivamos hoxe moi afastados uns doutros, primates humanos e non humanos temos unha historia común moi próxima. As circunstancias e algunha que outra innovación cerebral distanciáronnos.
Xunto ao primatólogo Michael Tomasello, do Centro de Primates do Instituto Max Planck de Antropoloxía Evolutiva, Eduardo Punset repasa as diferenzas cos nosos parentes, desde as formas de aprendizaxe ata o concepto de vinganza ou as habilidades de cooperación.



Editado por Carmen Cid Manzano

domingo, 30 de enero de 2011

Atención, xovenes científicos!

Tes entre 13 e 18 anos? Gustache investigar os porqués da ciencia e da saúde?
En mozos coma ti pensou Google o organizar unha feira de ciencia na que ti poderás participar co teu propio proxecto e gañar distintos premios, dende unha viaxe ata as Illas Galápagos ata unha beca de 50.000 dólares para ampliar os teus estudios!!
Ata o próximo 4 de abril de 2011, os xóvenes científicos de todo o mundo teñen tempo de apuntarse a esta iniciativa online. De forma individual ou en grupos ( de tres persoas como máximo) os interesados teñen que crear unha “site” no que colgar os obxectivos, métodos e conclusións das súas investigación, así como un vídeo ou unha presentación para dar a coñecer o seu traballo!
As áreas nas que se pode concursar son moi variadas: matemáticas: ciencias conductuales e sociais ou alimenticias: enerxía e espazo: invencións e innovacións; física, química ou bioloxía; electricidade e electrónica.
De todos os participantes, elixirase a 60 finalistas, cuxos traballos se expoñerán o público através de internet. De eles, 15 chegaran a final, que se celebrará o 11 de Xulio en California(EEUU). Haberá tres gañadores ( un de 13 a 14 anos, outro de 15 a 16 e outro de 17 a 18) que serán elixidos por distintos científicos, incluído algún que outro premio Nobel, según explican dende Google. Entre os 3 gañadores, uno deles recibirá o Gran Galardón. Se trata dunha viaxe as Illas Galápagos, dentro de unha expedición de National Geographic e unha beca de 50.000 dólares (25.000 dólares para os outros dous gañadores e 10.000 dólares para o máis votado en internet)
Todos os premiados poderán, ademais, visitar o sitio de investigación de Google ou gozar dunha beca virtual na compañía LEGO,entre outras alternativas.
Por outro lado, os 15 finalistas, sen importar se resultan gañadores ou non, recibirán varios premios, como un teléfono Android ou un Chrome Notebook así como unha suscripción a revista Scientific American.


Liliana Villar Whyte 1ºBach A

Novidade!!

Dende este domingo, o xornal El mundo, ofrece a todos os seus lectores unha colección de 20 libros que resumen o coñecemento actual sobre o universo, a saúde, o medio ambiente, e as novas tecnoloxías. A colección, co sello do suplemento dominical “Eureka” está dirixido por Eduardo Punset. O escritor e divulgador científico non alberga ningunha dúbida de que a xente “está buscando, cada vez máis, na ciencia as explicacións o que nos está pasando día a día".
A colección “Claves da Ciencia” está dirixida polo propio Punset e acerca o gran público de maneira amena e fácil lectura, os grades temas da ciencia e da técnica, prestando especial atención o mundo actual.


Liliana Villar Whyte 1º Bach A

O número de veces que un artigo é citado noutros traballos indica a súa influencia no seu ámbito científico.

Un estudo realizado por investigadores do Instituto de Investigación Biomédica de Bellvitge (IDIBELL) é o máis citado do mundo na categoría de Bioloxía, segundo a última clasificación Science Watch correspondente aos meses de novembro e decembro que elabora a axencia Thomson Reuters. O artigo "Antiangiogenic therapy elicits malignant progression of tumors to increased local invasion and distant metastasis" publicouse o mes de marzo de 2009 na revista Cancer Cell, unha das máis prestixiosas en investigación oncolóxica. Desde entón recibiu 226 citas; 46 durante os meses de maio e xuño de 2010, que é o período que avaliou Thomson Reuters para elaborar a súa clasificación de novembro e decembro.


Editado por : Carmen Cid Manzano

O orangutan é identico no 97% ao ser humano

Un equipo de investigadores españois, entre outros, liderados pola Universidade Washington en Saint Louis conseguiu a secuencia xenética do orangután da illa de Sumatra en Indonesia e o de Borneo. Aínda que antes existían estes animais en moitos puntos de Asia, a día de hoxe tan só quedan as dúas especies nomeadas, ambas ameazadas pola acción humana.




A secuenciación do xenoma do orangutan permite chegar as seguintes conclusións:

- Atoparon unha gran variedade xenética, o que indica unha boa saúde xenética.

- Que as dúas especies, a de Sumatra e a de Borneo, separáronse evolutivamente fai 400.000 anos.
- O orangután case non experimentou evolución xenética alguna nos derradeiros quince millóns de anos.

- Que entre o xenoma humano e o do orangutan existe unha coincidencia do 97%. Xa se sabía que entre os xenomas do humano e do chimpancé a coincidencia era do 99%.

- O estudo comparativo de múltiples familias de xenes nos xenomas humano, de chimpancé e de orangután indica que na evolución humana houbo unha presión evolutiva importante sobre os sistemas inmune e reproductivo.

- A especie de Sumatra, durante os últimos 400.000 anos tivo unha gran expansión poblacional, mentres que a de Borneo experimentaron un declive; sen embargo, o número actual de orangutáns de Sumatra é moito menor que o de Borneo.
Os resultados deste estudo permiten obter unha visión máis precisa do proceso evolutivo que deu lugar a aparición da especie humana. Os estudios sobre a organización xenómica deste animal permitirán obter información valiosa sobre os mecanismos de reorganización cromosómica que teñen lugar en enfermidades como o cáncer. Servirá tamén para establecer as pautas da conservación do orangutan.


Lucía Rodríguez 1ºB

Descubren un dinosaurio do tamaño dun loro




Un grupo de investigadores acaban de atopar un dinosaurio do tamaño dun loro, na formación Wulansuhai, que se atopa preto da fronteira entre Mongolia e China. Este é un lugar que foi formado fai uns 84 e 75 millóns de anos e que está dando moitos descubrimentos importantes. O fósil foi bautizado co nome de Linhenykus monodactylus. Pertence a familia dos Alvarezsaurios que eran uns dinosaurios carnívoros terópodos. Os restos están formados por un esqueleto parcial, inclúe osos da columna vertebral, das extremidades anteriores e posteriores e unha pelvis parcial. Os descubridores indican que non superaría o medio metro de altura e que tería un peso dun loro de grandes proporcións. O motivo polo que este pequeno animal só tiña un dedo non está claro «En bioloxía existe un concepto chamado órgano vestixial, que se utiliza para definir as partes dun corpo que non son funcionais e que non serven para un individuo. Se estudamos unha serpe do campo vemos que non ten pernas e o seu corpo está formado por un só elemento. Pero cando a analizamos máis profundamente podemos ver que a estrutura das pernas e a pelvis aínda permanece no seu esqueleto», explica Pittman do Departamento de Ciencias da Natureza do University College London e coautor do estudo. Da mesma forma, nos alvarezsaurios atopáronse moitos órganos vestixiais que sinalan a extrema complexidade da forma en que evolucionaron estes dedos.











Manuel Lorenzo Tallón 1ºC

O Homo Sapiens saliu de África cruzando o mar




Coma xa afirmou a nosa profe Carmen, en Ciencias para o Mundo Comtemporáneo, a forma que tivo de saír o Homo Sapiens de África foi por medio do mar.



A primeira viaxe dos humanos modernos fóra de África puido ser moito máis antiga do que se pensaba. Moitas ferramentas de pedra atopadas no golfo pérsico debuxan, segundo un grupo de arqueólogos europeos, unha ruta alternativa pola que o home moderno podería colonizar primeiro Arabia, despois Mesopotamia e por último Europa e Asia. Segundo esta hipótese, os Sapiens non viaxaron polo Nilo, coma se pensaba, senon polas augas do mar Rojo e os desertos de Arabia.


A visión deste traballo contradí os estudos xenéticos clásicos que manteñen que os humanos actuais descenden de sapiens que salieron de África fai entre 60.000 y 70.000 anos vía Exipto e Israel.


O responsable do equipo indica: " O noso estudo debería animar a que se analice de novo a forma en que os humanos modernos convertémonos nunha especie global". O equipo mantén que a machada, os punzóns e os raspadores que se desenterraron son moi similares aos que se encontraron noutros xacementos do este de África en épocas proximas e que se atribúen aos humanos modernos.

Todo dependeu de estar no lugar e no momento adecuados para poder cruzar o estreito. Os humanos o único que tiveron que facer foi cruzar uns catro quilómetros de mar, segundo os autores do estudo, para chegar a unhas pradeiras onde xa habían gacelas, cabras montesas e outros animais de caza. Aínda é un misterio cómo cruzaron. Unha vez conquistada a orilla, as poboacions atravesaron Arabia ata os Emiratos.



O codirector de Atapuerca, Eudald Carbonell, apunta que fai uns 125.000 anos os humanos modernos coñecían moi ben o medio marino e os litorais o que puido permitirlles realizar a travesía a Arabia polo sur, máis indica que as probas aportadas polo traballo comentado non son suficientes.


Anteriormente, Lorena publicou unha notica sobre os descubrimentos do Homo Sapiens árabe que ten relación coa miña noticia. Podedela ver en:

http://acienciatamenecultura.blogspot.com/2011/01/o-homo-sapiens-arabe.html,


Para máis información:




Tatiana Nespereira Campuzano 1º Bac B

sábado, 29 de enero de 2011

Betelgeuse será o segundo sol da terra?




A superxigante vermella Betelgeuse que ten vinte veces a masa do sol cren que a Terra podería ter un segundo sol antes de 2012 e polo menos un par de semanas cando finalmente explote como unha supernova pero outros cren que podería explotar en calquera momento Está situado a 600 anos luz da Terra, sería moi brillante ", pero dificilmente brillante dabondo para facerse un segundo sol", di o Discovery Channel, Nin sequera tería o brillo da lúa chea, aínda que salientaria máis que Venus. E, claro, a explosión non afecta o noso planeta. Ésta moi lonxe.

Algunhas webs fatalistas teñen ligado a explosión doBetelgeuse co calendario maia e 2012, pero non hai maneira de saber cando pode explotar pode ocorrer en calquera momento, pode ocorrer mañá ou de aquí a miles de anos.



para mais información:



feito por : Érika López 1ºA



viernes, 28 de enero de 2011

As familias neandertais intercambiaban as fillas entre si.




O estudo xenético dunha familia neandertal formada por 12 nenos e adultos atopados nunha cova asturiana (El Sidrón) indica que, cando ainda eran nenas, as hembras neandertais eran cambiadas pola súa familia con outros grupos. Ainda que é pura especulación, o experto Rosas aventura a posibilidade de que puido suceder durante episodios de caza masiva. Nesta época a familia neandertal de Asturias atopábase conoutras familias de Francia e Alemania mentres perseguían grandes grupos de renos. Despois de matar máis de cen animais xuntando as suas forzas daríase o intercambio de nenas (isto é unha suposición, polo que para ser científico teriamos que poder ter probas, recordade como traballan os científicos).

Outras preguntas que nos podemos facer serían: foi unha actitude voluntaria, coa fin de evitar enfermidades ou problemas pola consanguinidade? Ou pola contra sería unha actividade inconsciente, sen ningún fin?





Mario Blanco Cid 1ºA Bach.

Ambam o gorila que camiña

Chámase Ambam, ten 21 anos e pesa 220 kilos, é o único gorila que anda erguido como as persoas. Vive no zoolóxico de Kent, o sur de Inglaterra. Pertence a un grupo de machos procedentes dos bosques tropicais de África occidental. Os gorilas como Ambam están en perigo de extincion, tan só quedan 700 en estado salvaxe en todo o mundo.
Os seus coidadores aseguran que desde pequeno moveuse desta forma, ao igual que o seu pai. Andar erguido proporcionalle numerosas avantaxes como chegar antes ao punto de comida ou levar mais comida nas súas mans.



http://www.lavanguardia.es/vida/20110128/54108117622/ambam-el-gorila-que-camina-es-la-sensacion-en-internet.html


Publicado por: Antía Arias Garcia 1ºB

jueves, 27 de enero de 2011

Os neandertais puideron ter fillos cos sapiens.

Según un estudio feito na Universidade de Novo México e presentado nun congreso en EEUU, os antecesores dos humanos actuais e os neandertais puidéronse cruzar en dúas ocasións tendo descendencia. O traballo realizouse analizando ADN de 1983 persoas buscando características de neandertais e outras especies extinguidas do xénero Homo. O traballo comparou 600 marcadores do xenoma, chamados microsatélites, que se usaron para diferenciar xenéticamente a diferentes poblacións actuais e emparentalas coas poblacións ancestrais que viviron fai miles de anos Os resultados manteñen que producironse 2 grandes episodios de cruce entre especies, o primeiro fai 60000 anos nas costas do Mediterráneo e o segundo 45000 anos atrás, no leste de Asia.











Para máis información.


Mario Blanco Cid 1ºA Bach.

miércoles, 26 de enero de 2011

Outro descubrimento en Atapuerca

Outro novo achado máis súmase a lista de descubrimentos en Atapuerca. Esta vez trátase dun roedor, de 1,2 m.a. exactamente a rata de auga máis antiga da historia, a Arvícola jacobeo, con 1.2 millóns de anos. Mide entre 18 e 22 centímetros entre a cabeza e o resto do corpo, unha cola entre 10 e 14 centímetros, e un peso entre 155 e 300 gramos, medidas moi parecidas á do animal actual.




Gracias a este descubrimento xa se extraeron conclusións como que os primeiros roedores puideron andar polos terreos de Atapuerca e que vivíu na Sima do Elefante( en Atapuerca).

Esta rata de auga diferénciase doutra da mesma cronoloxía, Mimomys savini, en que a actualmente encontrada ten os dentes máis pequenos e co esmalte máis groso.

Un dos investigadores, Jordi Agustí, aclarou que a Arvícola jacobeo ten que ver ca orixe da rata de auga ibérica Arvícola sapidus e pode axudar a reconstruir o súa árbore filoxenética.





Para máis información
Editado por Lidia Blanco Otero 1ºBac. A

Tierra - La película de nuestro planeta.

Aquí vos deixo unha película que me parece moi interesante. Vai sobre a diversidade do noso planeta. . Espero que vos guste.



Coral Real Llamas
1º Bacharelato B

Celebramos a entrada 10000

Rapaces xa chegamos a 10000. Empezamos a nosa andaina o 9 de outubro e seguimos crecendo. Creo que podemos estar contentos co resultado. Espero que sigades animados a colaborar, tanto os blogueros, como os seguidores. O éxito do noso edublog é o resultado da participación de todos. Para celebralo déixovos un pouco de humor sobre o últimos tema traballado en CMC.













Editado por Carmen Cid Manzano

A ciencia tamén se precipita, comete erros e recibe duras críticas.

  • Astrónomos das Universidades de California e do Instituto de Washington anunciaron en septembro do ano pasado o descubrimento dun planeta extrasolar Gliese 581g, que era o máis parecido a Terra ata o momento. O novo mundo, segundo os científicos era "potencialmente habitable”. A noticia percorreu o mundo. Sen embargo, despois de quince días, un equipo con sede en Suíza, cuestionou as súas conclusións xa que non encontraban ningún rastro do exoplaneta en ningunha das súas observación.
  • Unha decepción semellante ocorreu dous meses despois, no campo da bioloxía, cando a NASA deu a coñecer a existencia de bacterias capaces de manter o seu crecemento en arsénico.

Foron prematuras estas investigacións?

No caso do planeta Gliese, un membro do grupo de Carnegie recoñeceu despois que se necesitaban máis estudos para consolidar as probas da súa existencia. En canto á bacteria, a súa descubridora, Felisa Wolfe-Simon, reafirmouse na validez do seu traballo e foi posto a disposición de outros científicos, pero o varapalo foi moi grande e o dano, difícil de subsanar.

Por que motivo os científicos adiántanse á hora de facer públicos os seus resultados?
  • O rápido avance nalgunos campos do coñecemento fan que en determinadas ocasións, teñan excesiva presa por facer públicos os seus resultados, impulsados polo temor a que outros poidan apropiarse das súas ideas.
  • Tamén está en xogo outro factor, a publicación nunha revista científica de prestixio, como «Science», «Nature» ou «The Lancet», implica gañar puntos no curriculum o que trae consigo certa presión por publicar. Este é motivo polo que o CSIC comezou a primar a calidade dos traballos e non a cantidade.
Hai que resaltar, con todo, que os traballos fraudulentos que se publican son os menos. Así por exemplo en España o CSIC publican uns 10.000 textos ao ano en revistas científicas de primeiro nivel. Moi poucas veces son postos en dúbida. Un dos últimos casos polémicos ocorreu fai uns meses, cando «Science» pediu aos autores dun artigo, dirixido por un español, que o retirase logo de atopar que faltaban datos experimentais para apoiar as súas conclusións. A presidencia do CSIC abriu dilixencias para investigar o caso, aínda que están convencidos de que non houbo fraude, senón o resultados dunha comunicación apresurada.
Cal é o método que estas revistas máis coñecidas seguen para non publicar calquera resultado erróneo?

Tanto o artículo da bacteria da NASA como o outro, pasara todos os filtros da edición de «Science», o que invita a pensar se pode existir algún erro na selección de traballos por parte das revistas especializadas.
Jordi Bascompte, un dos dous únicos españois no comité editorial da famosa revista, asegura que o método que se emplea é a mellor posible, xa que se basea na revisión por pares. O procedemento é o seguinte: Chegan a «Science» diversos artículos que son filtrados polos membros do comité editorial, formado por 150 científicos de todo o mundo e de todas as áreas. Cada un recibe arredor de tres manuscritos. Fan un primeiro filtrado e avalían se o traballo é veraz e novidoso. Purgan o 75% dos artículos. O resto continúa o seu camiño e cada un deles envíase a tres ou catro expertos externos, revisores que o desmenuzan en busca de fallos. Segundo o resultado, o editor toma a decisión de publicalo ou non. Menos do 1% son retirados posteriormente da revista por conter erros ou ser unha falacia.

Fraudes aceptados e xenios ninguneados
  • Un dos maiores fraudes da historia da Ciencia, e tamén un dos máis recentes, foi o cometido polo investigador Hwang Woo-suk, condenado a dous anos de cárcere en 2009 por anunciar que conseguira clonar por primeira vez embrións humanos. Un engano absoluto.
  • Polo contrario, algunhas investigacións foron rexeitadas no seu día ao ser consideradas falsas. Por exemplo o inventor do láser ou o investigador alemán Ernst Chladni que foi desacreditado por propoñer que caían meteoritos do espazo. Para ver outros casos click aquí.
Fonte: http://www.abc.es/20110122/ciencia/abcp-colega-esto-imposible-20110122.html


Feito por Iván Gallego Gómez 1º Bacharelato A

martes, 25 de enero de 2011

Encontro con profesor Humberto Michinel

O 10 de novembro en un post titulado en Ourense tamén se fai Ciencia comentamos as investigacións realizadas por un equipo de físicos liderados polo doutor Humberto Michinel. Como non entendiamos a temática do traballo, púxenme en contacto con el por mail e pedinlle que nos explicase algunhas cuestións un pouco máis. Dadas as dificultades da constestación por correo electrónico, ofreceume que o visitara para poder explicar a miñas dúbidas en persoa. O pasado dezaseis de novembro, o meu compañeiro, Daniel, e máis eu tivemos a sorte de ter un encontro co profesor Humberto Michinel. Foi unha reunión moi gratificante, contounos as bases do seu traballo, entre outras moitas cousas e tamén ensinounos as instalacións onde traballan. Indicounos que foi admitido no Instituto Max Planck en Alemaña, onde vai seguir investigando os láseres durante un ano, a partir do vindeiro mes de febreiro.
Aquí déixovos un vídeo cas súas explicacións que nos permitiu gravar tamén os deixo a noticia onde aparece máis detalles do seu novo traballo.






Andrea Gerpe Acosta 1º A

lunes, 24 de enero de 2011

A importancia dos ratos na evolución dos mamíferos




Todos sabemos a mala fama que ten os ratos por aparecer no entorno no que vivimos e transmitir enfermidades. Así e todo, teñen unha notable importancia en investigación científica xa que aportan sobre as antigas contornas nos que viviron os nosos antepasados humanos e outros mamíferos prehistóricos. Os roedores prosperaron no África prehistórica desde os desertos ata as selvas tropicais, o que os converteu nunha fonte de alimentos estable e abundante, tal como sinala a paleontóloga Alisa J. Winkler, da Universidade Metodista do sur, Estados Unidos. Agora, os fósiles desta especie están sendo máis útiles que nunca, aportando datos sobre a ecoloxía local, sobre os cambios ambientais a través do tempo e sobre a evolución humana. Todos estes datos son recollidos nun estudo da mesma científica xunto con Margaret Avery, do museo Iziko de Sudáfrica.

Os ratos son unha das especies máis comúns en África nos últimos 50 millóns de anos.





Para máis información

Texto editado por Andrea Fernández Novoa 1ºBach B

Paseo pola célula eucariótica



Tamén é moi interesante o seguinte enlace: Animacións de citoloxía.

Déixovos ademais un video realizado por dous alumnos que están hoxe en 2º de Bacharelato: Javier Pumares e Susana Primo.






domingo, 23 de enero de 2011

Mañá Luns...

Un investigador Británico, asegura que o peor día dos 365 días do ano para o estado de ánimo, é exactamente o 24 de xaneiro de este ano, ademais é Luns!
Pero... como sabe este investigador isto?
O doutor Cliff Arnalls, mestre na universidade de Cardiff, deseñou unha fórmula matemática para explicar o seu descubrimento:1/8C+(D-d) 3/8xTI MxNA.
Concretamente, a "C" é o factor climático: en xaneiro os días son moito máis grises e fríos no Reino Unido. En España esperase sol, pero temperaturas moi baixas.
A "D" maiúscula representa as deudas adquiridas durante o período navideño. O pago das tarxetas de crédito o final de mes acercase de forma inexorable. Os agasallos, as ceas e comidas fora de casa, as viaxes,a lotería, gastos extra que forzan máis do habitual o estado das nosas contas bancarias.
A "d" minúscula refírese o diñeiro que se cobra en xaneiro e a "T" é o tempo transcorrido dende o Nadal.
A "I" representa o período dende o último intento de deixar un mal hábito: Os bos propósitos ao comezo de ano comenzan a ser arrinconados por moitos: deixar de fumar, ir o ximnasio, manter a liña, ecétera.
Non obstante, as motivacións contan, e o profesor Arnalls as inclúe na súa fórmula ca letra "M". A "NA" , o final, é a necesidade de actuar para cambiar a vida, según o investigador.
Con ista fórmula, dalgunha maneira, calculou que é o 24 de Xaneiro (exactamente un mes despois da Noiteboa) é o día máis terrible do ano.
Pero... será isto certo?


Liliana Villar Whyte 1ºBach A